
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o seu homónimo da Comune de Noventa Padovana, Marcello Bano, firmaron esta mañá o convenio para oficializar o irmandamento de ambas localidades, ás que une o pulpo.
Ao acto tamén asistiu o consigliere de Noventa Padova, David Iafelice; o tenente de alcalde, José Castro; os concelleiros Francisco Fraga, Rosa Fuentes, Sofía García, Alberto Otero e Lorena Castro; a vereadora de Turismo de Alijó, a localidade portuguesa tamén irmandada co concello, Sónia Andrea Rodrigues Peereira Pires; a secretaria da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, María del Mar Lage, e o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez, moitos deles en condición de integrantes da Comisión de Irmandameto.
A través da firma deste convenio propóñense establecer relacións fraternas e de cooperación nos ámbitos da gastronomía, enoloxía, turismo, comercio, cultura, deporte, educación e mocidade. Ambas partes desenvolverán as seguintes accións de relevancia internacional:
-Fomentar o intercambio de iniciativas dirixidas a promover o turismo e, en particular, o turismo enolóxico e gastronómico.
-Reforzar a promoción e a colaboración entre as empresas do sector agroalimentario e turístico.
-Fomentar o intercambio de visitas estudiantís, que inclúan actividades deportivas e culturais.
-Organizar visitas periódicas das respectivas delegacións, coa finalidade de consolidar as actividades arriba indicadas.
Unha delegación desta vila italiana próxima a Venecia xa presenciou onte a preparación da tapa máis grande do mundo buscando inspiración para a Fiera do Folpo, unha celebración que tamén rende culto ao cefalópodo e que aspira a lograr a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, un recoñecemento do que xa presume O Carballiño dende o ano 2022.
O Concello carballiñés devolverá a visita no mes de outubro, coincidindo coa celebración da Fiera do Folpo. Foi no mes de abril cando Iafelice, impulsor da iniciativa, xunto coa presidenta del consiglio comunale, Marguerita Franceschi, mantiveron unha videochamada coa alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, na que sentaron as bases desta unión.
Despois de que onte O Carballiño engrandecese a súa historia ao preparar unha tapa de pulpo de 590 quilos e bater un novo récord do mundo, a programación seguirá ata o domingo, o día grande da Festa do Pulpo.
ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo,11- a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO
Denuncio o exceso de fotos de propaganda barata nos medios dos nosos gobernantes municipales PSOE refuerzo PP e a falta de limpeza e abandono total das nosas rúas e prazas q fan q nos día vergonza sair a pasear as rúas cos nosos invitados estes días da semana grande do pulpo. Menos fotos pa galería e mais e millor limpeza das ruas. Póñanse as pilas srs de todo polo Carballiño

Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño engrandeceron a súa historia na Praza Maior e con centos de persoas foron testemuñas. Neste escenario, e coa música de Terras do Arenteiro, elaborouse unha tapa de pulpo de 590 quilos e as talladas foron cortadas nun prato de 5,37 metros de diámetro, batendo un novo récord mundial. Para a súa preparación tamén foron necesarios 50 litros de aceite, 7 quilos de sal e 3 de pimentón.
A Festa do Pulpo chega a súa edición número 62, que se dedica á Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga das galegas. É o terceiro ano que goza coa distinción de festa de interese turístico internacional. Coincidindo con esta celebración, os pulpeiros e pulpeiras elaboran dende o 2010 a tapa máis grande do mundo, batendo sucesivamente o seu propio récord, coa excepción do ano da pandemia. Aquela primeira tapa foi de 126 quilos, cortada nun prato de 2,20 metros de diámetro. Se naquela ocasión foron 6 pulpeiros e pulpeiras os protagonistas, nesta ocasión superaron a trintena.
Tamén coa Praza Maior como escenario estaba previsto, a partir das 21.00 horas, o concerto de Soul&Rock. O programa de actividades da Festa do Pulpo esténdese durante 15 días, ata este domingo 11 de agosto, cando no parque municipal haberá pulpeiras e tabernas para atender aos miles de visitantes.
Este é o programa detallado para os próximos días:
ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo, 11 - a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

Cando estamos a punto de conseguir a gran “hazaña”, do record do mundo mundial, da tapa mais grande do mundo, con periodistas, radios e televisións, que nin os xogos olímpicos de París, así lucen as rúas do Carballiño, suciedade e cheiros, imaxe propia de países terceiromundistas.
Ata cando se vai consentir o abuso e a falta de civismo permitido aos hosteleiros, que veñen facendo o que lle peta, incumprindo sistematicamente as ordenanzas municipais e que, aínda que non sexa mais que por vergonza, dignidade e respecto á saúde pública, non se molestan en limpar o espazo público que ocupan?
E menos mal que para esto chegaban ao goberno municipal a tropa de reforzo do PP, que seica que ao día seguinte de entrar no goberno iban a revolucionar o pobo e deixalo “niquelado” en poucos días (palabras textuais).
O 11 do equipo do goberno, os do “todo polo Carballiño”, teñen aquí unha boa oportunidade. Salgan armados con cepillos, cubos de lexía e desinfectantes a fregar as rúas e así, polo menos, xustificarían os seus salarios e os veciños poderíamos pasear os nosos invitados polo pobo sin que nos caia a cara de vergonza.
A Avenida de España, a praza da verdura? A rua dos xardíns? O p parquim do Arenteiro? Estas rúas viñan onte no diario a region como zonas de fácil aparcamento,non seis si algún carballiñés aparcou algunha vez en esas zonas. Quén lle pasariia esa información a Ise panfleto? Non sería o alcalde?non me extrañaría co ben q íl coñece as rúas do Carballiño.Cando non sabía ou non lle interesaba saber q a rua Ourense empeza no cruce con Otero Pedrayo e non na rotonda pequena xunto a fisaide como íl dicía. Sóo faltou q o panfleto nos venderá aparcadoiro fácil nas ruas Francisco Fumega e Argimiro Marnotes. Os dous artífices da coalición nunca vista no Carballiño ; ben merecían unha rua de fantasia asinada polo panfleto
.A disfrutar das novas rúas do Carballiño
Xa se nota a coalición PPPSOE. Q BARBARO!!O que pasa no Carballiño non pasa en ningún lado
Que pasa con el abuso de terrazas , sobre todo en los soportales, 7, el total de actuaciones enfrente de estas terrazas, gaiteiros que ruedan sobre el mismo eje y actuaciones fijas hacia la terraza, sera por locales para repartir, o hay que pagar el poner en cristaleras publicidad , en los balcones, o llegado su momento, publicidad electoral.
Y otro tipo de locales que se saltan licencias, y con musica en el exterior.
Resumiendo, una verguenza caciquil y nadie dice nada.

Pola súa enorme contribución durante 40 anos á celebración da Festa do Pulpo como coordinador da agrupación de Protección Civil, O Carballiño rendeu homenaxe a Juan Míguez. Foi nun emotivo acto celebrado esta mañá na Casa Consistorial e no que estivo acompañado por decenas de veciños e veciñas e compañeiros dos equipos de emerxencias que quixeron mostrarlle o seu agarimo nun día tan especial.
O alcalde, Francisco Fumega, subliñou que Juan Míguez, “a alma mater” da Agrupación de Protección Civil do Carballiño “traballou con tesón por este pobo” e insistiu en que a Festa do Pulpo non sería posible sen o seu traballo na elaboración do Plan de Seguridade:“ El sempre estivo ahí, sempre disposto a axudar”. Por todo isto a agrupación de voluntarios do Carballiño serviu como modelo para toda Galicia. Fumega entregoulle unha placa gravada e a figura dunha pulpeira.
Juan Míguez veu nacer a agrupación de voluntarios nos anos oitenta, cando se uniu a outros mozos do Carballiño con vocación por axudar. Así o lembrou el mesmo na súa intervención: “No ano 1983 botamos a andar con algúns voluntarios e na festa do setembro fixemos o noso primeiro servizo”.
Míguez tamén explicou que “o motivo de integrarme foi o meu interese polos radioafeccionados e a súa labor no desastroso accidente dos Alfaques, xa que naquelas non había móbiles e foron eles os que coordinaron os servizos sanitarios para trasladar ás vítimas”. O homenaxeado agradeceu ao Concello este recoñecemento e fixo unha mención especial “aos seus centos de compañeiros que ao longo destes anos pasaron pola agrupación”.
José Oliver, xefe do servizo de Emerxencias de Ourense, explicou que “falar de Juan Míguez é falar de palabras maiores en Protección Civil, medalla de prata do mérito de Protección Civil, profesor da Academia Galega de Seguridade e un exemplo a seguir”. Tamén subliñou que “o operativo de seguridade da Festa do Pulpo sería inconcibible sen Juan Míguez”.
Nesta mesma liña, o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, asegurou que “a homenaxe que lle brindamos a Juan Míguez é máis que merecida”.
Vendese a bombo e platillo os obradoiros de emprego como si fueran la panacea pero a triste realidade e que so sirven para facer favores e levar a cabo alguns arranxos vistosos nalgunhos casos, en lugar de enseñarlle o oficio os participantes, e que alguns pasan boa parte do obradoiro de baixa.
Seguen as redes clientelares para irse mantendo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou en San Amaro o local social da parroquia de Santa María das Neves de Grixoa, reformado para uso da veciñanza a través do obradoiro de emprego dual Arrieiros IV, especializado en traballos forestais e de albanelería e que fai servizo a distintos municipios desta comarca do Carballiño.
Alí puxo en valor o papel destes obradoiros na formación teórico-práctica para mellorar a empregabilidade das persoas participantes ao tempo que contribúen a mellorar servizos para a cidadanía nas zonas rurais. O conselleiro, que estivo acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, e polos alcaldes de San Amaro, Fernando Rodríguez, do Irixo, Susana Iglesias, e de Beariz, Manuel Prado, explicou que estas iniciativas, financiadas polo Goberno galego, tamén reforzan a colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e as entidades locais como, por exemplo, os da contorna do Carballiño.
Neste caso, o obradoiro Arrieiros IV beneficiouse dunha achega da Xunta de máis de 530.000 euros para o seu funcionamento, que abarca a 20 persoas ás que agradeceu e felicitou polo seu labor. Este alumnado realiza labores de conservación e mellora de montes, repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, de rehabilitación de instalacións interiores, entre outros.
No caso do concello de San Amaro, ademais da rehabilitación do local social de Santa María das Neves de Grixoa, o obradoiro abarca outras actuacións como a plantación de frondosas na parcela dos Cotos e no concello do Irixo inclúe accións de roza e sinalización no camiño Nós, no campo de fútbol, limpeza e roza de núcleos de poboación e de pistas forestais. A maiores de formarse e realizar un traballo de interese público remunerado, estas persoas poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, explicou o conselleiro, bríndaselle a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas por un mínimo de tres meses.
Nestes tempos que corren nas que as pulgas fan das súas en diversos barrios do Carballiño picando a propios e estraños e nos que un polbo xigante e radioactivo semella terse apoderado da casa do concello os hostaleiros da rúa principal seguen, outro verán máis, a cometer diversos abusos os que, lamentablemente, nos teñen afeitos ao chegar o período estival.
Parece que dende o concello trataron de regular a situación das terrazas do Carballiño obrigando aos estabelecementos hostaleiros a colocar un cartel informado do número de mesas coas que contan as súas terrazas, sen embargo, algúns hostaleiros desobedeceron esta obriga, xa que se negaron a poñer o devandito cartel, pero, por desgraza, esta non é a única obriga que se incumpren, pois certos estabelecementos dedícanse a incumprir, descaradamente, os horarios de peche permanecendo abertos ata as tres da madrugada de luns a venres. Se ben houbo algún día nos que un destes estabelecemento estivo aberto, nada menos, que ata as cinco da madrugada.
Certo é que que en verán aos estabelecementos de hostalería se lles permite pechar máis tarde, pero o que están facendo certos hostaleiros é un abuso. ¡¡Ven se ve que a algúns as normas lles traen sen coidado!!!. Desafortunadamente, este problema ven de longo sen que dende o concello se faga nada para cortar este problema de raíz. O que habería que facer, se houbera vontade, era obrigar a tódolos establecementos de hostalaría a colocar nun lugar ben visible o cartel co número de mesas das que dispón e se colocan máis mesas das que solicitan multalos e en caso de reincidir pagar unha multa e retirarlles a licenza de terraza de inmediato. En canto ao incumprimento de horarios a policía municipal ou o concello deberían elevar un expediente sancionador ao subdelegado do goberno ou a quen corresponda para que actuara en consecuencia.
Lamentablemente isto non pasará porque ao actual alcalde só lle quedan dous anos de mandato e os do PP cun ano de mandato tampouco farán nada por poñer fin a estes abusos salvo que fagan coa alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Mentres tanto teremos que seguir aguantando os abusos dos hostaleiros da rúa principal esperando que as pulgas obriguen a estes estabelecementos a cumprir coas súas obrigas. ¡¡Isto non pasa nin en Uruguay, nin en Tumbuctú, nin en Bombay, nin en Paraguay, nin nas illas tropiciais do Océano Pacífico!! ¡¡Isto só pasa no Carballiño!!. Eche o que hai.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »