30, Agosto 2024

O Festival céltico de San Amaro que chega este ano a súa terceira edición xunta na noite deste sábado dia 31 de agosto, a partir das 21:30 horas aos grupos Zurrumalla e Leira Buxo.

Xa o domingo dia 1 de setembro, a 2ª Festa Galaica -un dia na Cidá- ofrécemos 12 horas de actividades, entre as 11:00 e as 23:00 horas no Castro de San Cibrán de Lás.

Consulta toda a programación abrindo o seguinte enlace:
https://sites.google.com/view/festagalaica/horarios-e-programa

29, Agosto 2024

Menudo fato de personaxes que temos no Irixo, a realidade superou a ficción e isto xa parece o cañaveral de pasión. Aos veciños non nos interesan as polémicas e as trapalladas que vos traedes entre os grupos de goberno. So ides a radio a poñervos verdes uns aos outros.
Que ides querer arranxar e facer no concello, falades de achegar posturas e de trapalladas e estades unhos ao lado dos outros e nin a cara vos mirades ou que pensades, que a xente somos parvos e non vos vemos os xeitos e as maneiras.
A xente elixiu un cambio no Irixo por o maleante que tivemos por alcalde os 3 últimos anos, e o cambio foi de peor a moito peor. Unha vergonza, fracaso total.
Ahora aguantar estes anos que nos quedan e despois esperar que se presente alguén que convenza e que de verdade queira traballar para mellorar o Irixo.

28, Agosto 2024

A orquestra máis famosa de España, a galega Panorama, volve a O Carballiño para actuar na Praza da Veracruz, dentro da programación das festas patronais, e farao o martes 17 de setembro, que será dia festivo local no concello do Carballiño.

Dase a circustancia que será a cuarta visita deste verán da Panorama a nosa comarca, ningunha outra de Galicia suma tantas actuacións da famosa orquestra este ano. En xullo visitou por dúas veces o concello de Boborás, actuando en Cameixa e Feás, e despóis xa en agosto a Panorama actúou na parroquia das Neves de Grixoa, no concello de San Amaro.

Ademáis da orquestra Panorama, o San Cibrán carballiñés contará este ano con outras orquestras, entre elas La Fórmula, charangas, bandas de música, e a actuación estelar da cantante galega Guadi Galego.

27, Agosto 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, comprobou esta mañá o avance das obras de ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, do Carballiño. Unha actuación que, como explicou, conta cun orzamento de case 2,5M€ co fin de dotar o centro de mellores espazos e equipamento para os ciclos de FP e permitir un incremento de prazas.

Durante a visita, o representante da Xunta anunciou tamén un investimento de case 6M€ -cifra que se multiplica por catro con respecto ao ano 2023- para dotar aos centros de toda Galicia de FP da tecnoloxía máis punteira. Entre eles, detallou, atópase este instituto ourensán. O Instituto Manuel Chamoso Lamas é un dos 140 centros beneficiados, cunha inxección de 64.000€ para un paquete de dotación que inclúe unha equilibradora e unha desmontadora de rodas, un equipamento de ensaio mediante ultrasóns ou un brazo de robot colaborativo con controladora, entre outra maquinaria.

En canto á ampliación do centro, ao abeiro do Plan de Nova Arquitecta Pedagóxica constrúese un novo edificio anexo para albergar talleres e aulas de FP, con especial atención aos ciclos da familia profesional de Soldadura e Caldeiraría. Cómpre salientar que estas ensinanzas se implantaron no centro precisamente pola demanda dos traballadores das empresas do metal da área empresarial do Carballiño. Novo edificio de 1.581m² A superficie total do novo volume será de 1.581m². No andar superior habilitaranse tres novas aulas, ademais de aseos, almacén, conserxería, vestíbulo e distribuidor. No andar baixo localízanse os talleres de mecanizado e soldadura, vestiarios, espazos de almacenamento, cuarto de telecomunicacións, distribuidor, vestíbulo e recepción.

As obras están xa en marcha, con traballos iniciais de escavación, e a previsión é que o novo edificio entre en funcionamento no curso 2025/2026. O instituto conta con preto de 450 alumnos, dos que máis de 160 son de Formación Profesional. Para o curso 2024/25, a Xunta incorpora á súa oferta o ciclo de FP Básica de Mantemento de Vehículos. Ademais, o centro conta cos ciclos de FP Básica en Electricidade e electrónica, os ciclos de grao medio en Xestión administrativa, en Instalacións eléctricas e automáticas e en Electromecánica de vehículos automóbiles. Na modalidade dual intensiva oferta proxectos nos ciclos de grao medio en Electromecánica de maquinaria e de Soldadura e caldeiraría, así como nos de grao superior en Automatización e robótica industrial e en Robótica colaborativa.

Outras obras no Carballiño

Ademais desta obra de gran envergadura, no marco do dentro do novo Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola a Xunta está a executar este verano outras actuacións de pequena reforma e mellora en centros de ensino do Carballiño por importe de preto de 50.000, en concreto no Colexio CEIP Calvo Sotelo e no Instituto IES Nº1.

27, Agosto 2024

¿Alguén ten reparado nos patinetes dos repartidores das empresas de comida do Carballiño que van en patinete eléctrico polas rúas da nosa vila para facer o reparto?. Pois ben estes repartidores teñen o mal costume de facer o reparto a velocidades excesivamente altas no só pola rúa Principal, se non tamén polo resto das rúas do Carballiño constituíndo, polo tanto, un perigo tanto para os transeúntes como para os vehículos que transitan polas rúas. Eso cando non lles dá por circular polas beirarúas lugar por onde non deberían circular, xa que este tipo de vehículos deberían circular pola rúas como lles corresponde.

27, Agosto 2024

Casi todos los días por la noche pasa algún coche a gran velocidad por el centro del pueblo y nadie dice nada? La policía no lo escucha?

Cualquier día va a haber una desgracia el solo o q atropelle a alguien q camine tranquilamente.

No sé quién pueda ser "máquina" q lo hace.

 

26, Agosto 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a ampla tradición, a calidade e o apego á terra que caracterizan os viños do Ribeiro. Na súa intervención, como pregoeira, na XXXIII Festa da Vendima de Leiro, a titular de Medio Rural sinalou que “o viño é inseparable da celebración” en Galicia e especialmente “nun momento tan sinalado para os viticultores e adegueiros como é o da colleita da uva”.

Nesta liña, Gómez puxo en valor que só na denominación de orixe Ribeiro (a máis antiga de Galicia) hai preto de 1.600 viticultores e máis de cen adegas. Ao tempo, animou a festexar “a moita riqueza que atesouran as súas vides”, grazas -dixo- “á combinación do saber facer dos agricultores cunha terra de extraordinaria calidade e cun clima particular”.

Todo isto, engadiu, confire ao Ribeiro unhas características únicas e permite que os seus viños respondan a “unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes, ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais”. Precisamente, a conselleira puxo de relevo o valor de castes como Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao ou Sousón, propias desta DO e que propician que estes viños teñan unha personalidade.

Ao mesmo tempo, Gómez reafirmou a aposta da Xunta polo sector vitivinícola galego e polo fomento da súa calidade. Neste sentido, lembrou as diferentes liñas de axudas para reestruturación e reconversión de viñedo, para promoción do produto ou para elaboración e comercialización de viño. Asemade, salientou que os produtores, as adegas e o consello regulador do Ribeiro “sempre van ter na Xunta o seu aliado para defender os intereses dun produto que é calidade e idiosincrasia de Galicia”.

En parecidos termos, a conselleira trasladou que o Goberno galego apoia os consellos reguladores e está desenvolvendo unha estratexia sectorial que potencia todas as facetas vinculadas co viño, desde a propiamente enolóxica ata a turística, pasando pola patrimonial ou paisaxística.

23, Agosto 2024

A vila de Leiro celebra esta fin de semana –sábado 24 e domingo 25- de agosto a 33 edición da Festa da Vendima, declarada como festa turística de interese galego.

A programación de actividades comeza o sábado pola tarde, ás 17:00 horas cunha Festa infantil para a cativada na Praza da Igrexa de Leiro e continuará ás 21:00 h. coa apertura da Mostra de Viños do Ribeiro no parque do Salgueiral, na que participarán 14 adegas da DO Ribeiro.

O dia grande será do domingo, con concursos de acios e o Gran Desfile de Carrozas ao mediodía pola rúa Principal de Leiro, tamén haberá desfile de charangas e coches clásicos. No parque do Salgueiral, no que se ubicará o Mercado de Artesáns e serviráse o Xantar Popular a partir das 14:30 horas. Pola tarde, será a entrega de premios, despóis o Festival de Corais da Vendima ás 20:00 h. na igrexa parroquial de S. Pedro de Leiro, e a fin de festa a partir das 22:00 h, de novo no Salgueiral, coa actuación do grupo A RODA.

No audio adxunto podes escoitar o programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño dedicado ao concello de Leiro coa última hora da Festa da Vendima con Ramón Álvarez, asi como tamén as entrevistas co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, que aborda a actualidade municipal. Mentres, o propietario do NOVOCINE de Leiro, Ernesto Romero, deu a coñecer unha iniciativa pioneira e única na provincia de Ourense que incorporará o NOVOCINE de Leiro, a retransmisión en directo de OPERA.

Escóitao no PODCAST de COPE O Carballiño:

22, Agosto 2024

Dende Espazo Común levamos tempo reclamando que o Concello do Carballiño mellore
sustancialmente no capítulo de axudas para libros de texto e material escolar coma un incentivo máis para a captación e fixación de poboación.

Son moreas os concellos grandes e pequenos que facilitan ás familias un importante apoio á hora da educación dos seus fillos en cuestións coma a conciliación ou o apoio económico para os multiples gastos que teñen que afrontar nestas datas.

Sen embargo, o goberno do Carballiño segue facendo o que mellor sabe facer. Vender titulares e fotos e non facer nada para axudar ao cidadán.

Hai un ano, o agora socio PP apoiaba, contra toda lóxica, a suba de soldos de Fumega e os seus concelleiros a cambio de, entre outras cousas, que se aumentara a partida de axudas para material escolar nos orzamentos a 60.000 €.

Uns meses despois vendeuse na prensa que esta suba ía ir só ata os 50.000 e para non defraudar, finalmente a modificación foise ata os 45.000 €. O rigor nas cifras é unha broma para esta xente.

Pero a tomadura de pelo acada tintes astronómicos cando vemos como se desenvolveu a xestión destas axudas e deste orzamento.

Os beneficiarios foron recoñecidos en abril do 2024¡ Co curso xa case remtado. E o que é moito peor, deses 45.000 € que nos venderon e que propiciaron o apoio do PP á suba de soldos dos seus colegas do PSOE, só se adxudicaron 4.500 €. Un 10 %. O resto pasou a formar parte dese aforro que despois vende Fumega e que dilapida en asfaltados deficientes.

É tempo de dicir BASTA¡ a este tipo de prácticas de engano masivo.

O Grupo Municipal de Espazo Común faise eco da demanda de gran parte da veciñanza e exixe ao goberno do PP-PSOE que anuncien xa as bases para este curso e que dean tódalas facilidades posibles ás familias do Carballiño para poder contar con ese tan necesario apoio nestas datas.

22, Agosto 2024

O Partido Socialista de Leiro quere saír ao paso do bando municipal do 19/08/2024 no que o señor Alcalde pon de manifesto o valor da auga como un ben escaso e esquece lembrar que é un ben, tamén, de primeira necesidade, para logo solicitar dos veciños un consumo respectuoso da auga.

Os Socialistas de Leiro consideran unha tomadura de pelo por parte do señor Alcalde aos veciños de Leiro, cando sabe por datos oficiais do concello, que os veciños sempre tiveron un consumo responsable da auga e que o único irresponsable foi el, como xestor e único responsable municipal do bo funcionamento do servizo de auga en Leiro.

Segundo os datos oficiais do concello de Leiro entre 2015 e 2021 abastecéronse 1.508.088 M3 de auga e consumíronse polos veciños 535.087 M3, lanzando unha fuga de 973.001 M3, foxe froito da mala xestión da empresa concesionaria e do inexistente control por parte do señor Alcalde, como responsable municipal de garantir aos veciños unha xestión eficaz e eficiente do servicio da auga e das taxas que pola auga pagan os veciños.

É dicir entre 2015 e 2021 abastecéronse unha media de 215.441 M3 por ano, para un consumo medio anual de 76.441 M3, dando como consecuencia unha fuga media anual de auga de 139.000 M3.

Os Socialistas de Leiro acusan o señor Alcalde de mentir e manipular a información da auga facilitada aos veciños nos medios de comunicación ano tras ano e sempre en por esta época.

Lembran os Socialistas que o señor Alcalde leva desde 2022 anunciando obras por máis de 340.000,00€, financiados pola Xunta, para reparar a grave fuga entre a captación do Viñao e a E.T.A.P do Viñao e que a día de hoxe non sabemos nada de nada. Tamén queremos lembrar ao señor Alcalde que o grupo socialista de Leiro está á espera de que lles facilite os M3 abastecidos e consumidos entre 2022 e 2023.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS