
O accidente rexistrouse este martes na estrada N-541 á altura da localidade de Listanco, no municipio de Maside.
O camión envorcou e logo incendiouse, o lume propagouse a unha vivenda. Ardeu a cabeza tractora do vehículo e unha palleira anexa á vivenda.
Según os datos facilitados ao 112, ninguén resultou ferido, e o conductor do camión saíu polo seu propio pé, e non había xente dentro da casa.
Varios particulares alertaron ao CAE 122 do ocurrido a primeira hora da tarde.
Nun primeiro momento, os veciños intentaron apagar o lume do camíón con mangueiras. decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias informaba do suceso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil do Carballiño e á Garda Civil. Finalmente, o lume quedou extenguido, evitando que se extendese ás vivendas.
O Partido Popular culpa ao concelleiro de cultura Diego Fernández porque "o concello do Carballiño non está entre os benefiados simplemente por non telo solicitado unha subvención que podería ser dunhos 2.000 euros" para a adquisición de libros en galego.
Aseguran dende o grupo popular que "este concelleiro acumula unha falta de recursos nun ano entorno aos 10.000 euros para a biblioteca".
Pregúntanse, ademáis, "qué máis necesita o señor Alcalde para tomar decisións ao respecto sobre a xestion de Diego Fernández Nogueira como concelleiro de cultura", e advieten que "no caso de que non se produza movemento algún por parte da alcaldía, procederémos á presentación dunha moción ante o pleno da corporación neste senso".
Pola súa parte, o concello do Carballiño -tamén a través dun comunicado- rexeita as críticas e afirma que "a biblioteca municipal ten cubertas actualemtne as necesidades de novidades editorias".
Para ver tanto o comunicado do Partido Popular como do concello prema nos arquivos adxuntos:
Con respecto ao do bipartito carballiñés e a persoa que dí que non ten esa percepción. Pode que sexa un tripartito entón: O PsdeG, Alternativa veciñal (a cara que representa estar cos veciños) e En Marea (a cara ideolóxica) que unhas veces sube e outras baixa según os intereses.
O certo é que despois de ese teatrillo de ameazar cos tribunales polo das terrazas (e vello latiguillo de estudiaremos accións legais e bla, bla, bla...) Fumega e Bernardo diron unha rolda de prensa conxunta que sellou ese matrimonio de conveniencia, na que se daba luz verde a unhos orzamentos viciados.
Bernardo recoñecía que estes orzamentos eran un desastre (por poñer un exemplo decía que eran miserables nas dotacións en cultura). Este matrimonio de conveniencia tivo curto percorrido.
O PsdeG foi infiel as primeiras de cambio. Pola porta traseira estaban xestionando a continuidade da empresa de recadación (ten máis peso un matrimonio real que un de conveniencia). Bernardo volveu ameazar con accións legais, pero xa se sabe, can ladrador pouco mordedor. E a verdade é que nada se sabe de qué vai pasar co servizo de racadación, e penso que é o interese deste bipartito de facto, que nada se saiba.
E o bipartito volve á carga, cando Bernardo e Fumega, Fumega e Bernardo, comparecen xuntos e no seu nome para colgarse medallas dos cartos de todos.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo ven de presentar unha moción para recuperar a feira do Tellado.
Expón Iago Fariñas:
Que pouco a pouco O Irixo vai perdendo recursos, servizos e o seu patrimonio material e inmaterial ante a pasividade do Grupo de Goberno, como xa vimos advertindo dende fai tempo.
Que no Irixo,en tempos, recordan aínda a maioria dos veciños e veciñas que se desfrutaba dunha feira baixo a sombra da carballeira do Tellado na parroquia de San Cosme os días 2 e 17 de cada mes.
Que a feira do Tellado chegou a competir ca feira incluso do Carballiño afirmando aínda algúns veciños que era mellor e de máis sona.
Que incluso o campo do Tellado e a súa feira chegarona ter históricamente os seus propios pendellos de pedra,empregados polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalerías ou o gando, comer e facer as vendas e as compras, algunhas destas construcións de pedra poderían datar do século XVIII.
Que por desgracia pola pouca sensibilidade e visión de futuro e respecto polo patrimonio na actualidade non existen estas edificacións a diferencia do que pasa noutros concellos como o de Agolada, onde os seus pendellos foron declarados conxunto histórico-artístico en 1985, e en 1990 a Xunta de Galicia e o concello puxeron en marcha un proxecto para limpar e restaurar algúns deles, mágoa que no Irixo se preferise destruílos e facelos desaparecer como outras tantas mostras do noso patrimonio que por desgracia van esmorecendo e desaparecendo por todo o Concello ante a pasividade dun goberno acabado e sen capacidade nin ganas de defender o patrimonio e o futuro do mesmo nin do Irixo.
Que non hai escusas para dicir que non hai veciños e veciñas nin xentes para que O Irixo conservara a súa feira do Tellado, e as mostras témolas ben preto, no Concello veciño de Castro Dozón, na Gouxa, existe unha pequena feira que resiste en contraposición ca do Irixo, e que é foco de reunión e socialización de tódolos veciños e veciñas da contorna, tamén de moitos veciños e veciñas do Irixo que en ocasións a visitan para comprar algunha cousa ou simplemente dar un paseo ou compartir un prato de polbo, carne ó caldeiro e unha conversa con amigos e veciños.
Que a feira do Tellado, como outras moitas cousas, desapareceu e dende o goberno municipal non se fixo nin se fai nada por tentar recuperar esta feira aínda que so sexa como un evento de reunión e socialización dos nosos veciños e veciñas, onde ademáis co apoio adecuado e impulso poderíase, en pequena escala, dotar de compra venta de diversas mercadorías e incluso do rianxo dalgúns veciños e veciñas así como produtos do Irixo pero sobre todo un lugar de reunión e socialización entre veciños e veciñas do Irixo e da nosa contorna.
Que dende logo, non cabe dúbida, que O Irixo non debería ser menos que Castro Dozón, e O tellado non debería ser menos ca Gouxa, e dende logo o que non admite discusión é que a carballeira do Tellado, a pesar dos pesares, é moito mellor lugar e espazo para acoller unha feira que o son outros recintos de feiras cercanas.
Que o Tellado e a que fora a súa feira, so precisan o apoio e aposta decidida dun goberno que queira traballar e molestarse por recuperar o noso patrimonio e darlle vida a un pobo e a unha feira que nunca se debeu deixar perder como tampouco se deberán nunca perder os seus pendellos xa esquecidos.
Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presentou para a súa consideración e, dado a importancia de recuperar o noso patrimonio tanto material como inmaterial para desfrute dos veciños e veciñas do Irixo, insta ó Pleno municipal á adopción dos seguintes ACORDOS:
1º.- Que o Concello de O Irixo elabore un plan de recuperación e posta en marcha da feira do Tellado dispoñendo dos medios necesarios de planificación e promoción necesarios para elo.
2º.- Que o Concello de O Irixo poña en marcha a feira do Tellado no presente verán aproveitando esta época do ano na que residen máis veciños no Concello polas súas vacacións.
O bipartito carballiñés?
Non o vexo por ningures
Se o comentario anterior se refire a Alternativa Veciñal... Pois como veciña non percibo eso é máis cabe recordar que aínda non fai 3 meses que o Sr. Bernardo García ameazou con acudir aos tribunais para denunciar ao Alcalde e Concelleiro de Tráfico polo asunto das terrazas.
Totalmente de acordo co BNG que o que fixo o alcalde xunto co das mareas é pailán e unha auténtica cacicada. Iso de ir a falar cos veciños, no seu nome, cando se fai cos cartos de todos é de cacicato tercermundista. E falando dos cartos de todos, a ver se aclaran que vai pasar coa recadación. Porque seguro que este bipartito pretende pasar un tupido velo sobre o asunto.

A elección faráse a través dunha votación popular atá o vindeiro dia 21 de Maio na páxina WEB https://www.escapadarural.com/
Leiro terá como rivias para esta elección como Capital do Turismo Rural 2017 en España a outras nove localidades,que xunto a Leiro, foron designados como os 10 finalistas.
Son Alfoz de Lloredo en Cantabria, Covarrubias en Burgos, Elizondo en Navarra, Garganta de los Montes en Madrid, Grazalena en Cádiz, Onís en Asturias, Torrecilla na Rioxa e San Joan de les Abadeses, en Grirona.
Inicialmente, presentaranse a esta elección un total de 350 candidaturas, de pobos repartidos por toda a xeografía española, dos que 26 conseguiran ser precandidatos. Finalmente, foron designados os 10 finalistas, entre eles Leiro.

A LV Festa do Pulpo do Carballiño será protagonista no salón gastronómico “Pulpo Pasión Madrid”, que se presenta este venres no espazo gastronómico gourmet Platea Madrid.
Na xornada inaugural, prevista para a tarde deste venres, elaborarase a Tapa de Pulpo máis grande de Madrid. O prato no que se preparará esta tapa foi cedido polo concello do Carballiño como promoción da Festa do Pulpo, atendendo a unha invitación da organización deste evento, que se desenvolverá ate o 15 de maio, e no que participan corenta restaurantes da capital de España. O prato ten 2,20 metros de diámetro e cubrirase con 110 kg de pulpo. Dase a circunstancia de que este prato, que está serigrafiado cos lemas e convocatoria da Festa do Pulpo do Carballiño, foi o primeiro que se utilizou no Carballiño para elaborar a Tapa de Pulpo Máis Grande do Mundo. Na Festa do Pulpo do pasado ano, o prato no que se eleborou esta tapa tiña 5,37 metros de diámetro, máis do dobre deste que se utilizará en Madrid.
Neste acto inaugural intervirá o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, para promocionar a LV Festa do Pulpo e destacar o papel do Carballiño e das súas pulpeiras e pulpeiros como unha referencia mundial na elaboración do “pulpo á feira”.
O salón Pulpo Pasión Madrid celebra a súa segunda edición, promovendo a gastronomía galega na capital de España.
O espazo gastronómico gourmet Platea Madrid ubícase no lugar que ocupaba antigamente o cine Carlos III, na rúa Goia (Praza de Colón), no corazón da capital de España. É un dos maiores espazos gastronómicos de Europa. Ocupa uns 6.000 metros cadrados e da cabida a unha vintena de establecementos especializados en gastronomía nacional e internacional.

Arredor de trescentos alumnos e alumnas dos centros educativos da comarca do Carballiño renderon hoxe unha homenaxe á natureza e á lingua galega.
Tratábase de celebrar o Día das Árbores, da Auga e da Poesía, que debía desenvolverse o pasado mes de marzo e que fora aprazado por causa da chuvia.
Participaron sete centros educativos: IES nº 1, IES Chamoso Lamas, Colexio Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, do Carballiño, e da comarca os colexios de Bearíz, O Irixo e Boborás. Cada centro elexiu un tipo de árbore e realizou unha actividade vencellada con esta árbore.
Así, léronse textos dramatizados, cantáronse cancións e se realizaron coreografías sobre o amieiro, o buxo, o loureiro, o madroño, a cerdeira, o Carballo e o salgueiro.
O acto estivo organizado polo Instituto Chamoso Lamas, e contou coa asistencia de numerosas autoridades. Así, asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Fernández; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; a delegada territorial de Educación; os directores dos institutos do Carballiño, José Manuel Vázquez e Manuel Amil, e profesores e profesoras dos centros participantes.
Nos saúdas das autoridades convidadas fíxose especial mención ao entorno natural e artístico da Insua dos Poetas, e abogouse pola promoción da nosa língua, tanto escrita como falada.
Asemade, anunciouse que está previsto colocar un novo grupo escultórico na Insua dos Poetas adicado a Carlos Casares, que terá lugar o 22 de xullo durante a celebración da X Festa da Palabra. Esta escultura complementará ás nove que xa hai e que están adicadas a Rosalía de Castro, Paco Luis Bernardez, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro e Eduardo Condal, entre outros escritores e escritoras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 527
- 528
- 529
- 530
- 531
- 532
- 533
- 534
- 535
- …
- seguinte ›
- última »