24, Novembro 2023

Cesareo tizon, burato enorme no adoquin, corte a altura ddo supermercado. 

Carmen, burato o pasar igrexa, desfeita na arqueta estanco. 

Arquetas etapas sen nivelar etc . 

Rotulas de cochesdesfeitas, incomodidade conducindo, charcos de auga etc .

Protestar....non serve de nada .

24, Novembro 2023

  Veciños do barrio de Flores mandamos un escrito o concello pedindo que se cambie esa señal pola de tráfico restringido a residentes, polo perigo o que estamos expostos dada a cantidade de coches, furgonetas e motos que pasan por ela e nenos xogando no barrio sen beirarruas (e xa tivemos varios sustos) 

 Pero e inutil porque incluso infrinxen a señal  de prohibido circular polas outras dúas baixadas  a Flores diante das súas narices ... Acordaranse desto cando haxa un atropelo?? 

23, Novembro 2023

A rua que vai de Flores o centro de saude. 

Da pena vela. Se se ve. Porque luz hai pouca.

Maleza e basura hai moita.

Xa falamos varias veces co señor alcalde pero da igual falar que non falar.

23, Novembro 2023

Rúa viñao, unha rúa q da aceso o paseo fluvial do río Arenteiro , atópase talmente abandoada por parte do concello do Carballiño. A maleza invade as veirasruas, as plaquetas están totalmente cubertas de silvas. Unha vergonza qu veñan visitantes e vexan o estado q se atopan estas rúa Vergonzoso como teñen todo abandonado istes gobernantes todo abandonado e agora q contan co apoio de Lino e o PP non se nota nada de milloria, a cousa vai a pior.

 

 

 

 

 

 

 

23, Novembro 2023

      COMO VEXO QUE FUNCIONA MANDAR A COPE O CARBALLIÑO DENUNCIAS SOBRE O ESTADO CALAMITOSO DAS RÚAS DO POBO, VOU AÑADIR UNHA MÁIS.

     A RÚA COLOMBIA EXISTE NO CARBALLIÑO. ESTÁ DE SEGUIDO DA PORTO RICO BAIXANDO A MAN ESQUERDA.( DIGO ESTO PORQUE O ALCALDE DIXO UN DÍA NA RADIO QUE NON SABÍA ONDE ESTABA)

     POLO QUE SE VE, NO CARBALLIÑO PÓNSELLE O NOME A RÚA SEGUNDO O SEU ESTADO. ESTA RÚA CHAMÁBASE GOMEZ ROMÁN, PASOU A DENOMINARSE COLOMBIA E ATOPASE COMA UNHA RUA DE MEDELLÍN OU DE CALI. FOI UNHA PENA NON LLE TER CHAMADO RUA SUECIA OU RÚA NORUEGA... EN FIN.

     DIXERON NO CONCELLO QUE A IAN ARRANXAR CANDO BOTARAN O CEMENTO DA RÚA MARGARITA TABOADA PARA AFORRAR CUSTES. PARA CANDO SERÁ? PORQUE ESTÁ NUN ESTADO LAMENTABLE, CHEA DE BURATOS, DE TERRA, CON SOCALCOS.

    O TRAMO DO LADO DEREITO ESTÁ SEN BEIRARRÚAS, CON MALEZA, UNHA NOCEIRA INVADINDO A ESTRADA.

     FAI UNS TRES OU CATRO MESES FIXERON A INSTALACIÓN ELÉCTRICA PARA POÑER ALUMEADO, E ASÍ QUEDOU E ASÍ ESTÁ.

     SE HAI QUE ESPERAR UN MES POR UNHAS BOMBILLAS, POR UNHAS FAROLAS QUE CHE DIREI.

     ESTA RÚA COMO ESTÁ A MONTE PRÉSTASE MOITO PARA PASEAR OS CANS, POIS BEN, TANTO COLOMBIA COMO PORTO RICO ESTAN SEMPRE CHEAS DE EXCREMENTOS QUE HAI QUE IR MIRANDO ONDE PISAS COMA SE FORA UN CAMPO DE MINAS. POR ALÍ NUNCA PASOU UN BARRENDEIRO. BUENO SI UNHA VEZ VIN UN. MENUDO SUSTO, PENSEI QUE SE DESORIENTARA.

    PODERÍA SEGUIR CONTANDO "MARAVILLAS" DA MIÑA RUA PERO COIDO QUE POR HOXE XA MENOS MAL. SÓ CONVIDAR A QUEN QUEIRA VIR DE VISITA MERECE A PENA. VISITAS COLOMBIA ENXEBRE A CINCO MINUTOS DO CENTRO DO POBO.

    

 

 

23, Novembro 2023

Bo día, quería que quedara claro que NON teño nada que ver co Concello do Carballiño, desculpade se non me explique correctamente, donde logo non era a miña intención, solo quería explicar o que sucede nesa rua, que e ben grave, niso coincidimos todos, e que a xente sepa os problemas que diu ADIF, e que padecen os vecinos, e agardemos que se repare pronto polo ben de todos e que quede o mellor posible, e se se arregla claro que se ten que arreglan de éxito integral de arriba a abaixo, pero o dos retranqueos más fincas ata que se edifique pensó que non están obligados a facelo pero sería algo bo.

Saludos e desculpade se non me expliquei ben ou se o contido non foi o mais axeitado o meu maior interés que se que arranxe canto antes

23, Novembro 2023

E podería dicirme que fixeron de novo? Polo de agora todo o que se fai no Irixo é herdado do goberno anterior, e non vexo que fai o PSOE máis que buscar o seu beneficio.
Por favor que alguén me conteste.

23, Novembro 2023

Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Carballiño CCA ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday o día 24 de novembro ademáis da oportunidade para os clientes de gañar 200€ en vales de compra.

O presidente de Carballiño CCA, Julián Garriga, comentou que durante este venres, a veciñanza de O Carballiño e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores:, telefonía, electrodomésticos, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, deporte, lencería, mercería, xoiaría, bebés, complementos, parafarmacia, beleza ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en O Carballiño, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver, tocar e levar no momento para a casa os produtos. No comercio de O Carballiño sempre haberá unha cara amiga e amable á que poder acudir.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares engadiu: “toda a información detallada das ofertas do Black Friday, pódese atopar na nosa web https://comerciocarballino.com/ ou nas nosas redes sociais. Hai grandes promocións, descontos do 10 ata 50 %, zonas outlet, 2x1 en produtos e servizos, descontos directos ... e por iso animamos a todos os nosos veciños e visitantes a consultalos. Seguro que encontran mais dunha opción moi interesante”.

Os establecementos participantes no Black Friday de 2023 de Carballiño CCA son:

ATLEET, AURA MODAS, AVATEL, B JEANS 8, CALZADOS PEREZ, CHIKITINES, CONTOS, DECO ROSA DACAL, DEPORTES UCHA, DUA´S, DULCINEA, ÉBANO, ÉCOLE, ELECTRODOMÉSTICOS MANUEL VÁZQUEZ, ENDE BEN, ESPA QUARZ, INNOVA DECOR, KIRSCHEN, LAMARGHA, LA MODERNA, MADISON, MÁS DEPORTE, MENTA ESTETICA, MUNDO LAR, O BUXO, O RUAN, OLA CARACOLA, OVS ,PAPAVENTOS, PLUMETTI, POL COTTON, REMBRANDT, SASTRERÍA PÁJARO, SOLPLATA, e TETE CLOSET.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares, destacou que este ano o “noso black friday” céntrase exclusivamente no venres 24 de novembro onde ademáis dos descontos e promocións que ofertan os establecementos adheridos á campaña, os clientes poderán participar nun sorteo de 200€ en vales compra, repartidos en oito vales de 25€ cada un, enviando unha copia do seu ticket de compra dese día nalgún establecemento participante ao correo carballinocca@gmail.com, xunto co seu nome e número de teléfono. O sorteo realizarase en directo o día 27 ás 12:00h desde as redes sociais da asociación.

Ademáis para dinamizar ás nosas rúas comerciais contarán con animación de rúa pola tarde e todos os establecementos estarán decorados no seu exterior para a celebración deste día especial de compras na nosa vila.

Desde O Carballiño CCA animan a todos os veciños e visitantes da nosa vila a ELEXIR CARBALLIÑO para realizar a súas compras neste venres negro porque sen dúbida é unha data especial para o comercio local.

22, Novembro 2023

É unha alegría ler que esta "rúa" vai ser reparada pero ten a necesidade de ser de xeito integral e para elo era preciso que o concello puxera á liña cada propiedade, uns fixeron os cierres por onde tiñan que facelos e 3 ou 4 invadindo a "rúa", penso que se teñen pensado gastar 100.000€ sería o momento de obrigar a todos os propietarios de retranquear os cierres a donde corresponde legalmente para que realmente poidamos falar da RÚA TESTEIRO.

22, Novembro 2023

TOTAL ABANDONO POR PARTE DO CONCELLO DA RUA TESTEIRO – CARBALLIÑO

 

Ante a rápida resposta, por parte dun anónimo, da queixa interposta esta mañán neste medio, pola Presidenta da Comunidade de Propietarios Av 25 de Xullo, 27- Rúa Testeiro, 14,  debemos facer as seguintes matizacións:

  • Debido ó estado actual, e mantido no tempo dende fai 15 anos, da Rúa Testeiro, consideramos que sobran as prepotencias por parte da Administración a hora de respostar; a non decir nada que aporte, pois….
  • Non sei se vostede recorda ben ou non, o número de veces que tiveron que dar explicacións sobre o estado da rúa, pero eso, sinceramente non é asunto noso: VOSTEDES ESTÁN NO GOBERNO PARA DAR EXPLICACIONS AS VECES QUE SEAN NECASARIAS E REQUERIDAS POLA CIDADANÍA, SOBRE TODO CANDO NON ESTÁN APORTANDO  SOLUCIONS AOS TEMAS. Non deberían olvidar que son os representantes da ciudadanía elexidos por ela.
  • Os temas que o Concello teña que solucionar con ADIF ou con calquera outra Administración ou Organismo, é algo interno e entendo que propio do desempeño das suas funcións. O cidadán votoulles nas urnas para que vostesdes nos representen e velen polos nosos intereses, dando por suposto obviamente que están preparados para iso.
  • Facer mención ao tema do importe que alcanza a licitación, paréceme fora de lugar, porque simplemente estamos reclamando ter una rúa cunhas condicións similares ás do resto do pobo.

Por tanto, esta maña simplemente MANIFESTAMOS por esta vía o noso descontento con CONCELLO DE O CARBALLIÑO, por manternos nunhas condicións propias dunha aldea de 1.920.

Como ben dixemos, acudimos a esta vía ao vemos desamparados totalmente por parte do Concello, así que creo que as palabras da persona que redactou a resposta a nosa queixa están TOTALMENTE FORA DE LUGAR; que menos ca un pouco de humildade e respeto para tratar de solucionar o tema.

Satisfácenos, ainda que iso non é suficiente, o feito de que recoñeza o MAL ESTADO DA RUA, pero esperamos que se deixen de dar tantas explicacións e PROCEDAN A FACER O SEU TRABALLO E ACONDICIONAR A RUA TESTEIRO o antes posible, que é o importante.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS