Son unha das personas de Pazos de Arenteiro coas que veu falar o que representa os Socialistas en Boborás, e quiero denunciar que e mentira todo o que conta na página da Cope do Carballiño.
Primeiro que teño que decir e que este sin......., veu pedir a nosa firma acompañado dun veciño o Litines, e non nos dixo que era o do Psoe, dixo que era un señor da Xunta, que estaba recollendo firmas para o arreglo dos camiños. Preguntamos-lle si no Ayuntamiento estaban al tanto do tema, e contestou que si, que el era da Xunta e que no Ayuntamiento sabían.
Por otro lado, despois de enterarme para o que quería a firma, estamos pensando en denunciar a la Fiscalía en Carballiño, porque digo eu que si nos mintiu e colleu a nosa firma engañandonos, o mellor que podemos facer, e denunciar, e a ver tamén o Litines que pensa facer, porque para el, acompañar a este home engañando, terá que ter consecuencias.
Non hay dereito a que nos engañen de esa maneira, además no Ayuntamiento sempre nos atenderon igual que os demais, terán as súas faltas, pero tampouco se pode estar sempre pidindo.
Así que ese señores tan listiños e mentireiros, agora que se ateñan as consecuencias, porque de verdade que nos deu vergonza de enterarnos así do que fixeron, e das mentiras que nos contaron. Este señor, o Javier Lamas, o que ten que facer e deixar de meter cizaña e embustes entre os veciños e traballar, non formar lios onde non os hay.

Os alcaldes de Lalín e O Carballiño, Rafael Cuíña e Francisco Fumega, respectivamente, amosaron este mediodía a boa relación que existe entre ambas vilas dende hai moito tempo, durante o acto de promoción da Feira do Cocido de Lalín, que se celebra o próximo domingo.
Cuíña foi recibido na alcaldía por Fumega, quen se referiu á Feira do Cocido de Lalín como “a gran romaría gastronómica do inverno en Galicia, mentres que a Festa do Pulpo é a gran romaría gastronómica do verán”. Desta maneira quixo deixar constancia da maridaxe que existe entre ambas vilas dende tempos remotos, de cando as mellores casas do Deza tiñan intereses nos viñedos e adegas de Cabanelas. Fumega tamén fixo mención á coincidencia de ser dúas vilas do interior con problemas semellantes, como son o despoboamento e a posta en valor do territorio. Asemade, animou aos carballiñeses a acudir o domingo a Lalín para disfrutar desta feira que acada a súa 49 edición.
En correspondencia, Rafael Cuíña tamén se referiu ao Carballiño como a vila irmá de Lalín. “Vivimos unha boa relación –dixo-, e de feito mantemos iniciativas comúns na Eurorrexión, á cal pertenecemos ambos”. Cuíña agradeceu o patrocinio de Abanca e Gadis coa Feira do Cocido, e púxose a disposición do alcalde e da corporación carballiñesa para calquera iniciativa que quixeran levar a cabo. Finalmente, fixo entrega dunha caixa con productos de Lalín de promoción da Feira do Cocido.
Ambos rexedores, xunto cos concelleiros de Turismo e Cultura do Carballiño así como de Lalín, desprazáronse ata o autobús situado na Praza do Emigrante que promove os produtos gastronómicos do Deza e da Feira do Cocido, para efectuar unha degustación.
Este autobús permanecerá na vila ata as 6 da tarde para ofrecer unha degustación das exquisiteces gastronómicas de Lalín, como a empanada de lacón, o queixo, o chourizo ou pinchos elaborados con productos da horta e do porco.
Os socialistas de Boborás mobilizáronse novamente nos últimos días para reclamar o inmediato arranxo dos calamitosos camiños da aldea de arriba de Pazos de Arenteiro, que o goberno local do PP prometeu arranxar hai meses. Mais polo de agora, e a pesar do empeoramento do estado das sendas, que no inverno son máis inseguras, non hai feitos. Ademais, polo que puideron saber os socialistas, os populares tampouco teñen intención de facer nada porque lles parece, segundo as súas propias verbas, que os camiños están perfectos. Os habitantes desta aldea están indignados co trato que están a recibir do goberno local, que traballou activamente na aldea de abaixo, pero non fixo nada na aldea de arriba. E tralas asombrosas palabras da concelleira do PP, Patricia Torres, que asegurou que os camiños están “en perfectas condicións”, os socialistas póñense, unha vez máis, do lado dos veciños, veciñas e da verdade, cunha nova recollida as sinaturas. A disposición da veciñanza da aldea de arriba para facer os necesarios arranxos é absoluta, xa que incluso teñen cedidos numerosos muros para as obras prometidas en numerosas ocasións polos concelleiros do goberno local. De feito, os veciños e veciñas, en abrumadora maioría, participaron na recollida de sinaturas iniciada por Javier Lamas, Secretario Xeral da Agrupación Socialista e os seus compañeiros/as, reclamando igualdade de trato e atención á súa problemática. Dende o PSdeG-PSOE de Boborás indican que van rexistrar as sinaturas no concello para que, tanto o alcalde coma o seu equipo de goberno, teñan constancia por escrito do malestar da veciñanza e non se dediquen a desmentir o evidente. Dáse a circunstancia, como recorda Javier Lamas, que na aldea de arriba de Pazos vive xente de avanzada idade, co risco que comporta para a súa seguridade, andar por camiños en estado ruinoso, que se anegan con facilidade e polos que pasan verdadeiras riadas durante os meses de choiva. Coas sinaturas, os veciños e veciñas reclaman que remate o abandono ao que están sometidos por parte do equipo de goberno municipal.
Querido amigo/a de Maside o del lugar al que pertenezcas: Sobre el resto de tu denuncia muy poco tengo que comentar, puesto que parece una canción de Julio Iglesias, unos que vienen y otros que se van, y al final, el mundo sigue igual. Concretas muy poquito, y andas muchito por las ramas. Con respecto a Maside, tu denuncia parece un: "Mucho te quiero perrito pero pan poquito", es decir, que muy poco aportas sobre lo que se podría hacer. Pero sí tengo información valiosa que darte con respecto a la "pseudoplataforma".
La psedoplataforma como tú la denominas, si estás un poquito enterado/a, ha logrado dos cosas importantes para Maside: Paralizar, con la ayuda de una inmensa mayoría de masidaos, allá por el año 2012, un proceso de privatización de la gestión del agua en Maside, presentando 1150 firmas, no siendo necesario presentar otras 500 que estaban en cartera, y evitar en el año 2016 la construcción de una instalación de incineración de neumáticos en un monte vecinal en mano común a unos 200 metros de un colegio público, y de un núcleo densamente poblado. Ha estado con los vecinos de Garabás para intentar darle otra ubicación a la instalación de una antena base de telefonía móvil. Y ha detectado que en las proximidades de esta antena se han enterrado cientos de toneladas de residuos de la construcción, hecho que ha sido denunciado en Fiscalía.
La pseudoplataforma surgió en el 2012, como resultado de una oposición vecinal al proceso de privatización de la gestión del agua, sin jefes, solamente con peones, solamente con gente que recogía firmas. Y ante una nueva amenaza como supuso la posibilidad de una incineradora de neumáticos por el sistema de pirólisis, se reactivó, constituýendose como asociación en enero de 2016, y un servidor era el representante de la misma. Si no distingues un jefecillo de un presidente de una asociación legalmente constituida, es un problema que no me va a ocupar mucho rato.
Mira querido amigo/a, es posible que para ti lo que han hecho los vecinos, no sea importante para Maside. Es una opinión respetable y aceptable. Pero te diré cual ha sido la contraprestación que ha recibido la plataforma. La plataforma ha sido tachada por nuestro alcalde como un brazo político armado al servicio del PP en sesión plenaria, con el agravante de difusión pública en un medio de televisión. Numerosos miembros hemos sido víctimas de llamadas anónimas, de coacciones y amenazas, y de muy graves difamaciones. Por lo que en noviembre de 2016 hemos decidido disolver la Asociación. Y cada uno de nosotros ejercitará las acciones legales que considere oportunas. Esto no es óbice para que ante una nueva amenaza Plataforma Masidá se constituya de nuevo como Asociación.
Ahora te hablaré de mí como supuesto jefecillo, puesto que veo que estás bastante interesado/a. La amistad que insinúas que tengo con esos de zapatito, y bares, y no sé cuantos, si concretases un poco podría darte más información. Mientras tanto te anticipo que normalmente procuro ser amigo de todo el mundo. Y si insinúas que tengo algún interés con la actual oposición, el tiempo te dejará en ridículo. Eso sí, te agradezco que me tildes de jefecillo, pero es un alto honor que ni tan siquiera merezco.
Para no extenderme mucho más, decirte que siguen su curso acciones de las cuales ya se irá informando a la gente. Y animarte a seguir planteando cualquier duda que tengas con respecto a la plataforma, o con respecto a mi persona en particular. Será un placer informarte. Y ya que te quejas de que no se hace nada en favor de este Ayuntamiento, te sugiero que en la próxima amenaza que tengamos, arrimes un poco el hombro y te pongas de peón como cualquiera de nosotros en una plataforma que seguirá defendiendo aquello en lo que cree. De peón, o de jefecillo si tú lo deseas.
Atentamente, Antonio Iglesias.
Dicen que en Maside hay un laberinto de personajes, supuestamente ligados a la política pero que en realidad solo se entretienen dejando pasar el tiempo sin hacer nada y echando leña al fuego para alimentar sus negocios, todos relacionados con lo que antes era la conocida Coperativa.
Personajes y persoeiros, uno que va y viene y quiere figurar, que nada hizo por Maside ni nada hará. Otro que iba de cabeza de lista y que además de andar de bar y zapatito limpio....del ayuntamiento nada se entera. Ahora han hecho un nuevo amigo, antes jefecillo de una pseudoplataforma que de repente ha desaparecido, a saber porqué. Me parece que muchos gallos en el mismo corral no van a hacer buenas migas.
Y mientras Maside sigue con sus atrasos, con la falta de atención, y con un Alcalde altanero que nada hace por mejorar un Ayuntamiento que creo merece menos insultos y más atención.
Ante todo vaia por diante a miña admiración por cada un dos tertulianos, e sobor de todo, polos dous aos que vou criticar (espero que constructivamente). Aínda que a miña admiración por eles non deixa de ser un tema irrelevante no que me ocupa e preocupa. Porque o que critico é unha opinión determinada, estando moi de acordo con moitas outras que manifestaron.
E é que os señores Barge e Otero están errados cando din que o grupo de emerxencias non pode estar sen facer nada cando non hai emerxencias, e deste xeito se xustifique que se lle obrigue a realizar limpezas en colexios ou realizar desbroces non sabemos se en fincas de dominio público ou privadas.
Cando discrepo, gústame fundamentalo. Para elo vou colocar dous artigos do Estatuto dos Traballadores, que tamén contempla a Lei Básica do Empregado Público.
La movilidad funcional para la realización de funciones no correspondientes al grupo profesional o a categorías equivalentes sólo será posible si existiesen razones técnicas u organizativas que la justificasen y por el tiempo imprescindible para su atención. En el caso de encomienda de funciones inferiores ésta deberá estar justificada por necesidades perentorias o imprevisibles de la actividad productiva. El empresario deberá comunicar esta situación a los representantes de los trabajadores.
La movilidad funcional se efectuará sin menoscabo de la dignidad del trabajador y sin perjuicio de su formación y promoción profesional, teniendo derecho a la retribución correspondiente a las funciones que efectivamente realice, salvo en los casos de encomienda de funciones inferiores, en los que mantendrá la retribución de origen. No cabrá invocar las causas de despido objetivo de ineptitud sobrevenida o de falta de adaptación en los supuestos de realización de funciones distintas de las habituales como consecuencia de la movilidad funcional.
Polo tanto teñen que darse duas condicións pra movilidade funcional no caso do grupo de emerxencias. Razones técnicas que o xustifiquen, e polo tempo imprescindible para a súa atención. E ademáis hai que comunicar esta circunstancia ao representante do traballador. Por non falar do menoscabo da dignidade do traballador, porque se un traballador fai a sua formación para determinada función, e se lle obriga a facer limpezas, a sua dignidade vese comprometida ¿Por qué vai ter que formarse para outra cousa se o final vai facer limpezas ou desbrozar?
Semella que obrigar o GRUMIR a desenvolver funcións que nada teñen que ver coas que lle son propias é un vicio que arrastra este goberno dende o principio, e que xa vimos no caso das limpezas a un colexio, e dos desbroces coñecidos e descoñecidos (será obriga da oposición averiguar qué se lle obriga a desbrozar).
Co señor Otero non podo poñer exemplos por non ser un traballador por conta allea ó ser autónomo, pero podo poñer un exemplo pra o señor Barge. Imaxínate Xosé Antonio, cando eras director do instituto, que o conselleiro de turno ven coa feliz idea que o tempo ocioso que teñen os directores hai que rendabilizalo, e obriga aos directores a facer a limpeza dos baños do instituto ¿Porías o grito no ceo non? E a maioría estaríamos contigo, porque tes unha formación que nada ten que ver con limpar baños ou mesmo o chan (imaxínate que é o chan o que che fai limpar o conselleiro de turno).
Como nunca fun moi bo redactando e penso que pode que non se entenda ao que quero chegar, vou facer outra pregunta ¿Por qué non fan as limpezas os nosos servidores públicos? Supoño que o alcalde cando non vai por aí a promocionar a Festa do Polbo ou a eurorexión, terá tempo pra facer limpezas ou desbrozar. Por qué non obrigalos e eles a que fagan limpezas e desbroces. E a única resposta que atopo é que pra elo están as brigadas de limpeza e a brigada de desbroces. E que nunha administración pública debe existir unha organización xerarquizada en funcións, cunha RPT que especifique cales son as funcións e as categorías de cada un. Pero claro, parece que é moito pedir unha RPT, tan só interesa cando se está na oposición. E é moito mais doado facer o que a un lle pete, total os que pagan son os penitentes.
Recapitulando: Claro que non pode estar facendo nada o GRUMIR cando non hai emerxencias, pero o que non pode é estar facendo o que nada ten que ver coas emerxencias. O GRUMIR o que ten que facer cando non hai emerxencias é detectar as posibles continxencias que podan ser causantes de emerxencias, e facer as oportunas advertencias aos nosos representantes públicos pra toma de decisións.
Unha aperta a todolos tertulianos, especialmente aos dous cuxa opinión critico. O programa é moi bo. Parabéns.

A consellería de Facenda inclúe doce parroquias do Carballiño entre as zonas pouco poboadas para obter deducións do 100% en materia de tributos cedidos polo Estado, como son o imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como por constitución de préstamos hipotecarios destinados ao financiamento da compra de vivenda habitual por discapacitados, familias numerosas e menores de trinta e seis anos.
Estas doce parroquias son: Seoane, A Piteira, Señorín, Banga, Cabanelas, Lobás, Longoseiros, Madarnás, Mudelos, Partovia, Sagra e O Barón.
Todas figuran na clasificación de zonas pouco poboadas (ZPP), polo Instituto Galego de Estadistica, segundo o grao de urbanización dos núcleos definida por Eurostat.
Quedan fóra deste baremo as parroquias de Arcos, Mesego e Veiga. A orde pola que se determinan as parroquias de Galicia que teñen esta consideración saiu publicada onte no Diario Oficial de Galicia.

O Partido Popular asegura que os efectivos do Grupo Municipal de Emerxencias chegaron con moit retraso ao incendio declarado nunha vivenda de Mesego, xa que os efectivos encontrabanse realizando traballos de desbroce e, ademáis, tardaron en ser localizados.
Esixen dos responsables municipais explicacións polo sucedido, e por elo, dende o Partido Popular piden aos responsables municipais un informe en relación a este asunto.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:
Está moi ben a morea de anuncios que se botan na radio sobre o punto limpo. O proceso "é impecabel", tes que ir o concello e avisar do que vas tirar no contedor, podían poñer un formulario na web e aforrabamos todos tempo.
Pero o millor é que se che din que as 8 tes que depositar unha mercancía, cando estás a piques de marchar sobre as 8:01 aparecen cunha furgoneta e meten todo dentro.
Eu poñome a pensar se en todos estes anos cando avisas da mercancía e non aparece ¿ que pensan os do concello ? que o final arrepentícheste e non queres tirala, que desapareceu misteriosamente ?
Ademáis o punto limpo que están montando na curva da carretera cara Ribadavia é espectacular, cando haxa un accidente a culpa non é de ninguén, por non dicer, os contaminantes que haberá na zoa.
Espero que algún día chegue algunha mercancía ó punto limpo.

A I Festa dos Callos, que organiza C.D. Arenteiro, en colaboración co concello do Carballiño, nace cunha dobre intencionalidade: por unha parte para acadar fondos para o club e por outra como un evento de dinamización turística.
Así o expresaron esta mañá o concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Dacal, e o vicepresidente do club Manuel Sotelo, durante o acto de presentación.
De feito, a intención é que se poida repetir o próximo ano e nos seguintes para poder institucionalizala. Dacal asegurou que era unha boa iniciativa, xa que o club precisa o apoio dos carballiñeses para poder sacar adiante ao equipo e a escola de fútbol, e poder conseguir o tan ansiado ascenso.
Ademais, dixo que era un evento gastronómico que pode suscitar o interese de veciños e visitantes e que pode ser un revulsivo máis para dinamizar a vila durante este domingo. No mesmo sentido se pronunciou Sotelo, que animou aos carballiñeses a achegarse ata a carpa instalada na Pista Vermella da Praza do Emigrante para degustar os callos e outros productos gastronómicos, como empanada, pulpo e churrasco.
Asemade, dixo que ía haber un xogo inchable para os máis cativos e un ambiente auténticamente festivo. Tamén sinalou que os socios do club terán 1 euro de desconto na ración de callos, que se venderá ao prezo de 6 euros. As de pulpo e churrasco costarán 8 euros, e a de empanada 2,50 euros. A carpa estará aberta este domingo, 12 de febreiro, dende as 10 da mañá ata as 10 da noite.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 537
- 538
- 539
- 540
- 541
- 542
- 543
- 544
- 545
- …
- seguinte ›
- última »