Como consumidor da oferta lúdica e cultural que achega O Carballiño tanto dende o ámbito público como privado gustaríame aclararlle algúns conceptos ao concelleiro de cultura porque penso que non os ten nada claros.
Sr. concelleiro: Vostede non é ninguén pra determinar quén ten dereito e quén non a utilizar un espazo público pagado por todos. Se vostede, unilateralmente e arbitrariamente, decide que unha asociación non pode utilizar un espazo público, e quere vostede desterralos a outro espazo que non reúne as características máis axeitadas, pode vostede empregar as palabras valerias que vostede desexe, como esa milonga de "traballar en positivo" e bla, bla, bla... Pero a cruda realidade e que está vostede marxinando a un colectivo, que como ben di vostede, está realizando unha labor excelente, aunque vostede o diga cínicamente como ben reflicten os seus actos.
Mire vostede, os cartos públicos que vostede recibe cada mes pola sua dedicación parcial, pagados cos esforzos dos contribuintes do Cärballiño, non son pra xerar conflictos. Son pra plantexar solucións, e pra que vostede optimice os recursos. Cada vez que vostede perde unha subvención, ou cando pola sua pésima xestión se despide a un traballador que á postre os tribunais califican como despido nulo de pleno dereito, está xerenado vostede problemas onde non os hai, e facendo gala dunha nula ou pésima capacidade de xestión. Cada vez que vostede non aporta unha solución ó lamentable estado e funcionamento da Biblioteca Pública, está facendo vostede gala dunha pésima capacidade de xestión.
O que non ten vostede nada claro é que vostede non pode determinar arbitrariamente quen pode empregar un espazo público, porque vostede non é o dono deste espazo. Somos todos. E quizáis estea vostede mal acostumbrado. Pode que a sua concepción da utilización dun espazo público, sexa moi semellante á concepción que se ten nun concello que vostede coñece moi ben, o de Maside, onde un colectivo solicitou a Casa da Cultura pra unha sesión informativa, e a arbitrariedade e o sectarismo do rexente non só provocou a denegación deste espazo, senon que o propio rexidor calificou a este colectivo como un brazo político armado o servizo do PP, e calificouno así en sesión plenaria.
Espero que vostede teña persoalidade propia, aínda que o dubido, habida conta que vostede non aistiu a unha sesión plenara na que o concello do Carballiño rexeitou unánimemente unha incineradora de neumáticos nun monte veciñal en mán común en Maside. Pregúntome se vostede sirve ó Carballiño. Pregúntome se vostede sirve ao interese xeral. Porque se é así, créame cando lle digo que vostede vai moi mal encamiñado cando a concepción da utilización dun espazo público é tan semellante á que se ten no concello de Maside.
Se hai algo que me moleste especialmente e ver cómo certos políticos ou certas políticas neste caso, critican Servizos para seguir trepando...claro é que o malo do Servizo do Lixo da Deputación e que o goberno do entre provincial é popular e esto os socialistas non o soportan e máis se do que se trata é de subir coste o qué coste e mesmo pisando a quen sexa.
Un caso puntual non se pode xeralizar, a averia puntual dun camión que traballa só no CARBALLIÑO non se pode xeneralizar, se un día como corresponde se vacía o contendor do cartón e o día seguinte està cheo porque houbo unha mudanza...non se pode xeralizar...sabes que hai que facer señora Erika Paz, patear o Concello ( non so praza do Concello) e se é o caso chamar a quen corresponda para ver se dan solución a situación, e coido que así será.
Pero que vamos esperar deste Goberno que ata non le o Bop nin o Doga e só perde subvecións...nada de nada. O que queda e esperar ao 2019, e que cambie este Goberno que só están pendentes de ascensos e leas entre éles mesmos....
O concello do Carballiño ten dous lugares axeitadospara celebrar actos culturais, como son a Casa da Cultura e o Auditorio Municipal. Determinados eventos e espectáculos musicais, teatrais, monólogos e outros, tanto por necesidade de escenario e escenografía como por afluencia de espectadores, teñen que levarse a cabo no Auditorio. Algúnsdestes eventos poden programarse casi cun ano de antelación, pero outroshai que programalossóuns meses antes, porque dependen de diversas circunstancias, como propostasdas compañías ou grupos, calendario dos catálogos das institucións, etc… Non é racional privar aoscarballiñeses e carballiñesas de actos culturais de renome e cunha gran asistencia de público, por estar ocupado o auditorio cunhaproxección de cine que, de modo excepcional –tres venres- pódese proxectaroutro día da semana ou incluso na Casa da Cultura, que está equipada para facelo. Non se trata, ninmoito menos, de marxinarunhaououtraactividade cultural, senón de utilizar da mellor forma posible as instalación culturáis que temos no Carballiño.
Cremos que o Cine Club Carballiño desenvolve un traballo cultural extraordinario, e por iso conta sempre coa nosa colaboración en todos os sentidos. Pero non nos parece razonable ter que rexeitar a programación de eventos culturais de calidade e con gran demanda (a tenor da afluencia masiva de público) por non querer mudar tresproxeccións de día ou de sala, que, en todo caso, causaría un perxuizo menor que ter que renunciar a actos culturais que supoñen un esforzo de financiamentoimportante e que consideramos realzan a calidade da programación cultural do Carballiño.
Insistimos en que non se trata de desvalorizar a ninguén. Nin de si nalgunhas sesións de Cine Club hai20 ou 40 persoas, e sinoutros espectáculos do auditorio hai300 ou 400. A cultura debe medirse por outros parámetros. Pero non debera crearse ningún conflicto por ter que cambiar tres sesións dos venres a outro día oua outroauditorio. Nestesenso, hai que subliñar que a Casa da Cultura ten capacidade para 100 persoas, que o pasado ano cambiouse a pantalla e que está perfectamente equipada para proxectar cine. E se cómpremellorar algún equipo, tamén se pode levar a cabo.
Finalmente, lamentamos que o cine club interprete como un acoso estas propostas que llesplantexamos para racionalizar o uso do auditorio sen que houbese que suprimir ningunha sesión de Cinemas de Galicia. Nada máislonxe da nosa intención. O que nós queremos é que haxa cine e eventos culturaisdoutro tipo. E por iso damos alternativas e solucións. Non un portazo que signifique ter que renunciar a unha programación cultural máis ambiciosa.
O Carballiño ofrece dende hai algún tempo unha programación cultural extraordinaria (incluida, por suposto, a programación de cine, que ten moitacalidade). De feito, haipropostas de entidades para promover a venta online en toda Galicia dos nosos eventos. Fumos capaces de atraer o interese de empresas e compañías de ámbito nacional e galego para ofrecer os seus espectáculos no auditorio do Carballiño, cando antes só se podían ver nascapitais. Falamos dos monólogos, dos musicaisinfantís, de grandes compañías de teatro, etc…, que nalgúns casos incluso tiveron que dar ate dousou tres pases. Isto era impensable ate haipouco tempo no Carballiño.
Así pois, cremos que debemos seguir nesta línea, e que é perfectamente compatible coas proxeccións de Cinemas de Galicia e do Cine Club.Só se trata de traballar en positivo e buscar alternativas para calquera problema de calendario que xurda, como é o caso. Hai alternativas, e se quere, poden quedar arranxadas de inmediato. Dende logo, nós estamos completamente abertosao diálogo.
Remitido por Diego Fernández, concelleiro de cultura do Concello do Carballiño.

O Carballiño ofertará en Semana Santa un amplo e variado programa cultural e de ocio, que se desenvolverá do 4 ao 16 de abril, e que contará coa colaboración de diversas entidades e asociacións.
O concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, dixo durante a presentación destes eventos, que se trata dunha programación dirixida a todos os públicos para dinamizar o tempo de lecer na próxima Semana Santa, e que resulta de interese para os carballiñeses pero tamén para os turistas que visiten a vila neses días. Neste senso, resaltou o carácter familiar da maioría das propostas.
Haberá arredor dunha vintena de propostas culturais e de ocio, ademáis do programa relixioso e cultural de conferencias e procesións organizadas pola Cofradía da Veracruz.
Unha audición musical, obradoiros infantís, animación con circo de rúa e grupo de gaitas, roteiros guiados, teatro, monólogo, exposicións, cine e unha xornada de tapas figuran nesta proposta cultural que comezará o 4 de abril, cunha Audición do Conservatorio Profesional no auditorio, e rematará o 16 de abril coa clausura da exposición “A Paixón según Playmóbil”.
O venres, 7 de abril, terá lugar unha nova xornada da Ruta das Tapas, que nesta ocasión se adicará ás brochetas. Ese mesmo día, sesión dobre de Cine Club no auditorio. E a partir das 20,00 h., Ruta das Tapas adicada às brochetas.
O sábado 8, ás 21,00 h., no auditorio, clausura do ciclo de monólogos Carballiño Comedy, coa actuación estelar do humorista e actor Carlos Blanco. Debido á demanda de entradas, anúnciase unha máis que probable segunda sesión.
O domingo 9, de 09,30 h., a 13,30 h., desde Cima de Vila (Cabanelas), haberá un Roteiro á ponte e fortaleza medieval de Castro Cavadoso, guiada polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.
O luns, 10; martes, 11, e mércores, 12, desenvolveranse tres obradoiros infantís na biblioteca municipal, sobre animación á lectura con “A maleta dos libros perdidos” (de 3 a 8 anos), ilustración con “Construindo o noso libro ilustrado” (a partir de 6 anos), e Regueifa con Luis Caruncho e Pinto d´Herbón (de 9 a 14 anos). Para asistir hai que inscribirse previamente no Servizo de Normalización Lingüística do concello (Tel. 662197665).
O xoves 13, ofrécese unha das novidades nesta programación como é Circo de Rúa, con cinco pases pola mañá e pola tarde na rúa do Paseo e Praza Maior.
O venres 14, terá lugar un espectáculo de Fusión, Danza, Poesía e Música (Lembrando a República), ás 20,00 h., na Praza Maior. Un percorrido dramatizado pola Xeración do 27.
O sábado 15, día de feira, haberá animación de rúa pola mañá a cargo do Grupo da Escola de Gaitas do Carballiño. E pola tarde, ás 20,30 h., no auditorio, Manarte Produccións presenta o espectáculo poético-político TRES FLAMENCOS Y MIL VERSOS, con autores como Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Blas de Otero, Rafael Alberti, Luis Cernuda, Quevedo, Ángela Figuera e Joan Maragall, entre outros.
O xoves, venres e sábado santo haberá roteiros polo centro urbano e templo da Vera Cruz; polo Balneario, Paseo do Arenteiro, Parque municipal e Parque Etnográfico, e polo Camiño dos Arrieiros. O punto de información e encontro será a Oficina Municipal de Turismo da Alameda, que estará aberta en horario de 9,30 da mañá a 21,30 da tarde de xeito ininterrumpido durante eses días.
Este programa compleméntase, según dixo o concelleiro, con tres exposicións de interese, como son V Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero”, no concello, coa colaboración da Asociación Fotográfica O Potiños; “A Paixón según Playmobil” e “Imaxes. X aniversario da Cofradía da Veracruz”, no templo da Vera Cruz.
Ademáis, está previsto ofertar o xoves, venres, sábado e domingo xogos de inflables e campionatos en diversas modalidade deportivas para os máis cativos no pavillón de Deportes, según dixo o concelleiro.

Ademáis, o Partido Popular asegura que a Xunta de Goberno do concello do Carballiño xa aprobou o prego de bases para a adxudicación da concesión do servizo " BO DIA FAMILIA" por un periodo de dous anos prorrogable por un máis.
Afirman por elo os populares, en referencia ao concelleiro de AV-En Marea Bernardo García, "non nos sorprendería que algún teña que saír dicindo que outra vez se sinte enganado".
O grupo do Partido Popular lamenta que o concello do Carballiño non acuda a liñas de subvencións que contribuirian a favorecer a conciliación entres as familas carballiñesas "isto afea un pouco todo o discurso sobre a conciliación que se da moitas veces dende o PSOE", manifestan.
Para ver o comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:

A Garda Civil levou presos a tres veciños do Carballiño, de 43, 30 e 34 anos de idade respectivamente, como presuntos autores de varios roubos rexistrados na Comarca do Carballiño no transcurso dos últimos meses.
Concretamente, a Garda Civil impútalles dous roubos en interior de vehículos e sete roubos en vivendas, dos que se recuperaon varios efectos que foran sustraídos.
Ademáis, tamén se lle atribúe o roubo cometido na noite deste pasado dia 23 de Marzo na igrexa parroquial de Arcos, neste caso a Garda Civil recuperou a totalidade dos efectos roubados.
Dixémolo en decembro.
Xa o dixemos tamén a principio de Marzo.
E agora, a mediados de Marzo temos que voltar a falar do mesmo, máis agora cunha nova sentenza que vai no senso xa pronosticado polo Grupo municipal do Partido Popular, de que o monitor de tenis podería conquerir a indifinición ou nulidade do seu despido.
O pasado día 6 de marzo dende o Partido Popular presentamos unha serie de preguntas sobre esta cuestión, que como outras moitas, quedan sen contestar por parte do Goberno municipal. Pedíamos daquela, informe de secretaria sobre o derradeiro contrato que facilitóu o traballo continuado deste monitor así como copia de sentencias que fosen saíndo.
Agora o Concello conta cunha sentenza que fala de NULIDADE DE DESPIDO POR PERDA DE DEREITO FUNDAMENTAL DE GARANTÍA DE INDEMNIDADE, polo que este traballador pasa a ser traballador do Concello de forma definitiva e na condición de indefinido.
No ámbito das relacions laborais, a garantía de indemnidade se traduce na imposibilidade de adoptar medidas de represalia derivadas das actuacions do traballador encamiñadas a obter xudicial ou extraxudicialmente a tutela dos seus dereitos.
Entrando na sentenza, se di, entre outras cousas:
Que se debe estimar a demanda de despido nulo, pois acreditouse a vulneración da garantía de indemnidade, e a actitude represiva por parte do Concello, pois consta acreditado documentalmente que o demandante interpón a reclamación previa, en data
7/11/16 e o 22/12/16 se lle comunica por parte do Concello do Carballiño que en data do 31/12/16 quedará rescindida a todos os efectos a súa relación co concello, sen que a maiores conste causa maior para a extinción da relación laboral, incurrindo o Concello en fraude procesal, posto que extingue o contrato, permanece sen traballar durante 15 días, e transcurrridos estos se formaliza un contrato con outra empresa, a entidade MAIS ESCOLA XXI, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE OCIO SC, que depende do Concello do Carballiño, cunha duración dende o 14/1/17 hasta ó 28/2/17, contrato que queda comprobado que é para atender aos mesmos alumnos , coas mesmas tarefas que viña facendo, e na mesma xornada laboral e horarios, e ademáis aos alumnos non se lles avisóu dende a empresa que contratóu ao demandado , senón que foi por medio de chamada telefónica dende o Concello.
En Consecuencia, queda acreditado que se despediu, contratándolo de novo 15 días despois para realizar prácticamente o mesmo, aproveitando o subterfuxo da contratación a través dunha empresa do Concello, é evidente que non existe causa para o cese, producido por unha clara represaría (transcurriron escasos días entre a reclamación previa efectuada e o cese), sendo o certo que a relación laboral segue igual, por todo elo se estima acreditaddo, acudindo asimesmo ás presuncions previstas na LEC, que foi ante reclamación do traballador, cando o Concello reacciona dándolle a baixa sen causa xustificada, todo elo en vulneración de dereitos fundamentais.
Queremos saber neste caso que foi o que incitou ao concelleiro de Deportes a tomar todas estas decisión equivocadas e que unha vez encadenadas leva a nulidade do despido, se foi por revanchismo, se foi por estar mal asesorado, ou foi por un arrebato do momento. Claramente primeiro se toma unha mala decisión, despedindo a quen xa presentara reclamación previa, logo amenázase públicamente de que non podería traballar no Concello antes de esperar sentenza algunha e logo para máis inre fai todo o contrario facilitando oa demandado o mesmo traballo que viña facendo por medio dunha empresa externa e que claramente se puxo a disposición das conveniencias do Concello.
Para o Partido Popular produxose un abuso de poder por parte dalgún responsable municipal, pendente de saber si por parte do Concelleiro de Deportes, do Concelleiro de persoal ou o mais probable de ámbolos dous xuntos, no que se podería chamar “CHAPUZA TRANSVERSAL”, unha mais en materia de persoal, que nos está a costar a todos os vecinos e veciñas do Carballiño, moitos cartos.

O padrón municipal do concello do Carballiño rexistra neste momento 14.036 habitantes, o que supón recuperar a barreira dos 14.000 habitantes, que se perdeu hai dous anos, no 2014. Este dato, non obstante, non será oficial ate final deste ano cando se conte co aval do Instituto Nacional de Estadística, tras cruzar os datos de ambas administracións. O 31 de marzo quedará pechado o padrón municipal do 2016, pero o definitivo non será aprobado e publicado ate o 1.1.2017.
Constantemente prodúcense baixas e altas no empadronamento debido a múltiples circunstancias, polo que o reconto final interprétase dun modo diferente dende a administración local e a estatal. De feito, entre os datos municipais e nacionais pode haber unha variación de ata 30 ou 40 persoas. O segmento de poboación que máis sole fluctuar é o de extranxeiros, pero tamén acontece con residentes doutros lugares da comarca, de Galicia e nacionais.
En todo caso, a día de hoxe, no concello do Carballiño hai máis de 14.000 persoas empadronadas, e este é un dato que non se producía dende había dous anos, cando se acadou oficialmente un padrón de 13.999 persoas, e no seguinte, cando estaban empadronadas 13.913 persoas.
Cos datos oficiais, o padrón de habitantes do Carballiño con data do 1 de xaneiro do 2007 era de 13.983 persoas. Ao ano seguinte, pasou a 14.114, e a partir de aí foi medrando ata acadar 14.335 habitantes con data do 1 de xaneiro do 2013. O empadronamento con data do 1 de xaneiro do 2014 caeu ate as 14.123 persoas. O padrón de 1 de xaneiro do 2014 foi de 13.999 persoas. E o último padrón publicado, o do 1 de xaneiro do 2015, acadou unha cifra de 13.913 persoas.
En relación a este último dato, de confirmarse a final de ano o incremento do empadronamento ate algo máis de 14.000 persoas, teríase subido sobre un centenar de personas.
Para o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, é un bo dato que pon de manifesto a mellora que está a experimentar O Carballiño en moitas vertientes, e que, nesta referida á poboación, permite augurar un futuro ascendente e de maior crecemento en todos os sentidos. De feito, según di Fumega, este dato pode asociarse co feito de que O Carballiño e a súa comarca figuren por segundo ano consecutivo no Observatorio Económico da Provincia, que elabora a Deputación de Ourense, como a zona de maior ocupación e creación de emprego despois da capital. O Carballiño, asegura o alcalde, é hoxe un pobo moi atractivo para vivir e para investir, e estase comprobando cada día máis.
O Partido Popular manifesta que "o goberno municipal do PSOE, por medio dunha couce do seu concelleiro Diego Fernández, dalle un duro golpe ao cine no Carballiño ao abandonar Cinemas de Galicia", un circuíto cinematográfico do que o concello carballiñés participaba dende o ano 2014.
O grupo popular pídelle ao concelleiro de cultura "que si existe forma de resolver a situación creada por el mesmo que o faga de inmediato, de non ser asi e por outras situacións caóticas que se irán coñecendo, farán que nos vexxamos obrigados a pedir a súa demisión nesta concellería e dende logo a que non cobre a dedicación que ten asignada". .
Para ver o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
Hay que aclarar que los convenios de colaboración social no pueden denominarse en ningún caso como una contratación laboral, no se encuadran dentro del ámbito del derecho del trabajo.
Si bien es cierto que se trata de una figura regulada en el Real Decreto 1445/1982, de 25 de junio, una numerosa cantidad de juristas de reconocido prestigio dudan de su legalidad.http://guiasjuridicas.wolterskluwer.es/Content/Documento.aspx?params=H4s...
Veamos cómo la aplican en la prática todos los concellos porque sí es cierto de que casi todos la aplican, pero estimo que recurrir a 21 personas es excesivo.
La condición para poder suscribir un convenio con cualquiera de las personas que van a realizar estos trabajos es que tiene que ser perceptora de una prestación, bien sea contributiva o no contributiva.
Suscribir un convenio con 21 personas es evitar realizar un contrato de trabajo con estas 21 personas, porque el Ayuntamiento solo va a pagar un complemento que viene fijado en la diferencia entre la citada prestación o subsidio por desempleo y el importe total de la base reguladora correspondiente a la prestación contributiva que estuviera percibiendo o que hubiera agotado antes de comenzar a percibir el subsidio; garantizándose, en todo caso, el 100 por 100 del salario mínimo interprofesional vigente en cada momento.
En la práctica los ayuntamientos pagan al trabajador la diferencia entre su prestación y el salario mínimo interprofesional, no formalizan contrato de trabajo, y a la seguridad social solo le pegan una parte proporcional. Y LO QUE ES MUY IMPORTANTE, LÓGICAMENTE POR NO SER UN CONTRATO DE TRABAJO, NO GENERA DERECHOS PARA EL PARO.
Y es radicalmente falso que el INEM sea el que organiza esta salvajada. Son los ayuntamientos los que solicitan esto al INEM, que no puede negarse al procedimiento por la existencia de este RD socialista y de dudosa legalidad. Y lo que hacen los ayuntamientos es teledirigir los planes de colaboración, de tal manera que el Inem les manda para entrevista a una serie de perfiles que encajan, y el ayuntamiento elige. Está bien que lo teledirigan porque es una putada para una persona que percibe una prestación por desempleo y está buscando trabajo, lo que no es fácil, que se vea obligada a ir a trabajar por algo que no le va a generar derechos para el paro, y esta persona no pueda buscar empleo porque tiene que estar realizando estos trabajos. Y cuando los acabe, se quede sin empleo que ya no tenía, y sin derechos por desempleo.
EN RESUMEN: MUY MAL RECURRIR A ESTA FIGURA DE MANERA TAN ABUSIVA
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 531
- 532
- 533
- 534
- 535
- 536
- 537
- 538
- 539
- …
- seguinte ›
- última »