30, Abril 2024

O Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace á aprobación provisional do proxecto de mellora da estrada autonómica OU-212, no seu percorrido polo treito interurbano do concello de Beariz, e na travesía de Liñares, no municipio de Avión.

Esta actuación conta cun investimento do Goberno galego estimado en máis de 1,3 M€ e correspóndese coa 1ª fase de acondicionamento do tramo de algo máis de 6
quilómetros desta vía autonómica, entre o centro urbano de Beariz, á altura do punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo de Couso, no quilómetro 12+620. No seu conxunto, a actuación suporá un investimento total de 3,85 M€.

Nesta 1ª fase de acondicionamento, as obras de mellora da estrada no treito interurbano de Beariz consistirán na rectificación da curva do quilómetro 7+350,
aumentando o raio de 30 a 50 metros, e na mellora do firme e ampliación da plataforma ata os 7 metros entre a capitalidade do concello e a curva do quilómetro
7+350. Neste tramo, actualmente a OU-212 é unha estrada convencional sen beiravía, con dous carrís por sentido de 3 metros de anchura cada un, nun contorno interurbano.

A actuación no treito da vía ao paso polo municipio de Avión céntrase na travesía de Liñares, que vai do quilómetro 8+760 ao 9+610, e será humanizada. Neste treito manterase, en xeral, a distribución da sección actual, pero buscando como obxectivo básico a integración da vía no contorno urbano de Liñares, recuperando a súa identidade urbana e priorizando a figura do peón.

En toda a lonxitude da travesía construiranse beirarrúas e bandas de aparcamento a un mesmo nivel, cun cambio no acabado do pavimento e separación por bordo de 10 centímetros de anchura. Este deseño facilita que toda esta superficie poida ser utilizada polos peóns, tamén as bandas de aparcadoiro cando estas non estean
ocupadas por vehículos.

Ademais, o bordo que separará estas zonas da beirarrúa e o aparcadoiro da calzada elévase unicamente 2 centímetros sobre a rodada, continuando así coa percepción dun espazo onde o peón cobra maior importancia.

En dúas zonas concretas, do quilómetro 8+925 ao 8+950 e do 9+200 ao 9+255, unifícase o pavimento de toda a sección, creando unha plataforma compartida con
prioridade peonil ante a escasa anchura das beirarrúas actuais.

A actuación incluirá outras melloras complementarias, como o acondicionamento dos accesos existentes á estrada OU-212, a renovación da iluminación e das varandas de protección peonil, así como a reposición de servizos afectados e a renovación da sinalización, adecuándoa ao novo deseño da vía.

Tamén, froito das reunións mantidas cos responsables dos concellos durante a planificación e redacción do proxecto, se inclúe nesta intervención a renovación da
capa de rodada de dous tramos da OU-212, para dar homoxeneidade á actuación, entre os puntos quilométricos 10 e 11 e entre os quilómetros 15 e 15+500, dentro do termo municipal de Avión.

Agora, tras o acordo hoxe do Executivo autonómico, nas vindeiras semanas someterase ao trámite de información pública o proxecto, por un prazo dun mes.
Este é un trámite necesario para que os interesados poidan presentar suxestións, e tamén para os efectos expropiatorios, xa que coa intervención se afectan 20 predios particulares cunha superficie de 3.493 m2

A previsión da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é poder aprobar o proxecto no outono, para a finais de ano realizar a convocatoria de
levantamento de actas previas das expropiacións e licitar a execución das obras no primeiro trimestre de 2025. O prazo para a realización dos traballos é de 14 meses.

O Goberno galego continúa traballando para darlles continuidade ás sucesivas melloras levadas a cabo nos últimos anos nesta vía autonómica, que une a N-541 na
Ermida coa OU-504 en Beade, e que é o principal acceso ás capitalidades dos concellos de Avión, melloras en que a Xunta leva investido un total de 6,8 M€.

30, Abril 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, salienta a calidade dos viños do Ribeiro na presentación da 61ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2024, no recinto da Alameda en Ribadavia.

O delegado territorial, que estivo acompañado na presentación de César Fernández, alcalde de Ribadavia, e Juan Casares, presidente da DO Ribeiro, destacou que o viño do Ribeiro posúe unha serie de combinacións de aromas afroitados e florais, dado a emprego na súa elaboración de variedades autóctonas tradicionais como a treixadura, o torrontés, a loureira, o caíño, o brancellao ou o sousón, que lle outorgan unha gran personalidade, que cada vez maiormente demanda o mercado.

Manuel Pardo subliñou o traballo que ven desenvolvendo a Xunta no eido vitivinícola da comarca, extensivo a todo o sector vitivinícola galego, e que concretou en tres eixos fundamentais de cara o futuro; a aposta polas variedades autóctonas, pola recuperación de zonas históricas de viñedo e, de xeito destacado, pola calidade.

A programación
Na Feira participarán un total de 36 adegas e colleiteiros que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os días do evento.

O público deberá mercar a súa copa na caseta de venda de copas (na entrada do recinto) e, posteriormente, visitará as casetas das adegas onde poderá optar por degustar os viños mediante a proba (pequena cantidade de viño para catar o viño), copa ou por botella. Cada opción terá un prezo diferente que marcará cada adega.

A principal novidade desta edición reside na zona gastronómica, que contará con dous ambientes diferenciados. Por un lado, un restaurante con capacidade para 150 persoas, que ofrecerá tres menús diferentes a escoller, e no que se poderá reservar previamente tanto para xantar como para cear. Por outra parte, tamén haberá un espazo denominado ‘Zona de Tapeo’, que contará cunha pulpeira, cun posto de queixos de todo o mundo e cun posto de Coren, onde se ofertará comida variada e complementaria para aquela xente que acuda sen reserva ou que queira acompañar os viños con algo de comer.

Entre as principais actividades destacan os showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, RibeiroBUS (rutas turísticas nun autobús antigo polos viñedos e patrimonio do Ribeiro), a cata popular, actuacións musicais en sesión nocturna tralo peche do recinto, zona infantil, Botella Xigante, visitas guiadas ao Castelo e ao Museo do Viño de Galicia.

O pregoeiro
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Celso Rodríguez Padrón, será o pregoeiro da Feira do Viño do Ribeiro 2024. O maxistrado, natural de Ribadavia, é unha persoa con unha ampla e recoñecida traxectoria profesional na carreira xudicial, o que, sen dúbida, aporta un valor engadido a esta nova edición da Feira do Viño do Ribeiro.

A presenza deste persoeiro é unha verdadeira honra, e contribúe a dignificar mais se cabe o excelente traballo que adegas, colleiteiros e viticultores fan, día a día, para que o Ribeiro transite polo camiño da excelencia.

Características dos viños da DO Ribeiro
Os viños desta denominación responden a unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais (Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao, Sousón) posuíndo unha acusada personalidade que os fai incomparables.

Os viños brancos do Ribeiro son lixeiros, frescos, secos, afroitados, de cor de palla pálida, elevada acedume fixa e unha graduación alcólica entre 9º e 13º. Os viños tintos do Ribeiro, son de cor vermella morada e compensados de acedume, sendo a graduación comprendida entre 9º e 12º.

Os viños monovarietais presentan unha excelente estrutura, cunha cor non moi acentuada. Ao igual que os brancos, os tintos tradicionais do Ribeiro son plurivarietais, sendo o conxunto brancellao-caíño-sousón o máis característico, aportando o brancellao estrutura, o caíño aromas e o sousón cor.

O viño tostado do Ribeiro, é un viño obtido a partir da selección das mellores uvas autóctonas da DO, sometidas a un proceso de secado e pasificación baixo cuberta.

29, Abril 2024

El pasado miércoles 24 de abril todos los vecinos do Irixo nos levantábamos con una nueva ordenanza publicada en el BOP. Curioso o no debemos comentar varios puntos. 

Comienza con unas disposiciones generales en las cuales podemos observar una ley y un decreto que están ya derogados como son: 

Ley 9/2002 derogada que la sustituye la ley 2/2016. Curioso que en el equipo de gobierno haya un abogado y se le cuelen cosas como estas.

 Y el Decreto 28/1999 derogado que lo substituye el Decreto 143/2016.

Dicho esto tengamos unas pequeñas consideraciones: si no existe Ley especial que tipifique infracciones y sanciones, las ordenanzas de los Entes locales podrán establecer los tipos de infracciones e imponer sanciones por el incumplimiento de los deberes, prohibiciones o limitaciones contenidos en las correspondientes ordenanzas. Pero claro que existen dos leyes autonómicas que si tipifican infracciones y sanciones. Son la Ley 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia y la Ley 43/2003, de 21 de noviembre, de Montes. Es curioso que el gobierno municipal do Irixo haga más restrictiva su ordenanza que el propio gobierno autonómico y ni que decir tiene que ni tan siquiera las cuantias económicas coinciden con las de las leyes autonómicas, siendo una ordenanza denominada “chapuza”. Podríamos darle validez siempre y cuando haya sido aprobada en pleno y eso deberá contestárnoslo Manuel Cerdeira el portavoz de la oposición porque creemos que desde el propio equipo de gobierno darán la callada por respuesta. 

https://bop.depourense.es/portal/consulta?fecha=20240424

Provecho esta publicación para hacer otra crítica al equipo de gobierno, teniendo en cuenta que O Irixo es principalmente emigrante y que la mayoría de los Irixenses trabajan o viven fuera de O Irixo, que se plantee una reunión un martes 7 de mayo a las 16:00 para dar información es un poco irrisorio y manera de torearnos y que no llegue la información que quieren darnos porque los que trabajamos es inviable el poder estar a las 4 de la tarde incluidos los trabajadores del propio Concello, ni que decir tiene que mucho menos los autónomos,….

Como recomendación cambien de administrador de redes sociales convocar para el 7 de abril cuando quieren decir el 7 de mayo y las múltiples faltas de ortografía que suelen tener en las publicaciones es un insulto a la inteligencia de todos los vecinos do Irixo.

 

Con respecto al primer tema os dejo un enlace muy interesante que puede ayudar a aclarar dudas: https://cppm.es/20-4-2018-las-ordenanzas-locales-y-sus-limitaciones-noticias-juridicas-com/ 

29, Abril 2024

A voceira do grupo municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, ven de presentar unha moción ao vindeiro pleno municipal para abordar o problema da falta de prazas de aparcamento e a falta de espazos peonís ante "o desleixo do goberno municipal para facer fronte a estes dous problemas que padece a vila".

Desde a organización nacionalista proponse regular as prazas de aparcamento para fomentar a rotación de vehículos nos arredores das zonas de servizos e comerciais. “O obxectivo ten que ser que o maior número de persoas poida beneficiarse da vantaxe de poder estacionar o seu vehículo durante un curto período de tempo para realizar as súas xestións”, sinalou a voceira nacionalista que continuou afirmando que “coa regulación do estacionamento evitaríamos o tráfico de axitación de coches e furgonetas buscando praza para aparcar, así como a eliminación da dobre fila e o mal estacionamento”. Unha proposta que se complementaría co aumentodo número de aparcamentos disuasorios, habilitando espazos na periferia da vila.

García tamén prioriza a necesidade de peonalizar as rúas do parque infantil da Alameda do Carballiño, unha problemática que as nacionalistas do Carballiño levan tempo denunciando. Actualmenteeste é un espazo no que se mestura diariamente otránsito peonil, as terrazas, unha parada de taxis, acirculación de vehículos e as aglomeracións de vehículos nos horarios de entrada e saída do centro de ensino. “ Unha combinación perigosa que evidencia a falta de seguridade no entorno do parque infantil e que non debe perdurar un minuto máis” declara a voceira nacionalista.

Desde o BNG sinalan que xa en xaneiro 2023 presentaron unha moción para impulsar un PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) co que organizar de maneira eficiente os distintos modos de transporte que se xeran dentro da nosa vila, fomentando aqueles que son máis respectuosos co medio ambiente e racionalizando o uso do transporte privado. Porén, sinala Sofía García, desde aquelas non voltamos ter información sobre cal vai ser a planificación do goberno municipal para aborda un modelo de mobilidade sostíbel no Carballiño, un modelo que implica necesariamente habilitar recursos, implantar medidas e cambiar tendencias e todo isto fai necesario a concienciación e implicación de toda a veciñanza.

Para o BNG do Carballiño, a mobilidade na vila pasa por un modelo sostible que implique un menor uso do vehículo privado, impulsar modos de mobilidade máis ecolóxicos e tamén por que existan prazas de aparcamento suficientes e dispoñibles.

29, Abril 2024

Este é o estado lamentable do parque infantil da alameda....supoño que non hai cartos para invertir na seguridade dos nenos...hai que aforrar para algunha escultura dun pulpo...ou para os pulpeiros...ou para algo que teña que ver co pulpo.

que pena....xa non queda nada no Carballiño....están deixando morrer todo...pero hai pulpo

27, Abril 2024

Xosé Benito Siero, titular da parroquia de San Cibrán do Carballño durante 28 anos, entre 1992 e 2020, ven de falecer aos 87 anos de idade.

O 17 de setembro de 2020 -dia do patrón- aínda en plena pandemia, oficiou a súa ultima misa no Templo da Veracruz, ese mesmo día o concello do Carballiño rendéralle unha homenaxe pola súa entrega durante tantos anos á parroquia do Carballiño e a súa implicación e compromiso coas necesidades sociais da veciñanza carballiñesa, con él Cáritas Parroquial experimentou un gran impulso.

Xosé Benito Siero foi un dos sacerdotes pioneiros na utlilización da lingua galega na litúrxia nas parroquias nas que exerceu o sacerdocio, chegara a O Carballiño con polémica, xa que á algúns feligreses non lles gustaba que o novo cura utilizara a lingua galega nas celebracíóns relixiosas, o que motivara que outros feligreses sairan en apoio do párroco promovendo unha recollida de sinaturas reivindicando a lingua galega nas misas da Veracruz.

No ano 2011, na súa condición de Arcipreste da comarca do Carballiño, tivo unha activa posición en contra do proxecto de incineradora que pretendía instalarse no concello do Irixo.

O funeral polo que foi Párroco e Arcipreste do Carballño terá lugar este lúns dia 29 de abril no Templo da Veracruz, posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar no cemiterio da súa parroquia natal, en Lebosende, no concello de Leiro.

26, Abril 2024

Unha patrulla da Policia Local do Carballiño interceptou na tarde deste pasado xoves a un veciño do Carballiño, de 78 anos de idade, tras detectar que o vehículo constaba como roubado, según unha denuncia obrante na Garda Civil do Carballiño.

Unha vez requerida a documentación ao conductor, a Policia Local pudo comprobar que o vehículo carecia de seguro, coa ITV caducada, e ademais o conductor tiña o carné retirado pola perda de puntos. A intervención tivo lugar na rúa Castelao do Carballiño.

O conductor explicou á Policia Local do Carballiño que o vehiculo era da súa propiedade, que fai un tempo presentou denuncia por roubo ante a Garda Civil, pero que despóis él mesmo pudo recuperalo, sen comunicalo á Garda Civil, motivo polo que contínuaba figurando como roubado, asegurou.

26, Abril 2024

Será ese o motivo por lo cual la señora alcaldesa no acude a informar a la radio?

26, Abril 2024

Como cada vernes, a tertulia de COPE O Carballiño interectuou coa súa audiencia, e coa presenza nos estudos de Maria Luisa Rodrúgez, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares,  moderados por Xan Pinal.

26, Abril 2024

¿Porqué nunca oimos a alcaldesa do Irixo na radio?

¿Porque nunca acude?

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS