28, Maio 2024

O portavoz de Espazo Común no concello do Carballiño, Adolfo Nogueira, acompañado polos tamén concelleiros Érika Paz e Francisco Fraga, anunciou a presentación no rexistro do concello dunha solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario da corporación no que vai propoñer a reprobación do alcalde Fumega e o seu grupo de goberno.

O anuncio coincide co primeiro aniversario das eleccións municipais de 2023 e posterior reelección de Fumega como alcalde, en minoria, e sen que durante este primeiro ano de mandato alcanzase acordo algún para garantir a estabilidade no goberno do concello carballiñés.

Espazo Común fai un balance moi negativo deste primeiro ano do actúal mandato e considera que O Carballño merece un gran acordo político que facilite as grandes melloras que precisa o municipio.

Escoita a Adolfo Nogueira no audio adxunto:

 

28, Maio 2024

Non teñen vergoña.
Parece que en vez de evolucionar cara a democracia, imos converternos nunha ditadura.
Non se pode tratar a xente do irixo de parvos e ameazalos sempre se non está de acordo coa alcaldesa.
Estamos cheos de malas maneiras, malas palabras e ameazas. Todos temos dereito a pedir, a opinar e a vivir sen o seu permiso.

Non hai ninguén que lle poida poñer o freo a esta señora ditatorial?

Desde logo que miúdo ollo tivemos nas votacións. Mellor quedarnos na casa

27, Maio 2024

Vergoña allea sentin hoxe, como veciño de  Maside, cando ó pasar pola pista vermella, vexo como dous veciños do Concello do Carballiño , con escaleras en man e con Unha rede para a canasta, se dispoñen a colocala , - sobra decir que a pagarón do seu peto-. Os pobres vendo como está todo( o das pistas de pádel , non hai verbas)xustificaronse decindo que mentras traen as fillas entrenar, aproveitan para tirar una tiros, e que xa llo comentaron varias veces ós responsables municipais, pero están moi entretidos ca primaveira cultural, que debe salir mais a conta.

 

 

27, Maio 2024

Preme na ligazón para ver o visor de cada concello:
https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

27, Maio 2024

O salón de actos do IES Chamoso Lamas acolleu esta mañá unha homenaxe a Miguel García, profesor xubilado do centro, polos seus 40 anos de traballo nesta estación meteorolóxica.

Neste acto, ademáis de alumnado e público que acudíu expresamente par estar presentes, participaron o alcalde Francisco Fumega, o director do centro Aurelio Rodríguez e o inspector xefe de Eduaicón, Amancio Nóvoa. Todos coincidiron en salientar a impontancia que ten este servizo meteorolóxico de gran utilidade para O Carballiño e comarca, polo que o homenaxeado Miguel García recibíu fai unhos anos o Premio Nacional de Meteoroloxía, recordaron.

O Director do IES M. Chamoso Lamas J. Aurelio Rodríguez, que salientou o esforzo e dedicación que tivo e ten ao longo destes anos o profesor Miguel para seguir mantendo o seu funcionamento e a recollida de datos diarios, así como o beneficio social que ten a existencia dunha estación meteorolóxica na comarca.

O Inspector Xefe de Educación, Amancio Nóvoa trasladou en nome da Delegación de educación os parabéns  e tamén os beneficios que tivo como proxecto para o alumnado do centro.

Pola súa banda, o alcalde do Carballiño,  Francisco Fumega gabou  toda a traxectoria de Miguel A. García, no estudio da climatoloxía do Concello, sendo das series climáticas mais completas a día de hoxe.

 Miguel A. García, agradeceu a homenaxe e fixo un pequeno percorrido da traxectoria da estación, incidindo na importancia que lle dan aos datos que nela se teñen rexistrados, xa que son dos poucos nas que as condicións nas que se atopa a estación, apenas variaron co que as modificacións son exclusivamente producidas polos propios efectos do clima.

Finalmente o acto rematou na propia estación meteorolóxica na que se puxo unha placa conmemorativa que da nome á estación como estación meteorolóxica Miguel A. García Pérez

 

 

26, Maio 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que repasaron a oferta de servizos sociais do concello e abordaron posibles melloras.

A Xunta promove no concello de Boborás o funcionamento de tres casas do maior e, nos últimos anos, financiou a construción dun parque infantil, a instalación dunha cuberta e a mellora da eficiencia enerxética do Punto de Atención á Infancia (PAI).

25, Maio 2024

Boboras e certo que mellorou nalgunhas cousas nos últimos anos pero por desgracia hai cousas que siguen e seguirán así de mal, os contendores en moitos pueblos bordan día si e día tamen, cobrar cobran e non pouco polo lixo pero o servizo e bastante mellorable, os contendores moitos están rotos e sucios.

25, Maio 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu no Carballiño a un obradoiro de alumnado de 3º e 4º da ESO co gallo da campaña da Xunta Quere o teu mercado, motivada polo Día do Mercado que se celebra mañá. En concreto, tivo lugar unha exposición de debuxos de produtos que se poden mercar nas prazas de abastos para dar mostra da variedade e riqueza destes espazos.

Na Praza de Abastos carballiñesa, o director xeral puxo en valor iniciativas coma esta que buscan concienciar ás novas xeracións sobre a importancia dos mercados de Galicia, co obxectivo de incentivar o consumo de produtos frescos e a compra de proximidade. Tamén co afán de destacar a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros, así como o seu papel na dinamización e desenvolvemento local.

A este acto no mercado municipal carballiñés tamén acudiron o concelleiro de comercio Manolo Dacal e outros representantes da corporación carballiñesa, asi como Noelia Mares en representación do Carballiño Centro Comercial Aberto.

24, Maio 2024

As "II Xornadas pola Ciencia no Carballiño" desenvolveránse con diversas actividades nos dous institutos carballñeses, no IES nº 1 e o Chamoso Lamas, desde o 27 ao 31 deste mes de maio no que andamos.

Ademáis, o venres 31 - dia de feira no Carballiño- a Praza Maior acollerá de 17 a 20 horas a "Feira Científica" na que o alumnado vai expoñer ao público en xeral inventos, proxectos, xogos e experimentos científicos, interactuando co público.

Se abres o arquivo adxunto podes ver a programación completa:

24, Maio 2024

Aquí tes o PODCAST da Tertulia de COPE O Carballiño emitida o dia 24 de maio de 2024, e na que participan Maria Luisa Rodríguez, Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS