
Maside sí terá desfile de entroido, asi ven de comunicalo o concello masidao "tras unha reunión mantida coas distintas comparsas tanto do municipio como do resto da comarca do Carballiño, decidiuse celebrar un ano máis o desfile de entroido", que terá lugar polo tanto o lúns dia 28 de febreiro a partir das cinco e media da tarde.
Ademáis da figura senlleira do antroido masidao, os felos de Garabás, tamén confirmaron a súa participación as 3 comparsas do muninicipio, como son Os Arrieiros de Dacón, Os Silleiros e Os Azucarados de Maside, asi como as comparsas de Partovia e As Neves de Grixoa, e outras que poderían animarse a participar, asi como as sempre espectuculares carrozas de Parada de Amoeiro, que cada ano nesta data visitan a vila de Maside.
Dende o concello de Maside animan a toda veciñanza a adornar casas, camiños, prazas, e enviar fotos ao Whatsapp 608 242 210, para colganas nas RRSS e na WEB do concello.

A concellería de Turismo do Concello do Carballiño ven de instalar dous grandes paneis de promoción turística da vila carballiñesa na saída do parking Rúa Concordia, de gran afluencia na cidade de Ourense. Esta iniciativa foi posible gracias á cesión gratuita do espazo por parte da sociedade propietaria do aparcamento, unha familia de orixe carballiñesa, á que o Concello do Carballiño lle amosa o seu agradecemento.
O parking Rúa Concordia é utilizado cada ano por arredor de cen mil vehículos, e conta con ducias de prazas reservadas para os usuarios de diversos establecementos hoteleiros do centro da cidade, polo que é un emprazamento de gran interese para a promoción turística do Carballiño. Os paneis representan en imaxes os principais atractivos turísticos do Carballiño, como son o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, o Camping Municipal, o Museo Etnográfico, os balnearios, o sendeiro do río Arenteiro, e a gastronomía, especialmente, a elaboración do pulpo á feira, cunha referencia concreta á Festa do Pulpo.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, asistiu á instalación destes paneis, que foron elaborados e colocados pola firma carballiñesa Publiocho, e que a partir de hoxe serán un bo reclamo turístico do Carballiño en Ourense, con especial incidencia nos visitantes da cidade.

A colaboración que mantén a Xunta con ACCEM permitiu prestar atención a 65 mulleres vítimas de trata ou explotación sexual da Coruña (25), Vigo e Tui (25), Lugo (10) e O Carballiño (5). A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo en Santiago de Compostela unha xuntanza co responsable adxunto territorial en Galicia de ACCEM, Daniel Bóveda, para avaliar as iniciativas deste colectivo que apoia a Administración autonómica e coas que se ofrece ás mulleres un acompañamento especializado, baseado nas súas necesidades específicas e desde un enfoque fundamentado na defensa dos dereitos humanos, de xénero e de interculturalidade.
Entre as actuacións que apoia a Xunta, destaca o convenio de colaboración que a Consellería de Emprego e Igualdade asinou o pasado ano con esta asociación e outras oito que conforman a Rede Galega contra a Trata (cada entidade recibiu 7.000 euros) e que traballan para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Esta cooperación vén desenvolvéndose no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e ten por obxecto cubrir as necesidades básicas e puntuais das vítimas, agravadas pola pandemia. En concreto, ofrécese, nos casos de urxente desamparo, un apoio de emerxencia en materia de aloxamento, alimentación, hixiénico-sanitaria, de transporte ou de telecomunicacións.

Logo das reunións mantidas por responsables do goberno municipal con representantes das comparsas e da hostalaría, o Concello do Carballiño presenta a programación para esta nova edición do Entroido, cun gran número de actuacións musicais itinerantes, ó prácticamente imposibilitar o decreto da xunta a realización de actividades estáticas como é o caso das orquestras. Tamén aproveitan para recordar que o tradicional desfile de entroido quedou posposto para o mes de xullo, coincidindo co Entroido de Verán, tal e como se acordou coas comparsas. Asemade, as comparsas animarán ós seus membros a participar nas diferentes xornadas do Entroido da capital da comarca.
Os máis cativos serán os protagonistas da primeira xornada do Entroido, que se levará a cabo o sábado 19 de febreiro a partir das 16h na Insua dos Poetas, baixo o título “Entroido para rapaces”, e na que non faltará a animación musical, os xogos, un concurso e ata orellas e filloas de Entroido. O evento, que será de balde, cumprirá estrictamente as normas en materia de seguridade e hixiene. Dende o Concello do Carballiño agradecen a implicación da Fundación Insua dos Poetas na vida cultural da comarca, que ademáis conta cun espazo único para a realización de actividades e anima á veciñanza a que visiten o maior parque escultórico de Galicia ó ar libre.
O venres 25 comeza ó grande a música polas rúas da vila ca charanga Louband, unha das mellores de Galicia, e a Fanfarria Furruxa. O sábado a animación correrá a cargo das charangas Castro Bello, Santa Compaña e a charanga folk “ Feitizo de Pau”. O domingo serán os incombustibles “Liborianos” e “Festicultores Troupe” os encargados de poñer a música e o humor.
O luns 28, víspera do festivo, serán as charangas locais CLK e DR.Anchoa as protagonistas da xornada e deirán paso ó martes que contará ca presenza da charanga folk “Terras do Arenteiro”, a charanga Europa e os Liborianos.
En canto ó Mércores de Cinza, as autoridades municipais decidiron manter a xornada cambiando o tradicional desfile e queima da “Sardiña” por un espectáculo itinerante de humor e música “funeraria “ polas rúas da vila, creado para esa xornada polo grupo carballiñés “Os Tres Galeguiños” que ademáis contarán ca presenza dun grupo de convidados que se animaron a acompañalos nesta nova experiencia.
O Domigo de Piñata o Carballiño celebrará a tradicional Festa da Cachucha, onde un gran número de locais da hostalaría carballiñesa serán os protagonistas que, dende a semana que ven, publicitarán o menú e o número de teléfono para que todas aquelas persoas que se acheguen realicen as súas reservas pois, dende o colectivo, animan a que se realicen con bastante antelación e recordan que contan con todas as medidas de seguridade para que os comensais disfruten deste manxar dunha forma segura. Tamén, e tal como recordaron na reunión, destacan a calidade da materia prima utilizada, abastecida por provedores locais, que son parte do éxito dunha festa que xa é un referente en Galicia. A xornada estará amenizada dende a mañá polas charangas CLK, CastroBello e DR.Anchoa e, como non podía ser doutra maneira, tamén farán presenza os liborianos.
Finalmente, dende o concello do Carballiño, fan un chamamento á participación nunha festa que se recupera logo do parón que supuxo a pandemia, onde humor e música serán os protagonistas e, tamén recordan, a obligación de cumprir a normativa vixente en materia de Covid, destacando o exemplo que leva dando a vila en todos os eventos culturais que se levan realizado dende o comezo da pandemia.

A Deputación de Ourense posibilitará a reapertura do Museo Etnográfico Olimpio Liste, logo de que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, asinara esta mañáen Oseira un convenio de colaboración co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e coa propietaria deste complexo museístico, Araceli Mercedes Liste Fernández, para volver a abrilo ao público.
Manuel Baltar agradeceu a xenerosidade da familia Liste Fernández e sinalou que hoxe é “un día para presumir, porque bota a andar de novo unha marabillosa iniciativa que ten moito que ver coa nosa alma de pobo e coa nosa identidade”. O presidente provincial remarcou a responsabilidade da Deputación no futuro do Museo Olimpio Liste: “Como goberno provincial, temos a obriga de darlle toda a difusión posible, coidalo e mimalo, e que sexa coñecido para todos os que senten esa paixón por Ourense”.
O presidente da Deputación de Ourense aplaude a recuperación deste espazo, “patrimonio da humanidade e unha cita inesquecible da nosa provincia”. “Ao reabrir este museo estamos a facer unha homenaxe non só aos creadores desta marabilla, senón a todos aqueles que senten esa identidade enraizada co noso e coa terra, e este ambiente serve especialmente para vivilo”, destacou Manuel Baltar, que incidiu en como a Deputación de Ourense “tiña que comprometerse a abrilo, mantelo vivo no futuro e a darlle todo o pulo necesario porque, sen dúbida, estamos ante unha auténtica xoia”.
Un impulso turístico para San Cristovo de Cea
Pola súa parte, o alcalde de San Cristovo de Cea dixo que hoxe era “un día especial” para o municipio porque este convenio asinado a tres bandas “redunda nun beneficio para Cea, para a comarca do Carballiño, e incluso para a provincia de Ourense e de máis alá de Galicia, porque é o museo etnográfico número un da nosa comunidade autónoma”. Olimpio Liste e a súa dona estarían, segundo José Luis Valladares, “sumamente orgullosos de que a súa filla se preocupe e se ocupe de que este museo continúe para adiante”. O rexedor comprometeuse coa propietaria a que tanto o Concello como a Deputación de Ourense van a “fomentar, ampliar e promover este espazo museístico que é un orgullo para Cea e para Galicia enteira”.
Así mesmo, José Luis Valladares agradeceu ao presidente do goberno provincial a súa disposición e implicación para volver a abrir as portas deste Museo e por apoiar a cultura e o turismo, sendo este último un dos eixos estratéxicos do municipio e que se ve reforzado con este museo que súmase á oferta de Cea xunto co Mosteiro de Oseira, o Pan de Cea ou as rutas de sendeirismo.
Araceli Mercedes Liste manifestou a súa felicidade por “reimpulsar a actividade do museo etnográfico Olimpio Liste, actividade interrompida durante nove longos anos, e que tralo falecemento dos meus pais parecía imposible reanudar”. A propietaria explica que seus pais “dedicaron boa parte da súa vida e do seu patrimonio a crear e facer crecer este museo,inaugurado no ano 1972, coa presenza de Olga Gallego Domínguez, Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”, e Xesús Ferro Couselo”. Araceli Mercedes Liste agradeceu ao alcalde e ao presidente da Deputación de Ourense a súa determinación para facer realidade que o museo reabra ao público outorgándolle “unha nova vida e facendo posible o seu renacemento”.
Cooperación para recuperar o proxecto de Olimpio Liste e Josefina Fernández
Mediante este convenio de colaboración, a propietaria cede durante 15 anos estes inmobles ao Concello de Cea, encargado de conservalos e xestionalos, mentres que a Deputación de Ourense comprométese a incluír nos orzamentos de 2022 e 2023, unha achega de 25.000 euros en cada exercicio, destinada aos gastos de funcionamento do museo. Este espazo museístico é froito do traballo de investigación de Olimpio Liste e a súa muller, Josefina Fernández. Creado en 1972, o matrimonio foi recompilando milleiros de obxectos que resumen a cultura tradicional galega a través de ferramentas, apeiros e outros obxectos da vida cotiá de Galicia.

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde de Avión, Antonio Montero, subliñando que "trátase dunha necesidade que non veñen manifentado moitos veciños, non so da capitalidade municipal senón do resto das parroquias".
Para levar a cabo a construcción deste cemiterio municipal, o concello de Avión ten previsto desenvover unha área de reparto do PXOM nas inmediacións da igrexa dos Santos Xusto e Pastor, que deberá urbanizarse "xa temos o compromiso do presidente da Deputación para cofinanciar este proxecto que ten un coste de 280.000 euros, farémolo mediante un convenio de colaboración entre ambas administraccións, Deputación e Concello".
O rexedor municipal tamén avanzou diversas obras de mellora da rede viaria municipal, que tamén se fará coa colaboración da entidade provincial, e que -entre outras- incluirá as estradas entre Vilariño e Espiñeiro, Taboazas-Couso, asi como os accesos a Vilar, Pascais e Valderías.
Los vecinos de este pueblo estamos cansados, hoy otro brote en un pub de Carballiño, no puede ser, sus dueños pasan inmunes a esto, las mascarillas brillan por su ausencia, y después de lo que paso en navidades, siguen igual , sin que Nadie tome medidas, y este sábado se volvieron a contagiar.
cuando uno entra en el súper, en una tienda, en una panadería, etc lo primero que te dicen pon la mascarilla, y ahí qué pasa que nadie va tomar medidas, sólo se pide que sus dueños obliguen a todo el mundo a poner la MASCARILLA, será tanto pedir que cumplan la ley, se publican vídeos y fotos de mucha gente sin nada . VERGÜENZA!!!

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe o compromiso do Goberno para paliar a exclusión financeira do rural galego. Nunha visita ao concello ourensán de Cenlle, presentou e supervisou as novas medidas implementadas a través de Correos, como a instalación de caixeiros automáticos nas oficinas da empresa pública postal e os novos servizos que prestan os carteiros rurais, “un servizo público qué é importante difundir e que a cidadanía saiba que está á súa disposición, especialmente as persoas maiores”.
Así o sinalou durante a visita que realizou esta mañá, xunto co alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o xerente de Produtos e Servizos para a Área Noroeste de Correos, Xosé Chorén, á oficina postal de Barbantes, en Cenlle, onde se instalou un dos tres primeiros caixeiros multitarxeta que Correos xa colocou en Galicia, xunto con Cortegada e Samos. Esta iniciativa do Goberno estenderase a 80 localidades máis de Galicia nos vindeiros meses.
José Miñones sinalou que “o obxectivo desta medida é contribuír á loita contra a exclusión financeira”, especialmente nas zonas rurais, ofrecendo á cidadanía a posibilidade de dispoñer de efectivo en poboacións onde non hai oficinas bancarias, como é o caso de Cenlle, pero si puntos de atención de Correos. “Trátase dunha mostra da aposta do Goberno e de Correos para ofrecer no rural servizos financeiros para que os veciños e as veciñas e tamén as pequenas empresas dispoñan das mesmas condicións que aqueles que residen en áreas urbanas para desenvolver os seus proxectos vitais e laborais”, subliñou.
Na mesma liña, trabállase coa oferta de novos servizos no domicilio por parte dos carteiros rurais, que facilitan aos veciños e veciñas do rural realizar na súa propia casa moitos dos servizos que se prestan nas oficinas ou na tenda en liña de Correos, grazas aos novos dispositivos electrónicos portátiles (PDAs) cos que contan os carteiros e carteiras desde finais do pasado ano. Este plan de carteiros rurais comezou como proxecto piloto na provincia de Lugo, e dados os bos resultados o Goberno xa o está a estender no resto de provincias.
“A cidadanía atendida por estes profesionais poderá, desde a porta da súa casa, ingresar e retirar diñeiro en efectivo; enviar e recibir paquetería; pagar recibos e tributos; adquirir embalaxes, sobres e selos; xestionar servizos de luz, gas e telefonía; comprar os distintivos ambientais da DXT e moitos servizos máis que se prestan nas oficinas de Correos”, destacou José Miñones. A pesar de ser un servizo recén estreado, os carteiros rurais xa realizaron 144 servizos a domicilio na provincia de Ourense en decembro e 163 no mes de xaneiro.
“Estas medidas son reflexo da aposta do Goberno e de Correos para achegar os servizos desde as administracións públicas á cidadanía da contorna rural, facilitando a vida dos cidadáns en en toda Galicia e contribuíndo na loita contra o reto demográfico, para que vivir no rural non sexa unha carga, senón un privilexio”, expresou o delegado.

A ONCE instalou no Carballiño un dos seus novos quioscos, un modelo máis accesible para todos os axentes vendedores con discapacidade, máis ecolóxico pola tipoloxía de produtos de construción e os seus consumos e con máis facilidade de comunicación co público.
Este novo quiosco, que se atopa na rúa Rosalía de Castro, foi presentado polo director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez García, e a concelleira de Servizos Públicos de Carballiño, Rosa Fuentes.
O novo deseño de quiosco da ONCE conta cunhas dimensións que non só non obstaculizan o paso nas beirarrúas senón que permiten unha maior accesibilidade para a persoa que exerce a venda e para quen se achega a compartir uns minutos co axente vendedor.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- …
- seguinte ›
- última »