1, Xuño 2024

La nueva alcaldesa de irixo Susana María iglesias se piensa que con hablarle mal a la gente en su despacho o donde sea lo tiene todo arreglado le pides algo para hacer o un papel y te contesta esto cambio o estabais mal acostumbrados con lito pero antes almenos no nos engañaban como usted hace como varias pistas que dijo que arreglaría y caminos y fuentes o acometidas de aguas de pueblos pero usted no hace nada solo mire por sus queridos obreros que trabajan por ai y otras cosas pero usted está mejor tratando mal ala gente que le pide algo o les amenaza la gente no tiene culpa de sus problemas  y el tiempo corre como ya le dijeron antes porfavor si no sabe que tiene que hacer marchese para su casa y tenga algo de humildad pero usted por lo visto cero 

31, Maio 2024

Na derradeira Tertulia dos Venres deste mes de maio, participaron na mesma nos estudos de COPE O Carballiño Sebas Lamazares, Fátima Gómez e José Antonio Barge, con Xan Pinal moderando este tempo de debate, xunto as aportacións dos e das oíntes desta emisora de radio.

Podes escoitála no PODCAST:

31, Maio 2024

A caseta do Xeodestino do Ribeiro O Carballiño presentouse na Feira Internacional de Galicia (Turexpo) en Silleda. Un acto ao que asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; o alcalde de Ribadavia, Cesar Fernández; e o alcalde de San Cristobo de Cea, José Luis Valladares Fernández.

Este ano as auténticas protagonistas son as Feiras de Interese, tanto gastronómicas como turísticas, dos diferentes municipios que compoñen o Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño.

Con máis de 50 anos de historia, destacamos a tradicional e multitudinaria “Festa do Polbo” do Carballiño. Unha festa de interese turístico internacional que se celebra cada ano no mes de agosto no Carballiño. Unha festa gastronómica acompañada de música e tradición que recibe cada ano a máis de 50.000 persoas con ganas de gozar e degustar a auténtica receita de polbo á feira de Galicia.

Continuamos coa “Festa dá Istoria” de Ribadavia, unha festa de interese turístico nacional que, tras o gran esforzo do pobo, en 1989 conseguiuse recuperar co obxectivo de retomar a tradición e vivir unha auténtica celebración medieval no municipio. Desde aquela continúa celebrándose cada ano a última fin de semana de agosto. Xa se está preparando a nova edición, que terá lugar os días 30 e 31 de agosto. Durante esa fin de semana o centro de cidade transfórmase nun verdadeiro pobo medieval, onde a xente disfrázase con traxes antigos mentres se pasean polas rúas cheas de mercadillos.

Outra gran festa que reina no Xeodestino O Ribeiro O Carballiño é a “Feira do Viño do Ribeiro”. É a festa vitivinícola máis antiga de Galicia e nela poderanse realizar catas de diferentes adegas acompañas con showcookings, actuacións musicais, talleres de maridaxe… toda unha experiencia para os amantes do viño. A feira, declarada de interese turístico Nacional, reúne a miles de persoas en Ribadavia no mes de maio. Para a seguinte edición teremos que esperar un pouquiño.

Descubrindo o Xeodestino O Ribeiro O Carballiño tamén se presentaron na caseta de Turexpo as feiras de Interese Turístico de Galicia: a Festa da Vendima de Leiro, a Festa do Pemento de Arnoia e a Festa do Pan de Cea. Acompañando estas 6 grandes feiras destacan: a Festa Mexicana (Avión), 1809: A Batalla de Pazos de Arenero (Boborás), a Festa do Chuletón (Garabás - Maside), a Festa do Viño Novo (Cabanelas - Carballiño), a Festa dá Anguía (Barral - Castrelo do Miño), a Festa dá Cachucha (Carballiño), a Festa do Cabalo (Puzo do Lago - Maside) e a Festa do Licor Café (Berán - Leiro)

31, Maio 2024

¿Que vai pasar coa cafetería da actual estación de autobuses cando empecen as obras do futuro centro integral de saude? E un negocio cunha  importante clientela que e perxudicado colateral de toda esta lea.

30, Maio 2024

Para todos aqueles que dicían  (para que enganarnos, os de Espazo Común e os seus simpatizantes) que nunca se faría o novo centro de saúde na actual estación de autobuses dicir que hoxe en pleno aprobouse en pleno o cambio do uso do suelo dotacional de transporte a sanitario. Polo que en canto salgo o proxecto e se licite a obra logo empezaran as obras de demolición e construcción do novo e tan necesario centro integral de saúde do Carballiño. Algo que os pachistas dicían que non se faría xamais.

30, Maio 2024

Siguiendo los comentarios del copenauta anterior solo decirle que Carballiño está teniendo una gestión ejemplar y cumpliendo con el programa de manera rigurosa y seria no hay más que ver la situación del parque municipal, pasando por la propuesta de ubicación del nuevo centro de salud y ni que decir tiene como se gastan los dineros de los contribuyentes en un anteproyecto de un estadio de fútbol cuya ubicación es una zona verde ( casi imposible de modificar urbanísticamente) por lo que aún a sabiendas el alcalde de Carballiño con su aliado el señor Argimiro Marnotes (aparejador de profesión, alguna cosa sabrá) venden humo con un anuncio de fantasía, realmente molesta mucho que nos tomen por tontos a los vecinos. Por otro lado vemos a protección civil sin la ropa adecuada para actuar en una emergencia urbana o realizar una excarcelación en un accidente de tráfico, y con ese gran concejal Alberto a la cabeza y creyéndose un gran gestor; podemos proseguir con el temor de los vecinos de la calle julio Rodríguez soto que se les cae un muro. En fin, resulta que el problema es que un partido de la oposición quiere llegar al poder y desbancar al actuar equipo de gobierno. Creo que es legítimo y necesario que un partido de la oposición quiera el poder porque los otros partidos de la oposición ni están ni se les espera. 

30, Maio 2024

O sábado 1 e domingo 2 de xuño celébrase a "18 Festa do Viño de Cenlle", con diversas actividades nas que o viño é o gran protagonista.

O sábado ás 19:30 horas será o pregón que este ano estará a cargo do exalcalde de Cenlle e gran impulsor desta festa, Antonio García Montero. A charanga "Bandiños Band" amenizará a ruta das adegas, nas que os visitantes degustarán os viños de seis adegas. A partir da medianoite a animación correrá por conta da disco-móbil "Gramola".

O domingo a amenización musical correrá a cargo da charanga "Castro Bello", con apertura das adegas a partir das 11 da mañá en adiante. Os visitantes encontraránse na Praza da Tenencia de Cenlle con exposición de maquinaria agrícola e tractores históricos, e a partir das 14:30 horas o xantar organizado cun menú a base de polbo, carne ao caldeiro, pan, sobremesa e os mellores viños de Cenlle.

Escoita no PODCAST a entrevista de Xan Pinal a José Antonio Rodríguez Fernández "Rodri":

29, Maio 2024

Nos últimos días vese os de Espazo Comun que estan que non paran, nun modo completamente destructivo coa única sua aspiración, o poder, ese que tanto levan ansiado estes últimos 5 anos, e pese a quen lle pese son os terceiros en discordia, solo lles importa O Carballiño e ter o poder, os outros concellos nos que se presentan, que aínda son unhos cuantos, nin rastro deles, nin estan nin se lles espera, coma no caso de PIÑOR onde tampouco hai presupostos ( e de onde FRAN fuxiu despavorido o ver que non ten opcions de volver ser alcalde ) a estas alturas do ano habendo maioria absoluta, veselles moito o plumero, a sua preocupación non e o Carballiño, e que non gobernan eles, senon o PSOE, de onde foron expulsados tras perder unha negociación, porque o señor Pachi quería mais poder do que lle correspondía, seguindo sin aceptar a situación a día de hoxe, e cebandose co alcalde e o resto do equipo de goberno, non sendo capaces de ver mais ala, pero sin decir nada que a Deputación non daba nada nestes últimos anos,  mais ala de 48000€ dos plans provinciales, o señor Nogueira sabeo ben porque gobernaba cando eso sucedía, pero tampouco di nada de que a Xunta pouco da, tampouco parecen acordarse de que o concello tuvo que pagar 380000€ de indemnización polo do tanatorio,  por unha licencia mal dada cando estaba ARGIMIRO MARNOTES,a ver se facemos memoria, tendo que pagar eses pufos unido o derribo da nave de protección civil feita en zona verde polo señor PACHI, e imposible levar a cabo outros proxectos, os numeros non dan para todo e vostedes sabeno  de sobra pero siguen r que r coa misma música, enganando a veciñanza e crispando os veciños.

BASTA XA POR FAVOR

29, Maio 2024

Pedir un pleno extraordinario para ver si os do PP do Carballiño queren a Pachi de alcalde ou non. Outro brindis al sol como a anterior reprobación do PP. Todo esto non vale de nada. Os números dan pero as ideoloxías non. Fumega vai seguir de alcalde pese a quen lle pese.

29, Maio 2024

A Xunta realizou esta mañá un novo exercicio de adestramento cun simulacro de emerxencia para comprobar a coordinación durante a activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U. no concello ourensán de Maside.

Contou coa participación do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, como director do PEE que, unha vez recibida a información do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia e se decide a activación do plan e o disparo de sirenas de aviso á poboación asume a dirección das operacións e accións a realizar. Tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistiu na activación do plan por un accidente de categoría 2 producido por unha fuga en tubería fase líquida (FL) 6” de bomba de caudal, brida conexión entrada de líquido en bomba, charco de gas propano con formación de xeo e fuga con goteo continuada. Pese a non deflagrar e non incendiar, ao non cesar pola presión da liña e darse risco de deflagración foi preciso refrixerar para controlar e vaporizar o charco de gas, así como pechar válvulas das liñas FL13 e FL14 para reducir presións e que purgase a fuga.

Por mor desta situación, resultaron feridos dous operarios e, ademais, a sobrepresión no interior da planta e a radiación térmica afectaron ás vivendas anexas á planta.

Unha vez avisada á poboación coas sereas constitúense os centros de mando e control para coordinar a intervención -o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), o SACOP e o Posto de Mando Avanzado (PMA)- coa correspondente mobilización dos efectivos, o perímetro de seguridade da zona ou o control de tráfico.

De feito, o director xeral de Emerxencias encargase de dirixir o CECOP constituíndose o comité asesor do que forman parte entre outros o subdirector de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, o alcalde de Maside e representantes da industria. A dirección do PMA foi asumida polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.

Entre os efectivos desprazados destacan os bombeiros do parque de O Carballiño-Ribeiro, integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia e do servizo de emerxencias de Ourense, así como axentes de forzas e corpos de seguridade -Garda Civil e Policía Autonómica- , persoas voluntarias da agrupación de Protección Civil de Maside e o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega.

Para a atención sanitaria mobilizouse ao servizo territorial de Sanidade en Ourense, ao 061 e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). No seguimento da intervención participaron responsables da empresa Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U, xunto con representantes do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e de departamentos da Xunta relacionados coas áreas de economía e industria, medio ambiente e sanidade.

A realización deste exercicio permite mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un suposto accidente, se familiarice co son da sirnea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS