4, Agosto 2024

A Mostra de Viños do Carballiño reivindica a enograstronomía como recurso estrela da provincia de Ourense.

Durante toda esta fin de semana, no marco da programación da Festa do Pulpo, a Praza Maior do Carballiño será o escaparate de seis bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes. Veciños, veciñas e visitantes poderán degustar os caldos en horario de 12.00 a 21.30 horas.

Os viños serviranse nunhas copas especialmente deseñadas para a Festa do Pulpo, que nesta 62 edición se dedica á D.O Ribeiro, a máis antiga das galegas. Viño e pulpo serán a perfecta maridaxe desta celebración declarada no 2022 festa de interese turístico internacional.

A música tamén estará presente durante toda esta fin de semana. Para este sábado programouse o concerto de Isidro Vidal, ás 20.00 horas na Praza Maior. O domingo Os Biruxes animarán as rúas e, a partir das 20.00 horas, agárdase a actuación de El Hechizo de Nora.

3, Agosto 2024

Lebosende, para los que no la conozcan, es una pequeña aldea del Concello de Leiro, con unas vistas sobre el valle del Avia espectaculares, con costumbres religiosas muy antiguas y para muchos, un sitio especial. 

Que bonito, ver a todos los niños jugando en los columpios nuevos, detras de la plaza, esa plaza al igual que el terreno que la rodea limpia e impecable y casi me atreveria a decir de los pocos lugares que tiene sus caminos limpios y asfaltados, con fuentes publicas limpias y en perfecto estado y todo por iniciativa municipal sin mas en lo que corresponde.

La aldea ideal 

Ya nos gustaria, pero, ni el alcalde ha cumplido la promesa de los columpios, ni de limpieza, la plaza se cae, caminos a golpe de cemento mal arreglados, y las fuentes , imaginenselo, y dira que aun queda legislatura...con calma ,que pronto o no hay niños o ya no se columpian. Promesas olvidadas. 

Y de rebote la iglesia , a la  que hay que adaptarse, rompiendo con costumbres , tradiciones y creando malestar entre vecinos. Porque ahora se adapta el que lleva toda su vida en un lugar al que llega. 

Asi no es Lebosende, asi lo hacen ser y lo tienen personas que lo unico que les importa es seguir "columpiandose". Y los vecinos paseando.... otros de palmeros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3, Agosto 2024

Boas tardes a todos, querolle  contestar o/a lumbreras que  culpa aos cans de que haxa pulgas en Flores e na Veracruz, que todos os Cans están chipeados, vacunados, desparasitados, e bañados, están coidados como o que son , un familiar máis que ten os mesmos dereitos ca ti e ca min de convivir neste planeta. . E os ancianos que están nas residencias é por que os seus familiares non se poden facer cargo deles, e menos mal que hai estas residencias, señón que sería de nós.QUE VIVAN OS CANS, QUE VIVAN AS RESIDENCIAS DE MAIORES( PODENDO SER  NON PRIVADAS)

POR FAVOR METEDE NO SACO DAS PULGAS A ESTA PERSOA TAMÉN.

2, Agosto 2024

Como no va a haber pulgas con tantos animales en pisos y muchos en malas condiciones   de limpieza y más que habrá metemos los animales en pisos y los mayores los mandamos a la residencia 

2, Agosto 2024

Despóis do carrusel festivo deste verán no que as distintas parroquias do municipio foron vestindo o traxe de festa, chega agora a traca final, primeiro coas festas patronais na capitalidade municipal e logo o venres dia 9 coa celebración da Festa Mexicana de Avión.

Sábado 3, domingo 4 e lúns 5 –festivo de carácter local neste concello- Avión celebra as festas dedicadas aos Santos Xusto e Pastor e a San Roque, e faino con misas solemnes e procesións, pasarrúas coas charangas “Europa”, “Charandonga” e “Vai de Baile”, concertos das bandas de música de Guláns e Celanova, verbenas coas orquestras América, Olympus, La Ola ADN e Assia, e as disco móviles Impacto e Mega CDC.

“Os Coribantes” ofrecerán un concertó de música tradicional o sábado 3 ás 20:00 h, e o domingo (00.01 horas da madrugada do lúns) será o gran espectáculo de fogos artificiais, único pola súa magnitude no ámbito das comarcas do Ribeiro–O Carballiñó.

Xa para o venres dia 9 de agosto celebraráse a 18 Festa Mexicana do concello de Avión, con 5 restaurantes que ofrecerán a súa gastronomía tradicional mexicana na Praza da Igrexa de Avión, unha festa que estará amenizada con dúas agrupacións de mariachis.

Toda a información deste acontecemento festivo podes escoitala en voz de Isabel Gabián, mentres que neste mesmo programa ESPECIAL DOS VENRES DE VERÁN DE COPE O CARBALLIÑO, o alcalde Antonio Montero fai un repaso pola actualidade municipal neste concello de Avión.

Escóitao aquí:

2, Agosto 2024

Ao igual que o viño do Ribeiro sempre estivo presente nas mesas durante a Festa do Pulpo e por iso se dedica esta 62 edición á Denominación de Orixe máis antiga das galegas, a música tamén ten un papel protagonista. Unha vintena de grupos actuarán nos quince días nos que se estende a programación da celebración declarada de interese turístico internacional.

Veciños e visitantes poderán disfrutar de actuacións como as de El Hechizo de Nora, Os Biruxes, Isidro Vidal, Terras do Arenteiro, Coribantes, Canta nas Croas, Cantareiras Madialeva, Auskelga ou Amigos do Acordeón Terras de Celanova, entre outros, algunhas delas dentro do Festival Folclórico de Música e Danza Tradicional, o mesmo día da Festa do Pulpo no Parque Municipal.

Outro dos puntos fortes do programa será a Mostra de Viños que terá como escenario a Praza Maior do Carballiño os días 3 e 4 de agosto en horario de 12.00 a 21.30 horas. Contarase coa participarán 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

A programación combina a degustación do exquisito pulpo do Carballiño, do mellor do viño do Ribeiro e a mellor música folk, destacando a actuación de Óscar Ibáñez & Tribo, unha das bandas de folk máis destacadas de Galicia e que presentará o espectáculo Tribal 20 para celebrar dúas décadas de traxectoria. Será o 11 de agosto, ás 23.00 horas na Praza Maior.

Lembramos a programación para os próximos días:
SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS
ACTIVIDADES INFANTÍS
Ata o 2 de agosto, a partir das 18.30 horas na Praza da Veracruz.

ANDAINA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DE CANGUES. Centro de Estudios Chamoso Lamas
Venres, 2 ás 21.30 h no Campo da Festa de Madarnás.

MOSTRA VIÑOS D.O. RIBEIRO
Sábado, 3- ás 12 h e ás 21.30 h na Praza Maior
Animación musical OS BIRUXES
- ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO DE ISIDRO VIDAL
Domingo, 4 - ás 12 h e ás 21.30 h na Praza Maior
Animación musical OS BIRUXES
- ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO - EL HECHIZO DE NORA

CONCERTO DE CLON MELA
Luns, 5 ás 20 h na Praza Maior

A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO
Martes, 6- a partir das 19 h na Praza Maior
Animación musical TERRAS DO ARENTEIRO
- ás 21 h na Praza Maior
CONCERTO de SOUL & ROCK

ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior

ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz

PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo

DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior

FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior

FESTA DO PULPO
Domingo, 11- a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

1, Agosto 2024

Xuntáronse catro un día no barrio de Flores

Eran os mellores desde barrio. A todos eles lles picou unha pulga negra coma o carbón e moi grande

Os catro de Flores mataron a pulga a paus e a meteron nun saco

Vai a pulga metida nun saco, vai a pulga pra a casa do concello pra que a vira o señor alcalde e os membros da corporación municipal

Vai a pulga metida nun saco camiño do concello e un concelleiro o vela disfrazouse de pulga pro carnaval de verán¡.

iAy, pulguiña xa non volve mais!, pero como está  no concello algún lumbrera do concello decidiu expoñela nunha vitrina no salón de plenos.

Vai a pulga metida nun saco, vai a pulga de camiño pra a casa do concello pra que a vira o señor alcalde e os membros da corporación municipal.

Vai a pulga metida nun saco e un concelleiro o vela disfrazouse de pulga pro carnaval de verán¡. 

 iAy, pulguiña xa non volve mais!

Aquela pulga era unha artista. Traballaba nun circo de pulgas e a ratos libres traballaba de socorrista na fonte do barrio de Flores

Iba unha parella con neno e a sogra paseando polo entorno da Veracruz e picoulles outra pulga que saltaba de can en can. Era unha pulga negra coma o carbón e moi grande

E foi a sogra e matou a pulga  a paus co bastón e entre todos a meteron nun saco

Vai pulga metida nun saco, vai a pulga pra a casa do concello pra que a vira o señor alcalde e os membros da corporación municipal

Vai a pulga metida nun saco. Vai camiño do concello e un concelleiro ao vela disfrazouse de pulga pro carnaval de verán¡.

Aquela pulga era unha artista. Traballaba de chapistae agora era socorrista nas piscinas municipais.

 iAy, pulguiña xa non volve mais!, pero como está  no concello algún lumbrera do concello decidiu expoñela nunha vitrina no salón de plenos.

Agora son dúas pulas as que se expoñen nunha vitrina no salón de plenos. O concello a vista deste acontecemento ten en mentes facer a Festa da Pulga....¡¡Ay que cousas pasan no Carballiño!!!

Vai pulga metida nun saco, vai a pulga pra a casa do concello pra que a vira o señor alcalde e os membros da corporación municipal

Vai a pulga metida nun saco camiño do concello e un concelleiro o vela disfrazouse de pulga pro carnaval de verán¡.

 iAy, pulguiña xa non volve mais!

Post Data: Señores e señoras do concello poñan fin a praga de pulgas o haberá que levarlles as pulghas en sacos para que as expoñan en vitrinas no selón de plenos.

 

 

 

1, Agosto 2024

As Xornadas de Folclore volven un ano máis á provincia nun dos eventos máis esperados do verán cultural ourensán, que nesta 39 edición contará coa participación de seis agrupacións folclóricas procedentes de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán.

No Carballiño o festival terá lugar o sábado 17 de agosto a partir das 22:30 horas, na Prza Maior. Neste dia actuarán no Carballiño as agrupacións procedentes de México, Senegal e Panamá.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o director das xornadas, Julio Fernández Senra, explicaron esta mañá no Pazo Provincial os detalles dun evento que se celebra en Ourense desde o ano 1984.

César Fernández destacou na súa intervención a importante resposta do público, cunha media aproximada de 25.000 espectadores grazas a ese carácter itinerante pola provincia, permitindo coñecer as manifestacións folclóricas doutras culturas, "sempre moi enriquecedor para unha terra como Ourense, tamén cunha tradición folclórica e etnográfica moi importante". Un festival "de máxima calidade" do que destacou ademais a cooperación institucional a través da "colaboración permanente" da Xunta de Galicia, agradecendo tamén ao director das xornadas e a toda a organización o enorme traballo para lograr a "excelencia artística".

Pola súa parte, Anxo Lorenzo subliñou que con estas xornadas enriquécese o panorama galego, "xa de por si rico", de manifestacións do folclore da cultura tradicional, ofrecendo cada ano unha visión do folclore doutras partes do mundo, o que resulta "todo un luxo e un privilexio". Felicitou ademais á Deputación e á organización por apostar pola descentralización da cultura, ao facer chegar estas xornadas a case unha vintena de puntos da provincia.

Xulio Fernández quixo recoñecer o gran labor que hai detrás deste evento, citando a coordinación de Xabier Álvarez, aos guías e voluntarios que traballarán a diario cos máis de 170 artistas que actuarán na provincia, aos directores dos centros de acollida e "a implicación da cidadanía nun espectáculo de máximo nivel e de referencia en España".

Dous espectáculos por noite en dúas vilas da provincia A Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, organiza este festival coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta e dos diferentes concellos que acollen este evento.

Durante a súa celebración, cada noite haberá dous espectáculos en dúas vilas diferentes da provincia protagonizados en cada lugar por tres agrupacións, agás na cidade de Ourense e en Ribadavia onde actuarán os seis grupos. Así, a programación desta edición comezará o 12 de agosto no Teatro Principal coa cerimonia inaugural e prolongarase ata o 21 de agosto con actuacións nas vilas do O Barco de Valdeorras, Celanova, Maceda, Verín, Entrimo, Viana, A Rúa, Allariz, Trives, Carballiño (Dia 17) Castro Caldelas, Xinzo, Manzaneda, Bande, ademais de Ourense cidade e Ribadavia.

Os encargados de espallar a súa música, baile e tradicións pola provincia de Ourense serán 173 artistas das seis agrupacións: Colombia (Fundación Ballet Folclórico de Nobsa Colombia), México (Ballet Folk. Instituto Tecnológico de Celaya), Panamá (Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folklóricas), Serbia (Kud Srem), Senegal (Ballet Jammu) e Taiwán (Yuan Yuan Dance Group). O Centro Residencial Docente de Ourense e o IES Universidade Laboral serán as instalacións que acollerán aos grupos participantes durante a súa estadía na provincia.

31, Xullo 2024

Paréceme moi boa idea meter as pulgas de Flores e do entorno da Veracruz en un saco e soltarllas no concello os da coalición PPPSOE haber si así, levandolle ali o problema o solucionan, Iles onde está o problema non se molestan en vir, pois andan moi ocupados cos seus soldos, sillóns e fotiños pa galería. Está coalición xa empeza a cheirar xa casi tanto como os contenedores q se atopan na rua desprendendo cheiros insoportables.

31, Xullo 2024

Na veracrúz temos o mesmo problema, xa están más que avisados.

Pero están moi ocupados sacando fotiños.

Vai haber que lle sacar unha foto con un fumigador e unha pulga, igual así veñen a ver o problema e solucionalo.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS