25, Agosto 2025

A Asociación Carballiño CCA fai un balance moi satisfactorio da Feira de Stock de Verán, celebrada os días 22, 23 e 24 de agosto na vila. Un evento xa consolidado que volveu contar cunha gran resposta por parte de establecementos e visitantes.

As vendas rexistradas polos comercios participantes mantivéronse en niveis similares e mesmo superiores aos de edicións anteriores. Nesta ocasión, a feira alcanzou un volume de negocio próximo aos 45.000 €, cun índice de satisfacción do 90 % entre os comercios
participantes, o que confirma a boa acollida desta iniciativa.

Durante os tres días de feira repartíronse preto de 2.000 papeletas de participación para o sorteo de seis vales de compra de 50 €, que se realizou de maneira presencial o domingo ás 18:00 horas. Estes vales, destinados a consumirse na propia feira, xeraron unha gran expectación entre o público asistente.

A caseta de Carballiño CCA tamén se converteu nun punto de referencia para veciños e turistas, que se achegaron a informarse sobre a plataforma Lopróximo, recibindo a proposta con gran interese e acollida.

Lopróximo é unha plataforma dixital impulsada por Carballiño CCA , cuxo obxectivo é achegar aos veciños e visitantes a posibilidade de coñecer, comparar e comprar produtos do comercio de proximidade, facilitando a conexión entre clientes e establecementos d Carballiño. Deste xeito, contribúe a modernizar e dar visibilidade ao pequeno comercio, poñendo en valor a súa proximidade, confianza e trato personalizado.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares, sinalou que a feira representa “unha ocasión ideal para que tanto veciños como visitantes poidan acceder a artigos de calidade con prezos moi vantaxosos, o que contribúe a reforzar a relación entre o consumidor e o comercio local”.

Así mesmo, pon en valor que este tipo de eventos “transcenden o espazo da praza, sumando tamén aos establecementos da rúa, que se integran na iniciativa ofrecendo as súas propias propostas”.

Desde Carballiño CCA recálcase que accións como esta son fundamentais para impulsar a
actividade comercial da vila, fidelizar á clientela habitual e captar novos visitantes.

A organización do evento contou co respaldo do Concello do Carballiño e o
cofinanciamento da Xunta de Galicia, un apoio institucional que reforza o compromiso coa dinamización do comercio local e a posta en valor da actividade económica e social da vila.

24, Agosto 2025

Somos vecinos de Flores,un barrio en el que estamos sufriendo abandono y que cuando nos dicen los Alcaldes que lo van arreglar y empiezan (eso si) es cuando peor estamos A saber :

Pavimentar Travesia do Mirto 1 año para 40 metros

Calle Loureiro,empezada en Junio y paralizada segun informacion porque no hay material Piedra.Cuando vengan las lluvias est sera piscina olimpica.

La bajada a Flores en coche,a partir del Gali-Golo,se escuha musica de rok duro tocada por las piedras mal colocadas recientemente 

La Fuente, ultimamente con una afluencia numerosisima de jovenes,sin iluminaciòn con una papelera de 60cm para mas de 50 jovenes que consumen y beben

Tanto Policia Local, Guardia Civil,Politicos, ni vienen ni se les espera,sabiendo los problemas de Ocupacion ,entrada en casas ,menudeo etc.Eso si siguen cobrando Bado, Entrada de carruajes (sin poder entrar)

En fin QUE SE SEPA

 

22, Agosto 2025

Como se fora para colgarse unha medalla, os veciños do Carballiño, vimos onte con estupor como nas redes sociais do Concello se subía a nova de que comezaba a funcionar unha brigada de prevención de incendios. A 21 de agosto¡¡

O descalabro da xestión do PPSOE que desgoberna este pobo semella non ter límites.

Despois das terribles escenas vividas nas últimas semanas e de que tiveramos o perigo ás portas cun incendio en Dacón o pasado domingo. Que, por certo, precisou da intervención do Grupo Municipal de Emerxencias pola ausencia dos bombeiros que estaban noutra incidencia. E que tamén, por certo, fixo necesaria a intervención da motobomba doutro concello xa que O Carballiño só conta cun camión pequeno ao non ter arranxado en todo o ano o de gran capacidade.

Despois das innumerables queixas veciñais pola falla de cumprimento da normativa e incluso de sufrir o abandono das áreas públicas.

Despois de todo iso temos que ver como este grupo que nos dirixe presume da posta en marcha desa brigada xa case en setembro.

Para previr o qué? Hoxe por hoxe, non se pode facer ningún tipo de limpeza no monte con desbrozadora nin con calquer outra maquinaria polo risco elevado de incendio.

Mención aparte merece a “ocurrencia” apadriñada e imposta polo alcalde accidental Pepe Castro de arrebatar un vehículo ao Grupo Municipal de Emerxencias que ademáis é propiedade da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para darllo a esta brigada de última hora. Este é o nivel de planificación e organización do PPSOE do Carballiño.

Asdo: Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño.

22, Agosto 2025

Lolo Carril presentou desde o salón de actos da casa do concello de Maside o programa especial dos venres de verán, neste 22 de agosto, e na conta atrás para as festas do San Vitorio masidao, que terá os seus dias grandes o próximos mércores 27 e xoves 28 deste mes de agosto.

Co alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, repasamos a actualidade municipal neste concello de Maside.

Ana Rodríguez, veciña e comerciante da localidade, achéganos a súa experiencia en "Amoras" como emprendedora local.

Leonardo Javier, da Asociación do Cabalo Puzo do Lago fálanos da tradición cabalar tan propia deste concello de Maside e anúncianos a nova data para a celebración da Festa do Cabalo 2025, que será o domingo 5 de outubro, e tras a súa cancelación o pasado domingo pola vaga de incendios na provincia.

Óscar Gonfer, arquitécto municipal, achéganos á historia de edificios emblemáticos na vila de Maside, como son a casa do concello coa súa torre e reloxio, e o colexio vello.

Aquí podes escoitar íntegro o programa no PODCAST de COPE O Carballiño: 

 

21, Agosto 2025

Un total de 16 establecementos do comercio local ofertarán grandes descontos que chegarán en algunhos casos ata o 80% do seu prezo orixinal en tenda.

O horario será de 17 a 22 horas na xornada inaugural do venres 22 de agosto, e sábado e domingo de 11 a 14 horas, e de 17 a 22 horas.

O domingo ás seis da tarde sortearánse 6 vales de compra por importe de 50 euros cada un, para gastar ese dia na propia feira.
 

Escoita aquí a Noelia Mares, xerente do Carballiño Centro Comercial Aberto:

20, Agosto 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación da plataforma de atención dixital do comercio local LoPróximo, que poñerá en marcha a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto e que foi recoñecida no marco dos Premios do Comercio Galego 2024.

Trátase dunha ferramenta pioneira desde a que os comerciantes van poder atender as solicitudes de veciños e veciñas interesados en atopar, de forma fácil e áxil, os produtos e servizos dispoñibles no comercio local do Carballiño e que tamén implantaron outras entidades como CCU Aever en Verín.

Con esta nova adhesión, subliñou Gabriel Alén, o comercio de proximidade galego continúa dando pasos na atención ao cliente e ás tendencias de consumo. Isto faino, engadiu, conxugando a dixitalización cos valores tradicionais e beneficios únicos do comercio de proximidade e puxo como exemplo o esforzo do comercio local de Carballiño neste eido. Neste contexto destacou o importante papel que xogan as asociacións de comerciantes para dinamizar e incentivar o consumo de proximidade responsable e de calidade e animou a sumarse á iniciativa a aqueles comercios locais que aínda non o fixesen.

Ademais, o director xeral fixo fincapé de seguir afondando nas novas ferramentas dixitais para avanzar na modernización do sector, incrementar as vendas e achegarse a un novo perfil de clientes, innovando o modo no que as persoas se relacionan co comercio local. Neste sentido, LoPróximo busca ser un punto único, áxil e sinxelo con toda a oferta de produtos e servizos que ofrece o comercio do Carballiño para obter asesoramento personalizado ou propostas exclusivas dos establecementos adheridos.

Funcionamento LoPróximo

A plataforma LoPróximo é sinxela, intuitiva e accesible en https://loproximo.com a todas as persoas interesadas en atopar as propostas ou asesoramento especializado do comercio local do Carballiño. Basta con describir por escrito o que se está a buscar para recibir as propostas a medida elaboradas polos comerciantes locais. Unha vez seleccionada unha proposta, a persoa cliente poderá acudir directamente ao establecemento para realizar a compra, ou acordar co comerciante calquera outra modalidade de entrega.

19, Agosto 2025

O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro no concello de Beade, parroquia de As Regadas.

Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Polo tanto, son xa seis os municipios afectadados.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 62 axentes, 97 brigadas, 63 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.

Mención especial para as numerosas persoas voluntarias tanto da contorna afectada polo lume como chegadas desde outros concellos do Ribeiro e O Carballiño que colaboran nos traballos para lograr o control do incendio.

19, Agosto 2025

O grupo municipal socialista de Leiro esixe a dimisión inmediata de Avelino Carballal, presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras o fracaso absoluto da xestión do balneario de Berán, que supuxo un gasto de centos de miles de euros en fondos públicos sen resultado ningún para a veciñanza.

No pleno extraordinario celebrado recentemente, o presidente quedou mudo ante as preguntas formuladas polos socialistas, sendo o alcalde de Leiro quen respondeu por el. Esta situación demostra a súa falta de independencia, de valentía e de capacidade para exercer as responsabilidades que lle corresponden como máximo representante da Entidade Local Menor. Poucos días despois confirmouse o que xa se intuía: a concesión do balneario quedou deserta, ningunha empresa se interesou polo proxecto, certificando así un rotundo fracaso político e de xestión.

 Para o PSdeG-PSOE, este episodio é especialmente grave porque: As instalacións permanecen pechadas e en estado de abandono, pese aos cuantiosos fondos públicos investidos. Perdeuse unha oportunidade para xerar emprego, turismo e riqueza local en Berán e en todo o concello de Leiro.

A veciñanza ve como se gastaron cartos en proxectos que nin se abren nin serven para nada, mentres se desatenden necesidades urxentes. Os concelleiros socialistas lembran que a súa posición foi de abstención responsable, porque non se pode apoiar un proxecto desta envergadura sen contar previamente cos veciños e veciñas de Berán. A nosa prioridade segue a ser poñer o foco na cidadanía, defendendo os seus intereses fronte ao desleixo e o conformismo de quen debería liderar con seriedade a entidade.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE de Leiro considera que Avelino Carballal debe asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión como presidente da Entidade Local Menor de Berán, pois a súa inacción e dependencia do alcalde deixan claro que non está en condicións de seguir representando á veciñanza O grupo municipal socialista de Leiro esixe a dimisión inmediata de Avelino Carballal, presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras o fracaso absoluto da xestión do balneario de Berán, que supuxo un gasto de centos de miles de euros en fondos públicos sen resultado ningún para a veciñanza.

 

19, Agosto 2025

NO PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar este chamamento do alcalde en funcións do concello carballiñés, Pepe Castro-Gil.

 

18, Agosto 2025

Está claro que para o Concello do Carballiño existen diferentes categorías de trato segundo o deporte. Neste caso, como usuario das pistas de tenis do Pavillón Paco Chao, quero denunciar que á xa impracticable segunda pista de tenis (onde a práctica deste deporte resulta imposible debido á existencia de socalcos) hai que sumarlle que a pista supostamente en bo estado ten as liñas case borradas e, nos fondos, as silvas xa os están invadindo. 

Non creo que sexa excesivamente complicado realizar un repintado e unha limpeza axeitada.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS