En moitas ocasións non son as respostas as que están mal plantexadas, senon as cuestións que se formulan as que xa adoecen de orixe dun sesgo radical. Porque o que fixo a pregunta respecto ao rural, esquece o que se fai cos cartos públicos cando se invita a un exército de larpeiros sen ir máis lonxe na Festa do Polbo. Polo tanto, xa non se trata nin de ubicacións, nin de colores políticos, porque tanto da Xan como Pericán. Trátase de qué pasa coa totalidade da casta política. Porque eu podería plantexar a seguinte cuestión con respecto aos cartos públicos ¿E qué pasa cun que non pode pagar unha tallada de pulpo? Por qué eses larpeiros teñen que poñerse as botas cos cartos públicos e os que non teñen nin un can teñen que pasar fame. Polo tanto eu reformulo a pregunta. ¿Qué pasa coa casta política? E por extensión tamen fago a seguinte reflexión ¿Acaso a casta política segue pensando que vivimos no seu paraiso de artificio?

Do venres 19 ao domingo 21 de Agosto a Praza Maior do Carballiño acolle a IX edición da Feira do Stock que organiza O Carballiño Centro Comercial Aberto.
Un total de 24 establecementos comerciais participan este ano neste evento, que sorteará ata 1.000 euros en premios entre todos os clientes que acudan ata a Praza Maior.
O horario de apertura será de 19 a 23 horas o venres, mentres que sábado e domingo os stands permanecerán abertos en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 22 horas.
Ademáis, coincidindo con esta Feira do Stock, O Carballiño Centro Comercial Aberto celebra,sábado e domingo, unha nova edición da ruta das tapas de verán.
Estou a ver estes dias na prensa o anuncio de transporte de balde ,para ver a volta 2016 pola comarca do ribeiro,pero este transporte sae da cidade de Ourense e volta ela,a miña pregunta e , os que non moran na cidade QUE ? Se non teñen medios que non a vexan,o sorprendente e que estes buses pagaos a Deputacion ,cos cartos de todos,pero....eses cartos non son para gastar en concellos de menos de vinte mil habitantes? Non entendo,o dito os do rural nin auga,xa nin en epoca de elecions, QUE PENA.
Ao parecer, a víctima situouse no medio da vía, cos brazos abertos, esperando ser alcalzado polo tren Alvia que a última hora da mañá transitaba a esa hora á altura do viaducto de Pol de Piteira, no municipio do Carballiño.
O Centro de Seguridade do Adif informou deste suceso ao CAE 112 Galicia, que tras recibir a chamada solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil do Carballiño.
Para acceder ao espazo protexido desta via da alta velocidade, a víctima tivo que traspasar a valla de seguridade. Tralo suceso, o tren permaneceu detido á saída do viaducto de Pol, ata que a autoridade autorizou a súa saída.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou as obras de rehabilitación do mosteiro de San Clodio de Leiro que leva a cabo o departamento do Goberno galego que dirixe para transformar parte deste histórico edificio no primeiro spa de viñoterapia da Comunidade e que, segundo manifestou, teñen como obxectivo “garantir a recuperación íntegra do inmoble e o emprego das súas instalacións para poñer en valor e difundir os recursos turísticos asociados á auga termal e ao viño”.
Nesta visita ás obras en San Clodio, a directora de turismo da Xunta estivo acompañada polo alcalde do concello de Leiro, Francisco José Fernández.
Esta actuación converterá as antigas adegas e cortes do mosteiro nun centro termal pioneiro en Galicia reforzando así a aposta de Turismo de Galicia polo termalismo para manter o pulo desta modalidade turística na Comunidade, que constitúe un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico e económico do territorio galego.
Así, Nava Castro afirmou que o turismo de saúde destaca notablemente en Galicia “tanto pola súa abundancia como pola súa calidade e singularidade”, o que constitúe “unha vantaxe diferenciadora e competitiva respecto a outros destinos tanto nacionais como internacionais”.
Neste ámbito, Nava Castro manifestou que Galicia atesoura máis de 300 captacións catalogadas e conta cunha afloración minero-medicinal por cada 10.000 habitantes, o que a sitúa como segundo destino en potencial termal, só por detrás da cidade de Budapest.
Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia tamén lembrou que desas máis de 300 captacións de auga mineiro-medicinal, máis de 20 teñen a cualificación de balneario, polo que Galicia “ocupa a primeira posición a nivel nacional ao acoller preto do 20% dos establecementos balnearios do país”.
Na súa visita a San Clodio de Leiro, Nava Castro explicou que Galicia é líder tamén en relación á calidade nos establecementos termais, xa que conta co maior número de establecementos termais distinguidos co Q de calidade turística do Estado, ao ter rexistrados nove balnearios con esta distinción.
Por todo isto, concluíu a directora de Turismo de Galicia, “o turismo termal na Comunidade é un dos produtos turísticos con maior grao de especialización e singularidade, con maior capacidade de desestacionalización da demanda, con poder para a captación de máis segmentos de público e de gran atractivo para a articulación de oferta turística combinada con outros produtos”.

O grupo municipal do PP agradece ao concello "que siga co modelo iniciado polo anterior goberno municipal de reforzar con actividades os dias previos ao segundo domingo de Agosto" pero realiza varios comentarios críticos relativos a distintos aspéctos organizativos na edición deste ano.
Asegura o Partido Popular que o concello retirou na véspera mesas do recinto oficial "para que non se visen desocupadas" o dia do xantar.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de rexistrar una moción na que insta ó concello Ó MANTEMENTO, LIMPEZA E REPARACIÓN DAS HUMIDADES DO CENTRO ESCOLAR DE O IRIXO.
Que como no caso do centro de saúde, o mantemento, limpeza e conservación das instalacións do grupo escolar do Irixo son tamén responsabilidade do concello, cousa que non se fai adecuadamente. Que entendemos que existe unha deixadez extrema en canto ó mantemento do centro escolar do Irixo por parte do concello.
Que non se entende como é posible que no tellado de dito centro escolar medren as árbores, maleza e se acumule lixo; isto indica unha falta total de mantemento e limpeza do seu tellado e canalización de recollida de augas pluviais. Que a falta de limpeza e mantemento no centro educativo, ocasiona que no interior do propio centro escolar, en diversas dependencias e, concretamente, na do comedor escolar, chova, sen que se faga nada por arranxalo.
Que o Concello do Irixo non atende as súas obrigas de mantemento do centro escolar permitindo que este centro se deteriore e que os cativos convivan no día a día con humidades, as cales cun mantemento adecuado non se producirían. Que os socialistas entendemos que a inexistente e a incapacidade municipal na xestión fai que o centro escolar se sume xa a outras instalacións municipais como o centro de saúde na falta de mantemento a pesares de que o concello dispón de tres concelleiros remunerados e varios empregados municipais para acometer esta tarefa de mantemento que non se fai.
Que se acompaña relación de fotografías do estado interior e exterior do centro escolar, feito que vostedes xa coñecen ou deberían coñecer. Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presentou para a súa consideración e dada a importancia da conservación, mellora e posta en valor das infraestruturas do noso concello, insta ó Pleno municipal á adopción dos seguintes ACORDOS:
1º.- Que o Concello de O Irixo faga a limpeza e mantemento do Centro escolar de forma inmediata no seu teito e canalóns de recollida de augas pluviais e limpeza do recinto exterior cheo de maleza e lixo.
2º.- Que o Concello de O Irixo faga as reparacións oportunas encamiñadas a evitar as filtracións de auga que se producen dentro do centro grupo escolar do que é coñecedor o concello.
3º.- Que se proceda a reparación e sustitución dos elementos interiores deteriorados pola auga e humidade das filtracións nos falsos teitos e se proceda ó pintado das estancias afectadas.

A gran pulpada galega do segundo domingo de agosto volveu mostrar o seu gran poder de convocatoria de cada ano no Carballiño, eso sí, cada vez a festa faise máis urbana e perde partidarios no parque municipal, aínda que a concurrencia segue a ser multitudinaria, pero ésta é a tendencia, gaña a festa no casco urbano e perde asistencia na celebración campestre.
O número de caldeiras de pulpo repartidas polo casco urbano xa supera amplamente as instaladas no parque municipal, ademáis durante toda a semana precendente a afluencia aos locais de hostelería foi moi elevada. Durante os últimos dias a ocupación hoteleria no Carballiño foi practicamente total.
Según os datos da concellería de turismo, tal dia coma hoxe, servironse unhas 150.000 racións de pulpo no Carballiño, polo tanto a conta é fácil de botar, a 7 euros a ración da unha suma que rebasa lixeiramente o millón de euros, cifra que representa so unha parte do total da facturación da hostelería local nesta data.
No recinto oficial do concello no parque municipal degustaron o menú da festa 1.200 persoas, e no resto das tabernas instaladas na zona central do parque, á hora punta, a ocupación tamén foi plena, aínda que acaso con máis fluidez que outros anos, apenas sen aglomeracións.
E con algunhas caras novas entre os asistentes máis mediáticos, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo -unha novidade a súa presenza- que compartíu protagonismo no acto institucional co alcalde do Carballiño Francisco Fumega. Dende unha posición máis discreta tamén se deixou ver o candidato socialista á Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 558
- 559
- 560
- 561
- 562
- 563
- 564
- 565
- 566
- …
- seguinte ›
- última »