23, Abril 2024

O novo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia realizou este 23 de abril, coincidindo coa celebración do Dia do Libro, a súa primeira visita á comarca do Carballiño, asistindo ao acto organizado pola Fundación Insua dos Poetas.

O novo máximo responsable de Cultura da Xunta, Lingua e Xuventude José López Campos participou na programación cultural que levouse a cabo coa participación de estudantes de centros educativos da comarca do Carballliño, e outros do resto da provincia, como o IES Ferro Couselo, CEIP de Maceda, CEIO de Seixalvo, CEIP Terras de Maside, Colexio Luis Vives e Colexio Vila do Arenteiro.

O acto incluíu música, lecturas de poemas, posta en escena e outras actuacións creativas para salientar a importancia do libro en calquera dos seus formatos para o desenvolvemento da humanidade. O conselleiro fixo un chamamento a gozar de todas estas accións ao redor do libro e a lectura que erixiu como “vía de expansión da identidade e cultura de Galicia” e lembrou que o Día Internacional do Libro é un data que a Unesco estableceu para incentivar a lectura, promover a industria editorial e defender os dereitos dos escritores e escritoras de todo o mundo.

Neste senso, considerou unha efeméride máis que axeitada para que, a través da ampla programación cultural ao redor desta data, poder achegarse ou afondar na figura á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, á poeta, á ensaísta, á música e á dramaturga, Luísa Villalta.

23, Abril 2024

A Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense veñen de asinar un convenio de colaboración no que, cun orzamento de 3,8 millóns de euros, vai poñor en marcha un programa piloto de prevención e extinción de incendidos forestais en varias comarcas da provincia, entre elas as do Carballiño e O Ribeiro.

O programa será xestionado polas Mancomunidades dos Concellos de ambas comarcas, que contarán con 8 brigadas -4 en cada comarca- que desenvolverán a súa actividade durante un periodo de 6 meses neste ano 2024.

No caso da comarca carballiñesa, este programa piloto chegará aos 9 concellos do terrritorio comarcal. Asi o anuncio en COPE O Carballiño, o presidente da entidade intermunicipal, Fernando Redondo.

22, Abril 2024

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal de maio no que insta ao concello á creación dun plan de desbroce e prevención de lumes, previo á tempada de altas temperaturas. As e os socialistas tamén esixen que se mellore a seguridade nesta materia nos núcleos de poboación para que a veciñanza poida sentirse segura.

Dende o grupo municipal socialista de Punxín explican que a veciñanza “ten unha gran preocupación nestes momentos, debido a situación de abandono na que se atopa o municipio en materia de prevención de lumes”. Tal e como explican as concelleiras e os concelleiros do PSdeG-PSOE “a situación é límite, ante a falta de prevención, o que supón un grave perigo e risco para as vivendas e as persoas en caso de incendio e coincidindo co aumento das temperaturas”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, subliña que os e as socialistas “non nos resignamos ante a situación de abandono e temos claro que o concello debe apostar por un plan de prevención, tendo un papel fundamental na loita contra os lumes”. A concelleira socialista pon de manifesto que “a día de hoxe, a pouco de comezar a tempada de verán e con ela o aumento do risco de incendios, o noso concello non se atopa en condicións de afrontar dita situación”. Tal e como relata “a maleza está presente tanto en espazos públicos como en propiedades privadas, o que supón un grave risco en caso de incendio”.

Peleteiro Vázquez amósase “moi crítica” coas declaracións feitas pola nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, que afirmou fai uns días que a intencionalidade dos incendios forestais “vai no ADN dos galegos e das galegas”. A voceira do PSOE en Punxín considera “inaceptables” estas declaracións e afirma que “denotan resignación e acomodamento, ademais de provocar unha fonda preocupación entre a veciñanza”.

Dende o Grupo Municipal Socialista de Punxín destacan que “nós non nos resignamos, nin pensamos que os incendios estean ligados ao ADN de Galicia”. As concelleiras e concelleiros do PSOE afirman que “temos claro que hai solución para reducir os incendios forestais e esta pasa pola prevención e porque o concello teña unha papel chave”. Esixen que se remate con 15 anos de recortes en materia de prevención e extinción contra os lumes e se establece un modelo de loita “único, con persoal profesional, formado e equipado”.

22, Abril 2024

Ola compañeir@, eu referíame o que van facer, non a ubicación, que a min tampouco che me gusta nada, pero alguen moi poderoso no Carballiño, quixo que ali fose, e non me refiero o alcalde, senon do lado popular, por diversos intereses empresariais, por desgracia para a veciñanza, o centro pode ser bo, pero a ubicación non e a mais axeitada non

22, Abril 2024

Onde???

Compañeiro, onde dis que o van facer? Porque no carballiño alí enterrado no río e baixo terra vai ser un cutrecentro de salud. Pasalo dunha veira do río a outra, hai q ser ven listos? Que centro nos van facer alí enterrados onda o conservatorio e onda unha antenaza de telefonía, moi sano todo. O que non vaia enfermo ponse. A parte de acabar reventado de subir costas.

Merecemos algo decente e fàcil de chegar. E non un niño de abellas.

21, Abril 2024

Domingo 21, frente o número 79 da rúa Xulio Rodríguez Soto, entre as 10,20 e as 11,20 horas. Sobran os comentarios.

20, Abril 2024

O Xurado da XXXIX edición do Premio Antón Losada Diéguez, que se convoca dende os concellos de Boborás e O Carballiño cada ano e dotado con 12.000 euros, 6.000 euros por cada modalidade, reunido na casa consistorial boboronse esta maña, considerou e fallou que os gañadores desta edición fosen Rafael Otero Janeiro e Iria Morgade Válcarcel, ambos por maioría.

No caso do autor carballiñés Rafael Otero, a obra premiada na modalidade de Investigación e Ensaio é “A Vera Cruz de Antonio Palacios” editada polo Centro de Estudos Carballiñeses, na que o xurado considerou “unha creación que reflicte moitísimos anos de investigación, unha obra de síntese, divulgativa e que se centra moito nun dos mellores traballos de Antonio Palacios. Un texto moi ben escrito e pensado que valoriza a obra do arquitecto Palacios para que chegue a un público amplo”.

Na modalidade de Creación Literaria, o xurado premiou a obra “Quen escribirá a miña historia?” da pontevedresa Iria Morgade Valcárcel e da editorial Galaxia; valorando que se trata dunha obra dunha xoven creadora galega que afonda nunha historia ambientada no Mosteiro de Oia que intercala a Guerra Civil coa máis actual, cos campos de concentración como base da historia e do enigma a resolver. “

A entrega do premio será o vindeiro 15 de xuño deste ano, no Pazo de Moldes, casa natal do escritor e guieiro da Xeración Nós; Antón Losada Diéguez.

19, Abril 2024

O grupo provincial socialista demandará que a Deputación de Ourense requira que a Xunta de Galicia asuma a financiación completa dos cinco conservatorios de grao profesional que hai na provincia, que son os de O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. “Hai anos que o noso grupo provincial demanda nos plenos da Deputación que sexa a Consellería de Educación, que ten a competencia na materia no territorio galego, quen se faga cargo do custo total da prestación deste servizo”, explica a deputada socialista Elvira Lama. Segundo esta, “é de xustiza que, independentemente do seu lugar de residencia, todas as nenas e nenos da nosa provincia teñan exactamente as mesmas oportunidades que os da capital para formarse musicalmente, de aí que os concellos, malia que se trate dunha competencia impropia, se vexan empuxados a sumir a financiación destes conservatorios, o cal supón unha enorme carga para as arcas municipais”.

Desde O Carballiño, onde os socialistas presentaron a moción, Lama fixo fincapé “no agravio comparativo que existe entre os conservatorios profesionais e o de Ourense capital, que si é completamente sufragado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia”. O grupo provincial socialista xa presentou en decembro de 2019 unha proposta un financiamento dos conservatorios entre Xunta, Deputación e concellos. “Pero daquel acordo, que contou co voto favorable de PP e DO, nada máis se soubo”, laméntase a deputada socialista. “Namentres, os concellos seguen a soportar os elevados gastos destes centros de ensino, no que supón unha clara discriminación entre a capital e municipios con moita menor capacidade económica”, sostén Lama. Unha carga económica para os municipios, considerando a propia Fegamp a importancia de garantir a continuidade destes centros que, situados nas cabeceiras de comarca e diante da carencia de prazas suficientes, logran cubrir case que toda a demanda formativa.

A iniciativa do grupo socialista, na modificación de crédito que a Deputación de Ourense aprobará no vindeiro pleno contémplase unha partida específica de 200.000 euros a repartir entre os cinco conservatorios profesionais da provincia. No particular caso do Carballiño, onde os socialistas presentaron a súa moción, o custo do conservatorio para o Concello ascende a uns 400.000 euros anuais, que ten que asumir con recursos propios. Deste xeito, a aportación da Deputación dista de cubrir os gastos reais dunhas instalacións que contan cun importante volume de profesorado, amais dos custes en bens, subministracións e instrumentos necesarios para cumprir coas necesidades do curso e co imperativos da lexislación. “Un paso que é de agradecer, pero que é insuficiente para cubrir os custos reais destes conservatorios”, declara Lama, quen avanza que, mentres a Consellería de Educación non asuma integramente a financiación, seguirán a traballar para que a axuda da Deputación se consolide e mesmo se incremente de xeito gradual.

En Galicia son máis de 30 os centros que imparten esta formación musical regrada, dos que tan só nove están sufragados pola administración autonómica. Os conservatorios profesionais de musica que están nas cabeceiras de comarca, e que son financiados exclusivamente por cada un dos concellos nos que se sitúa o centro, tamén reciben alumnas e alumnos das súas respectivas áreas de influencia. “No particular caso do Carballiño, até aquí chegan alumnas e alumnos de toda a comarca, pero tamén da propia cidade de Ourense e mesmo de áreas próximas das provincias de Pontevedra e de Lugo”, apunta Diego Fernández, deputado provincial socialista e concelleiro de cultura na Vila do Orcellón. Para Fernández, “temos que acabar coa discriminación actual para que non haxa concellos de primeira e de segunda, e que a Xunta se faga cargo dos conservatorios, avanzando cara un modelo onde os municipios non teñamos que asumir competencias impropias e podamos reforzar aqueles servizos que si son entran dentro das nosas competencias”.

19, Abril 2024

Sebas Lamazares, Fátima Gómez e Manuel Nogueira protagonizan unha nova entrega da Tertulia dos Venres, xunto a audiencia de COPE O Carballiño. Con Xan Pinal como moderador da mesma neste venres dia 19 de abril de 2024.

 

19, Abril 2024

E unha vergonza, que no Carballiño, non haxa bus nin a Santiaho, nin a Vigo  e teñamos que levar a Ribadavia ou a ourense os mozos, ou a quen queira ir. Parece que todo ten que pasar por Ourense. 

Vaise enchendo a boca de ser o segundo concello en habitantes e da afluencia de turismo mo pulpo. 

E un concello deixado , abandonado, sen opcions, nin de transporte, nin de ocio, nin de infraestructuras, nin de nada. 

Ahora hasta nin de oposicion. 

Parece que volvemos o blanco e negro, procesions, orquestas de verbena, futbol e negocios que abren e pechan...ata o grupo de goberno tiñe de gris o pobo .

A seguir asi e so quedaran os gatos. 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS