16, Xullo 2024
16, Xullo 2024

Estamos igual que o ano pasado.

15, Xullo 2024

Suma e segue na relación de accidentes de tráfico con feridos que rexistra a estrada N-541, e máis en concreto ao seu paso pola comarca do Carballiño, o último, na tarde deste lúns e co resultado dunha persoa morta, un home de 67 anos de idade e con vecñanza na cidade de Ponferrada.

O accidente mortal tivo lugar no cruce desta estrada que da acceso á vila de Beariz, nas inmediacións do lugar de A Hermida, a vitima pilotaba unha moto e chocou contra un vehículo.

A persoa que deu aviso ao 112 informaba que o motorista estaba tendido na calzada e precisaba atención urxente, polo que de contado mobilizouse unha dotación do 061 Urxencias Sanitarias e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero pouco despóis confirmaron a morte da vítima.

Trátase do segundo accidente de gravidade nesta primeira quincena de xullo nesta estrada N-541, mentres os alcaldes e alcaldesas do Pacto de Pedre continúan reivindicando un plan para mellorar a seguridade nesta estrada, unha das máis perigosas pola súa alta sinistralidade en toda a rede viaria española, pero o Goberno continúa facendo oídos xordos a esta demanda tan xustificada.

15, Xullo 2024

Unha persoa alertou á Policia Local do Carballiño na madrugada deste pasado sábado dia 13, aportándolle os datos do modelo do vehículo e a matricula do mesmo, e asegurando que o conductor abandonara dous cans na Avenida do Parque do Carballiño.

Un dos animais foi recollido no mesmo lugar pola persoa que alertou á Policia Local, e o segundo dos animais foi encontrado un pouco máis tarde. Posteriormente, ás 03:45 horas, os axentes localizaron e identificaron ao conductor, que resultou ser un veciño do Irixo de 59 anos, e que recoñeceu aos axentes ter abandonados os dous cans.

Unha vez realizada a proba de alcoholemia, deu un resultado positivo, polo que foi proposto para sanción. Ademáis, foi detido como presunto autor deun delito de quebrantamento de condena, ao conducir  o vehículo tendo o permiso retirado por órden xudicial. Tamén foi denunciado por abandono de animais, o que lle pode acarrear unha multa entre os 500 e os 10.000 euros por cada animal.

A Policia Local tamén procedeu esta fin de semana á detención dun veciño de Boborás, de 37 anos de idade, que foi sorprendido conducindo un vehículo tendo o permiso de conducir retirado por orden xudicial, ademáis tamén foi sometido á proba de alcoholemia dando tamén resultado positivo.

E finalmente, tamén este pasado sábado, unha patrulla da Policia Local do Carbaliño levou preso a un veciño do Carballiño, de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero cometido contra a súa parella, que presentaba lesións nos brazos. A detención tivo lugar no mesmo domicilio.

15, Xullo 2024

Estamos para rematar o 2024 e dos 3 millons que se anunciara dende a diputación invertir en mellorras nos concellos termais da comarca non se veu ni un euro sobre os distintos lugares.O balneario de Berán permanece pechado,en Punxin fixeron unhas pozas de pena, carballiño ia facer un parque ludico termal e nada,os problemas do bañiño de arcos seguen ao baixar o caudal do río e Boborás fixera propaganda cun proyecto termal que ía facer un empresario e anos despois vese que segue todo abandonado.Vergonza lle debería dar aos políticos anunciar proyectos e melloras e logo sexa todo unha mentira, porque o termalismo que tanto ensalzan en Madrid e nas conferencias está nun estado de total abandono institucional.

14, Xullo 2024

Este domingo 14 de xullo de 2024, organizado por Roteiros de O Carballiño e Roteiros de Lalín, levouse a cabo a terceira etapa do Camiño a Santiago da Xeración Nós entre O Carballiño e O Irixo de 17 quilómetros.

A xornada partiu de Igrexa da Veracruz do Carballiño, cruzando o río Arenteiro pola ponte da Veiga,e continuand por Madarnás, A Esgueva, a Ínsua dos Poetas e xa no Concello do Irixo pasando por Coucieiro, a Capela da Pena da Sela, a Igrexa de Dadín, entrando no Irixo por As Laxas,con final de etapa no lugar da Ponte.

Corenta persoas participaron na actividade, que ademáis ao remate asistiron á festa gastronómica do Camiño Nós organizada polo Concello do Irixo, con desgustación de ovos con prebe e carne ó caldeiro que foi o menú que xantaron en 1926 Vicente Risco, Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sanchez e Monxardín na "Casa do Zapateiro" no Irixo.

A seguinte etapa será no mes de setembro entre O Irixo e Vilatuxe, con final no campo da feira dos Carballiños.

Desde a organización móstranse "encantados do resultado excelente que estamos obtendo facendo este Camiño a Santiago da Xeración Nós que ten moito que ofrecer".

14, Xullo 2024

O alunmado participante nos cursos do programa de promoción da participación social  dirixidos a pesoas inmigrantes recibíu os seus correspondentes diplomas que acreditan  a súa participación nestas novas accións formativas que ven de organizar o concello carballiñés no programa "Somos Migracións".

No acto estiveron os concelleiros Manolo Dacal (Industria e Turismo) e Lorena Castro (Promoción Social e Educación).

Os cursos finalizados foron os de competencia oral en galego e competencia oral en castelán, en ambos a participación completou as prazas dispoñibles. O concello do Carballiño continúa desta maneira apostando pola formación de cara a inserción sociolaboral e xa está a planificar novos cursos a partir do próximo outono.

14, Xullo 2024

Una verguenza el abuso y descontrol de terrazas que aumentan y aumentan cuanta mas gente hay sin que nadie ponga freno y molestando y abusando a los vecinos que usan la calle y tambien de noche quieren descansar. 

A ver si no abusan 4, los de siempre, que por lo que se ve los dejan . 

Ese gobierno nuevo, a ver que hace, pero ya.

12, Xullo 2024

A piscina de Boboras, que quedou bonita non so sirve para bañarse e pasalo ben, que tamen serve para iso va, pero o mais sorprendente e que xusto comezase a traballar de cociñeiro o exmarido da señora alcaldesa, ninguen dixo que fose ilegal de todo pero ben estas cousas non estan. En Boboras por sorte hai cousas que estan ben, pero tamen hai moita merda debaixo da alfombra, que terminara bordando.

12, Xullo 2024

O programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño, neste 12 de xullo emitímolo desde as novas piscinas públicas do concello de Boborás,

No mesmo, a alcaldesa Patricia Torres deu a coñecer importantes proxectos para promover desde o concello, entre eles o aproveitamento das edificacións da antiga estación de Renfe de Boborás a través dun convenio de aluguer co Adif ou a construcción dun Tanatorio Muncipal que se ubicará na chamada "casa do cura" na Almuzara, tamén por medio dun convenio de colaboración, neste caso co Bispado da Diócese de Ourense.

Ademáis, neste programa tamén podes escoitar a a Jhony Trigás, emprendedor local de "Terras de Boborás", a Silvia Gómez que xerencia o café-bar das novas piscinas boborenses, ou Agustín Vila da asociación "1809, A Batalla", que se celebra esta fin de semana en Pazos de Arenteiro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS