Que non se engane a xente, aquí parece ser que hai cambio de cromos. Beirarrúas da casa de un , e manter o traballo da muller do outro no servizo privatizado de recadación. Todo elo, claro está e imprescindible para o benestar dos veciños. Iso é o que pasa cando a nova política pacta coa casta. Explicoulle os detalles internos dos pactos Bernardo á asemblea de En Marea? Está En Marea de acordo con que co seu voto a favor, de Bernardo, o PSOE siga a privatizar os servizos públicos do concello mangoneando así a En Marea? Se non se rectifica coa licitación e privatización de recadación para o pacto dos orzamentos, evidenciarase que todo isto é unha montaxe amañada con premeditación, e polo tanto deberían de marcharse tanto Fumega como Bernardo por enganar aos seus votantes e veciños do Carballiño.
E aproveitando que estamos de Entroido,
PACTO DE CHIRIGOTA:
BENVIDOS sexan os pactos,
BENAVENTURADOS sexan os que asinan o pacto,
BENDITOS sexan eles por contar co apoio dos seus votantes,
MAÍS tamén digo,
BEN BURROS son os cren neles porque neles está o engano,
BEN CABREADOS están os que se senten mangoneados,
BEN CALADOS están os que esperan a votar para botalos,
BEN FARÍAN en marchar Fumega e Bernardo.
Penso que se exaxera o que se di de bernardo. Calquera pode ter un erro e o que o coňecemos sabemos que para nada ten interese. E un apaisoado da política pero nada interesado. O do psdg do carballiňo e escandaloso. A Súa palabra non chega nin a dez días e incumplen as primeiras de cambio. Pero e de humanos errar e de sabios rectificar. Sería ben que a recaudiación pasase de novo o concello forrariase cartos e con traballo poderia ser mais eficaz

Alternativa Veciñal-En marea entende que "o alcalde do Carballiño rompe unilateralmente o acordo para a aprobación do orzamentos", tras publicarse a licitación para a adxudicación do servizo de recadación para os próximos anos.
Bernardo Garcia considera intolerable que o goberno municipal dea continuidade con este procedemento á xestión privada da recadación "a licitación suponlle ao concello un gasto para os dous primeiros anos de 1.060.000 euros", subliñou.
Ademáis, recorda García que se "incumple o acordo olenario de 2015 que o mesmo alclade votou favorablemente para remunicipalizar o servizo de recadación".
Tamén anuncio o concelleiro de AV que "de non retirar inmediatamente a licitación, presenará unha proposta plenaria para reducir á metade o salario de alcalde, xefe de personal e concellal de cultura, ademáis de pedier a demisión do alcalde".
Dende esta mesma formación política, Manuel Nogueira, entende que o concello do Carballiño está vulnerando a lei "xa que se aproba a licitación dun servizo municipal na Xunta de Goberno, cando debía facerse no pleno da corporación", asegurou.
Para ver o comunicado de Alternativa Veciñal-En Marea prema no arquivo adxunto:
Agora que queda as claras que o dos orzamentos foi unha menestra cociñada polo PSOE e o das mareas farian ben en sair novamente en rolda de prensa pra explicar que a condición de remunicipalicación que puxo o das mareas era para encher de palla o que realmente impoñía AS SUAS ACERAS. E de paso que pidan perdón por tomarlle o pelo a xentiña. O das mareas xa coñecía que o da remunicipalización non lle interesa o PSOE e ainda por riba dixo que os orzamentos eran rácanos en cultura. Enton porqué os votou ¿polas aceras? ¿son máis importantes as suas aceras que a cultura do Carballiño? A ver se lle poñen a este home as aceras dunha vez, e así o ano que ben o resto de veciños podemos contar cunhos orzamentos que sirvan aos intereses de todos e non os deles.
O acordo do pleno da corporación para a remunicipalización do servizo de recadación do concello do Carballño non poderá levarse a cabo ata dentro de dous anos, que poderían ser tres se a empresa que resulte adxudicataria faga valer a prórroga dun ano á que terá dereito.
Asi o critica o grupo municipal do Partido Popular, que considera un engano esta decisión do goberno municipal socialista "decindo que quere facer público aquelo que segue a privatizar, e seguro que as verdadeiras razóns desto non se poñen sobre a mesa".
Tamén consideran os populares que este concurso de concesión da recadación municipal pon de manifesto que "o pacto de orzamewntos 2017 entre PSOE e Alternativa Veciñal evidencia un fraude para os veciños do Carballiño so a 10 dias do pleno".
Para ver íntegro o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

O servizo municipal de limpeza, adscrito á concellería de Medio Ambiente que dirixe Érika Paz, procede estes días á renovación dunha parte das papeleiras das rúas do casco urbano e na zona do parque.
Nunha primeira fase vanse instalar un total de 85 papeleiras, cambiándoas polas vellas e colocándoas noutros lugares nos que non había ata agora, pero que son necesarias para cubrir máis tramos de rúa onde depositar papeis ou calquera outro tipo de obxectos de pequeño tamaño e manter limpa a vila.
Son papeleiras de cor gris e cun deseño máis moderno e axeitado para fomentar as boas prácticas no uso das mesmas, xa que teñen máis capacidade que as vellas, son máis resistentes no fondo e evitarán o desbordo do lixo por causa do depósito de bolsas que deberían ir nos contenedores de lixo común.
Polo tanto, ainda que esta novas papeleiras resultan máis efectivas, cómpre un uso responsable das mesmas para contribuir a manter limpo o pobo. Nesta primeira fase da campaña estas papaleiras estanse colocando nas rúas Julio R. Soto, en substitución das vellas e incluso aumentando os lugares de ubicación en zonas de maior densidade de tránsito peonil; tamén se instalarán na Avda. do Balneario e na rúa Francisco Castelló.
E no próximo mes de marzo colocaranse na zona do parque municipal. Con esta iniciativa trátase de mellorar o servizo de limpeza ao tempo de introducir un cambio paulatino de imaxe no mobiliario urbano, pois moitas das anteriores papeleiras están oxidadas ou rotas, creando incluso máis problemas de limpeza que os que resolven. Por isto se procede a súa renovación e se pide aos veciños e veciñas un uso adecuado das mesmas.
¿ DICEN O DICES ? , ¿ UN LABERINTO ? , ¿ PERSONAJES ?SUPUESTAMENTE LIGADOS A LA POLITICA Y QUE SOLO DEJAN PASAR EL TIEMPO SIN HACER NADA , ¿¿ LEÑA AL FUEGO ?? , ¿¿ ALIMENTAR SUS NEGOCIOS ¿??
¿¿ COPERATIVA ?? , NUNCA ESCUCHE ESA PALABRA EN NUESTRAS REUNIONES Y LA VERDAD NO SE DE QUE NEGOCIOS HABLAS , NOSOTR@S NO MANEJAMOS NI PODER ,NI DINERO , CREO QUE TODO SON IMAGINACIONES EN TU MENTE ..
¿¿ PERO DE QUE ESCRIBES ?? , “ PERSONAJES “ , PUEDE QUE SI , PERSONAJE TE HACES DESDE EL MOMENTO EN QUE ESTAS EN LA POLITICA , PERO NO VAMOS Y VENIMOS NI QUEREMOS FIGURAR COMO TU DICES ,, LUCHAMOS POR EL BIENESTAR DE LA GENTE DEL AYUNTAMIENTO DE MASIDE , POR LAS MALAS DECISIONES QUE SE TOMARON ESTOS ULTIMOS AÑOS …..
¿¿ ANDAR DE BAR EN BAR Y ZAPATITO LIMPIO ?? , POCO SABES DE LA GENTE QUE REPRESENTAMOS EL PARTIDO POPULAR DE MASIDE , ( LA OPOSICION ) , PORQUE TOD@S TRABAJAMOS , VIVIMOS DE NUESTRO TRABAJO QUE NO ES FACIL EN ESTOS TIEMPOS , PASAMOS HORAS Y HORAS LABORANDO , CREO QUE SI TU TRABAJARAS LAS MISMAS HORAS QUE NOSOTR@S , NO TE DARIA TIEMPO DE ESCRIBIR LO QUE ESCRIBES .
Y DE CASOS Y COSAS QUE SUCEDEN EN EL AYUNTAMIENTO , EN EL POCO TIEMPO QUE LLEVAMOS , SABEMOS Y HACEMOS MUCHO MAS DE LO QUE TE IMAGINAS …
¿¿ UN NUEVO AMIGO ?? , ¡¡¡¡ PUES SI !!! , BIENVENID@S TODAS LAS PERSONAS QUE SE QUIERAN UNIR A NUESTRA LABOR , ¿¿ DESAPARARECIDO JEFECILLO ?? , ¡¡¡ SERA PARA TI !!! , PORQUE LO VEMOS POR MASIDE MUY A MENUDO ….
¿¿ MUCHOS GALLOS EN EL GALLINERO ?? , AQUÍ NO PELEAMOS POR EL PODER , AL CONTRARIO , SUMAMOS NUEVAS IDEAS Y LAS COMPARTIMOS , EN EL GRUPO TAMBIEN HAY MUJERES , ¿¿ SERAN GALLINAS ?? , ESA ES TU OPINION , PERO TEN CUIDADO , FUERA DE ESTE GALLINERO COMO TU DICES HAY MUCHO ZORRO SUELTO .. ..
Y POR ULTIMO , ¿¿ SERAS GALLO O GALLINA ?? , MAS BIEN CREO QUE GALLINA , PORQUE OCULTAS QUIEN ERES , CREO QUE SOLO ERES UN ANONIM@ MAS , UN@ ANONIM@ ERRANTE …..
ATENTAMENTE : ROBERTO COLLAZO.

Dende xaneiro de 2016, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Carballiño leva a cabo un proxecto específico de apoio a persoas con capacidades diferentes, co financiamento do Fondo Social Europeo e a colaboración da Asociación ASPADISI, así como dos servizos sociais do Carballiño.
Dende a posta en marcha deste proxecto, organízanse diferentes accións para potenciar as capacidades básicas dos participantes, tanto persoais como sociais, co obxectivo de aumentar a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.
Ademais os participantes teñen a oportunidade de realizar itinerarios específicos e personalizados, co obxectivo de explorar as súas posibilidades nun programa básico prelaboral. En total, 20 persoas de entre 21 e 55 anos participan no proxecto, procedentes de distintos puntos da comarca.
A técnica responsable do proxecto, María África Lavandeira, subliña “a importancia deste proxecto na mellora da autoestima das persoas coas que traballamos, xa que viven no ámbito rural e en moitos casos non teñen finalizados os seus estudos; esta é unha fiestra que se abre para eles e elas, para relacionarse, aprender cousas novas e mesmo poder optar nun futuro a un emprego”.
“O proxecto supuxo implementar de forma moi importante os recursos que había para dar resposta ás persoas con diversidade funcional da nosa comarca; tanto o voluntariado que participa nas actividades como as súas familias, estamos moi satisfeitos e ilusionados ao ver a evolución dos e das participantes, porque teñen ganas de vir aos obradoiros e compartir vivencias, momentos alegres, chegando a ter entre todos nós un trato case familiar”, sinala Lavandeira.
Cruz Vermella organiza actividades de moi distinta índole, como obradoiros de habilidades sociais e socio-laborais, lecto-escritura, obradoiros de teatro, de canto, de informática básica ou igualdade de xénero, co obxectivo de mellorar a súa autonomía, diminuír a fenda dixital e contribuír á redución das desigualdades de xénero existentes, a través da mellora da situación persoal e social.

Unha imaxe de “A Borriquiña” (Xesús montado nunha burra na entrada triunfal a Xerusalén) será unha das novidades da próxima Semana Santa no Carballiño, cuxo programa relixioso ten xa prácticamente ultimado a Cofradía da Veracruz.
De feito esta imaxe, que foi encargada a un dos novos escultores de imaxinería máis renomados de Sevilla, Manuel Madroñal Isorna, atópase xa na vila.
Non obstante, non se presentará ao público ate o domingo 26 de febreiro, no que será bendecida durante unha misa en conmemoración da entrada de Xesús en Xerusalén, no templo da Veracruz.
A imaxe, que será a gran novidade da procesión do Domingo de Ramos, foi esculpida no obradoiro do escultor imaxineiro sevillano Isorna. A imaxe está tallada en madeira de cedro e pintada ao óleo. O pasado mércores desprazáronse a Sevilla varios integrantes da Cofradía carballiñesa para trasladala ata a vila, onde está gardada ate a súa presentación pública.
O feito de que esta imaxe se presente e se bendiga o domingo 26 de febreiro ven motivado polo nomeamento como cofrade de honor á Brigada de Infantería Lixeira BRILAT “Galicia” VII, cuxo xefe, o xeral Cebrián Carbonell acaba de ser ascendido e trasladarase fóra de Galicia, polo que antes de que isto se produza a Cofradía adianta este nomeamento e faino coincidir coa bendición da nova imaxe. Precisamente, a banda da Brilat acudirá á procesión de Ramos.
Non será sen embargo a única novidade da próxima Semana Santa no Carballiño, pois a Cofradía da Veracruz ten elaborado un amplo e intenso programa de actividades, que será dado a coñecer oficialmente o 17 de marzo, cando se presente tamén o cartel promocional, que nesta edición terá una importante difusión nas principais cidades do sur de Galicia.
Neste ano 2017 a Cofradía cumpre o décimo aniversario da súa creación, polo que será unha Semana Santa cunha significación especial para esta entidade que ten reservadas máis novidades para dar un maior realce a estas celebracións relixiosas no Carballiño.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou no Carballiño na presentación do Observatorio Económico Ourensán referido ás comarcas do Carballiño e Ribeiro.
O dato máis salientable do estudo reflicte que a comarca do Carballiño consolida os 8.000 empregos e refórzase como o segundo mercado laboral máis amplo da provincia de Ourense.
O presidente do goberno provincial presentou os datos do Observatorio acompañado polo profesor da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, Andrés Mazaira, acto que tivo lugar na Casa do Concello do Carballiño e ao que asistiron representantes institucionais, empresariais e sociais destas comarcas.
No que atinxe ao Ribeiro, o Observatorio reflicte as empresas e os centros de traballo locais xeraron en 2016 un total de 51 empregos, e ámbalas dúas comarcas –Carballiño e Ribeiro- contribuíron ao descenso do paro no conxunto da provincia. En Carballiño a taxa interanual rexistrou unha baixada do 14,6% e no Ribeiro do 8%.
O Carballiño, segundo mercado de traballo
Segundo subliñou Manuel Baltar, a comarca do Carballiño, que sostén o 8,2% de todo o emprego ourensán, "afiánzase como o segundo mercado de traballo máis dimensionado da provincia, con lixeira vantaxe sobre Valdeorras". O Observatorio Económico Ourensán constata que o pulo xurde desde dúas estruturas produtivas moi diferentes. "Unha delas, a valdeorresa, -explicou Andrés Mazaira- presenta unha forte especialización sectorial, pola súa dependencia da industria extractiva, e a outra benefíciase dunha maior diversificación e dun moderado desenvolvemento industrial e tecnolóxico".
Neste sentido, as afiliacións por municipio de residencia do traballador só baixaron no acumulado de 2016 en dous dos nove concellos da comarca de Carballiño, San Amaro (-4,3%) e San Cristovo de Cea (-0,7%). O resto foron avances, con maior forza para os protagonizados por Punxín (5,2%), Piñor (4,5%), O Carballiño (3,1%) e Maside (2%).
De feito, a capitalidade comarcal anotou a máis intensa creación de emprego neto entre as doce cabeceiras da provincia.
Pola súa parte, a comarca do Ribeiro foi a única da provincia en asinar unha taxa de variación negativa das afiliacións en 2016, se ben cun mínimo descenso do 0,4%. Segundo a interpretación do Observatorio, o dato en si non é ameazante, xa que este mercado local acusa moito a temporalidade nos cuartos trimestres. De feito, en setembro -coincidindo coa fase máis intensiva da viticultura- as afiliacións crecían un 1,6% en taxa interanual. E un ano antes, en decembro de 2015, rexistrábase unha subida do 0,8%. Só tres dos nove municipios do Ribeiro saldaron o ano 2016 con alzas nas afiliacións.
Acompañaron á cabeceira, Ribadavia, que logrou un repunte do 0,4%, os concellos de Carballeda de Avia (5,7%) e Melón (5,4%), que figuran agora mesmo entre os dez da provincia con maior ritmo de creación de emprego neto. Sen embargo, cinco municipios sufriron perdas no último ano, en especial Leiro (-7,3%), Arnoia (-4,4%) e Castrelo de Miño (-4,1%).
Afiliados por conta de cotización
A análise das afiliacións tendo en conta o concello no que teñen a conta de cotización as empresas e os centros de traballo ratifica a axeitada recuperación que está a vivir o mercado laboral da comarca de Carballiño.
No último ano, as empresas aquí instaladas xeraron 291 empregos netos. Desde esta variable, a creación de postos resulta superior á que mide o Observatorio desde a variable do domicilio de residencia do traballador: 4,8% de incremento segundo a conta de cotización da empresa (excluíndo os factores demográficos) e 2,1% desde o enfoque do lugar de residencia do afiliado.
O municipio do Carballiño crea as dúas terceiras partes do novo emprego que xurde na comarca, con 199 afiliacións netas de incremento no último ano, o que representa unha subida interanual do 5,1%. Cabe salientar ademais que todos os concellos, agás Boborás, que conservou emprego, viron crecer o número de afiliacións en función da ubicación do centro de traballo.
Nas zonas rurais destacaron as contribucións de Piñor, Maside, Boborás e O Irixo en novo emprego. Mentres, as conclusións que recolle o Observatorio para O Ribeiro desde o enfoque das afiliacións por lugar de residencia tamén se ven reforzadas ao engadir o estudo en función do emprego que xeran as empresas e os centros de traballo locais.
Con esta segunda interpretación, a situación da comarca mellora de xeito considerable. Obsérvase en primeiro lugar que o conxunto da comarca convértese en xeradora de emprego, cunha creación neta de 51 empregos en 2016 e un avance do 1,6%, fronte ao -0,4% que sinalan as afiliacións por concello de residencia do traballador.
Ribadavia impulsou 50 afiliacións netas no acumulado do ano, cun repunte do 3,8%. As outras tres contribucións máis significativas foron as de Carballeda de Avia, Beade e Avión, mentres que os maiores descensos déronse nas empresas e centros de traballo de Arnoia e Castrelo de Miño. En total, seis municipios tiraron do emprego en positivo e catro perderon afiliacións, pero de xeito feble ou moderado.
Entre a comarca de Carballiño e a do Ribeiro aportan 14 dos 58 concellos da provincia que aumentaron en 2016 o número de afiliacións desde a variable do lugar da conta de cotización do traballador (en función do empadroamento do cotizante houbo subidas de afiliados en 53 municipios ourensáns).
O Paro descende nas dúas comarcas
Por outra banda, ambas comarcas contribuíron ao descenso xeralizado do paro no conxunto da provincia durante o ano pasado.
En O Carballiño a taxa de variación interanual situou unha baixada do 14,6% e no Ribeiro do 8%. Ao actualizar os datos ata xaneiro de 2017, os decensos quedan fixados no 13,4% e no 8,4%, respectivamente. En ningún concello destas dúas comarcas se rexistrou subida do paro no cómputo anual. Só estiveron preto de facelo os tres municipios da zona (Punxín, Cenlle e Arnoia) que repetiron estatística de número de parados. En O Carballiño cumpre subliñar que todos os descensos, coa única excepción de Maside (-7,9%) foron a dobre díxito. Nos casos de Beariz e O Irixo achegáronse ao 30%. Na cabeceira de comarca houbo unha redución do 13,5%. No Ribeiro superaron o 10% de baixada Beade (-31%), Melón (-18,5%) e Carballeda de Avia (-11%), mentres que Ribadavia achegouse moito a ese nivel (-9,4%).
A sangría demográfica continúa imparable
A poboación das comarcas de Carballiño e O Ribeiro, que representa preto do 14% do total da provincia, ven acusando descensos nos últimos anos, máis acentuados no caso do Ribeiro. A unidade comarcal do Carballiño tiña 27.108 habitantes a 1 de xaneiro de 2016, un 1,47% menos que na mesma data de 2015. Esta redución é lixeiramente superior ao decrecemento poboacional medio da provincia: -1,1%. Pero si estendemos a comparativa ata o ano 2000, o descenso poboacional é do 10,96%. Nesta comarca, onde reside o 8,6% da poboación provincial, a baixada no número de residentes ten como consecuencia unha perda de peso relativo no conxunto de Ourense: 0,16 puntos porcentuais en comparación co ano 2010 e 0,21 puntos fronte ao 2000. Cunha idade media de 51,6 anos, o alto grao de envellecemento fai que por cada 100 menores de 16 anos haxa na comarca 368 residentes con 65 ou máis anos.
Na cabeceira comarcal, O Carballiño, cunha poboación de 14.031 habitantes en xaneiro de 2016, concéntrase o 51,3% da poboación comarcal. Trátase do único concello que amplía o seu peso relativo a nivel local: no ano 2000 representaba o 40,8% e no 2010 o 48,1%.
A fenda demográfica resulta aínda máis acentuada na comarca do Ribeiro. A 1 de xaneiro de 2016 rexistraba unha poboación de 16.547 habitantes, cun retroceso interanual do 1,61%. A caída chega ata o 13,24% na comparativa co ano 2010 e ao 20,89% respecto ao 2000. Nesta comarca reside o 5,26% da poboación ourensá. O seu peso demográfico no conxunto da provincia baixou 0,43 puntos porcentuais fronte ao que ostentaba no ano 2010 e en 0,80 puntos fronte ao do 2000. Cunha idade media de 54 anos, a taxa de envellecemento está en 497,90. O Ribeiro presenta un grao de concentración poboacional na súa cabeceira comarcal claramente inferior ao da comarca de Carballiño. Ribadavia ten un peso relativo do 30,6%, só 1,84 puntos máis que no ano 2010 e 4,29 puntos de alza con respecto ao ano 2000. Pero neste caso, de xeito contrario ao que pasa na área de Carballiño, catro concellos -ademais da cabeceira comarcal- incrementan o seu peso específico, e fano tanto na comparativa con 2000 como con 2010: Arnoia, Carballeda de Avia, Leiro e Melón.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 536
- 537
- 538
- 539
- 540
- 541
- 542
- 543
- 544
- …
- seguinte ›
- última »