28, Febreiro 2022

    La incompetencia de este alcalde que tenemos no tiene limites. Único que suspende toda actividad en los carnavales, los cuales se celebran por todas partes con mucha aceptación y congregación de gente para disfrutar de él. Mientras en O Carballiño nada de nada, convirtiendo el pueblo en lo que es, un pueblo fantasma, supongo que pronto se pasara a llamar Carballiño´Dor ciudad de jubilados.

    Aun mas penoso es que haya alguien que lo aplauda diciendo que está bien que no haya celebraciones. Me imagino que es un jubilado amargado o un funcionario que vive de lo que le pagamos los demas. Pero mientras, los locales se abandonan cerrando sus negocios y eso es gracias a nuestro amado lider, que ni tiene idea de que va el tema. Eso si, se acuerda de pedir un enlace a la autovía de Lugo, poniendo yo en duda que sepa ni donde está Lugo. 

   Como decía una denucia anterior, la gente tiene que dejar de aplaudir a este incompetente y pensar en mandarlo para casa, pero para siempre. Lastima ver como un pueblo lleno de vida se muere por incompetentes 

27, Febreiro 2022

Ola!!. Quero denunciar, públicamente, as malas prácticas de certos establecementos de hostalería situados na rúa Tomás María Mosquera, pois certa cafetería dun tempo a esta parte adícase polas noites a poñer a música do seu local a todo volume a eso das 12 noite molestando, deste xeito, aos veciños cuxas casas dan a esta rúa. Esta situación leva repetíndose varias semanas, pero esta fin de semana foi a máis, xa que o establecemento en cuestión puxo a música moito máis alto que en semanas anteriores durante a madrugada. Coido que xa é hora de poñer fin a estas malas prácticas desta cafetería. Como comprenderán poñer a música alta a altas horas da noite nas que a xente precisa descansar para madrugar ao día seguinte non é de recibo. Se os donos desta cafetería teñen ganas de troula é mellor que se vaian a un descampado ás aforas do Carballiño a poñer música a todo volume ata que se farten para non molestar aos veciños desta rúa tan céntrica da nosa vila. Os que vivimos nesta rúa precisamos descansar con calma e sosego e non ver alterada a nosa tranquilidade con música que non nos deixa conciliar o sono sobre todo no caso das persoas maiores, dos enfermos e dos que precisamos madrugar para traballar.

Señores do concello ¿a que esperan para poñer fin a estas malas prácticas?. Os veciños e veciñas desta rúa precisamos descansar sen necesidade de que o noso sono se vexa interrompido por música a todo volume como se fose unha algarabía propia dun fiadeiro dos nosos avós a altas horas da noite.

NON OS RUIDOS NOCTURNOS

27, Febreiro 2022

O concello do Carballiño perdeu 178 habitantes no último padrón municipal de habitantes correspondente ao ano 2021, que estará en vigor ata a súa nova actualización  o 1 de xaneiro de 2022, ata esa data a poboación oficial do concello carballiñés é de 13.911 habitantes.

Según os datos do INE, a poboación aumentou no último padrón en catro parroquias do municipio, Señorín que ven rexistrando un incremento constante nos últimos anos, desta vez a parroquia de Señorín suma 6 habitantes, polo que sitúa a súa poboación nos 446 residentes, sendo a segunda parroquia do concello con máis habitantes, despóis da capitalidade municipal. Tamén incrementou os seus habitantes Mesego, 3 máis, que sitúan a súa veciñanza en 344 persoas.

A maior novidade según os datos do último padrón está en dúas parroquias que, por vez primeira vez en décadas consiguen contrarrestar a tendencia descendente, e incrementan a súa poboación, son as da Piteira, que con 4 veciños máis, chega aos 189, e Sagra, que sobe ata os 117 habitantes, 2 máis neste último padrón. Repite o mesmo dato do ano anterior, quédase como estaba a parroquia de Partovia, con 267 habitantes.

As outras 11 parroquias do Carballiño perden poboación. A única parroquia urbana, a de San Cibrán do Carballiño rexistra un retroceso de 141 habitantes, que deixa a cifra actualizada nos 11.266  residentes no casco urbano do Carballiño. Entre o resto das nosas parroquias, a que máis poboación perde é Seoane, que baixa ata os 304 habitantes, tras perder 12 no último padrón. Lobás ten 11 habitantes menos, quédase con 178 no seu ámbito parroquial. Arcos baixa ata o 147 habitantes, 8 menos en relación o anterior padrón, neste caso o INE non considera nesta parroquia á veciñanza das rúas Castelao e Avenida de Compostela, que se adxudican á poboación do núcleo do Carballiño.

Banga perde 7 habitantes e baixa ata o 46, a parroquia con menor poboación do concello do Carballiño. Longoseiros tamén ve reducida a súa poboación, que neste último padrón é de 128 persoas, tras perder 4 no úlitmo ano.  O Varón baixa 3 habitantes, ata os 56 que lle concede o INE. Tres parroquias perden, respectivamente 2 habitantes, Veiga que se queda con 171,  Madarnás, que baixa ata os 84, e Cabanelas ata os 53 habitantes. Finalmente, a parroquia de Mudelos perde 1 habitante e quédase con 114, según esta última actualización do padrón municipal do concello do Carballiño.

26, Febreiro 2022

Boas tardes, quero felicitar o ALCALDE do Carballiño, por decidir que non houbera entroido este ano  , menos mal que inda hai xente con sentido común, o Covid segue entre nós e os casos voveron subir no carballiño, pero eso non é o peor, o peor é a xente que morre cada dia en toda España por culpa do virus, pero claro, mentras non lle toque aún dos nosos non pasa nada. Está o mundo como pa celebrar nada.

 

 

NO A LA GUERRA, SI AL DIÁLOGO, A LA PAZ,

25, Febreiro 2022

Un concello prudente, dentro dunha situacion que queremos normalizar, e sin entroido , nin nada parecido que anime a xente a salir aqui en vez de irse a outros sitios, porque a este concello que non se lle olvide que a hosteleria ainda esta a pasalo mal, de dia e de noite, e o que menos necesita e falta de actividades que normalicen todo e evitar fuxidas a outros concellos. Mencion aparte a estupida idea de levar actividades a unha insua, ou pensar que con catro charangas xa esta. 

O que era esta vila e no que estan a convertila.  Xa farta. Penso que a hosteleria neste caso deberiamos empezar a esixir en vez de aplaudir. 

24, Febreiro 2022

O concello do Carballiño comunicaba no pasado mes de xaneiro que este ano non organizaría o gran desfile de comparsas no que é tradicionalmente o dia grande do martes de entroido, que como cada ano será festivo de carácter local no municipio carballiñés. Asi o acordaban conxuntamente os responsables municipais e os representantes das comparsas ao considerar que non se dan as condicións para a celebración dun evento tan masivo por causa da situación da pandemia.

O que sí organiza o concello do Carballiño é un programa de animación musical no que charangas e espectáculos de rúa animarán O Carballiño neste tempo de entroido, con actuacións a diario.

O venres 25 abre esta programación a fanfarría Furruxa de Caldas de Reis, que actuará de 20 a 22 horas, e a charanga Louband de Sarria que o fará de 20 a 23 horas.

O sábado 26 actuarán a charanga Castro Bello, de 18:30  a 20:30 horas, o grupo folk Feitizo de Pau (de 19 a 22 horas) e a charanga Santa Compaña de Culleredo, de 20 a 22:30 horas.

O domingo 27, ás 17:30 horas farán a súa presentación a histórica murga carballiñesa dos Liborianos, e de 19 a 21 horas, o espectáculo de Festicultores Troupe de Santiago de Compostela.

O lúns 28, animarán as rúas carballiñesas a charanga do Doctor Anchoa de 18 a 20.30 horas, e a charanga CLK de 19:30  a 22:30 horas.

O Martes 1 de marzo -festivo local- en sesión vermút actuará a charanga Europa de Ourense, e pola tarde volverán sair Os Liborianos. Ademáis, de 19 a 22 tamén animará a tarde-noite a agrupación folk Terras do Arenteiro.

Finalmente, o mércores 2, a partir das 19:30 horas "Os 3 Galeguiños e amigos" ofrecerán humor e música fúnebre para enterrar o entroido, que en todo caso no Carballiño terá como con sendo tradicional unha prórroga coa celebración da Festa da Cachucha, que será o domingo 6 de marzo.

24, Febreiro 2022

 Boas tardes,  por decir algo, estou moi moi doida polo que está facendo   RUSIA A UCRANIA, tantos anos de evolucion pa acabar matando XENTE INOCENTE, DESTRUINDO  CIUDADES QUE TANTOS CARTOS CUSTARON  LEVANTAR, e que ahora veña un IMCOMPETENTE, NECIO, BORREGO,  unha BOSTA  FEDENTA COMO PUTIN E O SEU EJERCITO a MATAR E DESTRUIR a esta xentiña  e os seus fogares,  ninguha causa pero e que ningunha,  é motivo de provocar unha guerra, O meu pensamento ahora mismo está con toda esa xentiña:  maiores, nenos, pais, nais, abós etc, que viven en UCRANIA. Non é xusto que por culpa dunha cabeza podre como a de PUTIN  teña que morrer tanta xente.    NO A LA GUERRA,  SI AL DIÁLOGO  Y A LA RAZÓN

 

 

 

23, Febreiro 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron na estrea do documental “O Camiño do Viño. Historia dun arrieiro”, promovida pola Ruta do Viño do Ribeiro e na que colabora o Goberno galego coa Denominación de Orixe Ribeiro co obxectivo de impulsar a recuperación da pegada histórica e etnográfica dos arrieiros que transportaban o viño do Ribeiro cara a Santiago.

O traballo audiovisual, obra de Xoel Méndez, enmárcase dentro das accións de promoción e posta en valor deste territorio e da súa oferta enoturística que a Ruta do Viño do Ribeiro impulsa dentro da súa marca enoturística “O Camiño do Viño. Ruta do Viño do Ribeiro”
Neste sentido, Nava Castro, destacou a colaboración estreita que a Xunta desenvolve coas cinco Rutas do Viño de Galicia, baixo o paraugas da iniciativa Enoturismo de Galicia, a través de cal se desenvolven accións de mellora da comercialización da oferta enoturística galega ou iniciativas como as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que o ano pasado moveron a máis de 2.000 persoas nestes territorios.

Castro destacou que o enoturismo é un “turismo dun alto valor engadido, que permite avanzar na desestacionalización e na loita contra o despoboamento destes territorios rurais que teñen na viticultura e do enoturismo unha potente ferramenta para o desenvolvemento dun tecido socioeconómico moderno, sustentable e con futuro”.

23, Febreiro 2022

O concello de Maside ven de implantar unha rede WiFi municipal no marco do programa europeo WiFi4EU, unha iniciativa dotada con 15.000 euros e financiada pola Unión Europea, que promove o acceso libre dos cidadáns á conectividade de banda ampla en espazos públicos coma parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde ou museos de municipios de toda Europa.

O proxecto permitiu dotar de conectividade WiFi de banda ampla en diferentes localizacións do concello, cun total de 11 puntos de acceso WiFi repartidos nas seguintes ubicacións: Edificio do catastro, Colexio vello, Pistas de pádel, Parque da Alameda, Local Social e centro de saúde de Dacón, Praza igrexa de Dacon, Praza de San Roque de Dacon e Local social Santa Comba.

Destaca ademais a implantación de diferentes radioenlaces, o que permitiu despregar unha rede troncal para comunicar distintas localizacións, minimizando o custes recurrentes na contratación de novas liñas de acceso a Internet para o concello.

Calquera usuario ubicado no área de cobertura da rede “WiFi4EU” poderá acceder de xeito seguro e gratuito as 24 horas do día sen limitación de velocidade de navegación. No momento de conectarse por primeira vez á rede, o usuario será redirixido a unha páxina segura de inicio de sesión.

Con esta iniciativa o Concello de Maside pretende promover o uso de novas plataformas e servizos dixitais innovadores, facilitando a comunicación gratuíta tanto a residentes como visitantes.

22, Febreiro 2022

O proxecto tomará forma para a súa execución no bienio 2022-2023, e na súa redacción xa traballan os técnicos para a súa presentación no Plan de Sustentabilidade Turística que conta cun orzamento de máis de 3 millóns de euros para desenvolver actuacións en cada un dos 15 municipios da provincia que forman parte do "Ourense Provincia Termal" promovido pola Deputación.

O alcalde Francisco Fumega avanzou que a proposta que presentará o concello carballiñés consistirá na creación dun parque temático da auga, para o que se está a buscar a mellor ubicación posible e que dotará a O Carballiño dun novo recurso turístico, neste caso poñendo en valor a riqueza termal e das augas mineromedicinais do municipio. O proxecto terá un carácter no que alternará o didáctico co lúdico.

Fumega tamén avanzou que outras actuacións que se levarán a cabo con cargo a este plan terán que ver coa mellora da accesibilidade "como nesa fonte de auga mineromedicinal que temos no río Arenteiro na zona do parque", que se encontra situada en terreos privados, aínda que o alcalde asegurou contar coa colaboración dos propietarios para poder acondicionar esta zona.

O Plan “Ourense Provincia Termal” é un dos 23 proxectos elixidos de entre as 301 candidaturas presentadas na convocatoria ordinaria do 2021 dos Plans de Sustentabilidade Turística. A través dun convenio entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense, este proxecto permitirá investir máis de 3 millóns de euros nos 15 concellos que participan deste plan dos que 9 son concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, abrindo un novo escenario para a provincia como destino turístico grazas tamén á chegada da alta velocidade.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS