11, Febreiro 2019

Cinco charangas (Noroeste, Ardores, CLK, Castro Vello e Doctor Anchoa), tres orquestras (Olympus, Pincipal e Aramio), un grupo folk (Feitizo de Pau), catro desfiles (Festa Infantil, Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e dous o Domingo de Piñata), tres concursos de disfraces e comparsas (Concurso Infantil, A Ruta dos Mil e o Martes de Entroido) e as xa tradicionais Coplas de Entroido de Os Liborianos, así como a Ruta das Tapas, obradoiros e actividades infantís e dúas demostracións da Escola Municipal de Danza, animarán as rúas e prazas do Carballiño durante sete días de festexos para conmemorar o Entroido 2019 e a 25 Festa da Cachucha, entre o 1 e o 10 de marzo.

Nesta edición do Entroido 2019, haberá récord de participación de establecementos hostaleiros tanto no concurso de disfraces por grupos da Ruta dos Mil do sábado 2 de marzo como o Domingo de Piñata na 25 Festa da Cachucha o domingo 10 de marzo.
Vinte locais participan na Ruta dos Mil, e vintetres mesóns, restaurantes e bares o fan no xantar da 25 Festa da Cachucha, con máis de 3.000 servizos e uns prezos que oscilan entre os 15 aos 25 euros.

O evento foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente, que incidiron no auxe que estaba tendo nos últimos anos tanto o entroido como a Festa da Cachucha, e que agardaban que ao celebrarse no mes de marzo a climatología foise máis benigna, o cal contribuirá a que luzan máis as actividades e a que se achegue máis xente ao Carballiño.

Como novidade, a Praza Maior será o epicentro das actividades, onde se instalará unha gran carpa en caso de tempo adverso. Tamén será novidade a decoración especial e luminosa da fachada do concello.

Asímesmo, haberá dous espectáculos teatrais: Un infantil, Teatro Monicreques coa obra “Contacontos musicais de Entroido” (domingo 3 de marzo, ás 12,30 h., no auditorio), e outro para adultos, Teatro Aporía Escénica coa obra “6 cubos negros en corpo branco, o xoves 7 de marzo, ás 20,30 h., no auditorio.

O desfile de comparsas do martes de entroido incrementa o ornamento dos premios ata os 7.600 euros, de xeito que aquelas comparsas que non obteñan ningún premio verán incrementada a subvención municipal de 60 a 120 euros, como axuda pola súa participación.

No que respecta á 25 Festa da Cachucha, tanto no pasarrúas da mañá do domingo 10 de marzo como no desfile de comparsas da tarde, estarán os folións máis característicos do oriente ourensán como son os Folións de Fradelo, Arrieiros de Petín e Tameirón, así como a comparsa de Amoeiro, ademáis das comparsas e murgas participantes no desfile do martes do entroido.

En canto ás verbenas, que se celebrarán na Praza Maior, a do luns 4 de marzo estará animada pola gran orquestra-espectáculo OLYMPUS; a do martes 5 de marzo pola orquestra ARAMIO, e a do domingo 10 de marzo pola orquestra-espectáculo PRINCIPAL.
Finalmente, ASPADISI voltará a protagonizar o Enterro da Sardiña do mércores 6 de marzo.

11, Febreiro 2019

"Doido e apuñalado" éste é o estado emocional no que se sinte Adolfo Nogueira, asi o manifestou esta mañá tras formalizar a súa baixa do grupo municipal socialista por medio dun escrito presentado no rexistro do concello do Carballiño, igual que tamén o fixeron as concelleiras Érika Paz e Rosario González, ata o de agora responsables da áreas de medio ambiente e medio rural, respectivamente.

Os tres concellais que abandonan a disciplina do grupo socialista pasarán a ser concelleiros non adscritos, toda vez que decidiron conservar as súas actas e polo tanto seguir formando parte da corporación municipal do Carballiño ata que se completen os apenas tres meses e medio que lle quedan ao actúal mandato.

Nunha comparecencia posterior a presentar o seu escrito no concello,  volveron criticar a decisión do alcalde de retirarlle as competencias ao concelleiro Adolfo Nogueira e mesmo culparon culparon a Francisco Fumega da "destrucción" que auguran se aveciña no PSOE carballiñés.

E é que, a maiores, os xa 3 exconcelleiros socialistas tamén anunciaron que esta mesma semana tramitarán a súa baixa como afiliados do PSdeG-PSOE. 

8, Febreiro 2019

O taller gratuíto " Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais ( CCMMVV)" está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies.

Pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre os mozos.

O taller gratuíto desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego @de la Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Beariz, r/San Pedro, 2.

Datas e horarios: -Do luns, 25 de febreiro, ao venres, 1 de marzo. - De 17:00 a 20:00 h.

8, Febreiro 2019

Lo ocurrido ayer en el pleno me hace sentir,  cuando menos,  Vergúenza Ajena,  a donde quieres llegar Adolfo? esa es la pregunta. Creo que el partido socialista te dió la oportunidad de ser álguien y tú ... la has desaprovechado, quieres llegar arriba a  cualquier precio, y eso, amigo Adolfo  te está nublando la realidad.

No te vengas muy arriba, que a pié de calle no tienes tantos adeptos como amigos de Facebook , y no todas las sonrisas y saludos son votos.

Recuerda que tienes un  sueldo gracias al Partido, que de no ser así tendrías que vivir de un " Trabajo".

La sombra del que fué él Boss te acompaña, y quién sabe... igual te quita las castañas de fuego, sin embargo como vecin@ siento decepción por traicionar de forma deliberada la confianza de tús compañeros de partido, vecinos y sobretodo de aquellos que un día te apoyamos.

7, Febreiro 2019

Francisco José Fernández Pérez (Cortegada, 1959) optará unha vez máis a revalidar a confianza dos veciños de Leiro, encabenzando a lista que o Partido Popular presentará ás eleccións do 26 de maio, orgulloso do desenvolvemento que experimentou o seu concello nos últimos anos, “nos que voltamos a mirar cara ao río e poñer en valor os nosos recursos”. Este foi, precisamente, un dos aspectos destacados polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, “pois o candidato soubo dar pulo a todas esas características que reúne o concello e que tamén marcan o futuro da provincia”.

Francisco Fernández volve a asumir o liderado da lista popular en Leiro, optando a un sétimo mandato. “Empezei na política local no ano 1991, como concelleiro, e xa no 1995 cheguei á alcaldía cunha clara idea: aportar o meu grao de área para que o concello mellorase e ofrecer aos meus veciños a calidade de vida que merecen”. Hoxe, engadiu, “tamén estou convencido de que o labor dun alcalde é unha actuación de carácter máis persoal que transcende a liñas da política”.

O candidato afirma sentirse orgulloso das cousas realizadas ata agora, entre as que cita a rede integral de saneamento e depuración no concello ou o centro de día. Non obstante, destaca, un dos logros dos que sinte máis satisfacción “é o feito de que os veciños voltásemos a mirar cara o río”. Refírese o alcalde ás actuacións levadas a cabo no entorno fluvial do río Avia, “a última delas un novo paseo peonil pola marxe dereita que comunica a poboación de Leiro coa área recreativa”.

Aínda hai proxectos de maior importancia que están no haber do goberno de Francisco Fernández, grazas tamén á colaboración coas administracións, como a recuperación do mosteiro de San Clodio ou o “Spa do Viño”, actuacións que poñen en valor o patrimonio local e o sector económico máis importante do concello como é a viticultura.

“A política local é a máis comprometida, a que require máis dedicación pero tamén a máis reconfortante, e iso sabeo ben o candidato do PP á alcaldía de Leiro, que tomou a mellor decisión para o futuro do concello e da veciñanza”, dixo pola súa banda o presidente provincial, Manuel Baltar.

Francisco Fernández demostrou neste tempo, declarou Baltar na presentación do candidato, “que ten un concepto da política local vinculado ao futuro da comarca e da provincia, por iso loita por aspectos comúns no noso territorio como o turismo, o termalismo ou a viticultura, grandes potenciais á súa vez de Leiro”. Unha visión na que sen dúbida ten parte a súa codición de senador “na que tamén amosou a súa capacidade para ser portavoz da provincia”.

“O candidato, todo un especialista en formar equipos e de seguro que terá unha gran lista, voltará a ser o alcalde que merece un Leiro máis grande e con maior protagonismo e desde a dirección provincial estamos plenamente satisfeitos con esta decisión”, afirmou Baltar.

7, Febreiro 2019

Gústame o título dos poceiros de Maside. Acomódase moi ben á realidade do PP de Maside desde fai décadas. Eu entendo que queiran tapar os pozos; a súa política de “tapar” xa ven desde fai moitos anos co exalcalde Benigno Alvarez, e seguirá sendo así mentres todos o permitamos; deso quedaron ben encargados e dan boa fe os seus fillos.

Señor Brenlla, a política claro que non debería usarse para sacar os trapos sucios de uns e outros; porque o que non debería ocorrer xa é que se permitise a ninguén en política que teña “trapos sucios”. E xa que a cousa vai de frases vou deixar unha que ven aquí moito ó caso:

“Se non pelexas para acabar coa corrupción acabarás formando parte dela”.

Iso de que o candidato non trae mochila xa o desconfiamos todos desde o momento no que chega da man dos fillos de Benigno e a sua tan sospeitosa empresa adxudicataria da mayoría das obras da deputación de Ourense dirixida polo seu colega Baltar e agora tamen de boa parte das obras da Xunta, onde foi nombrado recientemente Conselleiro un dos fillos dun dos fundadores da tan cuestionada empresa. Certo é que o candidato non representa á Consellería, pero o cargo non cae tan lonxe  unha vez mais.

Eu non coñezo personalmente ó candidato pero non me extrañaría que fose certo o de presumir ser íntimigo amigo de Feijóo, Baltar  ou o que sexa preciso (vindo de onde ven o seu nombramiento).

Moi acertado Toni: estamos diante do mais rancio PP de Maside pero non por eso imos seguir aplaudindo e moito menos depositaremos a confianza. Con algo de sorte terán os votos dos seus empleados que seran tamen os que vaian nesa lista representando supostamente ó PP de Maside.  A Deus gracias que xa fai moito tempo que os veciños non somos pampos como eles pensan, e estamos fartos de ver que a quen representa a lista do PP de Maside non é ós veciños do noso pobo, senon a unha empresa privada.

No que dis do  candidato estou tamen dacordo contigo Toni, Manolete, se non sabes torear para qué te metes.

 

 

 

 

 

 

7, Febreiro 2019

O polbo á feira foi a estrela na xornada inaugural deste pasado mércores dia 6 e volveao a ser este venres dia 8 de Febreiro con motivo do dia que Xantar dedica ao Xeodestino Turístico O Ribeiro-O Carballiño, que agrupa aos 21 concellos das dúas comarcas.

Desta vez no marco do Salón Internacional Gastronómico "Xantar" en Ourense, o xeodestino proxectará o vídeo estreado recentemente en FITUR "Sabor Propio".

Ademáis do prato máis representativo da gastronomia intercomarcal, o polbo á feira do Carballiño, o Xeodestino tamén promociona outros productos que forman parte da identidade gastronómica, como aqueles amparados pola Denominación de Orixe Ribeiro, en especial os viños, asi como outros productos con indicación xeográfica protexida como o pan de Cea ou os pementos verdes da Arnoia.

6, Febreiro 2019

A Secretaría do Concello do Carballiño notificou esta mañá ao interesado o decreto de alcaldia no que se revocan as competencias de promoción económica, seguridade e persoal que tiña delegadas no concelleiro Adolfo Nogueira Campo.

Desta maneira, confírmase a decisión adiantada o xoves da pasada semana polo alcalde Francisco Fumega no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño.

O rexedor municipal toma esta decisión pola perda de confianza no concelleiro do seu grupo, asegurando que está traballando noutro proxecto político e na presentación dunha candidatura para as próximas eleccións municipais á marxe do PSOE.

Unha vez recibida esta notificación, Adolfo Nogueira emplazaba públicamente o alcalde do Carballiño por medio dunha comparecencia ante os medios "a que recapacite, porque non hai razóns obxetivas para tomar esta decisión" que considera de gran calado políltico "porque poder levar ao desastre ao PSOE no Carballiño".

Lamentou e criticou "a falta de diálogo" por parte do alcalde do Carballiño que "nunca se dirixíu a min" para tomar unha decisión na que "entrega a miña cabeza en bandexa de prata ao Partido Popular", sen que haxa motivacións de peso nin obxetivas, subliñou.

Nogueira asegurou que non sabe cál vai ser o seu futuro político "e algo que teño que consultar coa familia e os compañeiros", aos que volveu agradecer o apoio recibido, e negou en todo momento que teña algo que ver cunha posible candidatura fora do PSOE para as próximas eleccións municipais no concello do Carballiño, "son rumores", dixo.

Os grupos políticos representados no concello carballñés valoraron nesta emisora de radio a retirada de competencias ao concelleiro socialista.

Dende o BNG, Chema Ferreiro considera que "toda esta crise no grupo socialista hai moito tempo que ven afectando negativamente á gobernabilidade do concello, é algo que vimos denunciando e que agora se confirma.

Para Alternativa Veciñal a crise do PSOE local "é unha moi mala noticia para O Carballiño", afirmaba Bernardo García, que ademáis recordaba como "xa presentamos unha moción na que expoñiamos a deixadez de funcións dos concelleiros Adolfo Nogueira e Diego Fernández".

Dende o Partido Popular Marnotes dixo que "as discrepancias internas do grupo socialista non son de agora, a división do grupo xa se manifestaba incluso na campaña electoral das municipais de 2015, pero viñeronse agravando durante todo o actúal mandato".

6, Febreiro 2019

Pero realmente o refrán di: “cando o demo non ten que facer”. Verá vostede a continuación que hai moitas cousas que facer e que dicir.

En primeiro lugar dicirlle que lamento que a frase sobre os dereitos dos empregados do fogar afectáralle directamente. Era un extremo que desoñecía (a súa implicación). Unha vez que vostede o aclarou, só teño que engadir que faltaría máis! Tiña certas dúbidas sobre os dereitos, sen coñecer a súa implicación, porque hai case tres anos o candidato me preguntara por alguén para desenvolver traballos do fogar esporádicamente. Pero podería empregar tanto esa frase como: “Agardo que teñan tan bo criterio co emprego dos recursos dás empresas públicas” e quizáis vostede entendería mellor ou “agardo que teñan tan bo criterio con tal ou cal cousa”, tendo en conta o “brillante” criterio da comprometida loita contra “a crise mundial de saneamento”. En calquer caso lamento a incomodidade, e enténdoo perfectamente porque sei cómo se pasa.

Di vostede con toda razón que a muller do candidato que xa foi elixido hai dous anos non se dedica á política. Pero vostede entenderá que se a súa dona fai un comentario nun grupo eminentemente político denominado “Maside en positivo” e creado polo candidato, o seu comentario tamén pode ser sometido a crítica. Non sei se a vostede non llo parece, pero a loita polo saneamento mundial no termo municipal de Maside é un tema moi superado. En Maside non imos en taparrabos por moito que llo poida parecer a algúns.

As cousas que veñen a continuación non teñen nada de positivo para  Maside.

Aquí teño que aplaudir a elección do seu refrán: “Cando o demo non ten que facer mata as moscas co rabo”. O novo candidato, fai máis dun ano protagonizou unha inxerencia que non me atrevo a cualificar porque estamos en horario infantil, que tivo efectos sobre persoas que a min aféctanme. Persoas que se comportaron con exquisita sensibilidade coa causa do rexeitamento á incineradora de neumaticos. Protagonizou esta inxerencia sendo xa candidato (ao marxe de que non tivera ainda o espaldarazo de Baltar, porque xa sabemos quén da aquí os parabéns). Esta temática coñécea vostede tan ben coma min.

Está vostede equivocado na apreciación de que este presunto señor representa a unha Consellería. É un funcionario ao servizo dunha Consellería pero non o seu representante cando está fora das súas funcións públicas nesa Consellería. O representante puro é o Conselleiro.

O mesmo erro de apreciación debeu ter un terceiro que non é vostede, cando en nome do candidato, ofreceu apoio económico para un ente privado. Apoio que sería dado por unha Consellería sen especificar, hipotéticamente. Vostede coñece o asunto perfectamente. E coñece os tristes efectos e as difamacións verquidas por descerebrados/as que incorreron no mesmo erro. Non me refiro a vostede, xa o sabe.

E tamén sabe, porque o fixo diante súa e miña, que o candidato presumía de ser íntimo amigo de Feijóo, sen todavía ser candidato, e ofreceulle a vostede conseguir unha subvención directa para a asociación que vostede preside, e tamén presumía de conseguir outra directa para a que presidía eu. A mín pegábame a risa, porque con respecto a Plataforma Masidá, aparte de non precisar cartos, non lle faríamos o caldo gordo nin a políticos nin a xentiña que pretendese outras cousas máis aló do establecido nos seus estatutos. Non sei se recordará a frase que sempre repetía: “Plataforma Masidá no necesita dinero”.  Pero estou por apostar que no seu caso, esta fantasmada non chegou a bo porto, aínda que estes cartos serían ben recibidos e ao meu modo de entender ben oportunos para cubrir as necesidades da Casa Aberta (moi abandoada por todalas administracións).

Por outro lado a este alarde fantasmagórico tan só poden outorgarlle carta de natureza persoas de pouca conciencia e escaso entendemento, e penso que non é noso caso. Pero habelos hainos (o pequeño círculo que apoia a este home que ven a salvarnos as vidas, sobre todo en canto ao saneamento, anda a dicir que é a persoa responsable de que o matadoiro do Carballiño fose unha realidade. O que hai que escoitar, ¿non sí?)

Esta é a máis rancia política practicada polo máis rancio PP, e neste caso polo novo candidato do PP masidao, e non tería maior trascencencia pola miña parte se non afectase a terceiros que de verdade nada teñen que ver, nin terán que ver coa política. Nin por afiliación, nin por consanguinidade nin por por ningunha circunstancia. Que votan libremente, que apoian causas xustas, e que non fan de palmeiros de ningún novo merlo.

Non me vou a estender moito máis no aspecto político porque non paga a pena (de momento). Tan só convidar ao candidato, que xa é talludito, a que non se agoche detrás de ninguén tanto cando se entromete en terreos que non son da súa competencia como cando se sinte incomodado. Porque eu tamén sentín moita incomodidade cando vostedes dous foron a falar con alguén sobre un asunto que afectaba ao candidato e chamáronme desde alí (incluso o mesmo día recibín en casa outra chamada anónima, e xa chovía sobre mollado).

Pero non teño que recorrer a ninguén para responder. Nin teño que ir acompañado de ninguén cando me sinto ameazado, nin darlle a volta á tortilla insinuando que quen estivo do teu lado era quen me ameazara (aínda conservo a mensaxe delirante).

Cando alguén é trigo limpo, e o amezan con denunciar supostas falsedades, de ser falsas realmente, exercita as accións oportunas, e non rinde pleitesía a quen o ameaza, para delirar contra quen estivo do seu lado.

Polo demáis, como vostede comprenderá, a vida privada do candidato non me interesa o máis mínimo. A vida pública como candidato interésanos a todos, e déixolle outro refrán para o seu disfrute (ou do candidato): Manolete, se non sabes torear... ¿pra qué te metes? O dos puzos é de órdago. É o que pasa cando te metes en xardíns que non dominas.

Sorte no difícil reto de presentalo como un xestor con dilatada experiencia habida conta das trapalladas que xa protagonizou pese ó curto percorrido político e de amosar tan cuestionables métodos. En Maside, e todo o seu termo municipal, por moito que pensen algúns, nin somos pampos nin andamos sin retretes, e sabemos empregalos convenientemente (esto último é pra os que con toda lexitimidade apoian ao novo candidato).

A política local serve para solucionar problemas dos veciños, e non para crealos, porque para esa viaxe non precisamos alforxas.

Atentamente,

Antonio Iglesias Fernández

5, Febreiro 2019

Di o refraneiro popular que cando o demo se aburre, mata moscas co rabo.

Sospeito que ese é o caso do amigo/a copenauta que publica neste medio titulando o partido dos poceiros.

Sin ser o que suscribe, nin ter sido nunca do partido popular, sí son cercano á persona rencentemente nomeada como candidato á alcaldía de Maside polas debanditas siglas.

Algo ao que infelizmente estamos afeitos na nosa política patria e por ende municipal, é que se fai por buscar os "trapos sucios" de uns e outros, rascando aquí e alá a ver se sae algo.

Chego a entender que se ataque razonablemente a quen da o paso de mergullarse na política. Mais cando se trata de alguén que chega de novo, que non trae "mochila", non posee negocio nin empresa da que deducir sospeita de interés,e cando en definitiva non hai nada que rascar, daquela vaise a polo seu entorno.

Teño entendido que a dona do señor Álvarez Ferro non se presenta a nada nin está en política.

E no que se refire ás dúbidas ciscadas sobre a afiliación do personal empregado, por ser algo que me toca moi de cerca, non podo menos que recomendar ao amigo/a copenauta que antes de sementar embustes que poidan perxudicar a terceiras persoas que nada teñen que ver coa política, teña a ber cerciorarse.

Sería absurdo, inaceptable e ata do xénero tonto, que alguén que representa a unha Consellería, non asegurase ao personal ao seu servicio.

Poño ao seu dispor, anónimo/a amigo/a copenauta, a vida laboral de dito personal.

Co desexo de que non se aburra moito vostede, reciba un saúdo deste veciño de Maside.

Carlos Brenlla Álvarez.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS