12, Agosto 2024

Este pasado domingo durante a celebración da Festa do Pulpo asistimos a novos abusos de certos estabelecementos de hostalaría. Vendo estes hostaleiros que podía facer negocio durante esta festa gastronómica non dubidaron en incrementar, descaradamente, o número de mesas das súas terrazas máis alá do que lle concede a licenza municipal ata tal punto que na zona dos soportais, enfronte da Praza Maior, chegou haber á tardiña, nada menos, que triple fila de terrazas!!!: unha nos soportais, unha segunda diante destes e unha terceira diante da anterior. 

Comprendo que a hostalería é un negocio e que no verán e cando poder facer o agosto, pero o que pasou este domingo é un claro abuso e unha violación flagrante das ordeanzas municipais que regulan a concesión das terrazas dos estabelecementos hostaleiros. Se un bar ou unha cafetería pide unha licenza  para instalar un número determinado de mesas o que non pode facer é incrementar ata o infinito e máis alá o número de mesas que lle concede a licenza municipal. Unha cousa é que ante a demanda de clientes se coloquen un par de mesas máis, pero eso non lle da dereito en modo algún a colocar a moreas de mesas ata máis non poder.

O que pasa é que a hostalería do Carballiño está moi mal acostumada, xa que dende o concello non se lle puxeron límites. Eso si!!! tampouco lle digas que incumpren a licenza municipal de terrazas incrementando o número de mesas que protestan e encima son os ofendidos e as pobres víctimas.

Para poñer fin a estos abusos habría que facer controis periódicos nas terrazas, especialmente, en días festivos, como onte obrigando aos hostaleiros a retirar o número de mesas que puxeron de máis e multándoos apicándolles unha multa en función dos metros cadrados ocupados polas mesas das súas terrazas e se reinciden retirarlles a licenza municipal de terraza ou reducirlla á metade. Así haberían de aprender a respetar as normas e a non cometer tantos abusos dos que ten boa culpa o concello do Carballiño por non pór freo ós abusos que cometen certos/as hostaleiros/as desta vila.

 

 

 

 

11, Agosto 2024

A 62  edición da Festa do Pulpo foi a máis calurosa que se recorda, O Carballiño rexistrou esta fin de semana temperaturas máximas de ata 38 graos, aínda que as altas temperaturas non impediron que a afluencia de visitantes -sábado e domingo-volvese ser multidinaria, e na liña dos últimos anos, unha festa que continúa a facerse cada vez máis urbana -coa hostalaría local practicamente colapsada- e con menos participación no parque municipal, onde está a Festa do Pulpo máis xenuína, a que conserva a súa esencia e identidade, con ambiente de romaría galega.

E outro activo da Festa do Pulpo, con miles de persoas abarrotando O Carballiño, apenas houbo incidencias. A Policia Local da conta dun par de persoas con pequenas lesións provocadas por caídaas, e os servizos sanitarios tan so atenderon a media ducia de persoas, con pequenas indisposicións.

O operativo de Seguridade e Emerxencias tivo unha xornada moi tranquila, un operativo no que participaron 150 efectivos, coordenados desde un posto de mando ubicado no propio parque municipal pola Axencia Galega de Seguridade, con 12 cámaras de vixilancia instaladas tanto no parque como na zona urbana. Neste plan de seguridade, participaron durante a fin de semana Policia Local, Policia Autonómica,  Garda Civil de Seguridade Cidadán e de Tráfico, con 13 vehículos, cabalos, motos e helipcótero, asi como ambulancias do 061 Urxencias Sanitarias, bombeiros, e Protección Civil.

O concello do Carballiño recibíu á representación institucional nunha carpa instalada á entrada do parque municipal, nun acoto previo ao xantar no recinto municipal. Neste acto, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recordou que a Festa do Pulpo "é a única festa gastronómica da nosa provincia que conta coa Declaración de Interese Turístico Internacional".

“Desde a Deputación estamos tremendamente orgullosos de apoiar ano tras ano, esta celebración contribuíndo así a poñer en valor a un dos maiores e mellores embaixadores da nosa gastronomía, maridado coa viticultura de calidade”, afirmou Luis Menor. Ao fío disto, salientou a idoneidade de dedicar esta edición á Denominación de Orixe do Ribeiro, “institucionalizando esa relación histórica entre dous produtos que se fusionaron en todas as celebracións das xentes das comarcas do Ribeiro e do Arenteiro e fóra delas”.

Na súa intervención, Luis Menor destacou a capacidade de atracción que ten a nosa enogastronomía, “un dos atributos máis valorados polo visitante dentro da nosa oferta turística, e que xunto ao termalismo, á natureza e ao patrimonio, conforman un dos recursos cabeceira de Ourense, a provincia termal, que tamén é unha das sinais de identidade do Carballiño”.

Tamén quixo felicitar ao Concello do Carballiño por traballar na cooperación con outros países, “como é o caso deste ano asinaron un protocolo de colaboración co concello italiano Noventa Padovana, xa que Italia é un dos países dos que Galicia recibe máis peregrinos”.

O presidente provincial felicitou ás pulpeiras e pulpeiros por ser capaces de transmitir “o seu saber facer de xeración en xeración desde hai séculos, e que conservan un valioso patrimonio inmaterial”. Unha felicitación que fixo extensiva a todos os que participaron un ano máis na elaboración desa xigante tapa de pulpo que logrou marcar un novo récord mundial.

Pola súa parte, en represntación da Xunta de Galicia, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou o potencial do produto na vila e comarca carballieñesa como “xerador de riqueza e emprego”.

Sinalando que o polbo forma parte da nosa identidade, o conselleiro aludiu á súa importancia cultural en multitude de romarías a través do labor das polbeiras, as que cualificou como referentes económicos desta contorna. Así, quixo ter unha lembranza para todas as familias que potencian cada día este sector.

Así mesmo, neste contexto tivo unha mención especial para a Gran Romaría Galega do Centro Galicia de Bos Aires á que asistiu hai un par de semanas, no marco da súa viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai.

Festas coma esa máis aló das nosas fronteiras ou como a que hoxe se celebra no Carballiño -segundo asegurou- falan da nosa terra e o mesmo se pode dicir do polbo. Unhas realidades que -apuntou- coñecen ben os emigrantes que noutrora marcharon de comarcas como as ourensás e que na actualidade “volven con forza, chamados por unha Galicia convertida en terra de oportunidades”.

Así, o titular de Emprego quixo lembrarse na súa intervención de todos eses galegos do exterior que seguen celebrando festas e apostando pola terra alá onde se atopen, con pratos de referencia como o polbo ou con viños como os do Ribeiro, en alusión á denominación de orixe vitivinícola homenaxeada nesta edición número 62 do evento.  

 

 

 

11, Agosto 2024

Asistimos un ano máis, á degradación e maltrato doutra festa tradicional. A que nalgún tempo era cita de reunión e encontro familiar, volve a ser unha romaría á que peregrinan zombis alcolizados, cargados con bolsas de supermercado chegados de tódolos puntos da península. 

Contribúen ó maltrato do maior espazo natural da vida, tan olvidado por tódolos políticos de turno, pra que catro sigan sacando beneficio económico a conta do de todos.

Fagan o favor e sexan cívicos, respeten e recollan a súa merda.

11, Agosto 2024

Anímome a escribir, porque vín na prensa destos días unha pequena mención o estado que presenta o espazo chamado polo concello "compostera". 

Neste caso hereda o problema Rosa Fuentes por parte do concello do Carballiño. Na reportaxe dise que se limpara nos próximos días. Iso sí aos veciñós mandan cartas que limpemos fincas antes do 31 de maio. Xa estamos en Agosto, van con calma.

O curioso e que fai non moito tempo, falaba nesta emisora o alcalde de Maside deste espazo, recoñecendo que non quedara nada ben e que non daban contactado ca empresa que realizou as obras.

A verdade é que o espazo é un auténtico esperpento. Non sei a quen se lle ocorreu a idea de facer iso ahí, porque non se consultou con ningún veciño. Mira que non hai necesidades que atender en Corzos sen tirar os cartos niso. Somos tan cavernicolas con isto da titularidade das fincas que levamos todo o ridículo. Ese espazo pertence tanto a Carballiño como a Maside. A división máis ou menos vai no sentido lonxitudinal a todo o longo da propiedade. Pois como é a Xunta a que paga e o terreo e dos dous concellos, non se lle ocorreu mellor idea que ubicalo ben centradiño cos lindes dos dous concellos, non vaia ser que vaia ter un máis anaco co outro. iso si sen importarlle para nada joderlle os rapaces o campo de futbol. O cal tíñamos grazas a Vila do Arenteiro que foi quen puxo as porterias. Non houbera sido mellor colocar iso, en algunha das duas cabeceiras sin joder o campo de fútbol. 

Unha pregunta a todo isto; de verdade quérennos facer creer que iso que fixeron custou 52.500 euros?

Os columpios mal montados, algúns incluso o revés. O chan de area? Onde está a base de caucho no parque infantil? Onde se viu nos tempos de hoxe facer un parque así.

De verdade que o responsable da Xunta vai firmar semellante trapallada e dicir que ahí se meteron 52.500 euros. Pode ir calquera os concellos veciños e ver os parques infantis que fan con 40.000 euros. Isto é unha tomadura de pelo.

Un último apuntamento: como ultimamente se levan tan ben Carballiño e Maside a hora de facer proxectos para recibir cartos doutras entidades, vese que para limpar pasa o mesmo cas fincas dos herdeiros compartidos, un por outro a finca sen limpar. Gústariame saber se tamén se van poñer dacordo en ser os responsables subsidiarios a partes iguais cando un rapaz se manque o petar os xeonllos contra o formigón das bases dos columpios que están tapadas con dous centrimetros de area ou haberá que traer un ingeniero para ver se o accidente ocorreu en Maside ou en Carballiño. 

Todo unha completa chapuza....

9, Agosto 2024

Buenos días, quiero denunciar como amaneció Craballiño hoy.

El olor a meo inundaba cualquier rincon del pueblo, desde ma Veracruz a la calle principal.

La suciedad es evidente desde hace días, pero ahora se vuelve nauseabunda . Pegotes por todo el centro, vayas a donde vayas se te pegan los pies al suelo. Los olores asquerosos y las ratas corriendo entre los contenedores.

Imagen lamentable. Para no volver

9, Agosto 2024

Un boleto do "rasca de verán" premiado con 50.000 euros foi adquirido polo afortunado cliente no posto de venda da ONCE sito nos soportais da Alameda do Carballiño, ao lado do Aparthotel Arenteiro.

Marta Pérez, a vendedora da ONCE que deu o premio comentou en COPE O Carballño que entregou o premio "a un home que non é cliente habitual, se o vexo recoñezoo, pero non sei máis da súa identidade, nin sei se é veciño do Carballiño ou doutro lugar da comarca, ou se é de fora".

En todo caso, a vendedora móstrase feliz por dar este premio "o máis importante que traballo na ONCE". Marta é natural e veciña de Maside e comezou como vendedora da ONCE en Ourense "e agora levo no Carballiño dous anos, feliz de traballar na casa".

9, Agosto 2024

A alerta por calor extremo da Axencia Estala de Meteodoloxía para mañá, 10 de agosto, obriga a retrasar ás 19.00 horas o inicio do Concurso de Camisetas da Festa do Pulpo, previsto para dúas horas antes. Ademais, e como medida de prevención, suspéndese o desfile dos participantes da Praza Maior á Praza da Veracruz, debido a que as temperaturas a media tarde poderían superar os 37 grados centígrados.

En cumprimento ás bases do certame manterase ás 17.00 horas a votación dos deseños na Casa Consistorial, se ben será a partir das 19.00 horas cando se realicen na Praza Maior as fotografías ás camisetas e se anuncie aos gañadores. Nesta ocasión son 80 as peñas inscritas neste certame que ten como obxectivo implicar á mocidade na celebración declarada de interese turístico internacional e que acada este mes de agosto a súa edición número 62.

Mediante este concurso seleccionarase o deseño da camiseta da Festa do Pulpo 2024 e este pode ser creado a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números ou calquera outro elemento gráfico. Iso si, a temática debe identificar a dedicación desta edición á Denominación de Orixe Ribeiro. Dende que comezou a celebrarse o Concurso de Camisetas, calcúlase que participaron ao redor de 40.000 persoas.

O primeiro premio será de 300 euros; o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. O resto das camisetas que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha.

O programa de actividades da Festa do Pulpo estendeuse durante 15 días, ata este domingo 11 de agosto, cando no parque municipal haberá pulpeiras e tabernas para atender aos miles de visitantes.

Esta é a programación detallada desde hoxe venres ata o domingo:

PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo

DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior

FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 19 h na Praza Maior

Domingo, 11- a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
- ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
- ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

8, Agosto 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles visitou hoxe xunto o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o novo albergue de Piñor, unha das últimas incorporacións á Rede Pública de Albergues do Xacobeo, que vén de incrementar a capacidade aloxativa na Vía da Prata.

Xosé Merelles puxo de manifesto a importancia da posta en marcha desta infraestrutura para seguir diversificando o Camiño de Santiago nos distintos itinerarios, de feito “esta ruta xacobea está medrando a un ritmo do 20% e se está especializando en peregrinos que veñen a cabalo”, expresou. Neste sentido, puxo de manifesto que o albergue responde a estas necesidades e explicou que o novo albergue conta con dous edificios que suman un total de 36 prazas, tres das cales están adaptadas para persoas con discapacidade e tamén un estabulo con 5 boxes e 3 cercados no exterior para garantir a atención e o descanso dos animais.

Así, no edificio principal sitúanse un total de 18 liteiras dobres con aseos, unha zona de recepción e atención ao peregrino, unha área de cociña e comedor, un dormitorio triple e baño adaptados para persoas con discapacidade e unha zona de lavandería e tendal. Segundo salientou o director de Turismo de Galicia, este albergue do Piñor súmase aos outros 14 situados ao longo de toda a Vía da Prata da Rede Pública de Albergues do Xacobeo, o que supón que oferta un total de 480 prazas neste itinerario xacobeo.

Xosé Merelles salientou ademais que a atención ao peregrino é un dos asuntos nos que traballa o Goberno galego polo que vén autorizar a licitación do novo contrato para o servizo de atención ao peregrino, limpeza e xestión de cobro nos albergues da Rede Pública de Albergues do Xacobeo e centros e puntos de información con vistas a estar preparados para o Xacobeo 27. A Xunta destina a este fin máis de 11,7M€ para os vindeiros dous anos. A empresa adxudicataria garantirá a atención ao peregrino, realizará o cobro pola estadía e atenderá os puntos de información que xestiona o Xacobeo. En total, ocuparase dos 79 albergues da rede pública.

7, Agosto 2024

Buen día,

Quiero denunciar sobre los parterres de la Clínica Alameda, hay que arreglarlos. Las malas hierbas están cubriendo la acera y la gente que va a la Clínica se puede caer.

Por favor, que hagan algo. 

¿Votos a cambio de nada? A TRABAJAR.

Las cosas solas no se hacen.

7, Agosto 2024

Bo día,

Paso a por a denuncia sobre o solar do Viñal. Desbrozaron un anaco grande pero a parte que da cara a Rúa Ourense, está sen desbrozar. Hay Unha silveira de gran tamaño, uns piñeiros e herba que come a beirarrúa. 

Que por favor fagan algo. Poden tropezar nenos, xente maior e caer nas silvas. Ademáis para pasar pola beirarrúa é complexo as malas herbas impiden o paso.

¡Fagan algo! ¡Que lle poñan unha multa ó señor propietariol! Penso que debería de entender que se ten un solar en propiedades, se ten que facer cargo del. Non é un neno de tres anos, é unha persoa adulta. Sen ánimo de ofender, pero paréceme unha persoa adulta con pouco sentido e xuizo. 

Menos mirar para un mesmo e máis pensar un pouco no beneficio de todos sin ser tan permisivos. 

O diñeiro non fai grande a unha persoa. O que te fai grande é ser un bo cidadán e unha persoa de ben.

¡Que fagan ou faga algo de utilidade! 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS