29, Setembro 2023

Na tertulia de COPE O Carballiño deste venres 29 de setembro participan Fátima Gömez, José Antonio Barge, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, moderada por Xan Pinal.

Podes escoitala no audio adxunto:

28, Setembro 2023

Continúan as roturas na rede municipal de abastecemento, e máis en concreto, naquelas rúas con infraestructuras moi antigas e que datan de finais da década dos anos 60 do século pasado, cando se levou a cabo a construcción da traída de augas ao casco urbano do Carballiño.

Na rúa Calvo Sotelo, e practicamente no mesmo punto no que se rexistrara unha rotura no mes de maio de 2022, que causara importantes danos en edficios da zona, volveu a repetirse esta mesma incidencia, desta vez os danos non tiveron a enorme magnitude do ano pasado, xa que a rotura producíuse pasadas as 23 horas da noite de onte, o que propiciou que un veciño dese aviso a Viaqua. Na anterior ocasión a rotura fora de madrugada. 

Igual que en Calvo Sotelo e outras rúas próximas, tamén estiveron toda esta pasada noite e ata esta mañá de xoves sen suministro de auga na rúa Ourense, tamén debido a outro rebentón na rede municipal de abastecemento.

28, Setembro 2023

Viendo el pleno de este mes, no doy crédito, estoy ojiplático con la intervención de este señor que dice ser del PP , lamentable su intervención y lamentable que el PP le pague más de 43 mil euros para que vaya a un pleno. Porque lo que es defender a los vecinos nada de nada.
Aprobando que se haga un chapucero centro de Salud en la estación de autobuses. Dejandonos sin futuro para los servicios sanitarios y sin futuro para el transporte.

Ha preguntado y consultado a sus afiliados sanitarios que me consta que los hay? No. 
Que intereses defiende Lino?

Está claro, los suyos.
 

28, Setembro 2023

Estou farto da situación do tráfico de vehículos no entorno do Mercadona e da estación do FF.CC. Xa pasou tempo dos cambios e da apertura da superficie comercial e a xente segue facendo o que lle peta por non dicir outra cousa.

Os coches seguen xirando a esquerda para entrar o Mercadona dirección Ourense, nin lle fan caso a liña continua nin a sinal vertical que prohibe tal xiro. Os coches seguen entrando na praza da estación por onde agora está prohibido. Xa nin dicir ten que hai coches que entran no Mercadona por onde se sae e no interior circulación de coches por direccións prohibidas para atallar a hora de aparcar.

Un auténtico descontrol. E inda por riba o que da por detrás ten que pagar en caso de accidente o que está xirando a esquerda infirnxindo as normas. 

Controis policiais no entorno xa!!

27, Setembro 2023

O Concello de Beariz ven de establecer un permiso para a retirada de cabalos mostrencos do territorio municipal e emprende unha serie de iniciativas encamiñadas a erradicar este problema.

O gando mostrenco é un problema en Beariz debido a que supón un perigo para os viandantes e o tráfico que circula polas vías do municipio. Os danos esténdense ós prados que aproveitan gandeiros propietarios de explotacións debidamente rexistradas de gando saneado. Asemade este gando incontrolado provoca grandes danos ás poucas hortas e cultivos que quedan.

As colisións de vehículos con cabalos e vacas na estrada N-541 ao seu paso por Beariz son múltiples e os danos ocasionados a pasaxeiros e vehículos son cuantiosos ó fin do ano.

Un dos problemas asociados á presenza de gando mostrenco é a proliferación de actividades ilícitas entorno ó aproveitamento dos xatos, poldros e incluso a comercialización de carne sen control sanitario.

O Concello actuará contra aqueles que circulan con vehículos por terreos comunais e privados sen consentemento dos seus propietarios para capturar ou sacrificar animais mostrencos de forma ilegal.

No referente ós cabalos mostrencos o Concello ven de conceder permiso a un gandeiro para capturalos e transladalos á súa explotación para alí proceder ó seu saneamento, identificación e inscrición no libro de explotación pasando así a estar perfectamente controlados segundo o establecido pola normativa.

Estas decisións do Concello son un paso en positivo en exercicio das responsabilidades que lle atribúe unha lexislación decimonónica que non se ten actualizado a un contexto autonómico. Estas responsabilidades legais non prevén a dotación de medios ou recursos adaptados ao control dun gando salvaxe de moi difícil manexo. Tampouco os protocolos sanitarios se teñe adaptado ás particularidades de tratamento deste problema.

Dentro das medidas que o concello tomará para seguir a avanzar na erradicación do gando mostrenco está a concienciación social sobre este problema. Facilitar que os veciños que vexan rebaños mostrencos os localicen e faciliten a súa ubicación ó Concello e que denuncien a actividade ilícita que se estea a desenvolver dentro do territorio municipal ante as autoridades.

Outro dos ámbitos nos que traballa o Concello e o establecemento de convenios coas autoridades sanitarias e a Consellería de Medio Rural para traballar conxuntamente compartindo recursos, actualizando procedementos e dotando de medios para levar a cabo unha acción eficaz e unha solución duradeira.

Estas accións demostran o compromiso do Concello de Beariz coa solución dos problemas entorno ao gando mostrenco e de que está decidido á súa erradicación.

27, Setembro 2023

A Xunta avanza na súa aposta por un urbanismo responsable e sostible coa aprobación inicial do Plan Básico Municipal (PBM) de Punxín, unha ferramenta que se enmarca no obxectivo de que ningún concello galego estea sen planeamento urbanístico.

Logo de indicar que tras este trámite o seguinte paso será iniciar o procedemento de información pública e solicitar todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou que os PBM son un aliciente para concellos de menos de 5.000 habitantes que, como é o caso de Punxín, se caracterizan por posuír un valioso patrimonio natural e cultural, e, ademais serven para impulsar un novo rural con actividades agrarias, gandeiras, forestais, tecnolóxicas, turísticas, culturais, etc.

Así, tal e como explicou Ángeles Vázquez durante a sinatura desta aprobación inicial, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, no caso concreto de Punxín, este PBM delimita un total de 32 núcleos rurais -12 tradicionais, 4 comúns e 16 combinan ambas partes-.

Ademais, esta ferramenta urbanística tamén cataloga un total de 170 elementos do patrimonio natural e cultural do municipio, dos que 24 son arqueolóxicos, 27 arquitectónicos e 119 etnolóxicos.

O PSdeG-PSOE pide unha campaña imformativa e critica a postura do tenente alcalde

O grupo socialista de Punxín solicita que se informe á veciñanza de tódalas parroquias do municipio do Plan Básico de Ordenación Municipal (PBM), que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá aos medios de comunicación. Os e as socialistas consideran que un tema tan importante como é un plan urbanístico “debe ser consensuado e explicado á veciñanza”.

Dende o grupo municipal socialista pídenlle ao grupo de goberno municipal que, unha vez se publique a aprobación inicial do Plan Básico de Ordenación Municipal no DOG, “se proceda a realización de reunións informativas coa veciñanza de tódolos núcleos de poboación do municipio”. As e os socialistas avogan tamén porque se “facilite unha canle de asistencia á veciñanza para que poidan realizar as alegacións que consideren e vexan preciso”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, subliña que “a aprobación dun PBM é unha boa nova para Punxín, pero este debe ser consensuado coa veciñanza e servir para impulsar o rural e a chegada de novos veciños e veciñas ao municipio”. A edil socialista lembra que con esta ferramenta “ademais da ordenación dos núcleos de poboación, tamén se poderá catalogar o patrimonio cultural, arquitectónico, natural, arqueolóxico e etnolóxico do municipio”.

“Os e as socialistas estamos completamente a favor de que Punxín conte cun Plan de Básico de Ordenación Municipal”, afirma Peleteiro Vázquez, que tamén aproveita para recalcarlle á Xunta e ao Concello que “este debe contar co visto bo da veciñanza, principais implicados e beneficiados da súa aprobación”.

Críticas a actitude do tenente de alcalde

Na presentación celebrada esta mañá en Punxín estivo presente o tenente de alcalde, Eladio Fernández, que de xeito “sistemático” se opuxo ao longo dos anos a aprobación deste plan. Os e as socialistas atópanse “sorprendidos” pola actitude do tenente de alcalde, que “agora posa en fotos en compaña da conselleira, cando ata fai ben pouco bloqueaba a aprobación deste plan”.

Dende o PSOE de Punxín consideran “vergoñenta” a actitude de Fernández, ao que lle reclaman que “deixe de dar bandazos dun lado para outro” e esíxenlle que “cese de buscar o seu interese persoal e económico e se centre no verdadeiramente importante, que é a veciñanza de Punxín”. Lorena Peleteiro destaca que “as contradicións do tenente de alcalde non cesan” e subliña que “pasou de opoñerse de xeito sistemático a aprobación deste plan a actuar como se fose o promotor deste instrumento

27, Setembro 2023

A Coral Aures Cantibus de Zamora, a Coral de Chantada, o Coro da Ordem dos médicos do Porto, e os anfitrións e organizadores da Coral Polifónica Casino do Carballiño, protagonizarán a 40 edición do Festival, con entrada de balde no auditorio do Carballiño.

Escoita aquí a historia deste festival e o programa musical que podemos gozar este sábado dia 30 de setembro a partir das 20:00 horas no auditorio do Carballiño, nesta entrevista a José A. Barge, secretario da Coral organizadora, e ao seu director Jaime González Pichel.

26, Setembro 2023

Gustariame contestar, ou cando menos aclarar algunhas cuestións que puña en riba do taboleiro a persoa que escribiu a denuncia "tertulias".

Son Manuel Nogueira, e antes que tertuliano ou militante de podemos, son unha persoa que tenta sempre ter un criterio propio e un código ético polo que guiarme pese a que as veces poida estar errado, como calquera persoa.

Indo ao tema e as cuestións que me fan escribir estas liñas, primeiramente, que eu sexa de esquerdas non significa que teña que aplaudir  ou que se me censure criticar a calquera persoa ou político que defenda tamén esa ideoloxía, máis cando ao meu entender se está obrando tal vez de un xeito erróneo (sexa no caso que sexa).

Primeiramente, a miña crítica que durante a tertulia do venres pasado, dia 22 de setembro, fixen ao modelo de coalición proposto no concello do Irixo ía argumentada nos inconvenientes que este tipo de alcaldías rotatorias traen consigo. Tamén detallei que o programa que presentaba o PSOE do Irixo presentaba puntos que se deben cumplir por lei e que sobran en calquera programa electoral, pois se entende perfectamente que calquera forza política que chegue á alcaldía de un concello ten que cumplir. Facer cita de esas obrigas como se fose un logro político é como ir a un caixeiro a quitar os teus cartos e aplaudirlle ao caixeiro polo "traballo feito". Como xa dixen en dita tertulia oxalá o fagan ben tanto Xuntos polo Irixo como o PSOE polo ben da veciñanza do Irixo e eu estea equivocado totalmente na miña crítica.

Segundo, evidentemente en outros concellos se xestionan mal certas cousas, pero eu si non teño información certeira e datos comprobados prefiro non opinar. Sempre o fixen así e o teño dito moitas veces. Con respeto á labor da alcaldesa do concello onde naceron meus pais, Boborás, evidentemente que critico cando toca criticar e, pode dar fe a alcaldesa de Boborás, si vexo algo que se pode mellorar a chamo directamente, como teño feito tamén co actual alcalde do Carballiño.

E con respeto a nosa vila, volvo insistir que as miñas críticas son miñas. Na mesa da tertulia son un tertuliano máis donde só falo por min e dou a miña opinión, non a do partido político no que milito.

Xa por último e para rematar, son consciente e perfectamente coñecedor do paupérrimo resultado electoral que tiven nos pasados comicios municipais, máis non lle vexo eu relación a que ditos resultados me veden ou me censuren para dar a miña opinión persoal en temas que tratamos cada venres na tertulia. De ser así canta xente debería estar calada cando falan sin saber....

Sen máis, sinto que os meus comentarios da última tertulia non fosen do seu agrado, como outras veces non son do agrado de outra moita xente, ou como tamén as veces me toca escoitar opinións que eu non comparto. Máis pese a non compartilas, as respeto. Ahhh, tomo nota do seu consello de estudar dereito, aínda que sexa unha rama académica da que non guste moito.

Sen maís, reciba un cordial saúdo.

Manuel Nogueira.

 

26, Setembro 2023

O restaurante Casa D´Paco, no 73 Warwick Street de Newark (condado de Essex; New Jersey), acolleu un show de cocina especializado en pulpo da man do pulpeiro de Arcos-O Carballiño Paco Gómez e o chef Anxo Trives, destacados membros da asociación Amigos da Cociña Galega, que estes días participan nun encontro gastronómico a celebrar en diferentes puntos dos Estados Unidos para promocionar a gastronomía galega.

Unha iniciativa que conta co apoio da Deputación de Ourense. A este primeiro encontró acudiron líderes empresariais da comunidade e recoñecidos influencers dos Estados Unidos.

26, Setembro 2023

Tras escoitar a tertulia do pasado venres quedoume clara unha cousa, a orientacion que teñen estas a perxudicar ao goberno local do Carballiño, a criticar todo canto hai habido e por haber, e a calar ante os prblemas dos outros concellos, que tamen os hai, non pensar que en Boboras, Beariz, San Amaro ou Punxín estivese todo perfecto, mentres que no Carballiño todo parece estar mal, e agora casualmente que hai novo goberno no Irixo, onde se insuniuan cousas que non son certas, como se non puidese haber alcaldías rotatorias, en O Bolo, Vilardevos, Ramirás, etc e que se todos fan o que teñen que facer ningun inconviente hai, e se pensamos que todos son coma Sonia Ordoñez, en San Amaro, a saber a cambio de que mal imos, pero o que mais me sorprende o señor Manuel Nogueira, de Podemos supostamente, criticar os socialistas do Irixo e o seu candidato, con que o que leva no seu programa xa son obrigas legais, podía preocuparse, xa que e de Boboras, como a flamante alcaldesa ten moitas estradas, incluidas na sua zona de Vecoña, que sexa obligacion non garante o seu bo estado, por moita obriga que sexa ninguen vai controlar que as teñan en bo estado, normal que so tivese 55 votos, normal señor Nogueira, moi normal, debería haber estudiado dereito, porque recoñezo que se lle da moi pero que moi ben

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS