23, Maio 2017

A concellería de Medio Rural que dirixe Rosario González, conxuntamente coas de Promoción Económica que dirixe Adolfo Nogueira, e Medio Ambiente que dirixe Érika Paz, promoveu, en colaboración co Inem, un plan de acondicionamento do Camiño dos Arrieiros. O obxectivo é aproveitar as axudas en colaboraclión social para mellorar o patrimonio natural e etnográfico das aldeas e parroquias.

Concretamente, este plan permitiu contratar a cinco persoas, entre as que hai un canteiro, albaneis e peónsforestais, cuxo labor será limpar e acondicionar os case 15 km de recorrido que ten esta ruta de senderismo, entre Fonteantiga e Mesego, incluidos diversos subtramos. O contrato é por catro meses, polo que dendemaio atasetembroestestraballadorescentraranse en acondicionar estecamiño, que discorre por diversos tramos de río, cruzando pontes e lugares de interese natural e etnográfico.

O Camiño Natural dos Arrieiros, que foi inaugurado en febreiro do ano 2009 polaentón ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, é un vial tradicional utilizado polos veciños de Banga, Mesego, Partovia, Sagra e O Barón, pero que tamén era a ruta usada no seu día polos transportistas que levaban viño producido nas fincas dos mosteiros cistercienses e outros productos da zona do Ribeiro hacia a capital composteláou as Rías Baixas. O camiño consta dun bucle principal de nove quilómetros que une Mesego e Fonteantiga, e seis ramais que parten de Mesego a Porto de Eguas, de Partovia ata As Caldas pasando por Refoxo, e desde Arenteiro, Fraga e O Penedo.

Este Plan realízase conxuntamente con outro para mellorar as fontes, lavadoiros e tanques das aldeas e parroquias, que taméncomezou a pasada semana con catrotraballadores (tres albaneis e un peón forestal), que foron contratados a través dun programa de colaboración social coInem por un período de tres meses.

23, Maio 2017

É de xustiza que cando se critica algo, porque xenera dúbidas, sexa aplicado o mesmo criterio cando as dúbidas quedan despexadas. E teño que felicitar a AV en Marea porque a día de hoxe queda acreditado polos seus actos, que é a única formación que amosa interese certo e real de remunicipalicar os servizos públicos.

Probablemente se atope con atrancos e vontades que non sirven ao interese xeral. Pero co que coñecemos hoxe, non se lle pode pedir máis ¡PARABÉNS!

23, Maio 2017

Alcalde, concelleiros da corporación carballiñesa e traballadores municipais gardaron un minuto de silencio en sinal de solidaridade coas víctimas do atentado terrorista de Manchester.

22, Maio 2017

Hai concellos e hai veciños que merecen que se lles aplauda por canta iniciativa fan, e neste caso son os de Boborás. Gracias por acordarvos dos que padecemos dunha maneira ou doutra esta enfermidade.

 

22, Maio 2017

Non temos trens, estamos cada día máis deixados da man de Deus e todos caladiños como se nada pasara. O asunto é  indignante, non podemos estar sen servizo de trens e dame igual que sexan poucos os viaixeiros que suben ou baixan no Carballiño, se non o fan é porque NON HAI TRENS. As autoridades teñen que loitar e buscar solución. Comeza o deterioro dunha fermosa estación, que ADIF non esqueza que os terreos son propiedade do pobo e para algo se cederon. Qué atrasadiños quedamos e que perda máis grande...

20, Maio 2017

Como ben dí a denuncia do día 18 de maio, a partires do 11 de xuño os servizos ferroviarios en Galicia reestructúranse, e esa debería de ser a única información que se debería de deixar como certa de toda esa nota.
Efectivamente nesa data algunhs trens terán outros horarios e algún manterán os que xa teñen, de ahí que, so aparezcan na páxina oficial de Renfe aqueles que non van a sufrir cambios xa de forma fixa, para que así a xente poida facer reservas se fose preciso sobre o mesmo. Do resto de trenes en aproximadamente 10 días terán xa colgados nas páxinas oficiais de renfe  os horarios definitivos dos trens que faltan que incluso chegado o caso e en función doutras liñas poderían ata ser os mesmo. Por certo nese mesmo momento, tamén se saberá a hora definitiva do tren da primeira hora que cambiará para poder enlazar con outras saídas dende Ourense.
Esto infórmase dende fontes oficiais de Renfe ao Grupo Popular do Carballiño, e que nos trasladámosllo a vostedes para que non cunda unha falsa alarma sobre este servizo fundamental para o noso pobo e a nosa comarca.

19, Maio 2017

"A Roda Xira 40 Aniversario" é o concerto que nos ofrece o mítico grupo galego  este sábado dia 20 de Maio ás 20:30 horas no Auditorio do Carballiño.

Un repaso pola discografía do grupo e os seus 40 anos de historia. As entradas, en venda anticipada poden adquirirse no Aparthotel Arenteiro, A Fuchela e Cafetería O Fiadeiro, ao prezo de 10 euros, 12 euros en taquilla.

No campo da festa de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, e dende as nove da noite en adiante, tamén neste mesmo sábado 21 de Maio celébrase o "3ª Serán de Mandrás", unha cita para os amantes da música máis tradicional, con actuacións de pandereiteiras, gaiteiros e a actuación estelar do "Rancho Folclórico e Etnográfico de Entre Ambos Os Rios" de Portugal.  Tamén temos convite á "3ª festa da tortilla de Mandrás".

Na vila de Dacón, esta fin de semana ambiente pre-festivo, prólogo aos dias grandes da Santa Rita 2017, lúns 22 e martes 23 nos que actuarán en Dacón as grandes orquestras "El Combo Dominicano" e "Panorama".

Antes, sábado e domingo, sucederánse as actividades, con concentracións moteira e cabalar, ruta de Quads, festa infantil e 2ª xuntanxa-cea popular na noite do sábado, tamén co pregón desta Santa Rita 2017 que estará ao cargo dun dos xamonerios maís veteranos, José antonio Prado "O Farruquiño".

18, Maio 2017

A partires do 11 de xuño os servizos ferroviarios en galicia reestructuranse e no carballiño a priori perdemos trens. Entre Carballiño-Ourense pasaremos dos 3 actuais a 1 único servizo (as 15:10) e entre Ourense-Carballiño pasaremos de 3 a 2 (as 14:36 e as 19:55). O servizo Carballiño-Santiago desaparece. Isto non se pode consentir e hai que presionar ao ADIF, REnfe, Fomento e a Xunta para que non nos quiten servizos.

17, Maio 2017

Dende hai xa bastante tempo nos días que fai bastante calor nótase na rúa principal un forte e desagradable cheiro, que creo que procede dos sumidoiros que se atopan ao longo desta especialmente na rúa Tomás Mª Mosquera polo que creo máis que convinte que éstes se deberían limpar con auga a presión para erradicar estes malos olores agora que o verán está á volta da esquina evitando, deste xeito, que os/as veciños/as do Carballiño teñamos que seguir aturando estes cheiros e que os turistas que acudan a nosa vila se leven unha mala impresión do noso pobo por culpa duns sumidoiros que dende fai bastante tempo que non se limpan e nos que se acumula todo tipo de lixo e sustancias en descomposición que por causa das altas temperaturas provocan estes fétidos e apestosos olores.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS