
O concelleiro de persoal, seguridade, emerxencias, mobilidade, administración xeral, rexime interior e obras do concello do Carballiño, Alberto Otero repasa en COPE O Carballiño a actividade das súas áreas, respondendo ás preguntas dos e das ointes desta emisora de radio.
Entre outros asuntos, o concelleiro atendeu queixas sobre o deficiente estado de varias rúas, e mesmo anunciou que o concello xa traballa nun plan de mobilidade para mellorar o tráfico e a seguridade no casco urbano do Carballiño. Tamén asegurou que antes de rematar o ano comezarán as obras de reforma integral da rúa Ourense.
No audio adxunto podes escoitar a intervención radiofónica do concelleiro carballiñés.
Q sería o q lle faría tanta gracia oxe o concelleiro novo de obras, tráfico e non sei de cantas cousas mais. Pasouse a entrevista na Cope reinado ante as múltiples Queizas dos veciños, non sin razón q Xan Pinal lle Trasalba. Iste concelleiro non o quixeron en Boborás e empaquetado no no Carballiño e agora en vez de poñerse a traballar e resolver os problemas da cidadanía adícase a ir a radio a reírse das preguntas e queixas q fai a xente. Sr concelleiro céntrese no seu traballo pa resolver os problemas do Carballiño q o teñen totalmente abandonado e déixese de reírse da xente e insultar os compañeiros de corporación da oposición e senón o millor será q Po la porta q entrou volva a saír. Un respeto
por favor
O outro día nas declaracións que fixo a cope da renuncia de Juan Manuel, estaría ben que falare él, xa que solo se sabe todo de parte do que contan algún dos seus compañeros de partido. Para moitos Juan Manuel está a facer ben o seu traballo , como para presiónalo para que dimita, porque non creo que sea cousa de él. Gustaríamos saber o porque se quiere ir.
Un saúdo, espero unha entrevista a Juan.

A estrada N-541 continúa acumulando percances automobilísticos. O último accidente dentro do tramo urbano do Carballiño rexistrábase unhos minutos despóis das sete da tarde deste domingo e no mesmo víronse involucrados 3 vehículos, resultando ferida unha persoa que foi trasladada polos servizos sanitarios a urxencias.
Según o relato da Policía Local do Carballiño este accidente de tráfico consistíu "nunha colisión en cadea, na travesia 25 de Xullo ( N-541) cando os vehículos circulaban en sentido Pontevedra, a consecuencia do accidente, estivo cortado un carril de circulación, por espazo de dúas horas, sendo restablecida dúas horas despóis".
A mesma información da Policía Local indica que "ao parecer o primeiro vehículo da cadea se desvia na traxectoria para a súa dereita, e nese preciso intre, foi alcanzado polos outros dous vehículos implicados". Tamén manifesta que "segundo as primeiras investigacións, todo apunta a un despiste dun dos condutores da secuencia, que non se percatou da manobra do primeiro dos vehículos involucrados".
Os danos materiais son de bastante consideración, tendo que ser retirados polos guindastres das compañías de seguros, mentres que o servizo de Grupo municipal de emerxencias do concello do Carballiño fíxose cargo da limpeza da vía.

Un numeroso grupo de colleiteiros das parroquias de Eiras, San Fiz, Beariz e Anllo, dentro da zona vitivinícola ribeirán do concello de San Amaro ofreceron os seus viños, que os asistentes a esta 2ª Festa do Viño e magosto poideron degustar acompañados de panceta asada e castañas.
Entre os asistentes, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que participou na inauguración desta II Festa do Viño de San Amaro, antes de que tomase a palabra como pregoeiro a Xosé Lois " O Carrabouxo", O presidente provincial, acompañado polo alcalde, Fernando Redondo, felicitou á veciñanza e ao propio equipo de goberno por recuperar unha arraigada tradición de vello como eran as festas organizadas para probar o viño novo, á que se sumou nesta ocasión un magosto popular.
A recadación do evento, descontados os gastos de organización, será destinada por parte do concello de San Amaro á comunidade educativa do colexio de San Amaro, para axudar a financiar actividades escolares.
A celebración desta 2ª Festa do Viño de San Amaro foi motivo para que colleiteiros e o propio alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, recordase que "San Amaro é Ribeiro e quere máis Ribeiro", unha mensaxe directa á Denominación de Orixe Ribeiro, na que reivindican integrarse.
Da animación musical encargouse a discotéca A Gramola no que foi a fin de festa, antes oa asistentes escoitaran e aplaudiran a actuación do cantante galego Antonio Barros.

O Servicio de Educación e Apoio Familiar da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño informa da posta en marcha da quinta edición do Contacontos Familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres ), e que terá lugar o vindeiro fin de semana.
Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes Concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación dun contacontos da man de Erica González e David Castro: El mismo zapato; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.
Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do Servizo de Educación e Apoio Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar. A programación dos contacontos levarase a cabo no mes de novembro, seguindo a planificación que se especifica a continuación:
O Irixo: SALÓN MULTIUSOS DO CONCELLO, Sábado 25 de novembro, ás 16:30H
San Amaro: C.E.I.P EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA,Sábado 25 de novembro, ás 18:30H
Beariz: CENTRO SOCIAL A FORXA (ANTIGA REITORAL)Domingo 26 de novembro, ás 16:30H
Boborás: CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL CHAMOSO LAMAS,Domingo 26 de novembro, ás 18:30H

A Xunta adxudica por preto de 98.000 euros a obra de acondicionamento da praza Eladio Rodríguez, tal e como recolle o convenio de cooperación asinado no marco do plan Hurbe o pasado mes de xullo entre a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde do concello ribeirán, Francisco Fernández.
O espazo no que se realizará a actuación urbanística está situado preto do Mosteiro de San Clodio, declarado no ano 1981 monumento histórico-artístico, e consistirá, fundamentalmente, na pavimentación das zonas oeste e centro da área. Do mesmo xeito, tamén se renovará o mobiliario urbano por medio da colocación de bancos e papeleiras e, ademais, tamén se establecerá unha zona axardinada co fin de crear un espazo de alameda.
Así mesmo, entre os traballos previstos no proxecto tamén está a eliminación dos contedores soterrados existentes para substituílos por outros convencionais, os cales serán recolocados pretendendo a mellor integración posible na contorna. De igual xeito, co fin de humanizar máis o espazo, transformarase a rampla actual nunha escaleira co obxectivo de evitar o paso de vehículos e executarase un pequeno muro de mampostería. Cómpre lembrar que esta actuación, que conta cun prazo de execución de 2 meses, é a quinta comprometida no Concello de Leiro ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas

Paseando po lo parque onte a tarde topeime con este panorama
O grupo de emergencias
lavando no parque e votando a Terra,lodo, toallita e compresas o rio
Que vergonza de concello así nos vai
Porque os de emerxencias non teñen culpa son unos mandados..

A Deputación de Ourense colaborará co Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro na promoción dos seus viños, apoiando actuacións que favorezan o seu posicionamento “nun mercado tan competitivo como é o vitivinícola”, explicou o presidente provincial, Luis Menor, tralo encontro mantido no Pazo Provincial co presidente da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.
Na reunión, na que se analizaron as liñas de colaboración que mantén a institución provincial co consello regulador, Luis Menor comprometeu o apoio da Deputación cun dos “sectores máis estratéxicos da economía provincial e, dentro deste, a unha comarca eminentemente vitivinícola como é O Ribeiro”:
O presidente provincial afirmou que a calidade dos viños do Ribeiro xunto coas actuacións de promoción que está a levar a cabo o consello regulador, “está a permitirlles abrirse camiño neste sector tan competitivo entre a ampla oferta existente”. Entre os labores de promoción do sector vitivinícola, cómpre salientar o programa dos “Trens Turísticos” que cada ano pon en marcha a Deputación de Ourense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e Renfe, para promocionar as diferentes rutas do viño da provincia.

As demandas en relación á precariedade do servizo de pediatría do centro de saúde do Carballiño, a proposta de Espazo Común que insiste en rexeitar a ubicación do novo centro de saúde na estación de autobuses e buscar novo emprazamento, ou a posible renuncia de Juan Manuel Villanueva como concelleiro do grupo de goberno do Irixo, asuntos tratados na tertulia desta semana en COPE O Carballiño.
Coas opinións e comentarios de José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Sebastián Lamazares e Fátima Gómez. Escóitaa na audio adxunto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- …
- seguinte ›
- última »