4, Outubro 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución dunha nova orde de axudas para as unidades de atención temperá, entre as que figura a da Mancomunidade de Concellos do Caballiño, que presta atención a máis de 150 nenos e nenas entre os cero e os seis anos, que xestiona a entidade comarcal que agrupa aos concellos de Boborás, Beariz, San Amaro e O Irixo.

Ademáis, esta unidade tamén ofrece este servizo mediante convenios de colaboración, para os concellos do Carballiño, Maside, Piñor e a Mancomunidade do Ribeiro. A alta demanda que está rexistrando este servizo facía necesaria a ampliación de horas de atención por parte dos profesionais que atenden aos cativos, o que vai ser posible para o ano 2024 a través desta orde, posibilitando a contratación de maís persoal. A Mancomunidade de Concellos do Carballiño recibirá para esta finalidade un incremento da subvención inicialmente concedida, que ascende a 23.455 euros.

Os cativos que acuden a este servizo reciben de forma gratuíta atención para atendenr as necesidades transitorias ou permanentes relacionadas con transtornos no seu desenvolvemento ou en risco de padedelos. Un equipo formado por logopeda, psicologo e terapeutas ocupacionais atenden este servizo que foi incrementando a súa demanda desde a súa creación por parte da Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

4, Outubro 2023

Boas. Na última tertulia díxose (erróneamente ao meu parecer) que para suplir as carencias do transporte público na nosa comarca podemos ir ata Punxín e coller alí o urbano de Ourense e tamén o transporte metropolitano. Primeiro o urbano de Ourense vai hasta as bodegas de Santa Cruz de Arrabaldo. Non ata Punxín. E segundo, o de que o transporte metropolitano chega ata Punxín é certo, pero solo sobre o papel porque a día de hoxe inexplicablemente segue sen estar implantado. Somos a única provincia galega na que sucede iso. A culpa de quen é? Porque a conselleira Ethel Vázquez e o alcalde de Ourense, Jácome, cúlpanse mutuamente o un ao outro de tardanza na súa implementación. Con políticos así, que non miran nada para a provincia de Ourense, mal vamos.

4, Outubro 2023

Uns meses despois de "aparecer por un meigallo" este burato no medio da beirarrúa da rúa San Cibrao, presentei un escrito no concello para que o viñesen arranxar. Deso xa van outros cinco meses. Tanto costa mandar algún operario do concello a quitar os entullos e tapar con morteiro?

3, Outubro 2023

Os sete concellos que integran a plataforma supramunicipal nacida en torno ao Pacto de Pedre, constituído a principios de ano tralo tráxico accidente de tráfico no dia de noiteboa de 2022 e coa finalidade de esixir a mellora integral da estrada nacional N-541, veñen de incorporar á súa axenda de traballo a proposta feita polo Concello de Pontevedra de reclamar á Xunta de Galicia e ao Goberno Central o inicio dun estudo para a creación dunha autovía Pontevedra-O Carballiño, con conexión cara a comarca do Deza, “que permita unha mellor vertebración viaria do interior de Galicia”, á vez que posibilita unha alternativa eficaz á N-541.

Desta maneira, e tras esta última reunión no concello de Pontevedra, o seu alcalde Miguel Anxo Lores, logrou o beneplácito dos representantes dos sete concellos presentes, os de Cerdedo-Cotobade, Boborás, Beariz, O Irixo, Maside, Punxín, O Carballiño e agora tamén Pontevedra, unha iniciativa que tamén se presentará ante as deputaións provinciais de Ourense e Pontevedra. Tamén queren que se integre neste grupo de traballo o concello de Ourense. Os concellos demandarán aos grupos políticos do Parlamento de Galicia que apoien as iniciativas que os alcaldes están a promover para trasladar ao Goberno central a necesidade de mellorar a seguridade viaria da N-541 que, en todo caso sigue sendo a dia de hoxe a principal reivindicación.

Á reunión de Pontevedra asistiron os alcaldes de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; de Boborás, Patricia Torres; de Beariz, Manuel Prado; o concelleiro do Irixo, Juan Manuel Villanueva; o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias; e o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez Fernández. O alcalde de Carballiño, Francisco Fumega desculpou a súa ausencia, aínda que manifestou o seu firme compromiso a seguir apoiando esta causa.

A construción dunha autovía entre O Carballiño-Pontevedra debería ser asumida polo Goberno Central. Tería unha conexión con Lalín “alá onde se considere maís oportuno”, que sería realizada pola Xunta de Galicia, segundo o tratado nesta reunión que ven de celebrarse.

3, Outubro 2023

Tras a inaguracion do gran parque infantil de Toscaña.  So queda darlle a noraboa os nosos representantes por non verificar a seguridade das instalacións,  posto que xa non e o primeiro neno que se manca. 

Según parece a policía precintou o trebello, pero como parece coña, ou incluso unha trasnada de algun rapaz, sacan as cintas e seguen xogando.

Resulta que no interior dos tubos existen deficiencias que causan cortes e danos os usuarios, pero mostra que non ten importancia posto que cun par de cintas indicativas de policia local, xa se solucionou.

Aparte de eso felicitar a o alcalde e a sua corporación por a gran inaguracion que fixeron, ademáis de non verificar o trebello olvidaronse de instalar unhas papeleiras, e unha simple fonte de auga potable verificada sanitariamente, posto que o non existir unha sombra nos arredores por o menos permitir que a rapazallada poida refrescarse e hidratarse.

Finalmente indicarlle que na gran obra esqueceuse das escaleiras automaticas, como o seu homólogo de Ourense, posto se ten que subir algun adulto un par de veces, e incluso algún cativo, non hai corpo que o resista . Esto último a modo de ironia. 

O que e serio e vergoñento, e que teñamos un  trebello con deficiencias graves sin subsanar, causando continuos danos a cativos e un recinto infantil sen papeleiras.

Vergoñento.

E a oposición subindolle o soldo a estes ineptos, perdon, representantes.

 

2, Outubro 2023

O proxecto “OU-intelixente”, presentado pola Deputación a través da empresa mixta AquaOurense (formada pola propia institución provincial e Viaqua), converteuse na segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga, o que suporá contar con 7,75 millóns de euros “para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun recurso básico e estratéxico como é a auga”.

O presidente da Deputación, Luis Menor, valorou así esta mañá a concesión de 7.754.519 euros por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO), unha vez coñecida a resolución provisional da primeira convocatoria específica dos Fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga. Un financiamento que mesmo podería aumentar, advertiu Luis Menor, posto que ao tratarse dunha primeira resolución aínda resta a análise final das candidaturas aprobadas.

O proxecto “Ou-intelixente” alcanzou 87 dos 90 puntos posibles e beneficiará a 81 concellos da comarca, ademais dos consorcios de augas de Valdeorras e Os Peares. A Deputación, entre tanto, terá que completar con fondos propios os 5,75 millóns de euros restantes do financiamento total do plan. Luis Menor explicou que esta destacada nova supón un “clarísimo exemplo de colaboración cos concellos”, pois as infraestruturas que se van beneficiar do proxecto son de titularidade municipal, unha característica que diferenza á proposta ourensán do resto de candidaturas.

O presidente ratificou así a liña de “máxima cooperación que dixen ía marcar a miña acción de goberno”, poñendo a disposición dos pequenos concellos infraestruturas punteiras en tecnoloxía que lles resultaría imposible acadar con fondos propios. Actuacións prioritarias da iniciativa “OU-intelixente: provincia da auga” Luis Menor estivo acompañado na súa comparecencia polo director da Área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe, e polo responsable de operación de AquaOurense, Víctor Comesaña. Bobe explicou os obxetivos do programa, que pasan por “acadar unha xestión eficiente nos pequenos concellos, baseada en dúas claves: os datos e a formación. Cos datos conseguiremos unha diagnose correcta dos servizos e coa formación acadaremos a mellor xestión e prestación do servizo.

Con este esforzo da Deputación, os pequenos concellos adheridos non terán que gastar os seus recursos”. Tamén abundou Javier Bobe na importancia da consecución destes fondos en concorrencia competitiva, pois foron 158 as solicitudes en toda España, das que a da Deputación foi a segunda mellor valorada. Significado da dixitalización da xestión da auga Víctor Comesaña detallou as actuación prioritarias que contempla este proxecto, como:

1- Implantación de 63.000 contadores intelixentes domiciliarios para aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes que se adhiran á proposta.

2- Instalación de contadores intelixentes en 120 puntos de entrega de auga aos sistemas de abastecemento dos concellos ourensáns.

3- Proxecto de investigación no embalse das Conchas con imaxes satelitais para controlar a evolución do mesmo ao longo do ano.

4- Dixitalización de 139 instalacións de depuración para o control, en tempo real, tanto da cantidade como da calidade do verquido ao medio.

5- Dixitalización de 18 instalacións de abastecemento para o control en tempo real do funcionamento das plantas de tratamento de auga potable, así como das redes de distribución no Consorcio de Augas de Valdeorras.

6- Creación do Centro Intelixente para a xestión provincial da auga -o AquaOU- no que se centralizará a xestión operativa de toda a información obtida en tempo real. Este centro pretende, ademais, ser un espazo aberto á cidadanía no que transparentar e poñer en valor a importancia dunha axeitada xestión da auga no territorio.

2, Outubro 2023

O evento final da campaña empezará ás 18.00 hs na mesma ubicación. Neste lugar, entre as 18.00 e as 20.00h., deste martes dia 3 de outubro poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 27 de setembro ao 3 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 4 de 100 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Centro Comercial Aberto do Carballiño.

O sorteo contará coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre elas Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, representantes do Centro Comercial Aberto do Carballiño e do Concello do Carballiño.

1, Outubro 2023

Malia os esforzos por reanimalo, o persoal sanitario confirmou finalmente o falecemento do accidentado, un xoven (J.V.I.C.) de 20 anos veciño do Carballiño, que acudira en compañía de familiares na tarde deste domingo ás pozas de Melón, escorregou e caeu nuha poza, sen que poidera facerse nada para salvar a súa vida.

Eran as 18 horas cando un particular que se atopaba no lugar chamou ao 112 Galicia. Na súa comunicación, indicou un home acaba de caer nunha das pozas das fervenzas de Tourón. Confirmaba, ademais, que non o atopaban e que se trataba dunha zona de difícil acceso.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón.

Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tras localizalo, os servizos de emerxencias trataron de reanimar ao rapaz, pero o persoal sanitario acabou confirmando o seu falecemento.

29, Setembro 2023

CINE. O Novocine de Leiro proxecta esta fin de semana, do venres ao domingo, dúas peliculas: "Amigos hasta la muerte" (ás 16:00 e 18:00 horas) e "El baile de los vampiros" (ás 20:00 e 22:00 horas)

MUSICA AO VIVO Na tenda OZOCOgz (Rúa Curros Enríquez 29 do Carballiño) Xico Paradelo e Andrés Fernández interpretan cantigas de Zeca Afonso, acompañando a presentación do libro "Zeca Afonso-Balada do Desterro" a cargo de Teresa Moure e Ramom Pinheiro, a autora dos textos do libro e o editor do mesmo, respectivamente. Sábado 30 ás 12:30 horas.

FESTIVAL GALAICO-PORTUGUÉS DE POLIFONÍA E CANTO CORAL A Coral Aures Cantibus de Zamora, a Coral de Chantada, o Coro da Ordem dos médicos do Porto, e os anfitrións e organizadores da Coral Polifónica Casino do Carballiño, protagonizarán a 40 edición do Festival, con entrada de balde no auditorio do Carballiño. Sábado 30 ás 20:00 horas.

TEATRO. Comeza a "XVI Mostra de teatro amador" que organiza "Tiruleque Teatro", coa actuación da Asociación Teatral Pico do Castro, de Foz, que trae a O Carballiño o seu espectáculo "O Randiña", unha comedia de 65 minutos de duración. Auditorio do Carballiño, domingo 1 de outubro ás 20:00 horas.

FUTBOL. A Primeira RFEF en xogo, quinta xornada do campionato, o Arenteiro recibe en Espiñedo aos aragoneses da SD Tarazona. Domingo 1 de outubro ás 19:00 horas.

FESTA DE SAN MIGUEL EN VILASECO-CEA. A parroquia celebra esta fin de semana a festa do patrón, San Miguel. Faino con misa solemne, festa e verbena amenizadas coa música do grupo SINTONIA. Sábado dia 30 de setembro.

FEIRA FIN DE MES NO CARBALLIÑO. Despedimos o mes de setembro con tempo de verán e ambiente de feira no Carballiño, co mercado de postos ambulantes e o tradicional pulpo á feira. Sábado dia 30.

29, Setembro 2023

A última bomberada do alcalde por chamaller de algunha maneira, é poñer a Avenida do Balneario de un solo sentido.

A única calle que desatasca o centro do pueblo e quere poñela de unha sola dirección.

Solo polo seu capricho de poñer o centro de salud onde el quere, vai generar un caos en todo o pueblo??

Inconcevible!! Os repartidores , a xente que vive ahí, os autobuses escolares, as furgonetas de ASPADISI ….. cantas voltas poli centro van ter que dar para chegar ó sitio?

Un despropósito.

E o PP decindo si buana a todo, sin unha sola pega a nada. Un despropósito.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS