8, Novembro 2023

A Insua dos Poetas luce desde hoxe unha nova peza artística para lembrar o legado cultural do poeta, profesor e investigador Arcadio López Casanova. O acto inaugural desta nova peza tivo lugar hoxe na Esgueva (O Carballiño) coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; do concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; e do autor da obra, Antón Pulido.

Luis Menor reafirmou o compromiso do goberno provincial coa “nosa cultura” sendo un dos piares básicos sobre os que se sustenta a folla ruta da institución provincial para os vindeiros anos. A Deputación “debe poñer en valor a nosa cultura, así como o legado que nos deixaron ourensáns ilustres que co seu traballo e compromiso coa terra contribuíron a facer de Ourense o que hoxe é”, engadiu o presidente provincial. A cultura volveu a ser a protagonista en Ourense, nesta ocasión coa inauguración da peza artística que Antón Pulido dedica a Arcadio López-Casanova, pasando a formar parte deste espazo que rende homenaxe a persoeiros ilustres como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Xela Arias, Castelao, Vicente Risco, entre outros.

Trátase dunha “peza singular que recolle a poesía de Arcadio e que se suma ás 25 xa existentes e que fomos instalando na Insua froito do traballo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense”, dixo Luis González Tosar, quen lembrou que hoxe en todo mundo se celebra o Día Mundial do Urbanismo e “este acto contribúe a súa conmemoración ao urbanizar este espazo, pero mantendo a súa esencia como lugar natural”: Valentín García reivindicou que a Insua é un “lugar único en Galicia que consegue mesturar a contorna natural coa cultura” e que ao longo dos anos “creamos unha exposición de moitos estilos que dan unha relevancia especial a este espazo”.

A obra, realizada polo pintor, muralista e gravador, Antón Pulido, baixo o nome “Kermesse para Arcadio” é o primeiro vitral a toda cor e de grandes dimensións que se une a este espazo cultural para lembrar e homenaxear ao poeta, profesor e investigador Arcadio López-Casanova. O autor da obra manifestou a súa “admiración” por Arcadio afirmando que esta obra “está nun espazo único onde se reúnen xa 26 poetas lembrados en forma de escultura”.

 Durante o acto inaugural, o presidente da Fundación Insua dos Poetas deu a coñecer que o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín será o homenaxeado na vindeira “Festa da Palabra”, que se celebrará no mes de xullo para honrar “o máis representativo valor da literatura galega contemporánea”.

8, Novembro 2023

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Entidade Local Menor de Berán, Avelino Carballal, acompañado polos vogais Tomás Lorenzo Fariña e José Aquilino Álvarez, no marco dos contactos que o titular do Goberno provincial ven mantendo cos representantes das entidades locais ourensáns.

No encontro, Luis Menor informou ao presidente de Berán dos detalles do novo modelo de financiamento da Deputación, o Plan CooperOU, que reserva preto de 51.000 euros para a única entidade local menor existente na provincia, seguindo así os criterios homoxéneos previstos neste plan para todos os concellos: unha parte fixa segundo o número de habitantes, e outra variable en función da poboación, núcleos, envellecemento e superficie.

As entidades locais menores teñen, desde o punto de vista legal, un ámbito territorial inferior ao dos concellos, dispoñen de personalidade xurídica propia e teñen competencias na xestión dos seus bens e servizos e execución de obras.

Berán, cuxo territorio está incluído no concello de Leiro, ten como representantes, ademais do presidente, a dous vogais, celebrando os seus plenos cada dous meses.

7, Novembro 2023

Aconteceu a primeira hora desta tarde de martes dia 7 de novembro. A Policia Local do Carballiño alertou ao 112 da aparición do cadáver dunha muller nas augas do río Arenteiro, no tramo que vai entre a piscifactoria e a antiga fábrica de papel.

Foron os bombeiros do parque comarcal os encargados de rescatar o cádaver, e será o informe forense o que determine a causa da morte.  A súa vez, a investigación policial deberá aclarar as circustancias que rodean a aparición do cadáver desta muller.

Según as primeiras informacións facilitadas pola Policia Local do Carballiño a muller presentaba un golpe no rostro, sen que se observasen outros signos claros de violencia. Tamén parece confirmarse que o cadáver correspondese cunha veciña da parroquia de Veiga, de 89 anos de idade.

 

6, Novembro 2023

Entra en profundidad en los temas y con seriedad. Analiza cada tema dejando al margen la ideología. Abarca cualquier temática y se informa con precisión. Su margen de error es insignificante. 

Necesitamos muchos más nogueiras y menos hooligans palmeros del desastroso gobierno local. 

Siga así señor Nogueira porque es usted un lujo para cualquier tertulia.

6, Novembro 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá no Carballiño a nova edición do programa Outono Xove; iniciativa da Xunta, a través da Consellería de Política Social e Xuventude e co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables. Trátase dun programa de educación non formal durante o outono, co fin de ofrecer alternativas de ocio responsable e seguro á mocidade galega e favorecer a adquisición de competencias transversais, un destes programas vaise desenvolver na residencia de tempo libre do Carballiño, na que se deron cita o alcalde Francisco Fumega e concelleiros do grupo popular no concello carballiñés.

O delegado territorial explicou que o programa conta 900 prazas dispoñibles para que a mocidade galega desfrute de actividades de lecer e formativas durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro en albergues xuvenís e residencias de tempo libre situadas en diferentes localidades do territorio galego. Os mozos de entre 14 e 30 anos de idade que desexen anotarse poderán facelo a partir das 10:00 horas, xa aberto o prazo dende o venres 27 de outubro, e a través do formulario de inscrición que se poderá cubrir directamente na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Gabriel Alén sinalou que o Outono Xove volve presentar un amplo catálogo de actividades que se vertebra en oito programas que se desenvolverán noutras tantas instalacións; unha delas na provincia de Ourense: ‘Aventureza no Carballiño II’, na residencia de tempo libre do Carballiño.

Cos programas Outono e Primavera Xove, a Xunta busca desestacionalizar a oferta de tempo libre para a xuventude. Así, ademais da tradicional campaña de verán, ofrécense actividades durante os meses de outubro e primavera.

Outro dos obxectivos deste programa é darlle aos distintos albergues xuvenís e residencias de tempo libre públicas utilidade durante todo o ano.

‘Aventureza no Carballiño’ desenvolverase do 10 ao 12 de novembro para a quenda de mozos e mozas de 14 a 17 anos, e do 24 ao 26 de novembro e do 1 ao 3 de decembro para os mozos e mozas de 18 a 30 anos. As actividades xirarán a carón de rutas e rastrexos culturais e de aventura, xogos populares, xogo de escape no Carballiño, láser tag e tiro con arco.

O número de prazas habilitadas para cada unha destas opcións e fins de semana é de 20 e o programa inclúe aloxamento na residencia de tempo libre, polo que se achega manutención completa desde a noite do venres ata o domingo pola mañá.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade diferentes, posto que haberá grupos con participantes de 14 a 17 anos e outros de 18 a 30. A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné Xove aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

6, Novembro 2023

A xunta de goberno da Deputación de Ourense acordou na súa reunión desta mañá destinar unha achega económica por importe de 48.000 euros a favor do concello de San Amaro, cuxa finalidade é a reforma do tellado e cuberta do edificio das antigas escolas da parroquial de Anllo, convertido agora en centro social.

Doutra parte, o concello de Punxín recibe unha axuda da Deputación para financiar o servizo municipal de transporte veciñal para este ano 2023. Trátase dun servizo que presta o concello á veciñanza, os martes de cada semana un autobús fai un recorrido por todas as parroquias do concello, transportarndo aos usuarios á capitalidade municipal, utilizado sobre todo para achegarse ao centro de saúde da localidade.

 

6, Novembro 2023

Incrible ler a crítica aos tertulianos e máis concretamente ao señor Nogueira. Parece que todo o malo que pasa no Carballiño é culpa dos tertulianos da cope e non do grupo de goberno.De momento co tema da rúa de Ourense o señor Nogueira foi o único que dixo claramente as deficiencias que tiña o expediente e que as obras non se comenzarían nin en septembro nin en outubro. E de momento, acertou. E non me parece que estea el moi contento con esa situación pois cada vez que saile o tema na tertulia el o di claramente: "ojalá estivese xa esa obra feita, pero...". Tamén explicou porque pode ser que o tan famoso convenio pode quedar sin financiación por parte da confederación hidrográfica, ao ser un convenio plurianual firmado por parte do concello con unha administración que depende dos presupuestos do estado e ser un convenio plurianual.

Pero case mellor, que o explique el novamente, para que quen queira escoitar e atender o faga.

Por certo, pois si, menos mal que non hai un tertuliano de ES-CO senon a algún saialle o veneno polos ollos e pola boca. E non só escribindo aquí, senon tamén nos plenos.

5, Novembro 2023

Despois de leer a un copenauta analizando a tertulia deste venres é chamativo que se lembre tanto de Espazo Común cando non hai ninguén desta formación nela. 

Dicirlle ó interfecto que non se debe confundir a política coas obsesións persoais. 

Hai medicación para esas cousas. 

 

5, Novembro 2023

Vista a anterior denuncia parece que a algúns lles escoce a diversidade de opinións e se critique o que se fai mal no Carballiño. Pola súa animadversión polos dous Nogueiras e tamén cara Espazo Común creo que xa sei de quen se trata pero non vou caer na baixura de dar nomes e apelidos aquí. Soamente dicir que non é obrigatorio escoitar a tertulia dos venres se con elo non se da canalizado a bilis axeitadamente.

5, Novembro 2023

O temporal "Domingos" deixa un carrusel de incidencias na comarca, en practicamente todos os concellos, sendo as máis numerosas as estradas cortadas por diversos motivos, árbores caídas, e cortes de suministro eléctrico que afectaron a máis de 3.000 usuarios durante a fin de semana, algunhos prolóngandose por espazo de varias horas, sendo os concellos mais afectados os de Cea, O Irixo e Maside.

Danos nun vehículo e no vello palco do campo da festa do Lago-Maside

A caída dunha árbore de grandes dimensións derrubada polos fortes ventos na xornada do sábado provocou grandes destrozos no vello palco do campo da festa da parroquia do Lago, no concello de Maside, e tamén nun vehículo estacionado neste mesmo lugar, sen que houbese que lamentar danos para as persoas.

O risco de desprendemento do rótulo do antigo hostal Noroeste corta a rúa Xosé Pontes

No casco urbano do Carballiño foron varias as incidencias provocadas polo temporal, a Policia Local cortou ao tráfico a Avda. do Arenteiro, o camiño Carboeiros entre a rúa Astureses e a Avda do Parque, onde se acumulaba moita auga e arrastres de terra, que os deixaron intransitables.

Na rúa Xosé Pontes a Policia Local cortou o paso tanto de vehículos como de peóns ante o risco de amenaza de que caese sobre a rúa o rótulo do antigo hostal Noroeste, o desprendemento dalgunhos elementos das fachadas dalgunhos edificios tamén motivou a instalación de vallas para advertir desta perigosa circustancia. No municipio carballiñés o 112 comunicou aos servizos de emerxencias un total de 13 incidencias durante a fin de semana.

O GES de Avión tivo que retirar unha ducia de árbores que impedían o trafico en varias estradas do municipio

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avíón tivo que atender numerosas incidencias, todas elas provocadas por árbores caídas na rede viaria municipal, como aconteceu nos accesos a Belecón, Acevedo, Oroso, Cortegazas, Beresmo, Pascais, e nas estradas intermunicipais Beresmo-Albarellos e Córcores-Cardelle.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS