Recientemente tivo lugar un "accidente laboral" no Concello de Maside. Os feitos parecenmo o bastante graves como pra ter que denuncialos eiquí. Resulta que nunha queima controlada a concelleira con dedicación parcial diu a encomenda a unha das operarias do Concello de avivar o lume cunha lata de gasolita, e claro, a termodinámica é tozuda, e tivo lugar un incidente que por fortuna non pasou a maiores, o lume fixo estalar a lata con queimaduras de considerable magnitude pra operaria, que sigue de baixa.
Como pedirlle explicacións aos irresponsables municiapis é como pedirlle peras ó ameneiro, pregúntome se existe oposición, se se entera destas cousas, se pide explicacións. Porque esta concelleira con dedicación parcial, non pode desenvolver unha actividade laboral ¿Qué pasaría se a benintencionada concelleira sufrise queimaduras? ¿Ou se tivesemos que lamentar un peor desenlace? Quén pagaría os danos á concelleira por estar desenvolvendo unha actividade fora das súas funcións. A oposición debe pedir responsabilidade porque esto non é unha broma. A concelleira non ten a formación nin a experiencia pra exercer de capataz dun grupo de operarios. A experiencia é facil de demostrar que non a ten. E a formación, co estas ideas de bombeira tampouco.
Outra cuestión que me plantexo e qué sucedería se a concellera ten un accidente co coche do concello cando amablemente vai recoller aos veciños da Fontela co coche do Concello. E outra cuestión que me plantexo é, por qué se os irresponsables do Concello asumen ise risco cos veciños da Fontela, non fan o mesmo co resto dos veciños que traballan no concello, algúns dos cales van a pe dende lugares como Piñeiro, San Paio etc...
Aí o deixo es espero que a oposición desperte, e espero que a operaria teña unha pronta recuperación e que a oposición pida explicacións e esixa que non se xogue co lume, porque cando xogas co lume o máis probable é que te queimes.

Cinco persoas, tres adultos e dous menores, resultaron afectadas por inhalación de fume ao declararse un pequeno incendio na súa casa, na parroquia carballiñesa de Cabanelas.
As vítimas foron evacuadas ao Complexo Hospitalario de Ourense Segundo as informacións facilitadas polos servizos de Emerxencias ao 112, o incendio afectou unicamente á televisión do salón da vivenda, situada en Cabanelas.
Todo puido deberse a un curtocircuito. Aínda que o lume foi sufocado polos propios particulares,non obstante o fume afectou a toda a vivenda.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 3:30 horas da madrugada deste pasado domingo para alertar da situación. O persoal da central de emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.
Os veciños e veciñas de Astureses están moi enfadados e enfadadas por non poder facer uso do seu local social debido a que un veciño obstaculiza un dos camiños públicos de acceso a este e o Concello de Boborás de momento non leva feito nada por impedilo.

O concello do Carballiño presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a LV Festa do Pulpo como un dos eventos gastronómicos e culturais máis destacados de Galicia.
Tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, nomeárona como un referente turístico de Galicia cada segundo domingo de agosto.
"É unha das celebracións gastronómicas máis antigas e multitudinarias de Galicia. O pasado ano congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70 toneladas de pulpo coas que se elaboraron unhas 150.000 racións. E, como anticipo desta magna romería, elaborouse a tapa de pulpo máis grande do mundo, nun prato de 5 metros e 37 centímetros de diámetro, que contiña 750 kilogramos de pulpo, equivalentes a unhas 2.000 racións. Foi un hito na historia desta festa, que esperamos superar na próxima edición, anque non será doado", dixo o alcalde no acto de presentación, que se desenvolveu no stand de Galicia e estivo organizado e presidido pola directora de Turismo, Nava Castro.
A este acto asistiron o alcalde e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, así como o portavoz de grupo municipal popular, Argimirio Marnotes. Foron i invitados xunto aos demáis concellos con festas declaradas de interese turístico internacional e nacional, como é o caso da Festa do Pulpo.
Na súa intervención, Fumega destacou, ademáis, os cinco elementos que garanten o éxito da festa durante cada edición: "a tradición e o bo facer das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño; o viño do Ribeiro; o pan de Cea, e un entorno natural extraordinario como é o parque municipal, con máis de 30 hectáreas de arbolado e zona verde”. "É unha festa que conxuga á perfección a tradición secular na forma de elaborar o pulpo e os demáis produtos gastronómicos, cun ambiente popular no que xogan un gran papel a música e o folclore de Galicia",engadiu.
Finalmente, referiuse ao obxectivo de lograr a internacionalidade. Ao respecto, dixo: "A Festa do Pulpo do Carballiño conseguiu certa relevancia en Galicia e no resto de España, e desexamos traspasar as fronteiras nacionais para que chegue a otros países. Con este obxectivo, o pasado ano lle dedicamos a festa a tres cidades do Norte de Portugal, e esta próxima edicación lla dedicaremos a outra cidade europea".
E concluiu: "Queremos invitalos para que nos visiten este proximo verán e acudan á cita do domingo, 14 de agosto, onde os recibiremos cos brazos abertos na LV Festa do Pulpo do Carballiño”.
Como soportes para a difusión e presentación da festa en Fitur, onde acuden cada ano ducias de miles de visitantes e profesionais das axencias de turismo, touropoeradores e medios de comunicación nacionais e internacionais, o concello acudiu cun video promocional duns 3 minutos de duración, resaltando os elementos esenciais da Festa do Pulpo e da programación cultural das semanas precedentes, así como un folleto turístico escrito en cinco idiomas.
A representación institucional carballiñesa tamén asistiu, unhas horas, á presentación do stand e da oferta turística de Galicia que realizou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e , ao longo da mañá, mantiveron contacto con axencias de turismo e touroperadores, así como con representantes de medios de comunicación que realizan a cobertura informativa desta edición de Fitur.
Señor concejal de Seguridad del Concello de O Carballiño, le rogaría empleara
su tiempo en otros menesteres. Para nada hay que limitar el aparcamiento de
los coches del casco urbano de O Carballiño, eso le interesará a usted sabe Dios
el motivo. Apenas hay donde aparcar, nos vemos negros, dando vueltas...ya que
hay incluso para motos aparcamientos y el número exagerado de plazas de discapacitados, que
para ver una ocupada tienes que hacer guardia. Yo vivo en el centro y quiero aparcar en el
centro y hacer mis compras y cargarlas en mi coche... no ir hasta la calle Otero Pedrayo.
Lo que tiene que hacer es más plazas en el casco. Menos calles peatonalizadas... para
terracitas y echar una mano a los que trabajamos y tenemos que dejar el coche en la calle, no
en el parking como le interesa Dios sabe a quién... Atienda cuestiones importantes
como es el paro en la Villa. Ayuden a crear empresas, esto es un pequeño apunte.

O municipio do Carballiño rexistra con data de 31 de Decembro de 2016 un total de 4.100 afiliacións á Seguridade Social, incrementando en 200 persoas o número de cotizantes en relación a Decembro de 2015, daquéla 3.900 afiliados.
Desta maneira, O Carballiño continúa á cabeza no rankíng provincial de afiliacións á Seguridade Social, exceptuando a capital, tendo case 500 cotizantes máis que Verín e perto de 700 máis que O Barco de Valdeorras, que ocupan as seguintes posicións.
Por sectores, O Carballiño conta con 2.521 afilados ao réxime xeral e 1392 ao rexime de autonómos, 181 ao rexime do fogar e 6 ao agrario.
Tamén se incrementa en termos interanuais o número de afiliacións á Seguridade Social no conxunto dos concellos da Comarca, con 92 novos cotizantes en relación a un ano atrás. A do Carballiño tamén é, tras a da capital, a segunda comarca da provincia con máis afiliacións.
A suma total de afiliados á Seguridade Social nos 9 concellos da comarca, según este último dato actualizado, ascende a 6.359 persoas. En todo caso, un número moi por debaixo se retrocedemos aos anos anteriores á crise, xa que fai unha década a comarca rondaba os 7.000 afiliados.
Non te escoita, noso amigo, teu amor non é correspondido. O teu espellismo non ten nin talante nin talento, tan só barrunta milongas ó vento.
Sacaríamos as feridas das feridas como as notas saen das notas,tomaríamos os teus membros desencaixados polo teu fondo desamor pra tornalos nunha lira que afinase sen rendir pleitesía, a melodía das tuas fondas agonías.
O amor fai dos seus amantes bos sabios como o ceo.
E xa sabes noso amigo, que a pureza das tuas penas esta moi dentro de ti.
Enterra a lembranza das promesas incumplidas, e non teñas pena por quen as fixo, que xa convertiu en lixo a ilusión máis puramente concebida.
Ou mellor bótaa ó mar, porque a terra está plagada de escombros e inmundicias de almas miserables que desexan e ansían a a túa pureza profanar. Pero non tentes sustituir o vacío da túa paixón con vicios mundanos como desenterrar burros ou enrolarte en brazos políticos armados.
Que poidas esquecer o teu alcalde querido é o noso cometido, as ondas do mar, as ondas do mar de Vigo.
A serpe de tres cabezas vive das bocas de escravas travestidas, de outeiros sacudidos, das proas das naves naufragadas a través da fogosa escuma nos beizos do mar, que van pechando con figuras extranas, derrotadas,un triste ciclo que é mellor olvidar.
A escuridade péchase coa Luz e coa repugnancia fronte os actos que non merecen compaixón.
E non temas noso amigo, virá un tempo mellor, un tempo sen o teu amado alcalde, o teu alcalde querido...

A LV Festa do Pulpo do Carballiño será promocionada na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, que se celebra a próxima semana, como un dos eventos destacados entre as festas de Galicia coa denomiación de interese turistico nacional.
Para isto, a próxima semana desprazaranse á capital de España o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, para participar nun acto, que terá lugar o venres, 20 de xaneiro, por invitación da directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.
Neste acto exhibirase un video promocional da Festa do Pulpo do Carballiño, de 3 minutos de duración, con imaxes da Tapa de Pulpo máis grande do mundo, da oferta cultural de concertos e actividades de ocio da primeira quincena de agosto e, por suposto, do propio día da festa no parque municipal.
Asemade, distribuirase un folleto con información da festa escrito en cinco idiomas (inglés, francés, portugués, español e galego). Neste acto, convocado por Turismo de Galicia para os medios de comunicación, touroperadores e axencias de turismo nacionais e internacionais, tamén intervirá o alcalde carballiñés, para presentar e promocionar o evento.
Nestes dias estase ultimando a dedicatoria desta próxima edición, así como algúns dos aspectos máis relevantes do programa cultural e festivo.
O obxectivo desta 55 edición é avanzar na consecución da declaración de festa de interese turístico internacional, polo que se otorga un gran significado á dedicatoria da festa, así como á promoción dentro dunha feira de tanta relevancia como é Fitur.
Por outra parte, tanto o alcalde como o concelleiro de Turismo, confirmaron a asistencia á recepción que ofrecerá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no stand de Galicia, o mesmo día da celebración do acto promocional das festas galegas de interese turístico nacional, o venres 20 de xaneiro.
Fai tempo que eres o dono dos meus desvelos. Meu alcalde amado, meu amigo.
Houbo un tempo no que fixeches nacer en min a ilusión.
Recoñezo que me seduciches coas túas palabras. A túa voz profunda, varonil, que me inspiraba confianza. A túa presencia e o teu porte señorial. Prometíchesme a lúa e as estrelas i eu, inocente, creín en tí. Cheguéi a sentirme feliz de facerte o meu alcalde. o alcalde de tódolos masidáos.
Representabas, meu alcalde amado, meu amigo, un amencer para o noso pobo despóis dunha moi longa noite.
Non tiña oídos para outra cousa que non foran as túas palabras... Urbanismo, parque empresarial, me decías. Ata me prometiches un parque aromático en todo o concello. Imaxinéi longos paseos por ese parque na túa compaña, satisfeito de compartirmos o noso tempo xuntos.
Tamén me contabas que convertirías a nosa querida Rañoa nun balneario. Nada menos.
¡Cánto orgullo sentín facéndome a idea de verte persoalmente dirixindo a execución do proxecto! A Rañoa, meu amado alcalde, onde agora algún inconsciente, en nome do Concello, dedícas a cortar polo pé as árbores que tantos anos nos diron sombra.
Namoréime das túas maneiras, da túa prestancia, de eso que agora os modernos chaman "talante", coa túa preocupación por min e por tódolos veciñoas. Ata me asegurabas que ibas mudar o vello campo do Outeiro Grande, e convertilo nun complexo deportivo con aparcadoiros, pistas de atletismo e non sei cántas modernidades máis.
Qué gran home, repetía o meu maxín cada vez que se falaba de tí, meu amado alcalde, meu amigo. Un home cuio pensamento está sempre no máis razoable e no máis puro. Por elo, fixéchesme ver que o máis valioso que temos, os nosos nenos, contarían cuhna gardería. E os xóvenes terían ó seu dispor unha escola taller para menores de 25 anos, decías. Todo gracias a tí, meu amigo. Tan subiugado me tiñas, que daquela volveríate facer alcalde unha e mil veces se ti mo pediras.
Fago o posible por resistirme á sensación de engano. Anque o tempo, que fai morrer a paixón, obstínase en avanzar e fai caer os velos que cobren os ollos dos namorados, e tamén as máscaras tralas que se esconden os que prometen o ouro e o mouro e, en realidade, non teñen nin vontade nin capacidade para corresponder como deberían.
Coido que hoxe, co corazón partido, non podo máis que xuntar algunhas palabras, remedando as cantigas de tempos pretéritos...
Decídeme ondas do mar,
ondas do mar de Vigo,
se sabedes das promesas
do meu alcalde amado, do meu amigo...

Varios milleiros de persoas participaron nos eventos organizados dentro do programa Nadal Cultural, que se desenvolveu dende o 2 de decembro, coa apertura da pista de patinaxe, ata este domingo, 15 de xaneiro, cos monólogos de Touriñán.
Precisamente, este humorista galego marca un novo hito dentro do ciclo “Carballiño Comedy2”, ao ofrecer tres funcións, o sábado e o domingo, con cheo absoluto do auditorio municipal, que ten unha capacidade para preto de 430 persoas. Xunto co monólogo de Enrique San Francisco, que tamén abarrotou a sala, e a obra musical infantil “Pinocho”, así como do ciclo de cine infantil e a obra “O Apalpador”, más de 2.500 persoas terán asistido aos eventos celebrados neste recinto municipal.
A asistencia teria sido ainda maior, se non fose que se tiveron que suspender as dúas representacións teatrais das compañías Teatro del Norte e Chévere por indisposición dun actor e dunha actriz, respectivamente.
Ademáis do extraordinario éxito dos monólogos, cuxas entradas agotáronse hai xa varias semanas, e que continuarán coa actuación do humorista Ángel Martín o sábado 18 de febreiro, para a cal xa se poden reservar as entrdas, os eventos que suscitaron a maior participación neste Nadal Cultural foron o concerto de Dasoul e Danny Romero, na discoteca Isis Pharia; o baile de Nadal da sala Paulino; o concerto de Fin de Ano da Real Banda de Gaitas de Ourense, a Banda Escola de Gaitas do Carballiño e a Coral Polifónica Casino do Carballiño, no templo da Veracruz; o III Festival de Canto de Taberna, e, por suposto, a Cabalgata de Reis.
Entre todos, arredor de 20.000 persoas poideron disfrutar dos espectáculos e actividades programadas pola concellería de Educación e Cultura, ou por outras entidades coas que colaborou esta concellería.
Actualmente, estanse programando os próximos eventos festivos, que son o Entroido e a Festa da Cachucha, que se celebrarán a última semana de febreiro e primeira de marzo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 541
- 542
- 543
- 544
- 545
- 546
- 547
- 548
- 549
- …
- seguinte ›
- última »