Os comedores e terrazas dos restaurantes da hostelería local cheos e as rúas do Carballiño convertidas en comedores ao aire libre, a festa do pulpo séguese facendo cada ano que pasa un pouco máis urbanita, ésta é a tendencia dos últimos anos e que volveu poñerse de manifesto nesta edición de 2019.
E cada ano que pasa tamén pode constatarse que cada vez son máis as familias carballiñesas que celebran o xantar no propio domicilio.
Aínda que a esencia da festa, o ambiente de romaría, hai que seguir buscandoo no parque municipal, o certo é que o número de caldeiras de pulpo repartidas polo casco urbano xa superan ás que se ubican no parque .
Tanto sexa no ámbito urbano durante os días previos como durante a fin de semana, como tamén o domingo no parque municipal, o que está fora de discusión é o gran poder de convocatoria popular que cada ano sigue mostrando a Festa do Pulpo, con ducias de miles de visitantes que tamén este ano volveron abarrotar O Carballiño.
O concello do Carballiño apunta a un "novo record" de participación nesta 57 edición da Festa do Pulpo e como indicador delo fai referencia a gran cantidade de vehículos que dende mediodia podían verse estacionados nas aforas da zona urbana.
A xornada festiva desenvolseuse con normalidade e sen incidencias, e finalmente, ata o tempo acompañou a pesar da amenaza de choiva, cun dia de ceos nubosos e temperaturas suaves, con máximas de apenas 21 graos.

Parece que o cheiro que vimos de soportar na rúa principal estes días, e que solo a chuvia resolveu, era o agosto das ratas nas alcantarillas. Que finalizou con un gran festin esta pasada noite de venres, tras o vertedoiro que se puido ver xa de madrugada tras á actuación de “ el combo “ convertida en un macrobotellon que deixou un monte de lixo onde as ratas se pasearon pola plaza maior ante o asombro de varios grupos de foraneos . Terrible imaxe de insalubridade a que se levan. Xa co sol o lixo seguía no sitio cecais como almorzo para os roedores. Preocupante problema de saude publica.
Doña María Dolores Fernández Galiño , e estimada veciña do Carballiño: lembramos a vostede que a Xunta de Galicia segue sen atender a recomendación do antigo Valedor do Pobo D. José Julio Fernández Rodríguez, no ano 2015, en que pedía a Xunta de Galciai que retirara da ley de caza de 2013 a norma que permite cazar en estradas asfaltadas e vías públicas.
Para mais detalles aquí incluimos o escrito que o Valedor encamiñou á Xunta de Galicia naquela época. Levamos CINCO anos agardando que a Xunta elimine ese perigo de estradas por onde circulan veciño, repartidores, bus escolar, etc. e cumpla a recomendación do Valedor.
https://matarpormatarnon.org/files/Valedor%20recomendacion_.pdf
Coincido co análise da Alameda. Se existira unha oposición como Dios manda o da Alameda estaría arranxado antes de crearse o problema. Pero a oposición está máis ocupada en recibir homenaxes e caricias do goberno. Concretamente o PP, que segue coa súa estratexia de consentir aberracións como unha suba discrecional de 200.000 euros en subvencións a asociacións en período electoral. Hai que felicitar ao PP pola súa estratexia de pactar orzamentos co PSOE antes das eleccións, e por estares tan orgullosos de recibir as palmadiñas do PSOE. Sen dúbida acadaredes o que esta estratexia implica, a nada. Non lle boto a culpa ao PSOE, se eu tivese unha oposición como o PP do Carballiño duplicaría as homenaxes, é máis, tentaría alimentala con mel e cervexa, non vaian a constiparse. Son todos moi bos rapaces, tanto os do PP como os do PSOE, ¿pra qué malos rollitos?
O lamentable é que a única oposición está sendo a de Espazo Común e BNG, e Espazo Común ten o difícil reto de liberarse de complexos e do síndrome de Estocolmo por teres as súas orixes no grupo que goberna. Mimbres para facer unha oposición como Dios manda si que teñen. A ver se amosan bemoles.

Todo preparado para recibir a riada humana que outro ano máis agarda O Carballiño con motivo dunha nova edición da Festa do Pulpo, a 57 que é a que se corresponde con este ano 2019, dedicada a Asturias.
Todas as brigadas municipais estarán operativas esta fin de semana, asi como todos os recursos dispoñibles, cun operativo de seguridade, que inclúe este ano un dispositivo especial da Policia Local, que veráse reforzada con axentes procedentes das Policias Locais de Ourense e Barbadás.
Nas noites-madrugadas do venres ao sábado, e do sabado ao domingo, estarán operativas cinco patrullas de Policia Local, a maiores do apoio que prestará a Garda Civil, asi como efectivos da Agrupación de Protección Civil, Bombeiros, e Urxencias Sanitarias 061.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega anunciou, ademáis, e no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio, a posta en marcha dun Punto Violeta, para prevención e control de agresións sexuais.
As previsións apuntan a que máis de 100.000 persoas visiten durente os próximos dias O Carballiño
Me uno a las denuncias sobre la alameda de Carballiño, es penoso que toda la gente que vive aqui o que venimos de vacaciones no tengamos juegos infantiles, todos apiñados al lado de la iglesia de la veracruz y no solo le hecho la culpa al gobierno sino tambien a la oposicion nada dicen de esto es increible en otro pueblo estarian los vecinos y la oposicion en todos los medios de comunicacion y plantados enfrente de la alameda, aqui nada de nada, asi os va a ir . lo siento pero me quedare en la aldea y no bajo a carballiño

Acompañados por un grupo de gaitas e coa asistencia da concelleira Silvia Baranda e o presidente da asociación de praceiros, Eligio González, realizouse este mediodía o sorteo de 12 premios en vales de compra de 50 euros cada un e unha caixa de viño Pazo Tizón, con motivo da campaña de verán.
As persoas afortunadas foron as seguintes:
Patricia Vázquez (Caixa de viño), e Mónica Iglesias Varela, Gladis Díaz Alonso, Isa, Mª Carneiro Gallardo, Lucía López Iglesias, Parrillada Os Amigos, Neli Estévez, Pura López, Otilia Alonso, Fidelina López, Mari Carmen García e Esperanza Barreiro, que obtiveron respectivamente doce vales por valor de 50 euros cada un.
Tanto Silvia Baranda como Eligio González destacaron a gran participación nesta campaña, que superou as 8.000 papeletas depositadas, e que da conta da súa importancia para axudar a elevar as ventas da praza de abastos.
E reiteraron o dinamismo desta instalación municipal, sobre todo, nesta semana grande da Festa do Pulpo.
Querido Paco Fumega: Sabemos do teu carácter contemporizador e complaciente que tantos exitos che leva dado, ainda que algún disgusto non faltou. Sigue asi. Pero pensa tamen como vades arreglar, ti e o teu equipo, iste reino de Taifas no que se están a convertir as terrazas no noso pobo e mais especialmente as que deixades poñer baixo os soportais. . Hoxe que choveu dabondo todala mañá, puden sufrir, coma outros, as incomodidades das terrazas e sobretodo, repito, as instaladas nos soportales. Puden ver como moitas señoras e señores que levaban un carriño da compra ou una silliña cun neno e xa non digamos una silla de rodas, ou simplemente andando, abándonásemos a aventura de poder pasar entre as sillas e mesas mais a xente que se sentaba nelas, invadindo prácticamente todo o espacio público que alí hay e que ainda baleiro xa non e moito, non deixando sitio pra pasar, mezclándose os que veñen cos que van e os sentados que nin se inmutan, tendo que baixar a calle a mollarnos ca choiva, Simplemente intolerable. Pensa como vades facer, pero así non se ten contentos a todolos veciños que che dimos nosa confianza e os que non. Tii eres o alcalde do Carballiño e tócache solucionalo e non vale dicir que solo son catro dias que chove, e un problema que ven de moito atrás e non queredes ver ou non sabedes solucionar. ou non vos importa nada os veciños cabreados. Non se trata de poñerse de un lado (hosteleiros) o do outro (veciños) sinon de facer cumplir a rajatabla a normas que pra iso foron feitas. Sinon e seguindo isa regla de tres, eu mañá si me sancionan por aparcar mal, non pago a multa porque son bo rapaz....

Asi o decidiron e anunciaron no transcurso das útlimas horas os responsables municipais, ante o empeoramento do tempo e a prevións de choivas para estes dias no Carballiño.
Ambos eventos forman parte da programación da Semana Grande da Festa do Pulpo.
O Festival Internacional de Música e Danza das Xornadas de Folclóre que patrocina a Deputación, previsto para esta noite de mércores na Praza Maior, trasládase ao auditorio, ás 23 horas.
Doutra parte, acordouse suspender o concerto da Agrupación FolK Treixadura programado para este xoves dia 8 de Agosto, neste caso aprázase a súa celebración para o dia 13 de Setembro, en vésperas das Festas patronais do Carballiño.
O venres mellora o tempo, polo que se agarda que poida desenvolverse con normalidade o resto da programación festiva.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 417
- 418
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- …
- seguinte ›
- última »