23, Outubro 2023

A deputada autonómica Marisol Mouteira salientou que os de 2024 serán "unhos orzamentos pensados para as persoas", e nos que a Xunta contempla varios investimetnos no Carballiño "pensando nas persoas que máis o necesitan, como son as persoas que están sen traballo, coa creación dunha nova oficina de emprego que se ubicará no edificio do Centro Comarcal, no Cornuval. Un proxecto para o que os orzamentos da Xunta para o próximo ano fixan unha partida económica de 1,4 millóns de euros. 

Neste mesmo contexto, Mouteira tamén citou o Polo de Emprendemento que ten a súa sede neste mesmo Centro Comarcal do Carballiño, dotado de 120.000 euros para asesorar e favorecer o emprendemento para os concellos do noroeste provincial.

Neste mesmo edificio do Centro Comarcal xa se ubica desde fai unhos anos a Oficina Agraria Comarcal, coa idea de centralizar no mesmo todos os servizos que a Xunta presta no Carballiño.

Precisamente, este lugar foi o elexido neste encontro informativo  entre a representación do grupo do PP no Parlamento de Galicia e os populares do concello carballiñés, e no que tamén se deu a coñecer outras obras de mellora na residencia de tempo libre do Carballiño, para actuacións de modernización das súas instalacións, que terán un investimento de 670.000 euros.

Nos orzamentos autonómicos de 2024, a consellería de sanidade fixa unha partida de 300.000 euros para a redacción do proxecto de licitación do novo centro de saúde do Carballiño, que se ubicará na parcela que ocupa a actúal estación de autobuses, na avenida do Balneario.

23, Outubro 2023

Iluminada a Calle Venezuela este pasado fin de semana,,,,, Bravo por o Concello.

23, Outubro 2023

O voluntario da Agrupación de Protección Civil do Carballiño, Adolfo Otero Loureiro foi un dos distinguidos no acto de entrega de medallas e condecoaracións no marco da VII Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Proteccion Civil de Ourense.

Otero Loureiro ven de cumprir 40 anos de voluntariado na agrupación carballiñesa, unha das máis antigas de toda Galicia. O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, foi o encargado de facerlle entrega deste recoñecemento no marco desta xornada de convivencia que tivo lugar no mosteiro de San Estevo e no concello do Pereiro de Aguiar.

22, Outubro 2023

A última edición do programa ‘Vacacións en Familia’ da Xunta, que se celebra no verán nas Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán)e do Carballiño rexistrou 2.151 persoas beneficiarias. Esta cifra supón un incremento do 33,2% respecto á de 2022 e, ademais, superáronse as 12.000 pernoctacións nas dúas residencias durante a pasada tempada estival.

Estas cifras supoñen os mellores datos de ocupación da última década rexistrados neste programa, a través do cal ofrécese ás familias galegas e doutras comunidades autónomas a posibilidade de ter unha estadía de verán de seis días nalgún destes dous centros públicos, a prezos moi económicos e en réxime de pensión completa. Nos últimos anos a Xunta foi introducindo melloras en ‘Vacacións en Familia’.

Así, na última convocatoria volveuse incrementar o número de prazas ofertadas un 44% ata acadar as 2.760, o máximo histórico neste programa. Isto foi posible porque se ampliaron as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queren desfrutar destas residencias. Melloras Ademais, este verán mantivéronse as quendas de menor duración —seis días en lugar de dez—, máis adaptadas á realidade do que solicitan as familias.

As familias numerosas, monoparentais e acolledoras tiveron prioridade en todas as quendas, e estableceuse unha reserva mínima do 50% para solicitudes de fóra de Galicia para potenciar que veñan familias doutros puntos de España. Así mesmo, en canto aos prezos, conxeláronse as tarifas, sendo máis accesibles para as familias.

De cara á edición de 2024, o obxectivo da Xunta é adiantar aínda máis a data de publicación da orde de solicitude de prazas, que este ano foi o día 15 de maio, coa finalidade de facilitar máis a planificación das familias.

22, Outubro 2023

Hola, me gustaría denunciar la situación que desde hace tiempo se vive en la Calle Martínez Avellanosa con la obra del antiguo edificio Terceiro, si es normal que tengan tanto tiempo cerrada una acera y por otra parte me gustaría hacer la siguiente propuesta al Concello de O Carballiño que serían la siguientes:

- Reposición de algún árbol en la rotonda (antiguo Mercadona), puesto que cortaron el que estaba seco y creo que sería algo positivo para Carballiño repoblar (si es posible) con otro roble, puesto que es algo simbólico para la villa.

- Colocación (si es posible) de algún árbol/arbusto a lo largo de la Calle Martínez Avellanosa, como están en otras calles, creo que quedaría mucho más bonita y se agradecería alguna sombra durante la época estival.

Atentamente, Alexandre.

 

21, Outubro 2023

Os veciños da rua Venezuela estamos fartos de estar toda a noite as escuras. Chegamos de traballar a noitiña e temos que ter cuidado por onde pisamos para non tropezar. E o mesmo pola maña cedo antes das nove. Non sabemos o que pasa. Se e algunha avaria ou si son medidas de aforro enerxetico de don Paco Fumega pero coa seguridade dos veciños non se xoga. Por favor solucionenno o antes posible. 

21, Outubro 2023

Buenas tardes a todos, soy una vecina de Porto de Eguas ( concello do Carballiño) y ya llevamos más de quince días   SIN ALUMBRADO PÚBLICO, en varios puentos de la aldea. Dimos aviso al Ayuntamiento, a la Policia Local, y aún estamos esperando que alguien se pase por el pueblo para ponernos bombillas nuevas,  en varias farolas.

Estamos pediendo algo básico y fundamental para los vecinos de dicha aldea, por favor, Estimado Alcalde,  cuando tenga  a bien,  podria dar orden para que nos solucionen el problema.

 

Atentamente una veciña de Porto de Eguas. Gracias.

19, Outubro 2023

Este venres 20 de outubro o Cine Club Carballiño proxecta a película italiana "Las ocho montañas", gañadora do Premio do Xurado no Festival de Cannes, 4 premios Donatello do cinema italiano, Mellor fotografía na Seminci de Valladolid...e unha magnífica acollida entre o público, tanto no seu país como fora del. O filme céntrase na amizade ao longo do tempo de Pietro, que vive na cidade, e Bruno, un mozo dunha aldea de montaña. Unha película chea de lirismo que acaba por converter á montaña e á natureza nun personaxe máis. Baseada na novela homónima de Paolo Cognetti, aproveitaremos para sortear dous exemplares da mesma, coma sempre en colaboración coa Libraría Escolma. Os pases serán ás 20:00 horas en sesión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, no Auditorio do Carballiño.

TRES PELÍCULAS NO NOVO CINE DE LEIRO

Na carteleira do Novocine de Leiro destaca a estrea da pelicula galega "O Corno", triunfadora no recentemente celebrado Festival de San Sebastián. A película, un drama rural ambientado na Galicia dos anos 70, está protagonizada pola bailarina Janet Novás (Premio ‘El Ollo Crítico’ de Danza 2021 de RNE), no que é o seu debut no cinema, e conta na súa repartición con Carla Rivas, Nuria Lestegás, María Lado, Siobhan Fernandes e Diego Anido ('As Bestas'), entre outros. Está rodada en galego en varias localizacións das comarcas de Arousa e Baixo Miño (Pontevedra) e Alto Minho (Portugal) e narra a historia de María, unha mariscadora e tamén parteira que, tras un terrible suceso, vese obrigada a fuxir a través dun roteiro de contrabandistas.

Completan a carteleira desta fin de semana a tamén película galega "O home e o can" e o filme de animación "La patrulla canina". Os horarios para as tres películas son os que podes ver no cartaz que ilustra esta información.

A MOSTRA DE TEATRO AMADOR OFRECE DOBLE OFERTA TEATRAL, SÁBADO E DOMINGO

A Mostra teatral que organiza Tiruleque continúa coas súas representacións durante este mes. Esta fin de semana con doble oferta ás 20:00 horas no auditorio do Carballiño.

Dunha parte, coa comedia VECIÑOS de A Tequerreté de Teo, este sábado, día 21, unha comedia de 80 minutos de duración para un público a partir dos 14 anos.

O domingo 22,  outra comedia AGÁRDAME NO CEO de Namarella Teatro de Verín, un espectáculo de 90 minutos de duración e apta para todos os publicos.

1º SERÁN DO OUTONO NO IRIXO

A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo organiza este sábado dia 21 o 1º Serán do Outono que terá lugar no Polideportivo Municipal do Irixo. A partir das 19:00 horas comezará un obradoiro de baile tradicional gratuíto, seguido desde as 20:00 horas das actuacións das agrupacións "Gaitas e Danzas Airiños da Aronoia", "Xunquereteiras", "Tokaide", "Terras do Arenteiro", "Pandereiteiras de Zobra", "Ala, Pepes", "Pandereiteiras Rebulir", Pandereiteiras "Flor de toxo" de Avión e os anfitrións deste serán, a "Banda de Gaitas e Danzas do Irixo". Xa a partir das 23:00 horas iniciaráse unha foliada libre.

Durante todo o Serán haberá servizo de bar e comida, con bocadillos quentes, bebidas e chocolate. E durante a tarde-noite os asistentes terán ocasión de gañar un premio, xa que se van sortear ata once agasallos no transcurso do evento.

 

19, Outubro 2023

Estamos viendo que desde que el candidato del PP decidió incorporarse a su puesto , “ por vocación”. 
No hay día que no lo pase con el señor alcalde. 
Que el alcalde toma “ café”, ahí al lado está el.

Que hay foto del nuevo centro de salud, a la verita del alcalde , ahí está el que dice ser del PP

Que va a pasear a Partovia el alcalde? Pues ahí a la derecha del padre encontramos a este señor.

Al final no queda muy claro si es portavoz de la oposición o el que le lleva el bolso a Fumega.

18, Outubro 2023

Medidas de aforro. Iluminada unha veirarrua si é a outra non. Non é o único caso, hai outros varias rúas na mesma situación.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS