15, Febreiro 2019

O Concello de Avión, en colaboración coa Deputación de Ourense acaba de poñer en funcionamento o “SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS A DOMICILIO” destinados a un punto limpo.

En ningún caso recolleranse cascallos, restos de obras, lixo, pneumáticos ou cristais.

O alcalde da localidade, Antonio Montero, pide mediante un bando distribído polas distnintas parroquias do municipio que os veciños non depositen os residuos ao lado dos colectores da recollida do lixo ata que os encargados do Servizo concreten unha cita para a recollida.

Todas as persoas que teñan voluminosos que tirar deberán poñerse en contacto co Concello de Avión no teléfono 988.486.000.

O Concello, con todos os avisos recibidos daralle traslado á Deputación, e seguidamente a entidade provincial avisará con tempo aos interesados do día da recollida para que deixen os voluminosos nun punto concreto.

Só se recollerán os voluminosos comunicados previamente ao Concello.

15, Febreiro 2019

Fai unhos cantos anos, un prestixioso escultor donou dous monumentos, en concreto un situado en beade e o outro situado a altura do varón, dedicado as donas do ribbeiro. Debido a un estado de abandono, finalmente cun dos temporais de hai xa un par de anos caeu, e levado para reparar. Polo visto debeuse perder, desaparecendo e sen regresar a sua posición e no lugar escollido.

¿Que sabemos del?

¿Venderono para chatarra?

¿Volveremolo ver algún día de novo no Varón ou  solo nos quedará o recordo?

Non se olviden que e un monumento dedicado as donas do ribeiro e non un trozo de metal perdido nalgún lugar ....

14, Febreiro 2019

Da vergonza ver traballar a brigada de obras que pagamos todos cos nosos impostos, e os feitos me remito.

Para colocar 30m2 de lousa blanca na calle Aquilino Sanchez, levan mais de tres meses dous empregados e moitos  días incluso tres. Unha obra sinxela sin ningunha dificultade, solo un pequeno recheo para levantar un monton a nova plazuela, en resumen, unha plaqueta por día.

E vergonzoso velos mirar para o aire todo o día e os veciños cos nosos impostos a pagar unhos soldos inxustificados. Calquera profesional fai esa acera en duas semanas e sin sudar. Bueno estes as mañas sudan algo o caron do lume polo frio que pasan, e non por traballar....

Non sei quen e o responsable e como se xustifican os días perdidos desta xente, pero e totalmente inconcebible que cos nosos impostos se lle pague a esta xente. Sae mais baratos despedilos por incomponpetentes que mantelos traballando un día mais.O gasto que supon afectanos a todos, porque non solo e o soldo, senon o alquiler de maquinaria que usan e algo máis que escaquearan...

Deberianse pedir xuxtificantes dos traballos que levamos pagado todos e cada un dos veciños  a esta xentiña que nunha empresa privada non botarían mais de unha semana. 

Non digo privatizar, pero que traballen.

Esta xentiña que para anchear as aceras da rua Juan Corral, botaron mais de tres meses, recordense, para anchear 50cm  os mais ou menos 50 metros de lonxitude, botaron mais de tres meses, a un metro por día, sen recheos nin dificultade ningunha. 

Opinen ustedes. 

Os responsables que xustifiquen ditos traballos por que e unha autentica vergoña.

14, Febreiro 2019

Non, non o digo porque lle guste viaxar representando ao Carballiño polo mundo cando non é capaz de representalo ante os seus veciños cando hai problemas -Bélxica, Alemania, Arxentina...-

Tampouco porque fixera o avión co tema de remunicipalizar a xestión da recadacón tendo en conta que a súa dona traballa na empresa privada que a sigue levando.

Dígoo porque despois de poñerse do lado dos vips do sanchismo, eses que agora ocupan postos ben pagaos, e despois de ver como deixa o PSdeG do Carballiño patas arriba, vai precisar un avión pra buscar os votos en Pernambuco.

 Eso si, sexa como sexa é moi boa persona seica...

 

14, Febreiro 2019

Os 3 cargos máis relevantes da Agrupación Socialista Local do Carballiño formalizaron hoxe a súa baixa como militantes do PSdeG-PSOE, unha decisión que chega despóis de darse de baixa este lúns como concelleiros do grupo socialista no concello e comunicar o seu paso ao grupo dos nons adscritos.

O Secretario Local, Adolfo Nogueira, a Secretaria de Organización Érika Paz, e a Secretaria de Política Municipal, Rosario González abandonan polo tanto os cargos orgánicos que exercían dende o mes de Xaneiro de 2018.

A Agrupación Socialista do Carballiño era ata o de agora a segunda máis numerosa da provincia, con preto de 100 militantes.

Adolfo Nogueira avanzou ademáis no transcurso dunha intervención hoxe nesta emisora de radio que son outros 60 afilidados e afiliadas da Agrupación Local do Carballiño os que tamén comunicaron xa ou comunicarán nas próximas horas a súa baixa no Partido Socialista.

Según os estatutos do PSOE cando dimite ou abandona por outras razóns o secretario local, o periodo que vai ata o nomeamento do seguinte estará rexido por unha Comisión Xestora, que ten todas as prerrogativas de dirección no ámbito local e deberá ser nombrada polo PSOE provincial.

Nogueira volveu culpar ao alcalde Fumega de provocar “a destrucción do PSOE no Carballiño”.

O xa exsecretario dos socialistas carballliñeses non quixo pronunciarse sobre presentación dunha candidatura para as eleccións do 26-M no concello do Carballiño que podería liderar Pachi Vázquez, ainda que tampouco a descartou, manifestando que nesa decisión terán moito que decir todas as persoas que agora se están dando de baixa como mlitantes socialistas.

Sí descartou que poidese integrarse en algúnha outra formación política "que non sexa do medio cara a esquerda", en alusión a que Ciudadanos poidese ser o seu destino político.

13, Febreiro 2019

Cando no transcurso do pleno da pasada semana o alcalde Francisco Fumega asumía ante o BNG o compromiso de convocar un pleno extraordinario para debatir a acción de goberno "ärea por área municipal", tal como propuxo Chema Ferreiro, aínda non abondanaran a disciplina do grupo socialsita o concelleiro Adolfo Nogueira e as concelleiras Rosario González e Érika Paz.

Os últimos acontecementos levan agora ao grupo do Bloque Nacionalista Galego a reformular a súa proposta, xa non se propón un debate da situación de todas e cada unha das áreas municipais, tal como inicialmente plantexaron.

Agora, os nacionalsitas trasladarán ao pleno un acordo no que a corporación "reproba a Franscico Fumega PIñeiro, alcalde do Carballiño", e tamén que se solicita "a delegacción de todas as competencias posibles que estable a lei" a favor do pleno e para que éste "tome as medidas pertinentes para tentar correxir nos meses que quedan este vacio de poder".

Na exposición de motivos o BNG manifesta que diante o escenario pasado e presente "folga facer máis comentarios e concluir que o alcade, como coordenador do seu grupo, fracasou estrepitosamente e o que é máis grave, permitíu que se perderan catro anos".

A reprobación dun cargo político, tal como neste caso propòn o BNG co alcalde do Carballiño, tén simple carácter simbólico.

13, Febreiro 2019
13, Febreiro 2019

A plataforma SOS O Carballiño fai un chamamento á reflexión á clase política de O Carballiño con motivo da precariedade existente na sanidade pública, e que se viu reflectida na manifestación do pasado domingo en Compostela.

Mentres os nosos representantes políticos andan inmersos nun sen sentido de loitas internas, primarias, plenos extraordinarios, etc. os galegos e galegas maniféstanse por unha sanidade pública de calidade ¿ É o Carballiño alleo a esta problemática? Desde SOS O Carballiño pensamos que non, pois como veciños e veciñas vivímolo en primeira persoa: TAC´s e resonancias que non dan chegado, coidados paliativos que se fan na casa, listas de espera interminables, saturación da atención primaria, e un largo etcétera. Entendemos que non chega coa representación dos máximos referentes dos partidos políticos senón que aqueles que nos representan en proximidade deberían facer todo o posible en poñer solución a un dos problemas máis graves da Galicia actual.

Facemos un chamamento a todos os representantes para que se poñan do lado dos problemas reais da xente.

12, Febreiro 2019

Os socialistas acusan ó goberno municipal de "maltratar á veciñanza, especialmente, ós mais maiores e incomunicados, que teñen que ir ás 7 da mañá a unha feira que aínda non empezou para abandonala sen aínda ter rematado".

Os socialistas queren un transporte entre O Irixo e O Carballiño os días de feira a unhas horas adecuadas "un transporte público municipal con preferencia para a xente máis maior, ou con limitacións en canto a súa mobilidade, ou que vivan sos. Un transporte a ampliar con outras rutas entre parroquias e ata o núcleo urbano en resposta ás necesidades de mobilidade da veciñanza".

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA CREAR UN TRANSPORTE PÚBLICO MUNICIPAL, ESPECIALMENTE OS DÍAS DE FEIRA, ENTRE O IRIXO E O CARBALLIÑO, na que fai a seguinte exposición de motivos:

PRIMEIRA.- Que os socialista xa presentamos en varias ocasións mocións en referencia á posta en marcha de transporte municipal entre O Irixo e O Carballiño.
Neste sentido se presentaron dúas mocións o pasado 6 de maio de 2016 “PARA CREAR UN TRANSPORTE PÚBLICO MUNICIPAL ENTRE O IRIXO E O CARBALLIÑO E PROPOÑER Á MESA DE TRABALLO Y/OU PLATAFORMA PARA A DEFENSA DO TRANSPORTE PÚBLICO EN TODA A COMARCA A CREACIÓN DUNS AUTOBUSES LANZADEIRAS ENTRE O CARBALLIÑO E OURENSE PARA TODA A COMARCA” e “PARA QUE O CONCELLO SE UNA Á MESA DE TRABALLO OU PLATAFORMA PARA TRABALLAR E DEFENDER O TRANSPORTE PÚBLICO EN TODA A COMARCA” ou tamén “PARA A IMPLICACIÓN DO CONCELLO DO IRIXO NA ELABORACIÓN DO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA”.

SEGUNDA.- Que debemos recordar que O Irixo é un dos concellos máis extensos da provincia de Ourense con 121,05 km² que está moi preto de Carballiño, de Lalín ou de Ourense pero ó mesmo tempo moi afastado debido á falta de comunicación que se foi perdendo nos últimos anos ante a pasividade do goberno municipal.

TERCEIRA.- Que a pesar das propostas traídas ó Pleno polos socialistas e tamén por outros grupos nos últimos dez anos, o goberno municipal non fixo absolutamente nada por mellorar ás comunicacións do noso concello nin por poñer en marcha ningunha iniciativa propia que comunicase ou achegase á veciñanza entre si ou á vila do Carballiño que dista apenas dez minutos do noso concello.

CUARTA.- Que ademáis nos últimos meses vimos de asistir á perda dun dos poucos servizos en materia de transporte que existían no municipio como era o autobús que os días de feira do Carballiño permitía que a veciñanza sen outras posibilidades puidera achegarse á capitalidade da comarca a desfrutar da súa feira, para moita veciñanza un dos acontecementos sociais e unha oportunidade para saír do seu pobo. En lugar do transporte que existía ate fai apenas uns meses, agora a veciñanza deber usar o transporte compartido do bus escolar, boa iniciativa para optimizar os recursos, se non fora que un veciño que antes podía coller o autobús para ir a feira ás 10 da maña, agora debe facelo ás 7 cando o bus escolar recolle ós escolares do instituto que se despraza O Carballiño, para retornar ás 12 horas sen ter rematado a feira.

QUINTA.- Que nos parece un ataque directo á vida no rural, á calidade de vida dos nosos maiores e un despropósito castigar os nosos maiores que non dispoñen de medio de transporte nin medios para desprazarse ó Carballiño, ter que coller un autobús ás 7 da mañá para ir á feira para voltar ás 12, feito inaudito e que demostra a inexistente sensibilidade do goberno municipal e un maltrato a nosa veciñanza e falta de respecto os nosos maiores, ó non ser capaces de artellar un pequeno transporte mentres despilfarra miles de euros noutras cousas innecesarias ou en beneficio de determinadas persoas.

SEXTA.- Que son varios os concellos que ofrecen os seus maiores e dependentes un servizo de transporte diario.
Un servizo de transporte público municipal que podería ser para toda a veciñanza con preferencia para a xente máis maior, ou con limitacións en canto a súa mobilidade, ou que vivan sos.
Este servicio podería funcionar os días de feira pero tamén se podería ampliar con outras rutas entre parroquias e ata o núcleo urbano, e ir ampliando o servizo en resposta ás necesidades médicas de enfermos crónicos ou a outras necesidades de mobilidade da veciñanza.

Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:

1º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha un transporte público municipal entre o concello de O Irixo e a vila do Carballiño os días de feira a unhas horas adecuadas ós horarios da Feira.

2º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha un transporte público municipal con preferencia para a xente máis maior, ou con limitacións en canto a súa mobilidade, ou que vivan sos.

3º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha un transporte público municipal, ampliando con outras rutas entre parroquias e ata o núcleo urbano e en resposta ás necesidades médicas de enfermos crónicos ou a outras necesidades de mobilidade da veciñanza.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS