
Rocio Valiñas e Carlos Nemesio, da Plataforma Cidadán pola defensa da sanidade pública do Carballiño, móstrase satifeita pola participación na manifestación deste pasado domingo "porque a pesar de que o dia non invitaba a sair da casa e de que coincidíu cunha prolongada ponte festiva, reunimos a máis de 500 persoas".
Escoita aquí a entrevista na que, ademáis anuncian a folla de ruta que seguirán nas súas reivindicacións ante o SERGAS.

A manifestación convocada pola "Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Carballiño" reuníu na mañá deste domingo a centos de persoas que se concentraron ao mediodia na praza da Veracruz, para logo continuar polas rúas máis céntricas do Carballiño ata a Praza Maior, onde finalizou.
A protesta estivo motivada pola situación de precariedade na que se encontra o servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño, que atende tanto á poboación en idade pediátrica do Carballiño como do resto da comarca -máis de 2.000 nenos- que desde fai meses está atendido por médico puericultores, despóis de que as dúas pediatras que atendían o servizo causasen baixa, unha delas ao xubilarse e a outra en comisión de servizos.
A promesa do Sergas de concocar con carácter de urxencia e por concurso de méritos unha nova praza de pediatría para o Centro de Saúde do Carballiño non convence ás familias, que xa reuniron miles de sinaturas demando do Sergas que repoña o servizo coas dúas prazas de pediatría en horario completo de 08:00 a 15:00 horas, e amplíe o servizo en horario de tarde.
Nesta manifestación participaron concelleiros de todos os grupos da corporación municipal do Carballiño, que na última sesión celebrada acordou o apoio incondicional ás reivindicacións desta Plataforma Cidadán.

CINE. Este venres día 8 o Cine Club pon fin á programación do ano 2023 coa proxección dunha das grandes sorpresas do cinema español nesta tempada, "Tierra de nuestras madres", de Liz Lobato. Comedia con tintes surrealista, é unha obra orixinal , diferente e refrescante, ambientada na España rural e vaciada. Conta ademais cunha excelente interpretación do veterano Saturnino Garcia. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio do Carballiño
No Novocine de Leiro temos cine de estrea coa película "Wonka", cine de comedia, fantástico e de aventuras, para todos os públicos. Do xoves 7 ao domingo 10 ás 16.00 18.00 e 20.00 horas.
RUTA DAS TAPAS DO OUTONO. Este venres 8 de 20:00 a 23.00 horas nova edición desta ruta na hostalaría carballiñesa, con exquisitas tapas a 3 euros e actividades de animación nos locais participantes.
CONCERTO CONXUNTO DA BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE E A CORAL DO CASINO. Unha nova edición deste concerto de nadal que ofrecen ambas formacións musicais, que interpretarán desta vez música e polífonía universal, co mítico Nabucco de Verdi ou algún dos temas máis populares do grupo sueco ABBA. Sábado dia 9 ás 20:00 horas no auditorio co Carballiño.
MAXIA. O Mago Pedro Volta presenta no Carballiño o seu espectáculo de maxia "Ilusionante". Domingo 10 ás 18:00 no auditorio do Carballiño.

A "Tertulia dos Venres" de COPE O Carballiño foi esta semana a "Tertulia do Xoves", adiantando a súa emisión ao coinicider este venres en festivo.
José Antonio Barge, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal, solidarizáronse coas queixas manifestadas por numerosos oíntes do ámbito rural, que veñen padecendo nos útlimos dias os consabidos cortes no suministro eléctricos, e os máis recentes nesta mesma mañá de xoves.
A manifestación da Plataforma pola defensa da sanidade do Carballiño que convoca unha manifestación para este próximo domingo ao mediodia, ou a crise aberta no grupo de goberno do concello do Irixo polas discrepancias que mantén alonxado da actividade municipal ao concelleiro Juan Manuel Villanueva, foron outros dos asuntos comentados.
Podes escoitar íntegra a nosa tertulia no audio adxunto:
E ben triste e penoso que nun concello como o do Carballiño, un bache no adoquin ao lado da Igrexa vella, non sexan capaces nin de arranxalo definitivamente, nin de poñerlle unha chapa.
Leva meses asi, botaronlle terra para remendar, que levou a auga, puxeron un cono para que o esquivaran os coches co peligro que supon.
Non vale dicir que non houbo dias bos, houbos.
Negocios o lado que os pon perdidos, salpicaduras e adoquins q saltan e empeñanse en meter no burato de novo.
A cabeza de quen hai que botalos para arranxar neste concello algo.
Penso que a poboacion esta sendo moi pacente nun pobo abandonado e apagado.
Saudos.

Na presentación oficial no concello do Carballiño estiveron presentes Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.
As 3 funcións terá lugar ás 20.30 h no auditorio municipal a un prezo de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com
Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono. O evento contará, como é habitual, cunha programación variada e de calidade, con actores e actrices de recoñecido prestixio, tales como Guillermo Carbajo, Camila Bossa, Luís Iglesia, Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Laura Míguez, Nerea Rodríguez, Luís Vázquez ou Aldara Vázquez.
O FETEGA, que habitualmente se viña celebrando a primeira semana de setembro, traslada a súa programación a decembro, nas datas previas ao Nadal. A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.
Abriu o acto o alcalde do Carballiño exercendo de anfitrión, dando a benvida a todos os presentes e agradecendo o esforzo organizativo do festival, e convidando a todos os carballiñeses a gozar un ano máis, e van 34, do festival do teatro galego.
César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense fixo fincapé na singularidade do FETEGA ao ser o único festival da comunidade que se celebra integramente en galego, e remarcou o apoio do organismo provincial co evento. Deu os parabéns tamén á Organización e ao Concello do Carballiño por organizar un festival destas característica e con esta calidade. Convidou tamén aos veciños a gozar do teatro, “temos teatro desde hai 34 anos, e non é por min nin os antecesores, é porque Carballiño ten interese pola cultura. Convidou a tratar de encher o auditorio, os días 13,14,15,16”. E fixo un chamamento á poboación do Carballiño para pouco a pouco tomar as rendas do festival Laura e Lolo, de Redrum e Barafunda, sobradamente coñecidos na escola de teatro do Carballiño e por ser parte da organización.
Carlos Ledo, director do festival, deu o agradecemento especial ás institucións por aportar e dar ánimos e tranquilidade. Destacou as figuras Diego concelleiro de cultura e César, vicepresidente 2º da deputación, tanto a presente como a futuro. Fixo lectura do programa, presentado polo miúdo cada obra, implicar aos centros educativos cunha obra infantil, e traer para eles o teatro nun auditorio.
O programa completo con información dos espectáculos programados podes encontrálos en: https://festivaldoteatrogalego.com/
Laura Míguez, de Redrum Teatro, mencionou a trascendencia social da obra O pequeno poni, un espectáculo acaido nunha segunda etapa de secundaria como un neno, Luismi, se enfronta a un caso de acoso escolar, e onde os pais, Irene e Xaime vense desborados polo acoso social. Baseado nun caso real, que trata sobre o medio, a falta de atención á diferenza, a falta de atención á diversidade e ao xénero. Para todos os públicos, que non vai deixar indiferente.
Lolo Castro, de Barafunda Teatro, presentou a obra que abre o festival, de balde, o mércores 13, que fala da tolerancia, tratado dun xeito divertido e entretido, que deixe un pouso nos rapaces dos centros educativos locais, en horario matinal.
Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, pechou o acto e manifestou o orgullo da vila en acoller un ano máis o festival, referente do teatro galego. Para o Carballiño significa un compromiso grande para a cultura e unha plataforma teatral para moita xente. Igualmente agradeceu aos empresarios locais que apoian á cultura.
Pero se os que teñen máis peso, os que están por riba de nós, como poden ser ós Politicos, non se moven, non dan un golpe enrriba da mesa que se escoite ben lonxe, que podemos facer os paisanos de a pé, que estamos traballando máis de oito horas o dia incluidos Sabados, sen vacacions,( cobramos por 8 horas, e non se nos pagan as vacacions ) etc. pa poder ter unha Sanidade digna e GRATUITA, unha enseñanza PÚBLICA E DECIR GRATUITA, etc. Eles terán que ser ós primeiros en protestar, en loitar, espero velos( a todos os politicos) na manifestación do 10 de Decembro.

O rexedor municipal atendeu queixas, suxerencias e preguntas que a través trasladaron en directo os e as ointes de COPE O Carballiño.
Sen dúbida, entre o máis destacado da interveción de Fumega nesta emisora de radio estivo o anuncio que fixo a xeito de declaración de intencións sobre a demanda de mellora das infraestructuras deportivas municipais.
O alcalde do Carballiño definíu unha liña de traballo para acadar dous importantes obxetivos, dunha parte estaría a construcción dun novo estadio de fútbol que se ubicaría no actúal campo de fútbol da Uceira, e doutra parte na ampliación do pavillón de deportes Paco Chao, que se dotaría dun novo anexo na zona das pistas deportivas existentes ao aire libre.
No audio adxunto podes escoitar íntegra esta intervención do alcalde Fumega, deste martes dia 5 de decembro.
Sr alcalde, por favor,non faga máis dano o Carballiño, acabou con todo agora vemos q xunto cós seus concelleiros xa non teñen gañas nin ilusión nin nada de nada, sóo están ahí pa cobrar o fin de mes. Nada mais. Agora parque municipal abandoado, rúas abandoadas, sin personal no concello, festas do septembro o nunca visto, Espiñedo pior q nunca, cando o equipo está millor q nunca, agora o campo aberto cando aberto cando estaba pechado e cuberto. Non fagan máis dano o pobo se alcalde, están enterrando o Carballiño

Catro incidencias na rede eléctrica deixaron sen subnistración eléctrica a miles de clientes na comarca do Carballiño desde o mediodia e primeiras horas da tarde deste lúns 4 de decembro, afectando as emisións de COPE O Carballiño que non pudo emitir hoxe a súa programación local de mediodia, polo que pedimos disculpas á nosa audiencia.
As avería múltiple na rede eléctrica localizouse en catro puntos da comarca á altura das parroquias de Dadín, Madarnás, Veiga e Corneda, afectando a numerosos centros transformadores dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás. A incidencia iniciouse as 12:42 horas e non se recuperou a normalidade ata seis horas despois.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- …
- seguinte ›
- última »