
O grupo municipal do BNG no concello de San Cristovo de Cea ven de presentar unha moción de urxencia na que pide á corporación que "solicite de inmediato a paralización do expediente de expropiacións, atender as demandas dos veciños e solicitar un novo proxecto integral para toda a estrada Viduedo -Mandrás, para que se execute á maior brevidade".
Os nacionalistas recollen a demanda dos veciños afectados, que "mostraron a súa sorpresa diante un proxecto que se esquece do resto da estrada e só considera un tramo de 100 metros, xustamente na fachada e acceso lo Pazo de A Pousa, en Vilaseco".
Ademáis, "exprópianse só as fincas de pequenos propietarios situadas enfronte ó Pazo, sen que as déste se vexan afectadas", aseguran no escrito presentado polos concelleiros Manuel Pérez e Mariña Arbor.
Para acceder á moción do grupo municipal do BNG de Cea, prema no arquivo adxunto:

A Concellería de Igualdade do concello do Carballiño, que dirixe a concelleira Marina Ortega, abre a programación de actividades o martes dia 7 coa celebración de un "Taller Lúdico-Didáctico,na procuara da muller salvaxe" a cargo de "Aporía Escénica", desenvolveráse na casa da cultura.
O mércores dia 8 de marzo celebraráse o acto institucional do concello carballiñés, no propio salón de actos do consistorio, no que participarán unha representación do alumnado dos centros educativos do Carballiño, asi como de distintas asociacións locais. No transcurso deste acto, faráse a entrega de premios do "VI Concurso Fotográfico Unha mirada de Xénero, A Muller e o Liderato".
Continuará a programación o sábado dia 11 coa representación teatral "30 e tantos ósos, de "Aporía Teatro".
Finalmente, o domingo 26 de marzo celebraráse a "VI Andaina O Carballiño camiña pola igualdade", as inscricións son gratuítas ata o vindeiro dia 23 no CIM do Carballiño.
"II Semana da Muller" no concello de Piñor.
O Concello de Piñor informa da posta en marcha dunha campaña de concienciación sobre a igualdade de xénero, para conmemorar o Día Internacional da Muller 2017. Co obxectivo de destacar a importancia da muller ó longo da historia, os avances acadados a nivel de igualdade de xénero e a necesidade se continuar esta loita social, este ano o concello aposta pola “II Semana da Muller”, unha iniciativa que pretende acercar á poboación o tema da igualdade e facela partícipe dun modo orixinal e creativo.
Con elo, dende o 7 ó 15 de marzo, as principais dependencias municipais e o Centro de Saúde de Piñor únense nesta campaña igualitaria, levando a cabo dúas accións:
1) “Piñor coa muller”: Implicación dos diferentes Departamentos municipais, de forma que cada dependencia municipal contará cun cartel conmemorativo do Día da Muller, no lugar máis visible para a poboación, destacando a diferentes mulleres recoñecidas ó longo da historia, ben sexa polos seus logros no eido da igualdade ou noutras áreas relevantes.
2) “Doces da igualdade”: para achegar o tema da igualdade de xénero á poboación, as principais dependencias municipais (Atención ó Público, Servizos Sociais, Mediambiente, Urbanismo, Padrón e Alcaldía) e o Centro de Saúde (na consulta do enfermeiro e na da médica) contarán con pequenas chocolatinas marcadas con mensaxes orixinais sobre a igualdade de xénero. A idea é transmitir mensaxes igualitarias en contra do machismo e a sociedade patriarcal, pero dun xeito orixinal e simbólico. Vamos a “endulzarnos”,vamos a volvernos “máis igualitarios”.
Esta iniciativa, que xa foi levada a cabo o ano pasado, pretende chegar á poboación dun modo máis directo, facéndoa partícipe da loita por unha igualdade efectiva entre mulleres e homes. Un compromiso máis co III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Piñor (2014-2017).
Bernardo: Eu son un dos que che chamou “o das mareas”. E non debes preocuparte por eso pois non é ningunha falta de educación nin falta de respecto. Igual que cando ti falas dos do PP ou da Deputación nun tono un pouco especial, os do PP non poden tomalo como ningún insulto nin nada despectivo. Ou cando estabas en AGE e o teu lema e proposta electoral era: "Hai que botalos". Bernardo, a liberdade de expresión e unha estrada de doble sentido. O “vello profesor” como o chamabas nesa campaña, chegou a decir que o PP asasinaba a xente polo da sanidade. Créeme admiro máis a Beiras que a maioría do PP, pero esto que dixo é unha animalada non comparable a chamarte a ti “o das mareas”.
A miña identidade é a de calquer votante, o voto é segredo. E vou seguir mantento o segredo do meu voto agora que che vou gabar. Eres importantísimo para o desenvolvemento da democracia carballiñesa. Eres do mellor que aconteceu no Carballiño dende hai moitos anos. Eres valiente e noble, pérdeste un pouco nas formas pero pódese pasar, porque á hora da verdade atendes casi sempre á lóxica.
¿Por qué digo esto? Fuches o primeiro que fixo algo destacable neste mandato, pediches que se cumplira a ordenanza para as terrazas. E grazas a ti e mailo teu partido AV en Marea (non entendo por qué che parece mal que te chamen o das mareas) os do Carballiño sabemos moito máis do servizo de recadación. Grazas a ti e o teu partido, porque fuches o primeiro en poñelo en solfa, coñecemos que este servizo deixou prescribir 3 millóns de euros primeiro, e outros dous con posterioridade. A lóxica, a cal casi sempre segues, púxote na tesitura de ter que rexeitar esta empresa, e propuxeches a remunicipalización do servizo. Apostaches por esta vía ó mesmo tempo que o fixo Chema co BNG.
Bernardo, eu quero chamarte o das mareas por moitos mandatos, e desexo que teña que chamarvos así a tres ou catro concelleiros. E ti tes moita responsabilidade en que esta posibilidade poda ser algún día unha realidade. Explícome: Se ti, inicialmente segues unha tesitura, e o fas polo camiño correcto, non podes estropealo dando bandazos. Se o voso partido denunciou que non era de recibo non pasar polo pleno para a licitación deste servizo, e fíxoo baseándose na legalidade vixente, non pode existir ningunha circunstancia ou condición, ou pacto, ou cambalache, que altere este posicionamento, porque é sólido e robusto, e é absolutamente axeitado.
Persoalmente desexo que non estropees todo o que fixeches ben até o de agora mediante un parche. Pidoche por favor, e polo ben das xeracións futuras de en Marea, e de moitos outras forzas que podan concurrir no futuro á política local carballiñesa, que sexas valiente, que recoñezas que os do PSdeG do Carballiño non actuaron de boa fe cando asinaron contigo un acordo de vontades. Recoñece que eles non queren seguir a senda da remunicipalización (concretamente o alcalde por razóns evidentes). E non asines medias tintas, contratos por ano e medio, ou por un ano con outro prorrogable, nin nada polo estilo. Non sometas ó contribuinte carballíñés a ter que seguir pagando (cun aumento dos honorarios) a unha empresa que deixa prescribir tanto carto do noso señor ¿Qué se podería facer con todos eses cartos? MOITAS COUSAS. Ti ben sabes, se fas unha lixeira reflexión, que asinar ese parche é renunciar a remunicipalización por todo este mandato (que é o que lle interesa ó alcalde). É un luxo costosísimo para o interese xeral do Carballiño (tanto polo montante do que se deixou de cobrar, cinco millóns de euros, como polos propios honorarios dunha empresa ineficaz a todas luces).
Pra rematar Bernardo, non coquetees cos da casta, porque xa sabes aquelo de quen con miniños se acosta mexado se levanta. E os da casta son como miniños que pra conseguir un voto non teñen que loitar o que ti loitaches, porque os seus aparatos propagandísticos e a suas portas xiratorias fanllo todo máis sinxelo. E perdoa por ser un dos que te criticaron, pero estou convencido de que ó final terei que facer o contrario. Fareino con moita máis ledicia que coa que te critico. Estás levando un peso importante, estás nunha posición que é a máis complexa e entendo que poden xurdir dúbidas, pero se mantés a integridade sairás airoso de todo esto. Sorte, forza, e valentía Bernardo. E moitas grazas por participar na vida pública e achegar todo o bo que achegas.
Keep fighting

O Carballiño prepárase para recibir este próximo domingo, 5 de marzo, a milleiros de visitantes que acudirán á vila para degustar a cacheira e disfrutar dun día de divertimento co acompañamento musical de charangas, folións e comparsas.
Calcúlase que nos restaurantes e mesóns de vila se servirán máis de tres mil racións de cacheira, que se poderá degustar en calquera dos vintecinco establecementos hostaleiros que participan neste evento. Nalgúns destes locais xa se colgou o cartel de “completo”, polo que se recomenda efectuar a correspondente reserva se non se quere correr o risco de non atopar lugar para xantar. Os menús oscilan entre os 12 euros e os 25 euros, polo que hai unha ampla posibilidade de selección.
Esta edición da Festa da Cachucha contará cunha das máis amplas representacións de agrupacións do entroido da súa historia. Así, haberá catro charangas animando as rúas da vila pola mañá e os locais hostaleiros durante o xantar.
Ás 12 do mediodía comezará o desfile de folións e comparsas, coa participación da Comparsa Ciklón, Comparsa Os da Caña, Folión de Fradelo, Folión Arrieiros de Petín, Folión de Tameirón e Viticultores de Vilamarín, ademáis da murga carballiñesa Os Liborianos. O itinerario comeza na Praza da Veracruz e recorrerá as rúas Curros Enríquez, Rúa do Paseo, Praza de Os Liberianos e nos arredores da Praza Maior.
E pola tarde, a partir das 18,00 h., Gran Desfile da Festa da Cachucha, con folións e comparsas, e no que ademáis destas agrupacións citadas e a Comparsa de Parada de Amoeiro, intervirán as cinco comparsas que resultaron vencedoras no desfile de comparsas do martes de entroido, e que son: Os Azucarados de Maside; Os Arrieiros de Dacón; a Asociación Cultural Castro de San Amaro; a Asociación de Veciños de Crecente, e a anpa de A Uceira. En total, catorce agrupacións con máis de cincocentas persoas desfilando polas rúas principais da vila do Carballiño para poñerlle cor e son á Festa da Cachucha.
O itinerario deste desfile é o seguinte: Otero Pedrayo, Conde Vallellano, Avda. Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e Rúa do Paseo.
Ao termo deste desfile haberá animación cunha DISCOMÓBIL e un DJ na Praza Maior
Esta ben criticar o que cadaquén considere na sección de "Denuncias" desta emisora.Non estaría demais identificarse ,anque non sexa obrigatorio, pra evitar malas palabras.Eu non son "o das mareas", así, varias veces ,en plan despectivo.Son Bernardo, xubilado ,que emprega o tempo tratando de mellorar algo este concello.Con boa vontade e con resultados inferiores ao desexado.De momento.É importante xestionar directamente este servizo en vista do que ten pasado (perda masiva de euros ,según detectaron 2 auditorias).Logo iremos a outras cousas.Apoiamos a aprobación dos orzamentos en base a melloras básicas e outras necesarias , non nos cegaron nin as presas nin os intereses.En todo caso ,o tempo é o mellor xuiz.Pido paciencia aos críticos de boa fé e aos outros ,polo menos , bons modais.
Resulta chamativo que unha empresa eminentemente neglixente por deixar prescribir máis de 3 millóns de euros, sexa recompensada cunha renovación de tres anos, e cun incremento importantísimo dos seus honorarios.
Estiven escoitando a comparecencia do voceiro do BNG, e quero felicitalo.
Semellaba que no concello do Carballiño reinaba o auténtico caos. Por unha banda esta absurda licitación. Por outra banda un colaborador necesario para a concreción desta tropelía, un concelleiro desubicado que un día pide a dimisión do alcalde o outro di que hai que baixarlle o soldo, e o anterior día falaba de consenso e de felicidade matrimonial. E por fin podo escoitar unha persoa sensata que fala do hai que falar. Falou do informe de intervención, muy desfavorable con respecto a esta empresa (é o máis lóxico habida conta dunha xestión nefasta). Falou da imposibilidade material de remunicipalizar de inmediato a recadación, porque quenes debían facelo, estaban durmindo e deixaban pasar o tempo. Propuxo alternativas lóxicas e viables, como unha xestión pública temporal por parte da Deputación no período de transición á remunicipalización, e amosou respecto tanto polo alcalde (cando o máis sinxelo sería sumarse a tolemia do das mareas pedindo desconto de soldo), como polo concelleiro que se atopa nun lío que nin él se aclara.
Sr. Chema Ferreiro: Menos mal que nos queda Portugal, menos mal que ainda hai xente que ten neuronas, sensatez e elegancia, que non é nada común nestes tempos.
Estou de acordo co quee deixou patente o Sr. Chema: O alcalde, xa ten que empezar a sair a decir esta boca é miña, e non esconderse baixo o concelleiro Adolfo. O alcalde debe explicar por qué quere licitar este servizo sin pasar por Pleno, e non estaría de mal que explicase se algo ten que ver o feito de que a súa dona traballe dende hai ben anos nesta empresa, inefizaz, e costosísima para os intereses xerais do Carballiño.

Máis dun centenar de veciños e veciñas do Irixo concentraronse na Praza do Concello desta localidade para mostrar o seu malestar e protesta contra a decisión da entidade bancaria "Abanca" de pechar parcialmente a sucursal neste concello.
A entidade anunciou que a partir do dia 17 deste mes de marzo tan só abrirá a súa oficina no Irixo en horario de atención ao público, os martes en horario matinal e os xoves en horarios de mañá e tarde, permanecendo pechada o resto da semana.
Na concentración veciñal estiveron presentes representantes de todos os grupos políticos representados na corporación municipal do Irixo, co seu alcalde á cabeza, que procedeu a lectura dun manifesto.
Manuel Penedo recordou o por qué no seu dia nacera "a Caixa de Aforros de Ourense, a caixa, como lle chamaban os que tiveron que emigrar e deixar aquí pais, fillos e o resto da familia, co seu esforzo e os seus aforros axudaron a crear aquela caixa que logo foise expandindo e fusionando, ata chegar a súa nomenclatura actúal, e sen os seus cartos nun poderían chegar a donde chegou o que hoxe é Abanca", dixo.
O rexedor municipal referíuse a esta oficina "como un servizo máis para os veciños do Irixo, hoxe queren pechar a do Irixo pero mañá seguro que será outra noutro sitio".
Finalmente, Penedo pedíu unha reflexión aos responsables de "Abanca" xa que co peche desta oficinas nos pequenos concellos é un paso atrás nos servizos do rural, polo que lles pedíu públicamente que manteñan o actúal horario de atención ao público na súa sucursal do Irixo.

El Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a través de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), ha formalizado esta mañana el convenio de colaboración con la Diputación Provincial de Ourense y con el Ayuntamiento de Leiro para la financiación y ejecución de una senda fluvial en la margen derecha del río Avia en Leiro.
El acto de firma ha sido celebrado esta mañana en el Salón de Plenos del Ayuntamiento de Leiro, presidido por el delegado del Gobierno en Galicia, Santiago Villanueva, y rubricado por el presidente de CHMS, Francisco Marín, por el presidente de la Diputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, y por el alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.
El objeto del proyecto es la recuperación de un tramo del senda, ubicado en la margen derecha del río Avia, de 193 m. de longitud que actualmente cuenta con una pasarela de madera apoyada en pilas de hormigón cuya estructura se encuentra en muy mal estado de conservación, lo que ha obligado a su cierre y prohibición de paso por la misma.
Analizadas las distintas alternativas para reponer la continuidad de la senda en este tramo, se ha concluido que la mejor opción consiste en la demolición total de la pasarela y la resolución de la continuidad del paseo ocupando el espacio situado entre la coronación del muro que actualmente delimita la margen del río en este tramo y los cerramientos de las fincas colindantes.
Se consigue con ello la recuperación de este tramo de la margen del río para su disfrute por los ciudadanos, integrándola correctamente en la trama urbana de Leiro y eliminando al mismo tiempo el obstáculo que la actual estructura supone en el cauce del río, en línea con los objetivos del vigente Plan Hidrológico de la parte española de la Demarcación Hidrográfica del Miño-Sil y de la Directiva Marco del Agua.
La primera de las actuaciones consistirá en el desmontaje de todos los elementos de madera que constituyen la actual la pasarela, así como de su mobiliario e instalaciones, para proceder a la demolición de todos los elementos de hormigón armado que integran su estructura y sobresalen sobre la rasante del terreno o del fondo del río.
Posteriormente se ejecutará el nuevo tramo de paseo que se adaptará e integrará con el terreno y topografía existentes y su ancho será variable, con la intención de integrarlo en el núcleo urbano de Leiro.
Al final del tramo, la senda se apoyará en una explanada empedrada contigua a un molino restaurado con la intención de poner en valor y mejor uso esta edificación que en la actualidad se destina a punto de información y conexión a internet. Asimismo, se construirá una escalera metálica para permitir el acceso al molino, situado en un nivel superior respecto del sendero.
Los accesos norte y sur desde el pueblo de Leiro a este nuevo tramo de paseo fluvial serán acondicionados con los mismos materiales que el resto del itinerario, alcanzando el tramo de actuación una longitud total de unos 210 m.
Actualmente, está redactado el proyecto de construcción de estas actuaciones, que cuenta con los necesarios informes favorables sobre protección de la naturaleza y del patrimonio cultural. El plazo estimado para su ejecución es de dos meses.
Financiación
La inversión prevista asciende a 310.000 €, que será sufragada en un 32% por el Ministerio, a través de la CHMS, 20% restante por la Diputación de Ourense y en un 48% por el Concello de Leiro.

O concelleiro Chema Ferreiro, acompañado da responsable local do BNG, Sofía García, anunciaron que esta formación política ven de presentar no rexistro xeral do concello carballiñés o escrito polo que solicitan a "impugnación da aprobación dos orzamentos, propoñendo a repetición do debate nunha nova convocatoria do pleno, pero si coa documentación completa a disposición da corporación".
Na alegación presentada polo grupo nacionalista expónse que "no pleno do dia 2 de Febreiro aprobaronse os orzamentos para este ano, e o BNG votou en contra, e a negativa a dita aprobación estaba fundamentada en notables deficiencias de forma, asi como a falla de documetnación precisa que debería acompañar o orzaemtno, tal cmo sinala o artigo 168 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais".
Aseguran os representantes do BNG que tanto o anexo de persoal do concello carballiñes e o anexo de investimentos a realizar este exercicio non figuraban na documentación dos orzamentos.
No transcurso dunha intervencións nesta emisora de radio, Chema Ferreiro mostrou a súa "perplexidade" pola situación política que vive estes dias o concello do Carballiño tras o conflicto no que derivou o acordo entre o alcalde e o concelleiro de Alternativa-En Marea, e que propiciou precisamente a maioria necesaria para a aprobación dos orzamentos desta ano 2017.
O concelleiro do BNG entende que "a solución" para resolver esta situación pasa pola impugnación do acordo de aprobación dos orzamentos,de tal maneira que se volvan presentar ao pleno e nos mesmos se reflicten os acordos alcanzados entre goberno e AV, acompañando os mesmos das súas correspondentes consignacións económicas.
As choivas deron unha tregua para que arredor de mil persoas -agrupadas en quince formacións- participaran no gran desfile do carnaval, celebrado este martes de entroido polas rúas máis céntricas do Carballiño
En medio dunha gran expectación na Praza Maior o xurado deu a coñecer o seu fallo, que outorgou o primeiro premio do concurso convocado pola concellería de cultura á comparsa dos Azucarados de Maside.
O segundo premio tamén correspondeu a outra agrupación do municipio de Maside, neste caso á integrada pola veciñanza do pobo de Dacón, mentres que o terceiro premio correspondeu ao "Sol e as Superlúas" da asociación cultural "O Castro de San Amaro", esta formación foi a gañadora do desfile do carnaval da cidade de Ourense celebrado este pasado domingo.
O cuarto e quinto premio foron este ano para dúas agrupacións chegadas dende a provincia de Pontevedra, o cuarto para a agrupación da localidade de Crecente, que outro ano máis participou no desfile carballiñés, mentres que o quinto premio foi para "os cen tolos", unha comparsa chegada dende a localidade de Poio.
Finalmente, o sexto premio quedouse no Carballiño, e foi para a comparsa da Anpa do colexio da Uceira.
A concellería de cultura do concello carballiñés repartíu este ano 5.300 euros en premios, ademáis recibiron accesíts as comparsas non premidas participantes neste gran desfile do carnaval carballiñés, presenciado por numeroso público -varios miles de persoas- nas rúas carballiñesas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 534
- 535
- 536
- 537
- 538
- 539
- 540
- 541
- 542
- …
- seguinte ›
- última »