8, Febreiro 2022

Boas tardes, o Goberno crea unha axuda po alquiler de 250 euros mensuales durante dous anos, para os xóvenes de  ata os 35 anos, e non se lle ocurre outra cousa  ós propietarios das vivendas vacias que : SUBIRLLE O PREZO Ó ALQUILER. Non se dan conta que facendo así estamos como ó principio, a xente segue sen poder alquilar, é como se non nos deran a axuda. Queridos propietarios estes cartos son pos que alquilan xq se antes pediades 370 euros ó mes, e eranos imposible pagalos, e ahora coa axuda pedides 470 euros mensuales seguimos sen poder alquilar, e que non o vedes. PIDOLLE O GOBERNO QUE NON DÉ AXUDAS PO ALQUILER, O QUE HAY  É QUE COBRARLLE MAIS IMPOSTOS AS VIVIENDAS VACIAS, LIMITACION DO ALQUILER, VIVIENDA ASEQUIBLE, ETC,.

8, Febreiro 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o concello de San Amaro, onde a Xunta colaborou na reforma e mellora do alumeado público cunha axuda de 27.700 euros.

O Goberno galego apoiou ao municipio na reparación e mellora da iluminación do núcleo urbano de San Amaro coa substitución e reforma dos cadros de mando e protección, a revisión e o cambio dos tramos de cableado, así como a renovación das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED con óptima asimétrica de alta potencia e eficiencia e a execución de tomas de terra. Estas actuacións leváronse a cabo en pistas, camiños e estradas no núcleo de San Amaro e permitiron un importante aforro enerxético, tanto desde o punto de vista económico como na preservación do medio ambiente.

No transcurso desta visita dos mandatarios autonómicos ao concello de San Amaro, acompañados pollo alcalde da localidade, Fernando Redondo, trasladáronse á parroquia de Eiras, onde o rexedor municipal demandou colaboración para a obra de acondicionamnto do camiño entre A Reguenga e o pobo de Eiras, asi como a mellora da accesibilidade ao centro social desta parroquia, onde se ubica o velorio parroquial.

8, Febreiro 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, na que lle trasladou a vontade da Xunta de colaborar na mellora do abastecemento de varios núcleos do municipio co fin de paliar os problemas de arsénico e asegurar a calidade da auga.

Durante o encontro celebrado en Santiago, Vázquez Mourelle confirmoulle ao rexedor que Augas de Galicia atenderá a solicitude municipal para desenvolver, a nivel construtivo, as actuacións necesarias para solucionar os problemas que xera o arsénico na auga e asegurar a calidade do abastecemento os veciños destes núcleos da parroquia de San Tomé de Serantes.

A Xunta apoiará así ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais, redactando o proxecto construtivo de cara á mellora do sistema de abastecemento nos núcleos de Serantes, de Sa e de Paredes desde o depósito municipal de Lebosende.

Na reunión, a conselleira e o alcalde tamén abordaron a evolución dos traballos do proxecto de iluminación da ponte Esperela sobre o río Avia, situada no punto quilométrico 3+280, na estrada de titularidade autonómica OU-209, ao seu paso polo municipio. A Xunta contratou a redacción deste proxecto por algo máis de 18.000 euros.

Vázquez Mourelle informoulle dos avances nos traballos de análise e valoración da situación actual da ponte, así como do seu valor como elemento no entorno para o deseño das distintas actuacións de iluminación.

Segundo confirmou a titular de Infraestruturas, a previsión da Xunta é licitar as obras este ano, no marco do novo programa que o Goberno galego está a impulsar de posta en valor e mellora da iluminación de pontes, co que tamén vai actuar na ponte do Pedrido, sobre a ría de Betanzos, ou na Ponte Sampaio, no concello de Soutomaior.

Cómpre lembrar que a ponte Esperela ten 180 metros de lonxitude, un ancho de 6 metros nos estribos e 4,8 metros nos arcos. Está construída enteiramente con perpiaños de granito, consta de cinco arcos rebaixados e catro tallamares. A calzada ten unha rasante plana e os peitorís son de cantería maciza. As luces dos arcos son de 15 metros e as pilas teñen 2 metros de ancho.

A conselleira concretou que o proxecto que se está a redactar avaliará as diferentes alternativas de iluminación: taboleiro, petril, dovelas e laterais, intradós ou pilas, primando, en todo momento, a integración paisaxística da ponte na contorna.

Esta nova intervención do departamento que dirixe Ethel Vázquez dará continuidade aos traballos de acondicionamento xa realizados pola Xunta na ponte en 2020, dirixidos a favorecer a súa conservación e á mellora da súa imaxe. A actuación supuxo un investimento autonómico de preto de 30.000 euros.

8, Febreiro 2022

Por el titulo ya se sabe a quien me refiero. El lamentable estado de calles como Carreira se junta con el comienzo de otras como la de Mesego y que se deja a medio acabar, aunque el señor del trailer no le molesta para dejarlo aparcado en la zona sin asfaltar, no sé por donde entrará para evitar la señal de prohibido 15t, pero eso que mas da en Carballiño. En este lugar los peatones solo están seguros un cuarto de calzada para cruzar, es para lo que dio el bote de pintura que traían consigo.

   En otro lugar seguimos con las cacas de los chuchos que siguen esparciéndose por todo el pueblo, y con unas calles llenas de vasos rotos, vómitos y demás porquería los días después de juerga. Lo de fumar en terrazas y que todo el mundo mire para otro lado es también algo que no se menciona. En fin, otra denuncia con más de lo mismo que pasará sin pena ni gloria, cuando en las tertulias que se llevan a cabo aquí deberían de tratarse, por lo menos algunas.

   A disfrutar de lo votado.

7, Febreiro 2022

Volvemos insistir nas peticións que facemos para que se repoñan as luces na praza do balneario, que non funcionan, e tamén que repoñan os bancos que están que dan pena, que nos fagan caso, que os impostos pagámolos igual que os do centro.

7, Febreiro 2022

O grupo municipal de Espazo Común defende que "apenas se executou un 10%" do plan de obras de mellora das infraestructuras públicas tanto no ámbito urbano como nas parroquias da zona rural e lembran que foi  "entre finais de 2020 e comezos do 2021 cando vimos que se ían anunciando infinidade de proxectos para a  súa execución no ano que vimos de rematar".

Culpan deste retraso "ou a inoperancia do goberno ou un descarado tacticismo electoralista" aínda que non sorprende a Espazo Común porque "o goberno do Carballiño xa nos ten a todos máis que acostumados a grandes anuncios que resultan ser, co paso do tempo, grandes nubes de fume", manifestan.

"As idas e vindas coa xestión do millonario remanente aforrado nos últimos dez anos no concello do Carballiño e a pouca seriedade á hora de facer anuncios lévannos a pedir un pouquiño de rigor aos membros do grupo de goberno, o balance é bo de facer, apenas ningún compromiso se levou a termo", aseveran dende Espazo Común.

E fan repaso dalgunhos dos proxectos que están pendientes de execurtarse como "reformar e humanizar a rúa Carreira, abrir a rúa Costa Rica, Faustino Santalices, arranxo das rúas da Saleta, Castelao e Ourense, ou mesmo da casa consistorial, e a inversión de 140.000 euros en cada unha das parroquias".

Finalmente, conclúen manifestando que "o cortopracismo de Fumega que so procura investir onde pensa que pode obter rendemento electoral e que actúa en formato cacique con pequenos favores que agarda cobrar o dia das eleccións, está  levar a este pobo por un camiño moi perigoso e de difícil retorno".

6, Febreiro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia a renovación da sinalización vertical das autoestradas Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54).

Esta intervención, que conta cun investimento autonómico de 80.000 euros, forma parte das inspección realizadas o ano pasado polo departamento de Infraestruturas da Xunta no marco das actuacións de conservación e mellora da rede de estradas autonómicas.

Mediante esta actuación vaise substituír o 33% dos sinais, o que supón un total de 330 dos 980 elementos existentes nas autoestradas: placas complementarias, sinais e carteis.

Esta semana comezarán os traballos correspondentes á renovación de carteis, para o que será preciso realizar o corte dun dos carrís, manténdose a circulación polo outro. Con esta actuación renóvanse os sinais colocados na súa maioría en 2007, no caso do tramo da AG-53, Dozón-Cea, e no ano 2009 no tramo Cea-A-52, no enlace de Piñor e na AG-54. Non se renovarán aqueles que xa foron substituídos por presentar un maior desgaste, por accidentes ou as instaladas máis recentemente por cuestións específicas, como evitar entradas en sentido contrario.

6, Febreiro 2022

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN DONDE INSTA Ó CONCELLO Á CELEBRACIÓN DOS PLENOS CADA DOUS MESES SEGUNDO MARCA A LEI DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA E NO ULTIMO XOVES DE CADA DOUS MESES SEGUNDO SE APROBOU NO PLENO DE ORGANIZACIÓN DO PRESENTE MANDATO.

Os socialistas teñen achegado nos últimos meses media ducia de mocións que están a espera da convocatoria do pleno ordinario que fai mais de 4 meses que non se convoca cando o artigo 210 da Lei da Administración local de Galicia establece que; “a) El Pleno celebrará sesión ordinaria, como mínimo, cada dos meses...” Que ademais no pleno de organización do pasado 12 de xullo de 2019 no punto “3. Establecer a periodicidade das sesións plenarias...” aprobouse por unanimidade convocar/celebrar os plenos do Concello de O Irixo o último xoves de cada dous meses como data fixa para a celebración dos plenos ordinarios que marca lei da Administración local de Galicia.

Lamentan os socialistas que o alcalde de O Irixo que vive e cobra do Concello de O Irixo, non teña o mínimo respeto pola corporación municipal, pola democracia e a lei e non convoque os plenos en tempo e forma CERCENANDO O DEREITO DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN A DENFENDER A AS SUAS PROPOSTAS PENDENTES E FACER A SUA FUNCIÓN DE CONTROL DO GOBERNO.

5, Febreiro 2022

Maís de 150 veciños e veciñas do Carballiño concentráronse nesta mañá de sábado na Praza maior detrás dunha parcarta na que podía lerse "O Carballiño en defensa do asilo".

Respondían asi á chamada feita en redes sociais, que foi públicamente apoiada polas asociacións veciñais "Camiño" e "Colectivo veciñal O Carballiño", entre os asistentes encontrábanse extraballadoras do xeriátrico carballiñés e tamén algúns representantes dos grupos políticos da oposición municipal no concello, entre eles os portavoces de Partido Popular e Espazo Común, Ricardo Perea e Adolfo Nogueira.

A manifestación foi convocada para expresar as "inquietudes" entre a veciñanza carballiñesa tras a marcha en 2020 das "Hermanitas de los ancianos desamparados", a congregación de relixiosas que exercían como administradoras do asilo dende a súa creación a principios do século pasado. Dende a súa marcha do Carballiño, o xeriátrico está xestionado directamente polo padroado da Fundación Irmáns Prieto, que puxo ao fronte do asilo a un novo equipo directivo. Unhos cámbios que suscitaron controversia en amplos sectores da cidadanía carballiñesa, preocupados polo presente e futuro dunha institución moi querida no Carballiño, como é o asilo.

En clave política, os grupos da oposición veñen esixindo expliacións ao alcalde Francisco Fumega, na súa condición de patrono do padroado que rexe a Fundación. No pleno de xaneiro, a corporación carballiñesa acordou por unanimidade a creación dunha comisión de traballo na xunta de portavoces para aclarar a situación actúal no asilo e tamén sobre diversos aspéctos que teñen que ver tanto coa Fundación Irmáns Prieto Pereira como o padroado que a dirixe.

 

 

4, Febreiro 2022

O concelleiro de Compromiso por Galicia no concello de Punxín, pídelle ao alcalde da localidade Manuel Vázquez "Casalta" que convoque un pleno extraordinario da corporación e dea información e explicacións sobre un asunto que Eladio Fernández considera "é de especial gravidade".

O concelleiro de CXG demanda "a aclaración pública da responsabilidade do alcalde na xestión da Licenza que se concedeu para reformar un inmoble propio no lugar da Castiñeira, que leva a que esté sento investigado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia.

Que explique esta denuncia, que se instrúe na APLU, parte de unha plataforma denominada Bastión Cidadán.

Que explique os motivos que levan ao Arquitecto, contratado polo alcalde, D. Loreto Valles Catalaín para negarse a firmar o Fin de Obra, por non seguir as súas instrucións.

Que explique si o alcalde solicitou unha licenza para rehabilitar a construción antiga ou para derribala, como fixo, e non aterse o Proxecto de Obra. Que explique cómo se permite vostede ignorar , como máximo responsable en Urbanismo, a prohibición de derribo de inmobles tradicionais no núcleo rural da Castiñeira, que ven claramente determinado no artigo 26 da Lei 2/2016 de 10 de Febreiro do Solo de Galicia, así como no artigo 40 do Decreto 143/2016, de 22 de Setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/ 2016 do Solo de Galicia.

Que explique a cantos despachos de arquitectos visitou implorando que lle fixera un Informe para legalizar a edificación do caso.

Que explique, ante un caso tan grave, por qué no último Pleno de fai escasos días, non da conta a Corporación Municipal da apertura dun expedinte sancionados contra vostede, Alcalde de Punxín, por a Axencia de Protección da Legalización Urbanística da Xunta ( APLU).

Finalmente, o concelleiro de Compromiso por Galicia advierte ao rexedor municipal que "no caso de non convocar o pleno no prazo dunha semana" faráo él mesmo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS