
Parece que solo existe a plaza maior, o resto está que da asco.
Ahora xa nin recollen o lixo. O cheiro é insufrible. Aquí tamén pagamos impostos
Parece que solo existe a plaza maior, o resto está que da asco.
Ahora xa nin recollen o lixo. O cheiro é insufrible. Aquí tamén pagamos impostos

O PSOE de Boboras alerta do mal estado da estrada que baixa cara a parroquia de Cardelle, que presenta un grave deterioro do firme dende fai tempo, e que o seu estado e cada vez mais calamitoso e perigoso, presentando a capa de rodadura diversos danos, ademais de numerosas fochancas e cada vez mais grandes, sendo mais frecuentes canto mais se baixa cara Cardelle, o que supon un grave perigo para os conductores e tamén para os vehículos, que poden sufrir danos cuantiosos durante o traxecto.
Dende o PSOE de Boborás propoñen ademais do seu asfaltado en quente, xa que a calazada dificilmente admite mais remendos, que se actue sobre as cunetas da estrada, para así poder canalizar dun xeito adecuado as augas pluviais que discorren por riba da calzada e contribuen a agravar de xeito significativo o seu deterioro.

Levan meses ahí. Ninguén se acorda de Mouriz por máis avisos que damos.

O concello de Maside foi protagonista no programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, esta vez presentado por Lolo Carril desde o consistorio masidao.
O alcalde José Manuel Iglesias fixo un repaso pola actualidade municipal e os proxectos máis relevantes para este mandato neste concello, e invitou a veciños e visitantes a participar nas distntas actividades programadas nos próximos dias, nesta segunda quincena de agosto que culminará coa celebración das festas de San Vitorio.
Xosé Manuel Pascual, presidente da Coral A Torre de Maside, avvanzou o programa dos Concertos de Verán, todo un clásico no verán masidao, a celebrar este sábado 17 de agosto na igrexa parroquial de Santo Tomé, e no que ademáis dos anfitrións actuarán a Coral A Lira de S. Miguel de Oia e a Coral San Roque de Vigo.
A técnica de cultura e deporte do concello de Maside, Yolanda Rodríguez repasa a programación veraniega, na que entre outras actividades destaca a participación record no campamento de verán 2024, con 106 rapaces participando nesta edición.
E finalmente, Leticia Otero e Enríque López, integrantes da nova directiva da Asociación Amigos do Cabalo Puzo do Lago, fálannos de toda a programación da Festa do Cabalo de Maside desta fin de semana, sábado 17 e domingo 18, que chega cun intenso programa de actividades durante os dous dias, con rutas a cabalo, concursos, exhibicións e espectáculos de doma vaqueira, gynkana infantil ou a simpática carreira de burros, e por suposto con posibilidade de xantar ou cear no propio Puzo do lago.
Podes escoitar todas as entrevistas no PODCAST de COPE O Carballiño:

A Oficina de Turismo do Carballiño rexistrou máis dun milleiro de consultas dende que abriu as súas portas este verán. A procedencia dos visitantes segue a tendencia dos últimos anos e destacan os chegados de Madrid, Comunidade Valenciana e Andalucía. En canto aos estranxeiros, os que máis se achegan a solicitar información son os franceses, seguidos dos mexicanos e portugueses.
Os intereses dos visitantes que elixen O Carballiño como destino vacacional son principalmente patrimoniais e gastronómicos. Unha gran parte dos turistas preguntan pola Veracruz e pola súa construción.
Tamén o parque etnográfico do Arenteiro causa gran expectación, xa que se empraza a só 5 minutos do centro da vila e permite pasear, degustar a gastronomía típica e coñecer elementos da historia do concello. Nun radio de 200 metros, atópase a Fábrica de Papel, a Pena dos Namorados, o parque do Carballiño, a piscifactoría, o cámping, a Residencia do Tempo Libre ou mesmo unha estación meteorolóxica, ademais de dous restaurantes.
A información que solicitan os visitantes na Oficina de Turismo non se limita ao concello, xa que son moitos os que piden datos sobre outros puntos turísticos da comarca e da provincia de Ourense.

Este sábado día 17 reuniranse no Carballiño os descendentes dunha das familias que primeiro poboaron O Carballiño no intre de instaurarse unha feira nesta localidade.
Un total de 25 sucesores procedentes de países como Arxentina, Perú, Bolivia e cidades como Vigo, Santiago, Madrid, Vilagarcía, Ibiza, Barcelona ou Bilbao coincidirán por primeira vez na terra dos seus ancestros nun acto organizado polo C.E. Chamoso Lamas no que se lle explicará a historia desta familia a partir do primeiro ascendente documentado na parroquia de Dacón aló polo século XVI. Estes membros da familia foron coñecedores das súas raigames carballiñesas a partir da publicación do libro “Alarifes do Carballiño” publicado por este Centro de Estudios.
Nesa liña descendente podemos destacar a varios persoeiros que destacaron nun primeiro momento no oficio de arrieiros vinculados ás feiras locais para logo abrirse paso no mundo empresarial, xudicial, militar ou político. Así, segundo recolle o historiador e autor do libro, Carlos Montes, que foi quen de documentar toda esta liña xenealóxica dende o ano 1.580 ata 1.960, enuméranse ata cinco alcaldes de varias cidades galegas durante o século XIX: dous no Carballiño, un en Ourense, en Vilagarcía e en Sarria. Todos eles foron ademais figuras destacadas do liberalismo durante as guerras carlistas.
No caso de Bernardo Pereira Valeiras, alcalde e maxistrado carballiñés, foi o encargado como secretario da Deputación de liberar os terreos públicos locais da provincia na época das desamortizacións de Mendizábal. No eido xudicial destacamos tamén aos maxistrados Prieto Pereira, recoñecidos no pobo do Carballiño coma filántropos e que contan cunha praza adicada nesta vila. Ata nove maxistrados deu este clan durante o século XIX destinados en Cuba, Perú, Gran Canaria, Valencia, Madrid, A Coruña, Oviedo ou Zaragoza.
Non esquezamos tampouco a figura de María Eugenia Pereira, primeira muller becada pola Universidade en Galicia e que tivo unha longa e prolixa carreira como empresaria farmacéutica en Barcelona.
O roteiro urbano consistirá nun resumo da historia do Carballiño vinculado ás aportacións desta familia ao devir deste pobo dende que fora creada a feira a principios do século XVII.
Os participantes coñecerán as antigas propiedades desta familia, como o caso do Balneario, terreos da igrexa da Veracruz, Igrexa dos Irmáns Prieto, Casa Soto, o propio Asilo e o lugar onde estaban ubicados os seus solares nesta vila.
Todos os interesados están convidados a participar deste acto que comezará as 11:30 da mañá no Asilo e rematará ás 13:00 horas cunha recepción no Concello na que se lle agasallará coa árbore xenealóxica deste grupo familiar. Ao remate haberá un xantar aberto na Pulpería Plaza na que é preciso anotarse con antelación póndose en contacto co Centro de Estudios.

A Xunta vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo da aprobación definitiva do proxecto de trazado para executar a mellora da estrada autonómica OU-212, no treito interurbano do concello de Beariz, e na travesía de Liñares, no municipio de Avión. Nesta actuación de mellora da seguridade viaria a Administración autonómica investirá máis de 1,3 M€.
Trátase da primeira fase de acondicionamento do tramo de algo máis de 6 quilómetros desta vía autonómica, entre o centro urbano de Beariz, á altura do punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Couso, no quilómetro 12+620.
As obras no treito interurbano de Beariz consistirán na rectificación da curva do quilómetro 7+350, aumentando o radio de 30 a 50 metros, e na mellora do firme e ampliación da plataforma ata os 7 metros entre a capitalidade do concello e a curva do quilómetro 7+350. Neste tramo, actualmente a OU-212 é unha estrada convencional sen beiravía, con dous carrís por sentido de 3 metros de anchura cada un, nunha contorna interurbana.
A intervención ao paso polo municipio de Avión céntrase na travesía de Liñares, que vai do quilómetro 8+760 ao 9+610, e que será humanizada Neste treito manterase, en xeral, a distribución da sección actual, pero buscando como obxectivo básico a integración da vía na contorna urbana de Liñares, recuperando a súa identidade urbana e priorizando a figura do peón.
En toda a lonxitude da travesía construiranse beirarrúas e bandas de aparcamento a un mesmo nivel, cun cambio no acabado do pavimento e separación por bordo de 10 centímetros de anchura. Este deseño facilita que toda esta superficie poida ser utilizada polos peóns, tamén as bandas de aparcadoiro cando estas non estean ocupadas por vehículos.
En dúas zonas concretas, do quilómetro 8+925 ao 8+950 e do 9+200 ao 9+255, unifícase o pavimento de toda a sección, creando unha plataforma compartida con prioridade peonil ante a escasa anchura das beirarrúas actuais.
A actuación incluirá outras melloras complementarias, como o acondicionamento dos accesos existentes á estrada OU-212, a renovación da iluminación e das varandas de protección peonil, así como a reposición de servizos afectados e a renovación da sinalización, adecuándoa ao novo deseño da vía.
Tamén se inclúe nesta intervención a renovación da capa de rodaxe de dous tramos da OU-212, para dar homoxeneidade á actuación, entre os puntos quilométricos 10 e 11 e entre os quilómetros 15 e 15+500, dentro do termo municipal de Avión.
A previsión da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar a execución das obras no vindeiro ano 2025. O prazo para a realización dos traballos é de 14 meses.
O Goberno galego continúa traballando para darlle continuidade ás sucesivas melloras levadas a cabo nos últimos anos nesta vía autonómica, que une a N-541 na Ermida coa OU-504 en Beade, e que é o principal acceso ás capitalidades dos concellos de Avión, melloras nas que a Xunta leva investido un total de 6,8 M€.

O PSOE de Leiro manifesta que "ante incumprimento da lei de transparencia e bo goberno por parte do goberno municipal a cal asegura o dereito o acceso a información pública na que se ten que dar información de una forma clara os nosos veciños e sin ocultar nada, cousa que non esta a facer o goberno do Partido Popular de Leiro, unha vez mais".
Engaden que "os socialistas comentábamoslle no escrito que presentamos fai mais de 1 mes por o rexistro e que non obtivemos reposta, como e posible, que unha Ponte declarada Monumento Nacional en 1981 e Ben de Interes Cultural, poda sufrir tal atropelo patrimonial para un dos nosos monumentos emblemáticos e destacados do noso Concello e poda soportar tanto trafico rodado e o goberno municipal no axa tomado medidas urxentes en todos os sentidos tanto veciñal como viario e se ciña simplemente a colocar unhs cartazos nos cales poñen PERIGO PASO ESTREITO e se quedan tan anchos. Por eso os socialistas lle pedimos solucions e lle fixemos as seguintes preguntas e que despois de un mes, ainda nos recibimos resposta".
E son varias as preguntas que formulan os socialistas:
1.- ¿Si se vai a ver afectado a Ponte de San Clodio no seu conxunto, no referido a sua estructura debido a masificación de vehículos, polo peche da Ponte da Esperela?
2.- ¿ Si o Concello vai a tomar algún tipo de medida con respecto o paso de vehículos pola ponte?
3.-¿ Si hay algún tipo de informe ou autorización por parte de Patrimonio Cultural, para o paso restrinxido de vehículos e que non afecte a estructura da mesma declarada Monumento Nacional e Ben de Interes Cultural xa que estos días soporta moita movilidade de transito rodado?
4.- ¿ Si o Concello vai a tomar algunha medida no referido o paso de vehículos polo pobo da PONTE , xa que os veciñ@s ben alterada a sua tranquilidade, xa que se producen situacions bastante ingratas, xa que na ponte so pode pasar un vehiculo?
Por eso, manifestan finalmente "o noso grupo municipal quere denunciar públicamente a opocidade ,ocultación e o silencio a dar información por parte do goberno municipal de un problema que atenta contra o noso patrimonio histórico como e a Ponte de San Clodio xa que e un ben considerado valioso tanto para as persoas como a sociedade e polo tanto merecedor da sua conservación e transmisión as xeneracions futuras, cousa que non o esta a facer nestes momentos o goberno municipal o permitir o paso de vehículos de unha maneira masificada e tamen o alterar o benestar dos veciñ@s no seu dia a dia".

A alcaldesa do Irixo trata de reconducir a situación, despóis de que a o proxecto de orzamento que presentara ante o pleno fora rexeitado pola corporación, ao votar en contra un dos concelleiros do grupo de goberno, Juan Manuel Villanueva, e os catro concelleiros do Partido Popular.
Agora, a rexedora municipal, Susana Iglesias, convocou mediante unha mensaxe de Whatssap aos concelleiros da corporación para este mércores 14 ás 12 do mediodia, e coa idea de que o interventor dea a coñecerlle o documento cos orzamentos que pretende poidan aprobarse no próximo pleno que celebre a corporación.
O Partido Popular lamenta esta convocatoria e que a alcaldesa non se sente a negociar "porque parece que aínda non caeu na conta de que está en minoria, e se quere unhos orzamentos ten que negocialos", manifestou en COPE O Carballiño o portavoz popular Manuel Cerdeira "Lito", que ademáis avanzou que o seu grupo non acudirá a esta convocatoria.
No audio adxunto podes escoitar a intervención do portavoz do Partido Popular, Manuel Cerdeira "Lito":
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »