
O humoristra galego Touriñán volta ao auditorio do Carballiño dentro da programación cultural do mes de maio. O espectáculo que ofrecerá, xunto a Marcos Pereiro, titúlase “AGORA EN SERIO. 15 ANOS COS DOUS DE SEMPRE”. E terá lugar o venres, 12 de maio. Debido á gran expectación que hai, anúnciase xa un segundo pase. Así, as actuacións terán lugar ás 21,00 h., e 23,00 h. As entradas poden adquirirse en Ataquilla.com ou ben a partir do martes, 9 de febreiro, no restaurante A Fuchela. Precisamente, Touriñán xa tivera que dar tres pases en xaneiro, durante o ciclo de monólogos Carballiño Comedy.
Pero non será este o unico monólogo que teña lugar en maio, pois dous días depois, o domingo, 14 de maio, ás 19,30 h., tamén no auditorio, terá lugar o espectáculo Monólogos R, coa presentación de Sergio Pazos, e as actuacións de Víctor Grande, David Perdomo e Pepe Suevos. Estes monólogos son de balde, por xentileza de R, e as entradas poden recollerse no establecemento de R, na rúa do Paseo do Carballliño.
Así mesmo, o sábado, 20 de maio, tamén no auditorio, ás 20,30 h., actuará o grupo A Roda, cun concerto que conmemora os 40 anos do grupo, e co que están facendo unha xira por toda Galicia. O prezo das entradas é de 10 euros se se compran anticipadamente (Aparthotel Arenteiro, A Fuchela e Cafetería O Fiadeiro), ou 12 euros en taquilla.
Son os pratos fortes da programación do mes de maio que foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, quen agradeceu a colaboración de R e das productoras que están apostando por traer espectáculos ao Carballiño, como CER&BER.
Conxuntamente coa concellalía de Benestar Social, o venres, 26 de maio, ás 20,00 h., no auditorio, haberá unha charla-coloquio de El LANGUI.
O xoves,18 de maio, ás 20,00 h., no auditorio, terá lugar a Audición anual da Escola Municipal de Música e o Conservatorio.
LETRAS GALEGAS 2017
A conmemoración do Día das Letras Galegas, que nesta edición está adicada a Carlos Casares, contará cunha programación especial, que inclúe un concerto de Pablo Díaz e a banda TIC TAC TOC (Sábado, 13, ás 12,30 h., no auditorio); a pintura dun mural, a edición dun marcapáxinas para distribuir nos centros educativos a aos veciños; actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal, cunha exposición e obradoiros os días 15, 16, 18 e 19, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 11 anos, e un dirixido especialmente a persoas con discapacidade intelectual.
E tamén se programa un acto público cunha audición de música de blues e a presentación da novela que acadou o Premio Eduardo Blanco Amor 2016, “Blues para Moraima”, do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández, que terá lugar o 17 de maio ás 20,00 h., na Praza Maior.
E, finalmente, unha exposición sobre Carlos Casares que se abriu hoxe no concello.
Xa para rematar, haberá un curso de iniciación á fotografía para nenos, que organiza a Asociación Fotográfica O Potiños. O día 20, de 10,00 a 13,00 h., para nenos e nenas de 10 a 13 anos. E o día 27, co mesmo horario, para nenos e nenas de 14 a 17 anos. Hai 15 prazas por curso, que se desenvolverá na aula José Suárez de Partovia.
E o sábado 27, na aula do Cemit do concello, terá lugar un obradoiro de emprendemento tecnolóxico, que organiza CreaR. Haberá tres quendas: de 10,00 a 12,00 h., para nenos de 7-8 anos; de 12,00 a 14,00 h., para nenos de 9-11 anos, e de 16,30 a 18,30 h., para nenos de 12-15 anos.

O concello do Carballiño sae do Plan de Axuste. Así o aseguoru o alcalde, Francisco Fumega, en rolda de prensa. Fumega dixo que, tras cinco anos de estar inmersos neste Plan, e en menos de dous anos desta lexislatura, o traballo, as prioridades e a boa xestión diron como resultado saír do Plan de Axuste no primeiro trimestre deste ano 2017.
Ao respecto recordou a promesa realizada ao comezo da lexislatura cando se propuso traballar para poder saír do Plan de Axuste no primeiro semestre do 2017, cumprindo polo tanto este desexo.
O Plan de Axuste aprobouse no ano 2012 co obxectivo de poder subscribir unha operación de crédito para facer fronte aos pagos dos proveedores, e beséase en tres pilares:
•A estabilidade orzamentaria, axustando os gastos correntes aos ingresos.
•Cumprimento da regra de gasto, pola que o orzamento municipal só pode incrementarse nunha porcentaxe que se calcula aplicando un coeficiente ao orzamento do exercizo anterior.
•Período medio de pago.
Pois ben, según dixo o alcalde, estes tres parámetros cumpríronse oficialmente no primeiro trimestre deste ano, e así o asinou a interventora. Neste documento figura que o período medio de pago é de 19 días, “un hito histórico no concello do Carballiño”, según engadiu o alcalde. No último trimestre do 2016, o concello realizou pagos por valor de 3 millóns de euros. Entre estes pagos figuran as débedas históricas con Viaqua e Fenosa, entre outras.
Neste momento a débeda do concello é do 26%, unha cifra moi baixa, según dixo o alcalde, xa que se se quixera podería acadar ata un límite do 110% do orzamento. Non obstante, asegurou que se ía continuar coa mesma política de contención do gasto e de máxima rendibilidade dos ingresos.
Ao respecto engadiu que co superávit do pasado ano (algo máis dun millón de euros), íase destinar unha cantidade –arredor de 300.000 euros- para axilizar a execución de proxectos pendentes como o cambio da iluminación pública con LED, que supón un gran aforro enerxético e económico, ou a reparación de rúas que levan anos sen mantemento e precisan melloras, sobre todo no asfaltado.
Por outra parte tamén se referiu Francisco Fumega ao marxe de revisión de determiñadas taxas, como as relativas ao Conservatorio, á Escola Municipal de Música, á Escola de Artes Escénicas e ás Escolas Municipais Deportivas, que tiñan que subir obligatoriamente cada ano por mor do Plan de Axuste, e que agora, ainda que quizá non se poidan baixar porque habería que ver a viabilidade de cada servizo, sí se poden conxelar.
De feito, o alcalde anunciou que poderían quedar case todas conxeladas. En definitiva, Francisco Fumega amosouse satisfeito por este resultado, dicindo que “é pois unha gran noticia que amosa, en primeiro lugar, a boa xestión que estamos realizando no concello; en segundo lugar, vainos permitir ter unha maior capacidade de maniobra con respecto ás taxas de determinados servizos que estaba suxeitos ás especificacións deste Plan, e en terceiro lugar, incrementa o marxe de confianza na xestión municipal.
O Partido Popular aplaude o anuncio
Ademáis de valorar como moi positivo para o concello o anuncio feito polo alcalde, os populares atribúense "parte do éxito" neste proceso iniciado en 2012 tras ser imposto polo goberno central.
Para acceder ao comunicado do grupo municipal do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:
Esto xa é fariña de outro costal. Sorte en todo en tan só unha aclaración pola miña parte. Non creo que AV en Marea estea a facer o canelo. Estaríao facendo se estando supeditado o seu pacto orzamentario á remunicipalización de servizos non tivese unha senda de remunicipalización porque a coherencia quedaría limitada as reivindicacións persoais. Pero agora vexo que pola parte de AV en Marea hai un interese certo en traballar nesta liña. Así que sorte, e que todo o mundo se entere do traballo que estades a realizar, porque é importante para O Carballiño e para vosa formación.
Antes de nada, e para empezar ben decir que efectivamente tanto en Marea como Alternativa Veciñal estamos sempre suxeitos e respetamos calquera crítica que se virta sobre nos e que sirva para mellorar ou intentar satisfacer o que a veciñanza demanda. Partindo de aquí intentarei novamente despexar algunha dúbeda que o parecer onte non fun capaz de aclarar ben por non espresarme claramente ben por non aportar información. Son Manuel Nogueira covoceiro de En Marea e integrante de Alternativa Veciñal.
O primeiro refutar o que un/ha escritor/a e seguramente veciño/a fai referencia a falta de coherencia pola nosa parte. A coherencia nosa pode que tal vez non coincida coa do psoe a hora de facer valer os acordos. Non é que busque unha excusa sinxela e rápida a que acollerme, si non que como xa ten quedado claro cando se fan pactos entre grupos políticos un poderá defender a súa postura e a dos seus compañeiros, pero nunca estará seguro o 100% de que a outra parte actue coa misma boa fe que o fai un mesmo. Así aclarado esto, tamén cabe recordar que o grupo de goberno é o PSOE non AV nin en Marea, e con eso quero defender que as propostas que tanto AV coma outros grupos políticos presenten en mocións quedaran en fume se o propio grupo de goberno non tira por elas (por máis que o resto de agrupacións municipais lle estén enriba dia tras dia...).
Con respeto a recaudación hai uns prazos e uns pasos a seguir tanto pola empresa inda en funcións como o concello deben seguir para facer que esta sexa totalmente municipal. A primeira fase xa se está dando: compra e instalación dos programas informáticos necesarios para facer a migración de datos ( estes programas compranse mediante contrato de servicios e non de suministros de ahí a tardanza que se está dando...). Tamén se está a espera de que a propia empresa licite uns cursos de preparación e adaptación necesarios para que os funcionarios que realicen as funcións de recaudación e cobro dos impostos se desenvolvan con total normalidade co novo material informático.
Fai cousa dunhas semanas xa se puxo o sr. Alcalde en contacto cos bancos e caixas para poder ofrecer dende o local que se vai habilitar un servicio de caixeiro para facer máis sinxelo o cobro de algunhas tasas.
Preténdese que neste ano 2017 a recuperación da recaudación no concello sexa nun 75%, e decir tres fases de catro, deixando para o ano que entra 2018 a última fase de cobros e a máis complexa: o IBI e as multas de tráfico.
Este, en liñas xerais e o que de momento está a facerse e se ten programado dende o grupo de goberno frente a proposta que se lle fixo. Nos dende a oposición e como iniciadores de dita proposta temos o 100% de interese en que se leve a cabo e abofe que estamos dia tras dia preguntando e facendo forza para que esta iniciativa nosa como outras tantas sigan adiante.
Agora de todo esto e o traballo que nos está a custar decir que facemos o canelo....non me parece correcta dita afirmación. O noso portavoz municipal, o sr. García e eu mesmo estamos as veces mañás enteiras esperando poder informarnos ou metendo "presión" para que as cousas sigan para adiante. Por eso o de "facer o canelo" non me parece unha cualificación propia a aplicar a xente que so busca un beneficio para os veciños....e que emprega tempo, paciencia e esforzo sin ningunha clase de retribución como si gozan dela algúns integrantes do grupo de goberno e que parece que inda así lles custa realizar as súas funcións...
Con respeto o artigo 103.1 da constitución doulle toda a razón do mundo e tamén lle recordo o que nos di o artigo 6 da mesma, sen entrar en máis detalles que vexo innecesarios. Con respeto o de non depender dun principio de xerarquía referiame simplemente en que non temos unha estructura piramidal, o que presentamos nos plenos tratámolo sempre en asambleas e en reunións e procuramos que se aprobe ben por consenso ben por maioría absoluta dos alí presentes. Intentamos involucrar a veciñanza e ter unha ampla marxe de participación e de amplitude social. Con respeto a dependencia de bancos ou empresas afíns me parece que ahí non erro por moito: so fai falla ver o derroche en medios duns partidos e o de outros en calquera comicio municipal.....
Nada máis que aclarar, eso si dar as grazas o veciño que escribiu esta denuncia que me motivou a intentar aclarar (non sei se o conseguin) algúns puntos algo turbios. De non ser así pedir desculpas pois a culpa seguramente e miña por falta de oratoria. Recalcar que calquera crítica é benvida por parte nosa, somos un partido e unha organización inda nova e a peasares de que defendemos intereses que nos cremos que son proveitosos para a veciñanza e para o propio concello do Carballiño tal vez podemos trabucarnos nas formas ou nos métodos, máis non creo que nunca nos trabuquemos nos ideais que defendemos.
Manuel Nogueira, covoceiro de En Marea e integrante de AV.
Desculpas.Son Bernardo de Alternativa Veciñal.O outro día esqueceume identificarme.Empeñase o comunicante descoñecido en atribuirnos filiacións e acordos imaxianarios.Os orzamentos 2017 do Sr. Fumega,non son os mellores por limitacións de ingresos, Lei de Axustes, demasiado peso dos gastos fixos en detrimento da inversión...o que non quita que se poida negociar co menos malo.E niso consiste a democracia.O ano pasado o PP coa abstención facilitou a aprobación e grazas a elo arranxouse a Rúa Ben Cho Sei ( boa falla lle faccía) , entre outras.Este ano en coherencia co aprobado en Pleno: Recuperación da Recadación (por unanimidade), arranxo da Avda. do Parque ate Muiño das Lousas (por maioría)... AV-En Marea votou a favor.Incluironse outras ruas que o necesitan : A Rúa/Camiño da Saleta (a que está en pior estado no casco do Carballiño), Alberto Vilanova( Centro de Saúde, Facenda ,IES Nº1 e moitos veciños), Puerto Rico( de terra), Pavillón Paco Chao-Veiga, etc.Non tema da Recadación e a xestión directa polo Concello estase a traballar:hai acordo coa empresa que vende o programa de xestión e coa actual concesionaria ,disposta a colaborar no traspaso. Haberá noticias proximamente disto e doutros acordos.Pedimos tempo.
Non somos do PSOE. Non é habitual que este partido aposte pola recuperación dos servizos privatizados, mais neste caso, despois de titubeos, estan cumplindo .Se o Concello senta as bases pra recaudar o xusto, sen que ninguén se escaquee e se perdan millóns polo camiño como demostraron duas auditorías , poderemos dispoñer de liquidez pra mellorar outros servizos e invertir en obras.En Marea é unha agrupación política de adscripción individual,formalmente rexistrada como partido "instrumental".O que significa que por lei tes que entrar por esa denominación.Independencia local, total.

“A empresa de fabricación de torres eólicas GRI, ubicada no parque empresarial do Carballiño, continuará desenvolvendo a súa actividade con total normalidade, sen que estea previsto a súa venda”, así o manifestaron o xerente da fábrica, Cándido González, e o director de recursos humanos, José Antonio Álvarez, durante unha reunión que mantiveron no concello co alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, para desmentir a noticia da venda da sección eólica de Gestamp a unha compañía multinacional, según se publicou por diversos medios de comunicación recentemente.
Polo tanto, confirmaron a continuidade da pranta e a permanencia dos 350 traballadores que ten actualmente.
Na reunión, os responsables de GRI informaron ás autoridades municipais que esta noticia debeuse a unha mala interpretación doutra noticia sobre a venda de parte dos parques eólicos da compañía, pero que non afectaba en absoluto ás prantas de fabricación dos aeroxeradores, como é o caso desta do Carballiño.
En realidade, a noticia orixinal do períódico económico Expansión informaba de que “La familia Riberas, principal accionista de Gestamp Automoción (GEST.MC), está negociando la venta de su negocio eólico por mercados o paquetes de activos y para ello ha contratado a Bank of America, en una operación que podría alcanzar un importe máximo de 2.000 millones de euros incluyendo deuda”. Sen embargo, obviouse que se refería aos parques eólicos e non ás prantas de producción. A finais do pasado ano a filial eólica contaba con cerca de 1.000 megavatios instalados ou en construcción.
Tanto Francisco Fumega como Adolfo Nogueira agradeceron a información facilitada polos responsables de GRI e amosaron a súa satisfacción por comprobar de primeira man a continuidade da pranta, que supón unha das fontes de emprego máis importantes para O Carballiño e a comarca.
Nun primeiro momento, a noticia da venda do negocio eólico de Gestamp provocou unha certa inquedanza no concello, xa que podía afectar á factoría ubicada no Carballiño, e por iso as autoridades municipais pediron unha reunión cos responsables da pranta. Sen embargo, tras a reunión de hoxe volve a tranquilidade, pois a información transmitida polos responsables de GRI non deixa lugar a dúbidas sobre a súa continuidade. Neste senso, o xerente Cándido González amosou o seu convencemento de que a permanencia de pranta no parque empresarial carballiñés ía ser por moito tempo.
Faime gracia que este anónimo que ven co título de democracia plural chame anónimo ó resto. Mire anónimo de democracia plural, leccións de democracia as xustiñas. É unha perogrullada preguntar se un bipartito ou tripartito é malo. Claro que non é malo. O malo é non recoñecer que se fai de bipartito. O malo é dicir que se está a remunicipalizar servizos e se fai bipartito con quen quere seguir privatizándoos. E comentarios maliciosos os seus, que baixo o título de democracia plural fai un absurdo comentario no que se ve as claras que vostede non entende ben o que é democracia plural. Precisamente é democracia plural a pluralidade de ideas, e unha das ventaxas da democracia plural é confrontalas. A diferencia entre vostede e eu, e que eu estou encantada de que vostede exprese as súas opinións. Pero procure cando as expresa, que non sexa tan patente o seu paupérrimo entendimento do que é a democracia.
Vaia por diante todo o respecto por calquera formación política e polos compoñentes das mesmas. Pero o respecto non está reñido coa crítica. E a actitude de Alternativa Veciñal en Marea ten que ser sometida á crítica por unha carencia absoluta de coherencia. Nestes tempos é máis necesario ca nunca cando falamos de xestionar recursos públicos: Competencia, integridade e coherencia.
AV en Marea estivo moi acertada no cumplimento da normativa das terrazas. Pero a partir de aquí entrou en barrena no que atinxe á coherencia política. Cando AV en Marea fai de bisagra na aprobación dos orzamentos pon dúas condicións: A remunicipalicación de servizos públicos e unha reivindicación persoal do seu voceiro, o das aceras.
Sin querer criticar o tema das aceras, que como calquera pode entender é moi susceptible de crítica, entremos no tema da remunicipalicación dos servizos públicos. Cando Fumega e Bernardo dan unha rolda de prensa para explicar o seu pacto orzamentario, o propio Bernardo recoñece como bastante malos estes orzamentos. Entón a coherencia política de aprobalos soamente pode ser xustificada pola iniciativa de remunicipalización ou as reivindicacións persoais.
O tema da remunicipalización pasa a un segundo plano cando o PSdeG pola porta traseira xestiona a continuidade da empresa de recadación. AV en Marea volve a estar acertado denunciando que esto debe ser aprobado en Pleno como sinala a Lei. E desde este momento AV en Marea perde toda coherencia cando despois de esto Bernardo e Fumega volven a facer unha pinza política e comparecen xuntos para alardear da xestión dos recursos públicos.
AV en Marea ten a obriga, por coherencia, de explicar con claridade qué vai pasar coa empresa de recadación. Ten que especificar a ruta de remunicipalicación, cousa que non fixo. Se a descoñece porque é cautiva das circunstancias, está facendo algo que se paga caro en política, está facendo o canelo.
Eso de decir que AV en Marea non está sometido a xerarquía é como decir que é un caixón de sastre e que cada un pode expoñer a idea que lle veña a cabeza, pero unha cousa moi diferente é levala a bo fin.
Xa que se trata de aclarar termos, hai que decir que toda Administración Pública ten que servir con obxectividade aos intereses xerais de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, desconcentración, descentralización, e pleno semitimento a Lei e o Dereito (é un artigo da Constitución española), Ben é certo que AV en Marea non ten por qué seguir o principio de xerarquía o non tratarse dunha Admiistración Pública, pero nas suas tarefas de goberno sí que ten que seguir o principio de xerarquía porque cando goberna faino como Administración Pública.
E con respecto a non depender de bancos, ese é un latiguillo moi ideolóxico. Ningún dos partidos locais dependen dos bancos. Nin o propio PSdeG co que AV en Marea fai bisagra, ten dependencia cos bancos.
Sr.Sra Anonymus opina por este foro de xeito malicioso.Non hai ningún pacto segredo.Alternativa Veciñal-En Marea ,confluencia de distintos correntes cidadáns que o único que lle importa é o ben común , sen obediencia partidaria algunha , fai todo via pleno, ou sexa con transparencia.Votouse a favor dos orzamentos en base a dar cumplimento a acordos plenarios(recadación , medios publicos de comunicación, obras concretas..), tan democrático como votar en contra . En democracia fánse acordos entre partidos , é o normal.No caso de Alternativa Veciñal sempre se vota a favor de quen propoña algo que consideramos positivo pra os veciños.Hoxe no Congreso dos Diputados estanse a facer acordos entre os partidos pra sacar adiante os orzamentos.É malo un bipartito ou tripartito per se?Os peores gobernos foron sempre os de unha soa cor.Exemplos sobran. En canto á marcha da recuperación pra xestión municipal ds servizo de recadación, estamos nelo e poden participar todos os grupos se o consideran.
Un saudo a todas e todos os que seguides dunha maneira máis ou menos directa a política municipal e os entresixos que se veñen dando.Son Manuel Nogueira, covoceiro de En Marea Comarcal e integrante de Alternativa Veciñal do Carballiño. Escribo estas liñas coa única intención de aclarar as iniciativas que se teñen presentado como mocións e que moi xustamente e cunha labor fora de todo lugar defende o noso voceiro municipal, Bernardo García. O primeiro aclarar que nin Alternativa Veciñal, nin en Marea comarcas do Carballiño son solo Bernardo e a súa opinión como moitos pensan. Tanto AV como en Marea comarcal está formado por máis xente que nos reunimos en asambleas abertas a veciñanza e na que todas e todos poden participar e que convocamos semanalmente. O que se aproba en ditas asambleas é o que despois de depurar e levar a términos un pouco máis técnicos, o noso voceiro o sr. García presenta nos plenos como mocións. Nada máis sinxelo que eso. É decir, nin él presenta mocións que non aprobemos nas asambleas nin se presentan temas de índole persoal. Segundamente gustariame recordarlle tanto a entendidos como a iniciados nesto da política que AV naceu como unha xuntanza de veciños que non estaban nin están de acordo co que se está dando no ámbito da política municipal deste concello, que co reforzo institucional de en Marea fai que os intereses da veciñanza se vexan reflectados tanto no que defendemos a nivel municipal como a nivel autonómico. Non obedecemos a ningunha clase xeralquica nin temos que dar contas a bancos nin a empresas. So a veciñanza que son quenes nos respaldan e os que defendemos e representamos moi gostosamente.Terceiro: as iniciativas e mocións que presenta AV e en Marea so buscan mellorar os servicios para os /as habitantes e veciños/as do Carballiño e abaratar os custes dos mesmos, e decir REMUNICIPALIZAR. Nada de privatizacións nin cesións a empresas terceiras que en vez de buscar o ben común so buscan sacar beneficios para eles mesmos. Por cuarto e xa por último: representamos e defendemos toda iniciativa que sexa beneficiosa para o Carballiño e para a súa veciñanza. Danos igual quen nola propoña. Se é bo para o Carballiño e para a súa xente, pola nosa parte vai ter todo o noso respaldo e aprobación. Esa é a folla de ruta e os ideais que defenden tanto Alternativa Veciñal como En Marea comarca do Carballiño. Defender os intereses da xente e loitar polos seus dereitos e por mellorar os servicios que as administracións públicas lles poden prestar e que pagamos cos cartos de todas nos. Criticar por criticar como fan algúns pode valer para facer fume. Agora, que nos seguiremos a traballar deste xeito: QUE NINGUEN O POÑA EN DUDA.
Manuel Nogueira, covoceiro de en Marea comarcal e integrante de Alternativa Veciñal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 526
- 527
- 528
- 529
- 530
- 531
- 532
- 533
- 534
- …
- seguinte ›
- última »