
Non é de recibo ter un animal morto ahí 2 días. Pero claro, como por este barrio ( carretera de ourense) non pasa ningún barrendeiro nin por casualidade.
Està todo que fede

Escoitando ó Xefe da Xefatura da Policía Local animeime a escribirvos.
Pode extraerse do que dixo como funcionan as cousas no Carballiño e supoño que no resto da provincia. Non me vou extender neste respecto, merecémonos o que temos. Entre que a xente é incívica e caciquil, temos uns políticos que van en sintonía cos cidadáns, todo se move por intereses e poder, etc. E a xente de a pé sen servir.
O pobre Xefe da Policía Local e os subordinados, moitos intentarán cumprir as súas obrigas con profesionalidade, pero con este panorama complicado. Só os animo a seguir facendo o correcto e a seguir pelexando, a non ser condescendente con un mesmo, que mo pareceu en algún momento por parte do Xefe da Policía, seguramente por resignación ou desmotivación, pero anímoo a seguir adiante.
Polo resto, se non valemos o que está claro é que non se pode poñer un policía por cada cidadán ou político. Se nos comportáramos como en Suíza, Alemania, etc., xa non existirían o 80% dos problemas, e nos que existisen cando o policía fixera o informe e llo mandase o político, arranxaríao sen excusas, pero vainos o mambo.
Para rematar poño un exemplo e demanda. Como dou a entender o intervinte, ata que morra alguén e saia na prensa, ó político e cidadán non se lle van remexer as entrañas.
Catro Camiños, os cidadáns cívicos como teñen presa en esperar no semáforo métense a dereita pola rúa da Fonte, é legal non digo o contrario, non tanto a velocidade, non vaia ser que se demoren. Outra cuestión é se a Rúa da Fonte é a máis idónea para asumir ese tráfico e a esas velocidades as que van (de momento varios accidentes de coches). Para rematala, a alguén (dudo que fose un técnico, apostaría que foi por orde de un político para contentar a algún veciño, así funcionamos…) ocurríuselle a brillante idea de mover os contedores xusto na esquina do paso de cebra. A visibilidade dos peatóns e moi reducida, nin querendoo se pode facer como dixo o Xefe da Policía. Os coches tamén ven a súa visibilidade reducida e contando con eses cidadáns que teñen tanto apuro un día pasará algo. A min case me pasa, parei, mirei, asomeime e o coche nin parou e eu xa levaba un tempo esperando, pero ainda así non me viu, levaba presa o taxista.

A lesión do fútbolista do Club Deportivo Cenlle produciuse nun partido do campionato de liga da terceira categoria autonómica no campo do Rante no pasado mes de xaneiro, nunha xogada fortuíta perdeu tres pezas dentais.
Os gastos da ciruxía e implantes ascenden a 5.000 euros, e o humilde club encontrouse con que a mútua da Federación de Fútbol para estes casos só contempla unha aportación de 500 euros. De ningunha maneira consideran no Club Deportivo Cenlle que van deixar desamparado ao xóven futbolista, aínda que para un club cun orzamento de apenas 8.000 euros para toda a tempada, resulta imposible cubrir os gastos da clinica dental.
Dentro da súa modestia, o CD Cenlle aportará 1.000 euros, polo que restaría reunir outros 3.500 eruos máis. Desta maneira, o club vai poñer en marcha algunhas actividades para recadar o diñeiro restante.
Os directivos do Club Deportivo Cenlle, José Veloso e Jose Requejo, dan detalles desta iniciativa nesta entrevista en COPE O Carballiño. Escóitaa aquí.
En relación a opinión do xefe da Policia Local, a xente que cruza co coche unha línea continua acompañada de unha señal de prohibición de giro hacia izquierda......esta cometendo unha infracción e como tal debe ser sancionada,que non entenda como se pode pasar nunhos sitios i noutros non, pois é problema de él. Pero as normas estan pa cumplir.
Non vale todo. Sinon eu voume parar no medio da carretera e poñer o intermitente pa cruzar a izquierda en calquera punto da carretera i póñome a falar por o móvil mentras o coches que veñan detras que esperen.
Si non se pode non se pode. E unha infraccion moi grave e como tal debe ser castigada i sancionada con 200 euros i 3 puntos( creo), sinon que quiten a señal i poñan linea discontinua.
Eu tamén estou farto de esperar detras de coches que se parar ali un minuto pa pasar o mercadona. Pitaslle a xemte pa que non paren ali, que non se pode i mandante a tomar por saco, calquera día a parte de accidente vai haber unha trifulca.
Arreglen ese asunto xa.
Gracias

O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño repasou no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño diversos aspéctos relativos á seguridade vial e a mobilidade na zona urbana do Carballiño.
Francisco Valeiras tamén atendeu e contestou numerosas preguntas da audiencia desta emisora de radio, e mesmo pedíu a automobilistas, peóns e a cidadanía en xeral unhas boas prácticas para conseguir unha vila máis segura para todos.
Pode escoitar a intervención íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño.

Esta acción formativa estivo organizado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI-, e a ela asistiron persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral procedentes dos concellos do Carballiño, Ribadavia, O Irixo, Cenlle e Maside.
Con 60 horas lectivas neste curso de alfabetización dixital, abordáronse módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo para a mellora das competencias dixitais.
Ao acto de clausura, asistiron o concelleiro de Benestar Social do concello do Carballiño, Diego Fernández, xunto a Paco Abuín, coordenador da área de formaicón de COGAMI e David Ribada, o docente que impartíu o curso.

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Manuel Nogueira protagonizaron unha novoa Tertulia dos Venres en COPE O Carballño, moderada por Xan Pinal. Unha vez máis, destacou tamén a participación da audiencia, achegando os seus comentarios.
Escóitaa aquí:

O recoñecemento fóralle concedido a Francisco Franco no ano 1958, asi pois, 66 anos despóis o pleno do Carballiño acordou por unanimidade de todos os grupos poíticos representados na actúal corporación corporación, retirarlle esa distinción, a medalla de ouro do Carballiño.
Ademáis, a corporación gardou un minuto de silencio, con concelleiras e concelleiras, postos en pe en memoria e homenaxe de todas as vítimas da dictadura franquista.
“O Concello, tomando en consideración a política internacional de resarcir ás vítimas de violacións dos dereitos humanos ao que se adheriu o Estado español no ano 1977, asinando o pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas, e a Recomendación da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa do 17 de marzo de 2006, levou a consideración dos grupos municipais tomar o acordo de proceder a esta retirada”, manifestou o alcalde Francisco Fumega.
Engadíu que “tendo en conta as disposicións recollidas na Lei de Memoria Democrática, cuxo fin é o recoñecemento, reparación e dignificación das vítimas do golpe de estado, da guerra civil e da dictadura franquista, a revogación tamén pode levarse a cabo a título póstumo tras o falecemento”, subliñou o rexedor municipal.

Traballadores do Grupo Municipal de Emrxencias do Carballiño volveron manifestarse esta mañá fronte a casa do concello e coincidindo coa sesión de pleno que celebrarba a corporación municipal.
No audio adxunto podes escoitar as razóns deste acto reivindicativo en voz de Jhonatan Domínguez, portavoz dos traballadores.
O máis grave deste día é que para que as "alcaldesas" tivesen a foto que querían, sacaron aos nenos das clases extraescolares do colexio sen autorización asinada polos pais, andando ata a praza e regálanlles libros rotos para desfacerse deles (Palabras textuais dun concelleiro). Indescritible.
Pero seguimos.
Houbo nenos que non querían ir, e así o expresaron, pero había ordes de "as alcaldesas" de ir todos e leváronos, sen autorización asinada polos pais, obrigados á praza.
E por certo, a que pais chamaron por teléfono para pedirlles autorización? Por que ao meu NON.
¿odo por unha foto? Señores do concello, os nenos non son da súa propiedade. Non poden decidir por eles e polos seus pais o ir a unha actividade.
¿Saben en que delito incorreron? Pois que llo explique o seu socio Iago, que pola miña banda tomarei as medidas oportunas.
E claro, todo isto para non ir á Insua dous Poetas cos nenos, pero as "alcadesas" si que foron. Que vergoña.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- seguinte ›
- última »