Polos seus actos os coñecerás que reza a Biblia, e hoxe podemos ser testigos dun acto máis que nos permite coñecer máis aos persoeiros que o protagonizan. A posta en escea dun acordo que pon nítidamente ás claras que o interese xeral é secundario non ten desperdicio. Pasamos do sainete ó vodevil, por non decir bodrio.
Este intento de tomarnos o pelo e de xustificar o inxustificable é digno dun sucinto análise. O Sr. Bernardo manifesta a súa satisfacción polo seu acordo orzamentario, no que vai explícito un trágala para toda a sociedade do Carballiño (os orzamentos son bos se se cumple cos meus caprichos e malos se non). Pola outra banda o Sr. Bernardo dí implícitamente que nestes orzamentos despilfárranse cartos en certas partidas que deberían ir a cultura ¿En qué quedamos Sr. Bernardo? ¿Está ou non satisfeito con estes orzamentos?
Son dúas cuestións interesantes, pero penso que as cuestións máis interesantes serán as que teremos que plantexar na vixencia destes orzamentos. Os veciños do Carballiño teremos que preguntar a Bernardo qué hai do seu, e ó mesmo tempo teremos que preguntar qué sobrou pra o do resto.
Sin máis deixo aquí a miña IP pública 85.53.227.142. Se alguén pensa que desenvolver a liberdade de expresión contravén a legalidade vixente, ten á súa disposición os tribunais de xustiza. Por riba de aguantar tomaduras de pelo o que faltaría é que nos mandasen calar sen ter potestade pra elo. O maior anonimato é de quen se esconde baixo unhas siglas pra defender os seus intereses persoais e non os xerais.

O alcalde carballiñés Francisco Fumega e o seu aliado para a aprobación dos orzamentos municipais deste ano, o concelleiro de AV-En Marea, Bernardo García,manifestaron a súa satisfación e compromiso polo acordo alcanzado,no que atinxe as obras e actuacións que se van levar a cabo con cargo aos orzamentos de 2017.
O plan foi exposto esta mañá nunha rolda de prensa ofrecida por ambos representantes municipais, que puxeron énfase na urxencia dalgúns dos proxectos e valoraron o acordo como de gran interese para toda a cidadanía, especialmente, para aqueles veciños que residen nas rúas e estradas que van ser obxecto de melloras, ou daqueles que usan as instalacións culturais e deportivas.
No casco urbano citaron a necesidade de acometer o asfaltado e beirarrúas, no seu caso, das rúas Aquilino Sánchez, Saleta, Alberto Vilanova, Avenida do Parque e Costa Rica. Asemade, na zona rural citaron o acceso dende Señorín ao Instituto, o acceso dende o Pavillón de Deportes a Veiga e a Avenida do Parque no tramo ao instituto e parque etnográfico. En todos os casos valoraron as deficiencias que se atopan actualmente, con problemas do firme das calzadas, beirarrúas e incluso saneamento e pluviais.
Por iso, o alcalde asegurou que cos 400.000 euros previstos no orzamento municipal para infaestruturas viarias poderase acometer unha boa parte destes proxectos, e o resto faranse con fondos doutras administracións públicas.
Ao respecto, Bernardo García sinalou que todas as obras responden a unha necesidade real e favorecen a un gran número de veciños. Así, referiuse a culminación da beirarrúa da Avenida do Parque como unha demanda de hai trinta anos, e que representa un problema de seguridade para os centos de persoas que a usan habitualmente para acudir ao Instituto de FP ou que van de paseo ata o parque etnográfico.
No mesmo sentido se expresou o alcalde cando se referiu á apertura da rúa Costa Rica, da que dixo ía solucionar un grave problema de pluviais do cruce da baixada a Astureses no cruce coa Avenida do Balneario.
Ademáis, o acordo inclúe a reforma da Casa da Cultura, así como doutras instalacións municipais, como o pavillón de deportes e as piscinas. O portavoz de AV-En Marea precisou que este acordo era un tema moi puntual sobre obras de infraestrutura, pero que a súa intención era que fose máis global, intentando aforrar cartos nalgunhas partidas para poder dedicar máis diñeiro ás infaestruturas culturais e deportivas, entre outras
NAS ALDEAS VIVEN PERSOAS, POUCAS, POIS SI, PERO HABELAS HÁINAS. E ATA ONDE SE SABE,EN TEORÍA TEÑEN OS MESMOS DEREITOS QUE OS QUE VIVEN NA CIDADE. POLO
QUE SE VE SÓ NA TEORÍA.
O EXEMPLO CLARO DE QUE SÓ É NA TEORÍA VÍMOLO ESTES DÍAS CO TEMPORAL SUFRIDO. RESULTA QUE NA NOITE DO XOVES, HOUBO UN TEMPORAL QUE AFECTOU A TODA GALICIA. AS CIDADES, AS VILAS E CLARO TAMÉN AS ALDEAS. PRODUCIRONSE OS CONSEGUÍNTES CORTES NO SUMINISTRO ELECTRICO, HABITUAIS CANDO HAI RACHAS DE VENTO, ATA AHÍ TODO NORMAL.
O ANORMAL VEN DESPOIS. TRES DÍAS COAS SUAS CORRESPONDENTES NOITES, SEN SUMINISTRO EN VARIAS ALDEAS DO IRIXO. E EN CENTOS DE ALDEAS DE TODA GALICIA. E SECADRA OS SEÑORES
DE FENOSA NO NO SABEN, PERO NAS ALDEAS A XENTE TEN NECESIDADES E TEN COUSAS QUE PERDER. E SOBOR DE TODO A XENTE PRECISA QUE A ATENDAN E A ESCOITEN CANDO TEN UN PROBLEMA. E E QUE NOS COBRAN BEN CARO TODOLOS MESES POR SUMINITRARNOS ELECTRICIDADE.
PERSOAS MAIORES SOAS. PERSOAS ENCAMADAS SEN LUZ, SEN AUGA QUENTE, SEN TELEFÓNO. PERSOAS QUE PRECISAN DUNHA MÁQUINA DE OSIXENO. CONXELADORES CON ALIMENTOS, ESPECIALMENTE CHEOS NESTA ÉPOCA DE MATANZAS.ANTE ESTAS SITUACIÓNS
CHAMAS O TELÉFONO DE AVERIAS ESPERANDO ATOPAR RESPOSTA ANTE A
SITUACIÓN PERSOAL DE CADA UN. NINGUÉN CHAMA PEDINDO MILAGRES. SÓ
CHAMAN PARA TER INFORMACIÓN, PARA TER UNHA PREVISIÓN DE CANDO SE VAI
RESTABLECER O SUMINISTRO. VAMOS O MAÍS NORMAL DO MUNDO. RESPOSTA DE UNIÓN FENOSA, ESA EMPRESA DE GALEGOS COMA TI, UN CONTESTADOR AUTOMÁTICO QUE LLE CONTA A MESMA PELÍCULA A UN QUE CHAMA DENDE A GUDIÑA OU A OUTRO QUE CHAMA DENDE FRIOL OU DENDE O IRIXO OU DENDE LAROUCO. ¡ ESTAMOS TRABALLANDO PARA RESTABLECER O SUMINISTRO. HAI QUE TER BEMOLES. VERGOÑENTO. INCRIBLE. INHUMANO. EU DIRÍA QUE ATA DELICTIVO.
ESPERO QUE ANTE ESTA SITUACIÓN OS ORGANISMOS CORRESPONDENTES
ACTÚEN EN CONSECUENCIA, ABRAN UNHA INVESTIGACIÓN SERIA E RIGOROSA, TENDO EN CONTA AS SITUACIÓNS RELATADAS E TOMEN AS MEDIDAS PERTINENTES
CONTRA UNION FENOSA, POLO ABANDONO DE TODOS ESES GALEGOS QUE NON
DEBEMOS SER TAN GALEGOS COMA ELES.
ELADIO MUNÍN. O IRIXO.
Os orzamentos municipais do Carballiño saíron adiante cos votos do PSOE e de AV. O voto do señor García Nóvoa foi crucial e alguns hosteleiros non o esquecerán, independentemente de que este concelleiro ten a razón no asunto das terrazas (e así lla deu o Concello), e tampouco os habitantes da avenida residencial.
A postura contraria dos señores Marnotes, Ferreiro e Reboredo máis ben sonou a demagoxia, xa que non foron quen de plantexar unhas partidas alternativas.
Os problemas de desemprego e servizos sociais que afectan gravemente ás familias non se debatiron, sobre todo cando se están a esixir solucións urxentes.
Teremos beirarrúas novas e máis externalización para beneficio de empresas de fóra, pero non traballo para os parados nen axudas ós máis desfavorecidos, a dous anos escasos dunhas eleccións á alcaldía.
Pero delo tampouco se falou na tertulia. Seica a meteoroloxía é noticia.
O sainete protagonizado polo grupo de titiriteiros que habitan o concello pon de manifesto que a democracia pode ser secuestrada por intereses e caprichos dunha soa persoa ¿Onde está o interese xeral? ¿Onde queda a dignidade e os principios de cada partido? Fume-ga aproba co seu voto de calidade uns orzamentos viciados, e que teñen como fundamento o mercadeo dos intereses persoais, os intereses persoais do Fume-ga pra prorrogar a venta de fume, e os intereses e caprichos persoais dun concelleiro da marea, que unhas veces sube e outras baixa. Pero ¿Onde quedan os orzamentos que deberían servir ó interese xeral? ¿Onde queda a soberanía do Carballiño? EN ESTOCOLMO

Tal como lles viñemos avanzando dende esta emisora de radio, o concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea foi o gran protagonista da sesión plenaria da corporación que serviu para aprobar o orzamento elaborado polo goberno municipal socialista.
Bernardo García propiciu, co seu voto favorable, a aprobación dun presuposto para o ano 2107 que ascende a 9,8 millóns de euros.
Explicou o concelleiro que, aínda sendo crítico con algúns aspéctos do orzamento, facilitaba a súa aprobación ao asumir o alcalde o compromiso das peticións formuladas dende Alternativa Veciñal: remate de beirarrúas na avenida do Parque, na zona dos chaléts e construcción de novas beirarrúas na antiga estrada de Pontevedra, entre o parque e o acceso ao camping municipal, asi como o acondicionametnto da rúa da Saleta. Tamén a apertura dunha emisora municipal de radio ou a remunicipalización da recadación municipal.
A asusencia da concelleira socialista Marina Ortega, de baixa médica, motivou un empate a oito votos favorables -7 do grupo socialista e o de Bernardo García- e oito votos en contra deste orzamento, os do resto da oposición, PP, BNG e o concelleiro non adscrito, todos foron moi críticos co proxecto do grupo socialista. Desfixo o empate o voto de calidade do alcalde.

Reflexo da deixadez dos dirixentes de MASIDE é a foto adxunta.
Si, si, xa, xa, a culpa é dos propietarios dos solares que non limpan, nin cortan, culpa do cura por non pedir o Santo Pai, que evite isto, a culpa pode ser, dos que imos trabajar e pasamos por ali, ou dos peóns que van facer as compras o pobo, ou dos rapaces que pasan no bus escolar cara o colegio, ou......... .Acontecerá unha desgracia é diràn que " la culpa fue del cha, cha, cha"

O pulpo á feira do Carballiño foi protagonista unha vez máis na inauguración do 18º salón gastronómico internacional Xantar.
Os concelleiros de Turismo e Cultura, Diego Fernández e Xosé Manuel Dacal, así como o alcalde, Francisco Fumega, foron, xunto co alcalde de Leiro e presidente da mancomunidade turística Terras do Avia, os anfitrións na recepción das autoridades que se detiveron no stand a degustar o pulpo, as cañas fritidas do Cerviño e os melindres de xema do Corral, xunto co pan de Cea e o viño do Ribeiro.
O Carballiño promove nesta feira a Festa do Pulpo e os eventos festivos e gastronómicos máis próximos, como son o Entroido e a Festa da Cachucha.
O concello de Leiro difunde a celebración da Festa da Vendima, que se celebra nesta localidade ribeirán o derradeiro domingo de agosto, mentres que Boborás da a coñecer a singular e tradicional Festa das Mudacións e a súa secular Danza de Xuvencos. Ribadavia aposta pola Mostra Internacional de Teatro e a feira do Viño.
O salón Xantar celebrará este venres o día da Mancomunidade Turística Terras do Avia, polo que o stand desta asociación que integran os concellos do Carballiño, Ribadavia, Leiro e Boborás voltarán a ser protagonistas.
Alucinei ao escoitar ao Bernardino que pon como condición aos orzamentos do Concello que se arranxen as dúas rúas que curiosamente son onde ten propiedades el (Avda. do Parque) e a súa dona (Rúa Saleta). Supoño que este acordo o pasou polas reunions do “círculo de lectores” da marea, e que lle diron autorización por ser ambas prioritarias para o interese xeral do noso pobo.
Viva Cuba libre e viva o viño blanco.
O debate e a votación dos Presupostos Municipais para este ano 2017 será o tema central da sesión plenaria convocada para este xoves, 2 de febreiro, ás 7 da tarde.
Ata un total de dezaséis puntos figuran na orde do día deste pleno da corporación, que é o primeiro que se celebra neste ano. Así, ademáis dos orzamentos, figuran diversos expedientes sobre a compra da Casa Soto, do matadeiro municipal e da declaración de servicios prioritarios no concello, entre outros.
Debatiranse tamén cinco mocións; dúas do BNG sobre Pena Cobertoira e o acceso universal ao sistema sanitario; unha de AV-SON sobre o cumprimento da ordenanza de terrazas; outra do concelleiro non adscrito relativa ao transporte público, e, finalmente, outra do PSOE sobre a supresión da venda de billetes na estación do tren.
Neste pleno tamén se aprobará a nova composición das comisións informativas, órganos colexiados e grupos políticos, co novo “membro non adscrito”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 538
- 539
- 540
- 541
- 542
- 543
- 544
- 545
- 546
- …
- seguinte ›
- última »