A Agrupación de pulpeir@s de Arcos-O Carballiño estableceu un novo record pulpeiro ao conseguir cortar 500 kilos de pulpo nun tempo de 11 minutos e 7 segundos, cunha posta en escea espectacular para presentar outro ano máis o prato de pulpo máis grande do mundo, dentro da programación festiva da Semana Grande da Festa do Pulpo. Catro grandes caldeiras foron utilizadas para cocelo pulpo.
De seguido, e coa banda sonora da Escola de Gaitas do Carballiño e no medio dunha gran expectación, as pulpeiras e pulpeiros de Arcos-O Carballiño completaron o ritual do pulpo á feira, aderezado con aceite, sal gordo e pemento.
En pouco tempo, o numerso público comezou a degustalo en pequenas racións.
A pesar de que nalgúns momentos amenzou a choiva, non foi impedimento para que o espectáculo abarrotase a Praza Maior do Carballiño.

O salón de plenos do concello do Carballiño quedouse hoxe pequeno para acoller ás ducias de persoas que asisistiron esta mañá ao acto de homenaxe a Argimiro Marnotes Rodríguez con motivo da 57 edición da Festa do Pulpo.
O alcalde, Francisco Fumega, resaltou que “ao longo dos 57 anos da Festa do Pulpo foron moitas as persoas que contribuiron á súa consolidación e crecemento ata chegar a ser a gran festa gastonómica que é actualmente, probablemente unha das mellores de Galicia e de España. E non cabe dúbida algunha de que una destas persoas é Argimiro Mornotes Rodríguez”.
Fumega dixo que “Argimiro foi un dos grandes impulsores desta festa. Cando ía pola décima edición promoveu que Fernando Sánchez Bella, sendo ministro de Informacion e Turismo, a declarase Festa de Interese Turístico.
Foi tamén quen convocou durante varios anos un concurso periodístico para premiar os mellores artículos e reportaxes publicados nos medios de comunicación, o que contribuiu a difundir a festa nos xornais e nas radios. E, sobre todo, contribuiu a que esta festa fose o gran encontro anual da emigración da nosa comarca e de Galicia”.
O rexedor carballiñés engadiu que “sendo alcalde comezaron a dedicarse as diferentes edicións da festa aos centros galegos do mundo, e isto axudou a que a que a Festa do Pulpo comezase a coñecerse fóra de España”.
“Así, pois –dixo Fumega-, son moitos os méritos que avalian este recoñecemento do concello do Carballiño e da Festa do Pulpo a Argimiro Marnotes Rodríguez. Ademáis, non hai que esquecer que, nos primeiros anos da Festa do Pulpo, cando en Galicia había e hai multitude de romarías dunha gran tradición, non era tan doado convencer aos pulpeiros e taberneiros para que estableceran os seus postos no parque municipal. Foi o seu empeño quen propiciou que hoxendía o parque municipal estea absolutamente colmado de postos de pulpo, de tabernas, de bares e de todo tipo de produtos”.
“Por iso que –concluiu Fumega-, pola súa contribución á consolidación desta festa, é polo que lle rendemos hoxe esta homenaxe e lle facemos entrega dunha placa en recoñecemento á súa aportación á Festa do Pulpo do Carballiño”.
A continuación o alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento “á súa contribución á consolidación e realce da Festa do Pulpo”.
Argimiro Marnotes agradeceu a deferencia e fixo extensible este recoñecementos a todas as persoas que durante os 57 anos de historia da festa puxeron o seu grao de area.
Tamén se referiu ao período no que era complicado conseguir que os bares e os pulpeiros acudisen ao parque municipal, e a que, tras conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico na décima edición, non tivese valor máis adiante e houbese que repetir a solicitude de declaración.
Tamén dixo que a partir de 1974, cando Argimiro Marnotes foi elexido alcalde, comezou a promocionar a festa convocando un concurso periodístico na prensa e despois na radio, e a dedicar cada edición aos centros galegos no mundo.
E, finalmente non se esqueceu das ducias de rapaces voluntarios que durante varias edicións colaboraron coa festa servindo no recinto oficial e realizando outras labores de apoio.

O Parlamento de Galicia acolleu o acto de toma de posesión da nova Valedora do Pobo, un acto que contou coa presenza do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijjó e o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices.
A maxistrada Dolores Fernández Galiño ( O Carballiño, 1963) elixida o mércores nova Valedora do Pobo por unha maioría reforzada do Parlamento, cos votos a favor do Partido Popular e PSdeG, e tomou formalmente posesión do seu novo cargo.
Fernández Galiño pronunciou un discurso no que reivindicou novamente o feminismo, como xa fixera a carballiñea hai unhoss días na Cámara durante a defensa da súa candidatura, ademáis presentou tamén como un “dereito básico” da cidadanía o “riquísimo patrimonio cultural e lingüístico” de Galicia.
Hola, señores de Cope Carballiño. Soy una carballinesa que lleva muchos años viviendo en Madrid por cuestiones de trabajo. Aún así todos los años, por la semana de la Fiesta del Pulpo vengo sin falta con toda mi familia. Tengo tres niños de 9, 6 y 4 años y este año me encuentro que el sitio donde más tiempo pasamos en estas fechas, el parque de juegos de la Alameda, está cerrado por obras. Después de hablar con algunas amigas, me dicen que lleva así desde la primavera y va a estar inutilizable hasta septiembre o octubre. Me parece imperdonable que con la cantidad de gente que hay estos días por el pueblo y con el número de niños que se ven por la calle, desde el concello no se organizaran las obras para hacerlas en otra época del año. Estoy indignada y creo que no soy la única.
Manuel Penedo Paradela ( O Irixo 1959) recibía na mañá deste domingo o último adeus, por parte de centos de persoas que se achegaron ata a casa do concello do Irixo para acompañar á familia nestes duros momentos, tras o pasamento do alcalde do Irixo, que gobernou nos últimos 32 anos.
Ante a gran cantidade de persoas que acudiron a despedir ao alcalde, optouse por celebrar o funeral na Praza do Concello do Irixo, abarratoda de veciños e veciñas chegadas dende todas as parroquias do municipio. Dende hora e media antes de comezar as honras fúnebres as estradas e rúas das Laxas e A Ponte estaban ateigadas de turismos, e a Garda Civil de Tráfico desviou aos que chegaban a útlima hora a estacionar nas aforas da localidade.
Polo velorio instalado no salón de plenos do consistorio, pasaron durante estes dous últimos dias personalidades do mundo político comarcal, provincial e autonómico, entre éstas o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que achegaron as súas condolencias á familia e achegados.
Ademáis, ao funeral desta mañá de domingo, entre outros asistiron os alcades do Carballiño, Maside, Punxín, San Cristovo de Cea, Beariz, Beade ou Lalín, asi como numerosos concelleiros da comarca do Carballiño, e outros históricos da política comarcal, como o nacionalista Chema Ferreiro, Argimiro Marnotes, ou o actúal presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices, asi como o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, que acudíu acompañado do seu pai José Luis Baltar.
Sen dúbida, unha multitudinaria despedida a un alcalde que durante 32 anos contou co apoio da súa veciñanza para gobernar O Irixo ata o día do seu pasamento.

O Irixo está de loito, o seu alcalde falecía na mañá deste venres dia 2 de Agosto no Complexo Hospitalario de Ourense, onde levaba varios dias ingresado tras experimentar un empeoramento no seu estado de saúde.
Manuel Penedo Paradela, alcalde do Irixo nos últimos 32 anos, contaba con 60 anos de idade.
Fora elexido por vez primeira alcalde do Irixo en 1987, tras unhas eleccións nas que encabezara a candidatura de Centristas de Galicia. Nas seguintes de 1991, obtivera a súa primeira maioría absoluta, e nese mesmo mandato integrouse no Partido Popular, con esta formación política foi revalidando sucesivamente o seu cargo de alcalde, e asi durante seis mandatos máis, sempre con maioría absoluta e desta maneira ata a súa última cita electoral do pasado mes de Maio deste ano, cando volveu obter un respaldo maioritario.
O velorio instalaráse na casa do concello do Irixo e o funeral celebraráse este próximo domingo dia 4 de Agosto ás 11:30 da mañá na igrexa parroquial de San Pedro de Dadín.
¿E logo os dos bares son os dueños do pueblo? o que está pasando coas terrazas xa non ten nombre. Cada dia hay mais, o que tiña 10 ahora ten 15 o que tiña 20 agora ten 30. Na calle prinicipal xa están poñendo filas dobles e triples. Nadie o entende se din que o plazo para solicitalas e pagalas acabou o 28 de febreiro. ¿Como poden aparecer ahora tantas mesas novas?¿Porque non se aplica a ordenanza que se aprobou gracias a Bernardo para poñer un cartel no escaparate de cada bar co numero de mesas que ten permitidas? Espero que a respuesta non sexa que hay varios concelleiros con intereses na hosteleria porque eso seria moi grave. Esto teñen que solucionalo ou dentro de pouco non habrá por donde camiñar.

Concertos, orquestras, actividades de animación de rúa e outro tipo de atraccións sucederanse desde o venres, 2 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, na marco da Festa do Pulpo.
Serán unhos días intensos no Carballiño que culminarán coa celebración da 57 edición desta magna romería gastronómica, que pode ser a última que teña lugar como Festa de Interese turístico Nacional, para ser Festa de Interese Turístico Internacional.
Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa, ao que asitiron a xefa territorial de cultura e Turismo, Sandra Quintas; os concelleiros de Turismo, Cultura e Medio Ambiente; concelleiros do Partido Popular, e representantes das entidades e empresas patrocinadoras: Abanca, Aceites Abril, Pazo tizón, Apersa, Gadis, Estrella Galicia, Cer&Ver, Aku Natura e Wether´s Original.
Entre os principais espectáculos destacan o ciclo de Músicas de Sofá, con bandas internacionais; a Tapa Xigante de Pulpo, o Festival Folclórico Internacional, Treixadura, a orquestra El Combo Dominicano e a Festa das Camisetas.
Para ver horarios e programación diaria pode facélo abrindo o arquivo adxunto:
Segundo a lei 3/2007 de prevención de incendios e a lei 7/2012 de montes de Galicia, os concellos no núcleo urbano teñen a competencia para aplicar estas leis.
Na parcela situada entre a Rúa Camiño dos Carboeiros e a Nacional 541, segundo as fotos que envío, hai unha casa (pegada a outros edificios) en abandono total, onde as silvas chegan ata o primeiro piso ademais toda a finca esta sen limpar, co perigo de incendio que isto supón.
As parcelas situadas no solo urbano deben estar limpas antes do 31 de maio de cada ano, estamos a 30 de xullo e isto parece unha selva, se o propietario non cumpre a normativa (neste caso descoñecese ao seu titular) correspóndelle ao Concello a execución dos traballos de limpeza.
Ao final sempre hai que esperar a que pase algo para actuar. Avisado está por varios medios pero seguimos esperando.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 418
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- …
- seguinte ›
- última »