
Fumega anunciou a inminente adxudicación dun novo contrato para a limpeza viaria no concello do Carballiño, cunha licitación de 350 mil euros anuais e para os próximos catro anos. Co novo contrato ampliaráse o número de barredores, pasando dos 3 que realizan este servizo na actualidade aos 7 que o farán no futuro.
O alcalde rexeitou as útlimas críticas á súa xestión feitas por Espazo Común, tanto sobre o acordo de incremento da taxa da auga en base ao incremento do IPC, asi como as convocatorias da Mesa de Contratación do Ciclo Integral da Auga, acusando ao rexedor municipal de mentiroso por afirmar que estas convocatorias son públicas.
Ademáis, Fumega tivo tempo para atender as queixas, suxerencias e preguntas da audiencia de COPE O Carballiño.
Aquí podes escoitar íntegra a súa intervención deste xoves 23 de xaneiro nesta emisora de radio:

A localidade de San Paio (12 veciños) no concello de Maside manteñen viva a tradición da festa-romaría de San Pablo que desde tempos inmemorais celébrase nunha capela que este ano cumple 300 anos da súa construcción.
Este sábado 25 de xaneiro, e cunha gran carpa para o público que se achegue, actuará a partir da medianoite unha das orquestras TOP de Galicia, a Paris de Noia. Ademáis, antes pola tarde, procederáse á inauguración dun cruceiro doado por unha familia oriunda do pobo ás 6 da tarde, coincidindo coa procesión a última misa da novena.
O domingo, ademáis haberá misas durante toda a mañá, e solemne ás 13 horas, despóis a tradicional subasta de productos da terra e a XIV edición da Festa do Cocido, cun prezo por comensal de 23 euros. Amenizarán a xornada o grupo de música tradicional Feitizo de Pau e o Dúo Os Trasnos.

Adrián Fernández leva dez anos traballando como vendedor da ONCE na comarca do Carballiño, cunha ruta diaria de cinco días á semana por distintos puntos nos concellos do Carballiño, Maside e San Cristovo de Cea.
Acumula premios certamente relevantes, o último fai unhos diás no Bar Bardelás de Maside, no que vendeu un boleto premiado con 120.000 euros. Antes, nos últimos anos, na súa relación de premios están dous rascas premiados ambos con 500.000 euros, no Carballiño e San Cristovo de Cea, respectivamente.
Escoita aquí a entrevista a Adrián Fernández en COPE O Carballiño:

Un home, veciño do Carballiño e de 73 anos de idade foi encontrado morto a última hora desta mañá de lúns nun camiño entre a estrada de Pontevedra e o paseo do río Arenteiro, a escasos metros do barrio de Toscaña.
Varias patrullas da Garda Civil e Policía Local achegáronse ata o lugar do achádego, á espera de que o fixera o médico forense e as autoridades xudiciais para a autorizar o levantamento do cadáver e proceder ao se traslado para a practicarlle a autópsia e aclarar as circuntancias da morte.
Iste é o estado da depuradora de augas residuais de Mouriz.As privatizacións dos servizos públicos e para o seu mellor funcionamento..Ja Ja Ja....

Fátima Gómez, José Antonio Barge e Manuel Nogueira, participan xunto a Xan Pinal da terculia deste venres dia 17 de xaneiro de 2025.
Escóitaa aquí:
Onte foi anunciado un novo consello do BNG carballiñés para máis gloria da UPG local. Ese partido político, a Unión do pobo galego, que nunca foi xulgado polos votantes galegos porque para iso ten a vergoñenta cobardía de se agachar trala bonita marca do BNG. Onte, recurrindo o seu nutrido grupo de octaxenarios, septuaxenarios e outros xubilados ou case xubilados decidiron que o liderazgo de Sofía García era pouco productivo. Cabe pensar cómo vai ser productivo cando todo ese colectivo tan "activo e socialmente integrado" nunca, nunca, deron un paso para aportar ideas, traballo, apoio moral ou, sequera, os seus propios votos, a pesares da persistente disponibilidade de Sofía a recibír as súas aportacions. Xuntáronse depresa e correndo, sen dar voz nin explicación, explotando a posesión que manteñen das estruturas organizativas e que só usan para, coma neste caso, cortar a cabeza de quen non comulga e milita nas súa ideoloxía e, como pasa con Ana Pontón ou no seu día con Quintana, acada un liderazgo suficiente que escureza a súa coralidade, esa masa amorfa que non dá a cara mais que para fender ó medio calquera opción de medrar que teña o BNG, xa qué se o BNG medra igual perden o seu control, ou igual medra deixando de ser tan comunista e independentista como eles precisan que sexa.
E non deron a opción de construir un consello local no que ela ou algún membro do anterior consello puidese participar e aportar. E non deron a opción de recibir neste ámbito oportuno da Asamblea as merecidas explicacións que o Consello saínte reclamou pola súa expulsión. E non deron a cara, porque recurriron a figuras de emerxencia que o regulamento interno do BNG garda para situacións excepcionais e críticas. E non deron a cara porque a pesares de poder acadar o mesmo resultado cos seus medios preferiron agocharse nas saias do órgano directivo superior, Ourense, evidentemente tamén dirixido pola UPG. E non deron a cara porque aínda que o consello local contará agora cos máximos expoñentes da UPG carballiñesa, entre eles dona Áurea Francisco, consideraron que non quedaba ben poñela a ela á fronte, esa persoa que dilapidou o capital electoral do partido no 2011 e "se esfumou" sen demitir practicamente todo aquel mandato. E non deron a cara porque optaron por poñer á fronte a un exmilitante ou simpatizante do BNG e de outros partidos políticos que tivo no seu día a oportunidade de demostrar moito pero que tampouco fixo nada de nada polo BNG.
Ónde estaban estes anos nas moitas e sucesivas loitas nas que o BNG do Carballiño tivo que plantar cara a gobernos locais inoperantes ou mal operantes. Ónde estaban neste plenos municipais con cadeiras para o público valeiras ou ocupadas só por simpatizantes do PP, ESCO ou do propio PSOE. Ónde estaban cando se organizában concentracións, manifestacións e repartos. Ónde estaban nas campañas electorais, nos mitins, nas pegadas, nas megafonías, nas mesas, nas celebracións e nas derrotas. Alguén os viu? Non, estaban na cova.
Estes individuos só saben meter paus nas rodas e, a verdade, sábeno facer moi moi ben, levan case 50 anos a facelo: collen unha cara nova, deixan que coa sua sangue e esforzo alimente a árbore vella e medio podre da UPG e, cando esa pobre según eles, persoiña, acada certa autosuficiencia e pode chegar a poñer en perigo o seu control.... guillotina.
Ánimo Ana Pontón, que tí eres a seguinte

As carballas centenarias das Neves de Grixoa e Anllo veñen de ser obxeto dun auténtico arboricidio, unha poda salvaxe e totalmente desproporcionada. Os responsables deberían dar explicacións, entendo que o concello de San Amaro.

As traballladoras do SAF do concello do Carballiño, que xestiona a empresa GESMEDICAL DIS SL, volveron protagonizar esta tarde unha nova protesta na Praza Maior do Carballiño.
Aseguran que continúan os retrasos no cobro dos seus salarios e que aínda teñen pendiente a paga extraordinaria correspondente ao pasado mes de decembro.
Reparten responsabilidades entre empresa e concello "que continúan sen cumplir coas súas obrigas, ambos prometen semana tras semana e non cumplen", ademáis engaden que "traballadoras e usuarios do servizo continúan sufrindo a mala xestión da empresa e a falla de dilixencia do Concello do Carballiño, e o único que queremos é un servizo de calidade para os nosos dependentes eun traballo digno", remarcan as traballadoras.

A militancia carballiñesa do BNG ven de elixir un novo Consello Local que foi presentado no trancurso dun acto informativo na sede da formación nacionalista no Carballiño, no local das Galerías Magariños.
Unha comparecencia que contou coa presenza de de Lucía López Sobrado, Coordenadora da Área de Organización da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego, e no que tamén tomo a palabra o novo reponsable local Manuel Chan, ambos manifestaron que "comeza unha nova etapa na que o obxetivo é fortalecer a estructura do BNG tanto no Carballño como no resto dos concellos da comarca, gañar en presenza social e marcar a tendencia política tamén no ámbito local", subliñaron.
Como nova vicerresponsable do Consello Local do BNG carballiñés figura Áura Francisco Lorenzo, completando a composición deste órgano de dirección Eladino Cabanelas, Manuel Caíña, Elvira Fernández e Manuel Freixedo, este últimoen representación de Galiza Nova. Como suplentes quedan Luis Pérez "Ficol", Xulia Fernández e Andrés Fernández.
Neste novo Consello Local do BNG non figura a única concelleira que ten o BNG no concello do Carballño, Sofía García "porque queremos un BNG fortalecido, no que se repartan as responsabilidades ", manifestou o novo máximo responsable do BNG carballiñés, Manuel Chan.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »