5, Setembro 2024

Esta nova tempada do Cine Club adiándase un pouco este ano, e comezamos xa as nosas actividades a primeiros de setembro. Comezarán cun concerto ao aire libre do trío Caspervek, que porá música en directo á proxección dunha das películas míticas de Buster Keaton, El navegante. Será o 6 de setembro ás 22:45 horas dentro das actividades da Feira da Pepa Loba, coa que colaboramos este ano.

E ao día seguinte, o 7 de setembro, e tamén dentro da Pepa Loba, cine en 35 mm ao aire libre, coa proxección de dúas curtametraxes realizadas por Manuel Nanín e Pachi Baranda, Galiza e Lentura. Contaremos coa presenza dos directores e tamén de parte do elenco artístico. Será tamén ás 22:45 horas.

O día 12 de setembro, ás 20:00 horas, no auditorio Manuel María temos a preestrea do documentalVidas irrenovables, en colaboración con Afiandoovento, que reflicte o que moitas veces non nos queren amosar cando se fala de enerxías renovables. Conteremos ese día con Francisco Vaquero, director do documental, que estará uns días por Galicia presentado a súa producción antes da súa estrea comercial.

E continuamos xa os día 13, 14 e 15 de setembro con dous ciclos, un deles adicado aos máis cativos, aínda que non só, con tres películas prantexadas non só para nenos senón tamén para o público en xeral: Buenos días mundo, un canto á natureza feita con dibuxos en papel maché animados mediante a técnica de stop motion, un filme dunha grande beleza; Ponyo en el acantilado, dirixida aos máis pequenos, e tamén aos fieis do animador xaponés Miyazaki (estivo nominada ao León de Ouro no Festival de Venecia e hoxe está considerada un dos grandes clásicos da animación do sçeculo XX); e ¿Dónde está Anne Frank?, do israelí Ari Folman, dirixida a todos os públicos e non só aos pequenos da casa. As películas deste ciclo serán todas ás 18:00 horas e o custo da entrada é de 2 euros, xa que entra dentro da nosa programación de Filmoteca.

E eses mesmos días, 13, 14 e 15 de setembro, ás 20:00 e ás 22;30 horas temos un ciclo de 3 películas do cinema español máis recente: La casa, adaptación da novela gráfica de Paco Roca dirixida por Alex Montoya e protagonizada por David Verdaguer, Luis Callejo e Óscar de la Fuente, que destacan dentro cun conxunto coral de actores estupendos. No reciente Festival de Málaga gañou varios premios, entre eles os do público á Mellor película, o de mellor guión e mellor banda sonora. Tamén o premio Feroz da crítica. E dunha triunfadora en Málaga a outra, Segundo premio, de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez, que se alzou coa Biznaga de Ouro á Mellor película, dirección e montaxe. Sen dúbida unha das estreas máis esperadas deste ano. E rematamos o ciclo cunha pequena xoia, Mamífera, de Liliana Torres, unha estupenda reflexión sobre a maternidade (ou non). Continuamos a nosa programación xa coas nosas proxección habituais en venres en horario de 20:00 e 22:30 horas.

O día 20 de setembro teremos o documental Cristina García Rodero, la mirada oculta, colaborando co Arenteiro fotográfico. Película dirixida por Carlota Nelson, autora tamén do guión, que baixo a apariencia dun documental televisivo achéganos á obra e á personalidade dunha das fotógrafos máis importantes deste páis, que leva máis de cincuenta anos reflectindo os máis diversos temas a través da súa cámara. Unha buscadora infatigable que aos seus 74 anos segue a buscar a beleza para achegárnola a través da súa mirada. Unha auténtica institución que tivemos o pracer de ter aquí no Carballiño dando unha masterclass grazas ao traballo dos compañeiros do Potiños.

E o día 27 pechamos un setembro cheo de cine con outra das grandes películas da tempada, tamén de recente estrea: Siempre nos quedará mañana, da directora Paola Cortellesi. Mistura de comedia, drama e romance ambientada na Italia dos anos 40, é o gran éxito do cinema italiano deste ano, con 6 premios Donatello.

4, Setembro 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia de seguir impulsando o desenvolvemento económico da comunidade, destacando a posta en marcha de medio millón de metros cadrados de chan industrial a custo cero durante os primeiros oito anos de actividade nas parcelas de solo empresarial titularidade do Goberno autonómico.

“Mentres teñamos empresarios que queiran seguir apostando polas súas empresas e que queiran seguir medrando e consolidándose, dende a Xunta seguiremos intentando poñelo o máis sinxelo posible e axilizando ao máximo para que haxa solo industrial alí onde sexa necesario”, indicou. Así o sinalou durante a clausura da xornada técnica informativa do plan estruturante do parque empresarial do Carballiño-Maside, que suporá a ampliación do xa existente no concello carballiñés e se estenderá tamén polo de Maside.

En total, o novo parque empresarial terá un ámbito de actuación de máis de 1,2 millóns de metros cadrados. Unha actuación que, tal e como subliñou Rueda, responde á demanda crecente de solo industrial na zona debido a que o parque empresarial do Carballiño xa se atopa case ao 100% de ocupación. Nese sentido, destacou que esta ampliación non só contribuirá ao crecemento empresarial do concello, senón tamén da comarca e agradeceu tanto aos Concellos implicados como á Deputación de Ourense a súa vontade de colaboración no proxecto.

Así mesmo, dentro do compromiso do Goberno galego coa mellora da competitividade do tecido económico galego e a xeración de emprego de calidade, están en marcha outras medidas como a activación da Oficina Económica de Galicia, que xa atendeu preto de 5.500 consultas desde a súa posta en marcha en abril. Todo para contribuír a “esa Galicia potente que todos queremos e que pode seguir medrando”, tal e como apuntou Rueda.

3, Setembro 2024

O concello carballiñés procederá a demolición da casa das Barcias construída por un particular nos anos 90 do século pasado na Avenida do Arenteiro, no parque municipal.

Trátase dunha edificación que foi construida antes de que o concello do Carballiño acordase a recalificación urbanística da coñecida como "finca das Barcias", de preto de 3 hectáreas de extensión , pasando de solo urbán urbanizable a zona verde, o que levou consigo a expropiación da propiedade na que estaba contemplada a construcción de 40 chalets, do que tan so chegou a construirse tan so o que agora vai demolerse máis de 30 anos despóis.

O procedemento municipal iniciaráse a principios dos anos 90 do século pasado por parte dun goberno do Partido Popular, pero non concluíu ata o ano 2008 co socialista Carlos Montes na alcaldía. O acordo final pechárase do pago por parte do concello do Carballiño de 1,2 millóns de euros aos propietarios.

Agora, o concello licita cun importe base de 47.000 euros o proxecto de demolición e a recuperación medio ambiental da contorna, no parque municipal do Carballiño.

2, Setembro 2024

VENRES 13
20:30 Festival Feito no Carballiño Praza Maior
Sussi Q’s
Five Pipers
Os Kambotes

21:00 Inauguración alumeado Festas de San Cibrao

SABADO 14
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga CLK
18:00 2º pase Charanga CLK
19:30 a 22:30 Grupo Grease Rúa Calvo Sotelo
00:00 Gran Tirada de Fogo “Fixo e Voador”
00:30 Concerto grupo Gin Toni’s Praza Maior

Domingo 15
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga Dr.Anchoa
11:30 Pasarrúas da Agrupación Musical da Limia
12:00 Espectáculo itinerante de música e baile tradicional de Cantigas e Agarimos
13:00 Concerto da Agrupación Musical da Limia Asilo do Carballiño
18:00 2º pase Charanga Dr.Anchoa
22:30 Concerto de Guadi Galego Praza Maior

Luns 16

10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 Música na Feira con Serandeiros
18:00 Música tradicional na rúa
21:00 a 22:00 1º pase Orquestra Fórmula Praza Veracruz
23:00 Concerto Tributo Dire Straits Praza Maior
01:00 2º pase Orquestra Fórmula

Martes 17
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga castro Bello
11:00 Misa Solemne en honor a San Cibrán acompañada da Banda de Música de Boborás
12:30 Concerto da Banda de Música de Boborás
18:00 2º pase Charanga CastroBello
18:00 Festa Infantil e olimpiadas populares con Dj,Tibu con agasallos para tod@s. Praza Maior
22:00 1º pase Discomóbil A Gramola Praza da Veracruz
23:00 Orquestra Panorama Praza da Veracruz
02:00 2º pase discomóbil A Gramola

Mércores 18
Día do Neno nas atraccións

Xoves 19
Gran Romaría da Saleta

2, Setembro 2024

Si tan bien gobiernan támara y susana por que ya no aprobaron los presupuestos ya que tan tan tan tarantan son

1, Setembro 2024

Máis de 2.200 persoas pasan este verán nas Residencias de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño e en Panxón (Nigrán). Case 1.300 persoas na primeira, e preto de 1.000 na segunda, o que supón un incremento con respecto ao ano pasado. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou ás familias que remataron a última quenda de agosto no Carballiño.

No marco do programa Vacacións en Familia, o Goberno galego ofrece un ano máis estadías de seis días no período estival a prezos económicos. En total, máis de 12.000 noites de aloxamento, entre os meses de xullo, agosto e setembro. As familias numerosas, monoparentais e acolledoras, así como as vítimas de violencia de xénero, teñen preferencia á hora de solicitar este programa.
Campamentos para persoas con discapacidade

As Residencias de Tempo Libre do Carballiño e Panxón, ademais do albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), acollen tamén os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Este ano, a Xunta ofertou 250 prazas para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e con idades comprendidas entre os 11 e os 50 anos. Os campamentos desenvolveranse ata setembro nun total de 15 quendas de 10 días de duración.

31, Agosto 2024

No Baron de Seoane na carretera que se mete pegada a fábrica de emben as silvas peganos todos os dias no coche o pasar dado a que solo cortan a herba una vez o ano e agora mesmo xa volve estar tan estreita a carretera por culpa das silvas que non das pasado sen que che peguen no coche a parte de que raian a pintura dos mesmos, tamen no fondo desa mesma carretera hay un espello en tan mal estado que xa non fai ningunha funcion, parece que aquí estamos un pouco olvidados pero os impostos paganse igual,

31, Agosto 2024

Despois de escoitar a Yago Fariñas doume de conta que listos son os veciños do Irixo, si eles quixeran que fora alcalde xa lle terian votado anteriormente porque non era a primeira vez que se presentaba.

Calquera ve que no que menos pensa e na veciñanza,como di el, o único que lle interesa e o sillón da alcaldía.

Vai resultar que se leva mellor ca oposición,incluindo a Juan Manuel, que cas duas compañeiras do grupo de goberno, parece que deron pa moito as excursións organizadas polo concello ¿foi ahí onde se puxeron de acordo?

Deixe gobernar a Susana e a Tamara, ou pensa que polo feito de ser mulleres non o saben facer, pois desempeñan mellor ca vostede as suas funcions.

Deixe de criticar todo o que fai Susana que e a alcaldesa , ou inda non se deu conta, e preocupese un pouco mais do que non fai vostede, ¿vai deixar todas as obras pa cando sexa alcalde?

Mal imos.

30, Agosto 2024

Parece ser que a persoa encargada das novas tecnoloxías no Concello do Irixo levase mal coas novas tecnoloxías ou non interesa  que chegue a información aos veciños.

E vergoñento que se publique una oferta para os cativos a 6 min de rematar a actividade e é moito máis vergoñento que se eliminen los veciños da comunidade de Chats que se crearon para informar.

Algo non está a funcionar ou querennos facer parvos. Onte a concelleira de medio rural dirixíndose a min díxome que escribise menos, levaba meses sen escribir un arito ou unha denuncia, parece que non sabe que as palabras levaas o vento ou o aire e que o único xeito de que queden constancia as cosas non Concello e mediante a sede electrónica e escritos. Así funcionan todos, parece que non lle gusta que llegue cheguen escritos da incompetencia que cometen o 10 de xullo meten un escrito con respecto a un desbroce e a día de hoxe anda non ofi satisfecho, recordolle que é competencia do Concello. Señores concelleiros se son tan incompetentes, deixen os seus sillón e que entren os seguisteis. Haberá que escribir algo máis e sacarle as cores.

Helena Iglesias - Veciña de O Irixo

30, Agosto 2024

Aquí podes escoitar o programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño deste 30 de agosto, presentado desde a casa do concello de Piñor.

Repaso a actualidade municipal co alcalde de Piñor, José Luis González.

Neste programa, Xan Pinal entrevista a Marina Diéguez, farmacéutica do concello de Piñor, e na que se fala da singularidade do servizo que prestan as farmacias nos concellos rurais, do que Piñor é un bo exemplo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS