19, Xaneiro 2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá no Irixo na presentación do marketplace impulsado polo Concello e que permite adquirir en liña pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais.

A Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación apoia con máis de 47.000 esta plataforma dixital, dispoñible en mercaoirixo.gal, coa que o Concello do municipio ourensán dá visibilidade e achega novas posibilidades de negocio para as empresas da localidade.

O Concello do Irixo é un dos beneficiarios do programa de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural A través desta convocatoria concedéronse axudas por preto de 590.000 euros a 18 beneficiarios, entre os que se atopan concellos de menos de 10.000 habitantes, Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e unha federación de comerciantes.

Así, impúlsanse accións de promoción comercial e de acceso a innovadoras canles de venda a través da creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, co fin de darlles unha proxección de venda para adaptarse á nova demanda e perfil do consumidor.

18, Xaneiro 2022

O concello do Carballiño perde poboación no Padrón Municipal de Habitantes, pasando de 14.089 de 2020 a 13.911 de 2021, según os datos actualizados do INE con referencia a 1 de Xaneiro de 2022. Asi pois, o novo padrón recolle un descenso de 178 persoas no novo número oficial de habitantes do municipio.

Trátase da terceira caída anual mais grande na poboación do concello do Carballiño durante os últimos 40 anos, dende 1981. Eso si, neste periodo de tempo, dende fai 40 anos, o municipio incrementou a súa poboación en 2.969 habitantes, xa que pasou dos 10.942 de 1981 aos 13.911 de 2021. O teito poboacional histórico do Carballiño sitúase no ano 2013, cando o padrón dese ano alcanzou os 14.355 habitantes, polo tanto O Carballiño perdeu nos últimos 8 anos un total de 444 habitantes.

18, Xaneiro 2022

O Carballiño rexistra hoxe unha leve melloría na súa situación epidemiolóxica, que se reflicte tanto na incidencia acumulada a 7 dias como nos contaxios activos, que son 4 menos que onte e deixa a cifra actualizada en 357 no municipio carballiñés. 

Pola contra, os datos empeoran en Maside (+3) (45) Boborás (+2) (40) Cea (+3) (31)  e San Amaro (+3) (24) . No resto de concellos apenas se observan variacións, con datos estables.

17, Xaneiro 2022

A autora da denuncia ante o Xulgado do Carballiño afirma que "o Concello de O Irixo debía remitir á Xunta de Galicia unha certificación informando da realización do trámite de exposición pública da documentación dos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco proxectados entre os Concellos de Lalín e O Irixo. Nesa certificación debería de acreditarse o lugar e período no que estivo exposta a documentación e indicar as alegacións recibidas".

Asemade, manifesta que "o concello de O Irixo parece que emitiu esa certificación faltando á verdade pois neste Concello a documentación destes parques eólicos nunca estivo exposta. Unha veciña de O Irixo recibiu notificación por escrito nese sentido comprobando que o Concello certificaba unha falsedade. Esta persoa comprobou directamente o día 23 de decembro nas dependencias do Concello de O Irixo que a documentación non estaba exposta e presentou escrito deixando constancia delo. Posteriormente, o día 30, tentaron enganala algún funcionario e o propio Alcalde manifestando que o día que acudiu esta veciña ao Concello a documentación sí estaba exposta" Na denuncia póñense os feitos en coñecemento da xustiza para que valore se os mesmos son delicto e abra unha investigación.

A denunciante fai constar no escrito presentado ante o Xulgado do Garda do Carballiño que "o acontecido pode supoñer un posible delicto de Prevaricación cometido polo Alcalde e un posible delicto de falsedade en documento público cometido pola Secretaria do Concello. O Alcalde, Manuel Cerdeira Lorenzo, dictou conscientemente unha resolución faltando á verdade e incumpriu á súa obriga de proceder á exposición pública da documentación, trámite que deliberadamente omitiu por completo, impedindo así que a veciñanza puidera coñecer os proxectos e presentar alegacións dentro do prazo de 15 días que había para elo, entre os días 9 e 29 de decembro".

Mesmo asegura que "falta á verdade a Secretaria do Concello de O Irixo cando emite un informe no que afirma en relación á documentación dos parques eólicos que ao afirmar que estivo exposto ó público nas dependencias municipais dende o día 8 de decembro de 2021 ata o día 29 de decembro do mesmo". A veciña denunciante tamén manifesta que "a actuación da Secretaria do Concello resúlta totalmente incomprensible pois tiña todo o necesario para certificar a realidade do acontecido, polo que ou ben falta á verdade conscientemente, ou ben actúa con imprudencia grave".

"A Secretaria tivo a oportunidade de comprobar directamente se a documentación dos parques eólicos, que é voluminosa, estaba a exposición pública pois, ao parecer, acude ao Concello de O Irixo os martes de cada semana. Polo tanto no mes de decembro debeu pasar polo Concello de O Irixo os días 7, 14, 21 e 28 de decembro. Non se entende polo tanto que extenda a certificación a partir dos informes que se lle facilitaron, pero en todo caso a responsabilidade da certificación é da Secretaria do Concello que, ou ben minte, ou ben actúa con grave imprudencia. Tampouco se entende como certifica que o día 8 de decembro a documentación estivo exposta ao público cando ese día era festivo e o Concello non abriu as súas portas, esto último demostra que a Secretaria certificou á conveniencia do que lle pediron fabricando burdamente unha certificación contraria á verdade afirmando incluso que o día festivo o público podía acceder a ela, algo materialmente imposible", recolle o escrito desta veciña.

A documentación á que a denunciante afirma non estivo en exposición pública é a seguinte: Proxecto de execución do Parque Eólico de Valdepereira (1770 folios), Proxecto de execución parque eólico Pico Seco y su línea de evacuación (1068 folios), Proxecto de Interese Autonómico parque eólico de Valdepereira (229 folios), Proxecto de Interese Autonómico parque eólico de Pico Seco (265 folios), Relación individualizada de bienes y derechos afectados parque eólico Valdepereira (18 folios), Relación individualizada de Bienes y Derechos afectados (13 folios), Cronograma (1 folio), Estudio sobre a avifauna común aos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco (26 folios), Estudo de impacto ambiental común aos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco (150 folios), Patrimonio Cultural común aos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco (184 folios).

Finalmente subliña que "ningún deses documentos estivo dispoñible ao público durante os días establecidos nin no Concello de Lalín nin no Concello de O Irixo".

17, Xaneiro 2022

O Carballiño, Vila Termal, é dende fai máis dun século un referente fundamental no termalismo de Galicia. O Gran Balneario non necesita presentación. Está situado a beira do río Arenteiro. No ano 1816 as súas augas xa foron declaradas de utilidade pública. A principios do século XIX existía no lugar unha pequena caseta que era coidada polos veciños de Ponte Veiga. Pero foi nos anos corenta do século XX cando o Gran Balneario alcanzou o seu máximo apoxeo, enchéndose de “aguistas” . O fermoso edificio actual é obra do arquitecto Vazquez-Gulías.

O Balneario das Caldas de Partovia é tamén un dos máis antigos . As súas augas foron declaradas de Utilidade Pública no ano 1928, e seica son as de maior número de cualidades terapéuticas de tódalas que hai en Galicia. Ademais, como nacen a 34 º non fai falta nin quentalas nin enfrialas, senón que se poden usar directamente como saen, e isto é unha vantaxe grande pois o non seren tratadas non perden as súas propiedades curativas.

O Bañiño de Arcos arrecende a paz e a liberdade. Calquera pode ir a él para gozar do lugar e das augas sen pagar un peso. Detrás da fonte hai un placa na que está escrito: “Este loureiro de esperanza que afonda as súas raiceiras na terra e na auga, que se ergue á luz e ó aire en homenaxe a Dolores López Filgueira e a todas as Mulleres de Arcos, enseña de loita, traballo e ben”. Lede, sentide e meditade a modiño estas verbas.

¿Cómo se pode amosar todas estas istorias, emocións e sentimentos en fotos?
Os fotógrafos lográrono. E vos tamén ides ser capaces de velo… e sentilo.
Porque unha foto é forma, luz, concepto... pero a fotografía é sobre todo emoción e sentimento.
Nesta exposición de O Potiños, amósannos sen dúbida a fermosura, a emoción e a maxia deste triángulo termal.
Abride os ollos e o corazón para gozar con eles nestas fotos de CARBALLIÑO VILA TERMAL.

A exposición, da Asociación Fotográfica "O Potiños" permance durante este mes de Xaneiro nas escaleiras da casa do concello do Carballiño.

17, Xaneiro 2022

Asi está a rúa Ourense, con este lamentable estado, ésta é a entrada do Carballiño.

16, Xaneiro 2022

O Sergas programa outros 3 cribados para a poboación da comarca do Carballiño durante esta semana os dias lúns 17, mércores 19 e venres 21, para realizar test de antíxenos. Os cribados levaránse a cabo en horario de 15:30 a 20:30 horas no auditorio do Carballiño, e a convocatoria faise mediante autocita, que debe solicitarse no seguinte enlace:

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx?as=4

15, Xaneiro 2022

A última semana deixanos un record de novos positivos diagnosticados no concello do Carballiño no indicador a 7 dias, son 241 os novos contaxios rexistrados no municipio carballiñés entre os dias 7 e 14 deste mes de Xaneiro no que andamos, trátase da cifra de novos positivos máis alta dende que comezou a pandemia, o que pon de manifesto que o virus continúa en fase expansiva no Carballiño.

Os outros tres concellos con máis novos positivos na última semana son Boborás, que rexistrou 34, Maside 26, e San Cristovo de Cea con 21. A incidencia acumulada a 7 dias baixa en todos os demáis municipios.

14, Xaneiro 2022

Hola, cando se pensa terminar o asfaltado q empezou antes do nada. Despois dos escalons q deixan porque suben o asfalto, non como outras veces q o rascan. Enterando entradas. Carretera escalonada, sen pintar, mal señalizada, os da auga abrindo e tamen igual. Sen pintar. 

E unha carretera con moito trafico . 

Tema cortes espiñedo, campo futbol aparte, q xa empeza a cansar . 

 

14, Xaneiro 2022

Cuándo piensan en pintar los pasos de peatones ? cuando ocurra una desgracia ? menos pivotes y más seguridade vial, por favor.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS