
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou na súa visita a O carballiño a importancia de promover a produción alimentaria artesanal como xeito de poñer en valor os produtos de calidade do agro galego. Neste contexto, lembrou que a Xunta está a traballar na creación dun distintivo de calidade para os alimentos artesanais de Galicia a través dun decreto específico, actualmente en exposición pública e que se prevé que entre en vigor ao longo do vindeiro ano.
A conselleira explicou que con esta norma preténdese recoñecer e fomentar os valores económicos, culturais e sociais que a artesanía alimentaria representa para Galicia e preservar e conservar as pequenas empresas familiares que elaboran produtos alimenticios. Precisamente unha destas empresas –Confitería Cerviño, sita no concello ourensán do Carballiño– foi visitada este mediodía pola titular de Medio Rural, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.
Nesta visita, Ángeles Vázquez salientou a calidade da produción artesanal alimentaria de Galicia en xeral e, de modo particular, a desta pastelaría familiar que elabora, desde mediados do século pasado, doces e outros produtos tradicionais, entre os que destacan as súas populares canas fritas.
Nesta mesma liña, a conselleira sinalou que coa regulación da artesanía alimentaria búscase poñer en valor os produtos alimentarios comercializados por pequenas empresas, moitas veces ligadas a unha explotación agraria, elaborados coa intervención directa do seu titular, o artesán alimentario.
Estes produtos, de elevada calidade polas materias primas utilizadas e polo esmero do artesán ou artesá na súa elaboración, comercializaranse co distintivo da “Artesanía alimentaria”. Dentro deles, os que proveñan de zonas de montaña poderán levar ademais a mención “Produto de montaña” e os que estean elaborados utilizando materias primas da propia explotación agraria á que estean ligados poderán utilizar tamén a mención “Produto artesán da casa” ou “Produto artesán caseiro”.
Para regular esta materia, pártese de que Galicia conta cunha gran tradición na elaboración de produtos alimentarios artesanais, que forman parte da súa cultura popular e que gozan dun alto aprecio entre os consumidores, mesmo fóra da comunidade. A elaboración destes produtos ten contribuído non só a engrandecer a riqueza cultural de Galicia senón á creación dunha economía básica para moitas familias do medio rural.
Confitería Cerviño abriu as súas portas en 1952, pero xa desde os anos 20 do pasado século os antepasados desta familia desenvolveron a súa actividade como pasteleiros, sendo as rosquillas os primeiros produtos que elaboraron para a súa venda. Máis adiante chegarían a ser coñecidos, especialmente, polas súas canas fritas, feitas unha a unha de maneira totalmente artesanal, con produtos naturais e sen aditivos.
É indignante que despois dun lavado de cara da Alameda de Maside (tras numerosas protestas de moitos veciños) no que se pintou un chisco, e sustiuironse algúns taboeiros en estado lamentable, a Alameda siga nun estado tan lamentable. A neglixencia dos políticos locais que deben estar moi ocupados en cobrar as adicacións parciais a fin de mes, e non son capaces de ver cos seus propios ollos a ausencia de mantemento, e fan caso omiso das advertencias dos veciños, ou que viven en realidades paralelas, ou todas estas cousas á vez. E que son incapaces de amosar un chisco de eficacia e responsabilidade, e que son incapaces de ver a perigosidade destes elementos dañados dende hay moito tempo nun parque onde xogan rapaces, é uha proba de que non están aquí pra servir aos intereses xerais, senon para servir os seus propios intereses.
Nesta ocasión non vou a ser moi duro coa última adicación deste grupiño "progre" e difamador que tras un intento frustrado de privatizar a xestión da auga, e traer unha incineradora de neumáticos a un monte veciñal, andan moi ocupados difundindo e difamando a quenes lles fixeron frente, nas taberniñas do seu color. Tan só un aviso a navegantes: As verdades van ser máis duras que as falacias das vosas difamacións (non nos fan nin cosquillas). E máis dun vai quedar retratado. Outro día máis.

A romaria da Saleta rexistrou este ano unha afluencia record de público, non se recorda dende fai moitos anos atrás unha asistencia tan multitudinaria como a deste ano 2016.
Xa dende as primeiras misa da mañá, e tamén na procesión, a participación de devotos foi notable na capela da Nosa Señora da Saleta, nesta tradicional romaría na parroquia de Astureses.
Pero sen dúbida foi á hora do xantar campestre cando a romaría vivíu o seu momento álxido, de tal maneira que as tabernas e restaurantes instalados na Saleta vironse desbordados ante a gran cantidade de público, que en non poucos casos tivo que agardar turno para poder sentarse á mesa.
Sen dúbida, o bo tempo e tamén o feito de que este ano o 19 de Setembro fose dia festivo de carácter local, non so no concello de Boborás, senón tamén no do Carballiño, influiron decisivamente nesta afluencia de romeiros, que pode considerarse a máis alta das últimas décadas.
Doutra parte, e de forma simultánea a celebración da romaría da Saleta, O Carballiño despedía este lúns unhas festas do Setembro que se caracterizaron este ano tamén polo bo ambiente en canto a presenza de público nas actividades festivas, sobre todo coincidindo cos dias grandes das festas e coa fin de semana.
Probablemente, a noite con máis afluencia de público no Carballiño durante as festas deste ano foi a do venres 16, con miles de persoas seguindo a sesión de fogos, a actividade con máis espectadores de toda a programación festiva, que -por certo- aplaudiron o espectáculo pirotecnico ofrecido na praza da Veracruz.
Tamén foi notable o seguimento de público nas verbenas e a ocupación rexistrada nas atraccións de feira que acudiron este ano as festas do Setembro, sobre todo ás infantís.

Un pasarrúas da Escola de Gaitas do Carballiño, xogos infantís, o encendido do alumeado artístico e unha verbena marcan o comezo das festas patronais do Carballiño, en honor a San Cibrao, que se desenvolverán ata o luns, 19 de setembro.
Charangas, bandas, orquestras, actividades deportivas, xogos infantís, concertos e unha tirada de fogo son as principias propostas das Festas de San Cibrao 2016, que terán unha duración de cinco días.
Os días de maior actividade serán o venres, 16, que é a feira, e o sábado, 17, que é a festividade do patrono, ainda que por caer en sábado, o día festivo pásase ao luns, 19.
Para consultar toda a programación festiva -actualizada- prema nos arquivos adxuntos:

Pregúntase o concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea onde están os beneficios que para o concello carballiñés ou para a economia do municipio representa a súa pertenza á asociación do Eixo Atlántico.
As manifestacións de Bernardo García chegan, precisamente, despois de reunirse no Carballiño o foro termal desta asociación, reunión que se celebraba este pasado martes no Aparthotel Arenteiro "na que se invitou a unha asociación de balnearios e establecementos termais privados, e con clara vocación de lucro", por eso, quere saber "se esta reunión tivo algún tipo de gasto para o concello".
O concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea recorda como a cuota que ten que pagar o concello carballiñés pola súa pertenza a esta asociación do Eixo Atlántico ascende a 18.000 euros ao ano, e por eso pide ao alcalde que "encargue un estudo espefícico co balance de beneficios e gastos e asi poder tomar unha decisión informada cando nos próximos orzamentos do ano 2017 haxa que volver aprobar esa aportación económica a favor desta asociación".


Alcaldes, concelleiros e representantes das cidades, vilas e balnearios de Galicia e do norte de Portugal, integrados no Eixo Atlántico, acordaron constituir unha rede termal na Eurorrexión. A proposta cobrará viabilidade a través dunha comisión que estudiará un programa de actuacións e financiamento para que este novo foro do Eixo Atlántico sexa efectivo a finais deste ano ou comezo do próximo.
O acordo foi comunicado polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, ao remate da reunión desenvolvida esta mañá no Carballiño a instancia do alcalde desta vila, Francisco Fumega.
A comisión estará formada por seis representantes de cidades, vilas e balnearios galegos e portugueses, que deberán presentar este programa no próximo mes de novembro para ser analizado noutra reunión que se celebrará na localidade porguesa de Chaves.
Precisamente, o presidente da cámara municipal desta cidade e presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, referíuse ao enorme potencial termal que representa a Eurorrexión en canto á cantidade, calidade e diversidade das augas termáis con que conta esta área xeográfica.
Asemade, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu a asistencia a esta reunión, na que únicamente faltaron o alcalde de Mondaríz e a alcaldesa de Lugo, por problemas de axenda relacionados coa campaña electoral, pero que contou coa presencia de representantes de 12 concellos e 17 balnearios e termas de Galicia e norte de Portugal, así como do xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, do secretario xeral do Eixo Atlántico e técnicos deste organismo. Asemade, acudiron alcaldes de vilas que non están integradas no Eixo Atlántico pero que contan con balnearios dunha gran sona, como é o caso do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.
Xoán Mao referiuse aos sete puntos estratéxicos nos que se ía basear esta nova rede termal da Eurorrexión: promoción dos hábitos saudables, investigación en colaboración coas universidades, promoción conxunta dos establecementos termais, fidelización do turismo en base aos 7 millóns de cidadáns que residen nas cidades e vilas do Eixo Atlántico, captación de recursos de financiamento con programas e plans europeos, formación e visibilidade dos recursos propios , tanto termais como históricos e patrimoniais.
Neste sentido, Mao chamou a atención sobre dous dos principias elementos de promoción turística de Galicia, como son a gastronomía e o termalismo, e destacou as dúas fortalezas coas que conta O Carballiño, localidade anfitriona desta primeira xuntanza, como son o pulpo e os balnearios, como principias recursos e reclamos para atraer ao turismo. Tamén loubou a experiencia da Eurocidade Chaves-Verín como un exemplo a seguir para acadar a excelencia da que hoxe gozan en Europa cidades balnearias como Budapest.
Finalmente, o secretario do Eixo Atlántico agradeceu a iniciativa do alcalde do Carballiño, que considerou de relevancia crear unha seccion de cidades e vilas termais no marco do Eixo Atlántico.
A esta reunión que se desenvolveu durante toda a mañá no hotel Arenteiro da vila carballiñesa, asistiron alcaldes, presidentes de cámaras municipais, concelleiros e outros representantes dos concellos de Lobios, Ourense, Ribadavia, Caldas de Reis e Verín, por Galicia, así como de Santa María da Feira, Guimaraes, Chaves, Vidago, Resende, Melgado e Santo Tirso, por Portugal. E, por parte das instalacións termais, representantes dos balnearios e termas de Lobios, Laias, Mondaríz, Lugo, A Chavasqueira, Outaríz, Presigueiro e Verín, por Galicia, e Sao Jorge, Taipas, Chaves, Pedras Salgadas, Vidago, Caldas de Aregos, Melgado e Caldas-Santo Tirso, por Portugal. Ademáis dos dous balnearios do Carballiño.

O IES Nº1 do Carballiño inaugura este curso académico 2016-2017 coa conferencia “Construye tu futuro conservando el pasado" a cargo do conservador e restaurador no Museo e Nacional de investigación de Altamira Alfredo Prada Freixedo, arqueólogo e restaurador no Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira onde desde o ano 2006 realiza traballos de conservación relacionados tanto coa cova de Altamira como comaterial arqueolóxico albergado no Museo.
O acto terá lugar o xoves día 15 de setembro ás 12:30 horas no Salón de Actos do centro educativo. O conferenciante de honra e ex-alumno do centro, Alfredo Prada é Diplomado en Conservación e Restauración (especialidade Arqueoloxía) pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia e Licenciado en Xeografía e Historia (Historia da Arte) pola Universidade de Santiago de Compostela.
O seu labor profesional está avalado por numerosas publicacións sobre o patrimonio arqueolóxico da arte rupestre relacionado coa Cova de Altamira e está avalado igualmente pola participación en numerosos proxectos arqueolóxicos financiados por prestixiosas entidades e universidades nacionais e estranxeiras.
A conferencia será o remate da primeira xornada do curso, na que previamente, ás 12:00 horas, se levará a cabo o reparto do alumnado de bacharelato nas aulas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 555
- 556
- 557
- 558
- 559
- 560
- 561
- 562
- 563
- …
- seguinte ›
- última »