5, Xaneiro 2025

O Cine-Club Carbaliño comeza a súa programación para 2025 o día 10 con Marco, con 5 nominacións nos premios Goya, entre elas as de Mellor película, Mellor actor protagonista (un Eduard Fernández en estado de gracia este último ano) ou a de Mellor guión. O filme foi nominado tamén á mellor película no Festival de Venecia. Público e crítica coinciden en sinalala como unha das grandes películas deste ano.

Continuaremos o venres día 17 con unha comedia, a última película de Dani de la Orden, Casa en llamas, gañadora do premio do púlico nos Premios Forqué e con moitas nominacións nos Goya (8), nos Premios Feroz (8) e nos Premios Gaudí (nada menos que 14). Outra das grandes favoritas para ser nomeada como mellor película española do ano.

O venres 24 teremos unha das sorpresas do cine español, Las chicas de la estación, de Juana Macías, que se confirma como unha das grandes cineastas do noso país. Drama social baseado en feitos reais, é un filme de denuncia á vez que unha fermosa historia de amizade entre mulleres.

E pecharemos o mes de xaneiro o día 31 co debut trala cámara de Paz Vega. O seu filme, Rita, valeulle a nominación á Mellor director novel nesta edición dos Goya e o aplauso unámime da crítica. Unha auténtica e grata sorpresa.

Coma sempre os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.

5, Xaneiro 2025

Una pena estas Navidades ser una continuacion del declive de O carballiño. Un pueblo con "vida" no hace mucho y hoy muerto por completo. 

Sin actividades, suspendiendo cabalgatas por lo que son 4 gotas de agua, y empujando a que nadie venga y la gente se vaya a poblaciones cercanas que estan vivas. 

Creo que en una población que se hartan de decir ser la segunda en habitantes despuesde la capital, no haya prevision de fururo, ni ilusion ni nada. 

La ultima suspender una cabalgata que recuerdo haberla cayendo un diluvio y los niños en la calle,no se olviden que no es una caravana electoral. 

Ningun partido muestra mas interes por este concello que el de sentarse en el sillon. En fin , en poco tiempo un pueblo fantasma con el mejor censo del mundo. 

Y recuerden, cuando llueve, no se vive . 

3, Xaneiro 2025

Primeiro venres do ano neste dia 3 de xaneiro, en consecuencia primeira tertulia do ano en COPE O Carballiño, na que participan Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira, xunto a Xan Pinal.

Escóitaa aquí:

3, Xaneiro 2025

O concello do Carballiño decide suspender a Cabalgata de Reis e o espectáculo que estaba programado para celebrar na torre do Templo da Veracruz, ante a previsión dun empeoramento das condicións meteorolóxicas para este domingo 5 de xaneiro no Carballiño, con previsión de chuvias xeralizadas.

No seu lugar, a concellería de cultura anuncia que o recibimento aos magos de Oriente será no auditorio do Carballiño, no  transcurso dun espectáculo artístico e musical que terá unha duración aproximada de dúas horas, entre as 5 e as 7 da tarde.

2, Xaneiro 2025

Cada quen é moi libre de informar ou ser informado como ben queira pero, ter que ler na cabeceira dun medio de comunicación que a Xunta amplía o bono-concilia é, cando menos, raro.

  ¿Ónde están as noticias das actuais listas de agarda do SERGAS? 

¿Está a Xunta derivando cartos para subvencionar campamentos ou hoteles antes que reforzar a Sanidade Pública? Pois parece que sí.

2, Xaneiro 2025

A Xunta de Galicia amplía o crédito do Bono Concilia Familia para chegar neste 2024 a 14.800 familias, un 37% máis respecto das beneficiadas na convocatoria anterior e 1.300 máis sobre as previsións iniciais fixadas para este exercicio. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 31 de decembro un aumento do orzamento destinado a este programa en 128.300 euros para acadar un montante total de preto de 2,8 millóns de euros, que é a maior dotación económica asignada ao Bono Concilia Familia desde a súa posta en marcha.

O obxectivo destas axudas é facilitar a conciliación ás familias con nenos de ata 13 anos nas que os dous proxenitores traballan ou un único proxenitor no caso das familias monoparentais. Están pensadas para que as nais e pais poidan atender as súas necesidades de conciliación de carácter puntual, por exemplo: por enfermidade, cuestións laborais ou en períodos das vacacións escolares.

A Administración autonómica xa resolveu unha parte das solicitudes de axudas presentadas, cuxo prazo para facelo rematou a mediados do pasado mes de outubro. As contías que están a recibir as familias poden ser de 500 euros para a contratación dunha persoa empregada do fogar ou servizos de atención á infancia a domicilio; ou de 200 euros por cada neno para o pago de campamentos ou doutros recursos de conciliación, como ludotecas ou espazos infantís. Polo tanto, unha familia con tres fillos pode chegar a percibir unha axuda de ata 600 euros.

O Bono Concilia Familia forma parte das medidas de apoio ás nais e pais que ten en marcha a Xunta de Galicia, tales como: a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, as casas niño e as casas do maior ou a tarxeta Benvida.

31, Decembro 2024
30, Decembro 2024

Os continuos microcortes da rede eléctrica que están a rexistrarse no suminstro dende fai maís de dúas semanas e que veñen afectando a unha ampla zona do casco urbano do Carballiño foron motivo de queixa xeralizada por parte da audiencia desta emisora de radio.

As deficiencias xa provocaron danos en vivendas e mesmo en instalacións industriais na área emrpesarial do Carballño, e foron numerosos os ointes de COPE O carballiño que demandaron unha intervención por parte do concello carballiñés para esixir da emrpesa submistradora unha solución inmediata a esta problemática, que radica nas bruscas variacións da voltaxe na rede electrica que abastece á vila do Carballiño.

O concelleiro de Seguridade e Emerxencias do concello Carballiñés, Alberto Otero trasladou este malestar veciñal ao delegado provincial de Naturgy. Escoita aquí a entrevista en COPE O Carballiño:

30, Decembro 2024

A moción de censura á alcaldesa Susana Iglesias acordada no Irixo polo PP e PSOE votaráse o próximo dia 13 de xaneiro ao mediodia. Se triunfa a mesma será nova alcaldesa a socialista Rosa María Dalama.

Escoita aquí a intervención en COPE O Carballiño da aínda alcaldesa do Irixo, Susana Iglesias.

29, Decembro 2024

Catro anos despóis O Carballiño volve superar a barreira dos 14.000 habitantes no padrón municipal, en concreto alcanzando os 14.075 habitantes según a actualización anual que fai o INE, e que pasará a ser a poboación oficial do Carballiño para o próximo ano, desde o 1 de xaneiro de 2025.

Acontece asi tras un incremento de 107 persoas no padrón municipal do concello do Carballiño, pasando dos 13.968 de 2024 a estes 14:075 habitantes, dos que 6.539 son homes e 7.536 son mulleres, asi que son case mil mulleres máis que homes residindo no municipio carballliñés.

Na comarca, tan so gañan poboación Punxín (+4) e Beariz (+3) quedando o seu padrón muncipal en 755 e 949 habitantes, respectivamente.

O resto dos concellos perden poboación, esta última actualización do padrón anual deixa asi o padrón municipal:

Maside 2743 (-1) Boborás 2199 (-33) San Cristovo de Cea 1989 (-14) O Irixo 1357 (-34) Piñor 1119 (-32) e San Amaro 1039 (-10)

Desta maneira, a poboación oficial da comarca do Carballiño a 1 de xaneiro de 2025 pasa a ser de 26.224 habitantes, son 10 menos que no padrón municipal de 2024.

 

 

 

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS