PARECEME BEN A UNIÓN DOS CONCELLEIROS DO PP E DO PSOE NO CARBALLIÑO, PORQUE PRECISAMENTE SON ESO, CONCELLEIROS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO, QUE TEÑEN QUE MIRAR POR O AVANCE DO CARBALLIÑO, INDEPENDENTEMENTE DO PARTIDO POLITICO. TODOS OS CONCELLEIROS APORTAN ALGO, TANTO OPOSICIÓN COMO GRUPO DE GOBERNO. O TEMPO DIRÁ SI SON CAPACES DE GOBERNAR XUNTOS E SI A DECISIÓN FOI BOA PARA CARBALLIÑO.
UN SAUDO
Hasta hace no mucho, uno de los diputados del PPdeG utilizaba el término "fraude electoral" para referirse al posible pacto que podrían llevar a cabo tanto el BNG como el PSdG si los números les permitían gobernar en Galicia. En esta situación decía "mejor que vayan los cuatro juntos", refiriéndose a Sumar y a Podemos.
Feijóo acusó a Pedro Sánchez de cometer un "ataque a la democracia" al negar que aprobaría la ley de amnistía durante la campaña electoral y hacerlo una vez en el poder.
El PP de Carballiño se presentó a estas elecciones con un único objetivo: quitar a Paco Fumega de la alcaldía. Sin embargo, un año después de estas elecciones, decidieron llegar a un pacto con él y asegurarle dos años más en el poder.
Entonces la pregunta que surge es: ¿Para el Partido Popular se ha cometido un fraude electoral en Carballiño?

As augas baixan revoltas no concello do Irixo, aínda que en realidade nunca estiveron en calma neste primeiro ano de mandato municipal que agora se cumpre, moción de censura incluída que presentaran Xuntos e PSOE, que conseguiran desaloxar da alcaldía ao popular Manuel Cerdeira e colocar a Susana Iglesias como nova alcaldesa.
No pleno da corporación municipal celebrado a última hora da tarde deste xoves foron rexeitados os orzamentos para este ano 2024 presentados polo grupo de goberno, tras unha votación na que se rexistraron 4 votos a favor (2 de Xuntos e 2 do grupo socialista) e 5 votos en contra, os 4 do Partido Popular e o do concelleiro de Xuntos Juan Manuel Villanueva.
Villlanueva xustificou o seu voto en contra tras tildar de dictatorial e personalista a actitude que mantén a alcaldesa do seu propio grupo, Xuntos polo Irixo, Susana Iglesias.
Nada máis rematada a sesión, o grupo municipal popular solicitou na Sede Electrónica do Concello do Irixo a convocatoria dun pleno extraordinario no que insta á alcaldesa do Irixo a someterse a unha cuestión de confianza ligada á aprobación dos orzamentos ante a corporación municipal.
Ademáis desta actuación do concelleiro Juan Manuel Villanueva que tumbou o proxecto de orzamentos, a relación entre os socios do grupo de goberno, Xuntos e PSOE, ven acumulando varios episodios de tensión no transcurso dos últimos meses, o que abre unha situación de moita incerteza no futuro político inmediato deste concello.

A totalidade dos concelleiros e concelleiras de ambos os dous grupo políticos no concello do Carballiño, os seis edís socialistas e os cinco do grupo popular asinaron o documento que recolle o acordo para gobernar xuntos o concello carballiñés nos próximos tres anos.
Desta maneira, os once concelleiros que suman PSOE e PP no concello carballiñés apoiaron estampando a súa sinatura o pacto establecido entre os dous grupos na corporación municipal.
No pleno extraordinario celebrado esta mañá convocado por Espazo Común para analizar a situación política no concello do Carballiño, Pachi Vázquez tildou de "monaguillos de Fumega" aos concelleiros do grupo popular, e pedíulle a Fumega que presentara a súa demisión para propiciar "un goberno municipal de centro esquerda no Carballiño".
Pola súa parte Fumega ractifiou a validez do acordo pese á desautorización da Executiva do PSdeG, defendo o acordo en clave local "este é un acordo do Carballiño polo Carballiño" e asegurou contar co apoio e autorización do executiva local do PSOE "que é o que me importa", dixo.

O portavoz do grupo socialista no concello do Irixo e tenente alcalde, que dirixe o departamento municipal de obras e urbanismo manifestou o seu interese de rescatar o proxecto de PXOM para o concello do Irixo.
Iago Fariñas recordou que xa se encargara a redacción dun anteproxecto, que agora quere recuperar ao entender que pode beneficiar ao conxunto da veciñanza, dotando de seguridade xurídica calquera posible intervención urbanística no municipio.
Ademáis, o concelleiro tamén anunciou a creación dun servizo para asesorar a todas aquelas persoas propietarias de vivendas que necesiten axuda para a tramitación que se precisa para poder vender esas propiedades, se fose do seu interese.
Escoita no PODCAST de COPE O Carballiño a entrevista de Xan Pinal a Iago Fariñas:

Desde o Partido Popular resaltan que o pacto “nace da necesidade de conseguir que O Carballiño avance, un acordo entre os representantes municipais de dúas formacións políticas que, máis aló das súas diferenzas ideolóxicas, “toman esta decisión pensando no benestar dos habitantes da vila e do conxunto do municipio”.
Engaden que "as dúas forzas máis votadas no Carballiño expresan a súa intención de manter ata o remate do mandato un pacto polo que o actual alcalde socialista seguirá presidindo a corporación municipal, pasando a ocupar a tenencia de alcaldía un representante do PP,
e no último ano de goberno local será o Partido Popular o que ocupe a alcaldía e o PSOE a tenencia. Tamén se establece unha representación equitativa nas distintas concellerías, aínda por pechar", subraian.
Esta é a parte política dun acordo, subliñan os populares, “que non se basea unicamente nun reparto de cadeiras nin responsabilidades”. O verdadeiro obxectivo, apuntan, “é proporcionar a estabilidade necesaria para a gobernabilidade do Concello, así como conseguir os investimentos axeitados ás necesidades do municipio e para o benestar da cidadanía, co traballo, o compromiso e as doses de negociación precisas ante as administracións nas que gobernan ambos partidos”.
A Executiva do PSdeG desautoriza o pacto
O alcalde Fumega asegurou hoxe no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio que o acordo contaba co apoio da dirección do seu partido. Non obstante, esta tarde o órgano de dirección dos socialistas galegos aseguran nun moi escueto comunicado que “A Comisión Executiva Nacional do PSdeG manifesta, a través da Secretaría de Organización e en coordinación coa Executiva Provincial de Ourense e a Executiva Federal do PSOE, que ese acordo non conta coa autorización do Partido Socialista”.
E advirte que “do mesmo xeito, informa de que, de materializarse o antedito pacto de goberno, o PSdeG tomará todas as medidas previstas nos estatutos e demais normativa do partido, con efecto sobre os concelleiros e concelleiras que desatenderan o mandato dos órganos de dirección”.

A operación da Garda Civil, con numerosos axentes cubertos con pasamontañas e cans do servizo cinolóxico do instituto armado, rexistraron unha vivenda na rúa Florentino Cuevillas do Carballiño, un amplo despliegue de medios policiais que no transcurso da mañá tamén foi visible nos arredores dun club de alterne ubicado no concello de Maside.
O dispositivo, dirixido polo Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción nº 1 do Carballiño, mantén o segredo de sumario, e estaría relacionado contra a trata de mulleres e a súa explotación con finalidade sexual.
Todos os detidos atópanse baixo custodia policial e a espera de pasar a disposicion xudicial. Non se descartan máis detencións nas próximas horas, tanto na comarca do Carballiño como en clubs de alterne das provincias de Ourense e Pontevedra, nos que tamén se levaron a cabo varios rexistros por parte da Garda Civil no transcurso das últimas horas.

A última hora da mañá deste martes 18 de xuño os grupos municipais de PSOE e Partido Popular asinaban o acordo para gobernar xuntos o concello do Carballiño para os próximos tres anos, que son os que restan para completar o actúal mandato municipal.
Minutos despóis, a primeira hora da tarde os dous principais artífices deste acordo, o alcade socialista Francisco Fumega e o portavoz do grupo popular Pepe Castro-Gil, facían pública esta decisión política inédita na vida política local e comarcal ante a audiencia de COPE O Carballiño, no transcurso dunha entrevista con Xan Pinal.
Podes escoitar a súa intervención íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño:

Pachi Vázquez lamentou en COPE O Carballiño que "o Partido Popular renunciase á alcadía do Carballiño" e pasen os seus concelleiros a "ser mongaguillos de Fumega".
Eso si, entende Pachi que o acordo entre PSOE e PP no concello carballiñés ten o seu lado positivo "porque por fin cada quen quita as caretas".
Podes escoitar a intervención íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño:

O grupo socialista, que viña gobernando en minoria, e o Partido Popular chegaron esta mañá a un acordo para establecer un goberno bipartito para o concello do Carballiño e para os tres anos que restan ao actúal mandato municipal, un acordo que dea estabilidade á gobernanza ao concello do Carballiño e impulse a xestión municipal.
O acordo o que chegaron os dous grupos polititcos municipais no concello carballiñés conta co beneplácito das cúpulas de ambos partidos, PSOE e PP, a nivel provincial, polo que o acordo pode darse como definitivo e sen volta atrás.
Según este pacto entre socialistas e populares, o socialista Francisco Fumega seguirá ao fronte da alcaldía do Carballiño durante os dous próximos anos, mentres que xa no último ano de mandato, entre maio de 2026 a maio de 2027 cederá a alcaldía ao Partido Popular. Mentres, o popular Pepe Castro-Gil será o primeiro tenente de alcalde.
Desta maneira, o que pasará a ser o novo goberno municipal do concello do Carballiño pasará a contar cunha ampla maioría, cos 6 concelleiros socialistas e os 5 concelleiros que aporta o Partido Popular, que pasan a sumar 11 concelleiros do total de 17 cos que conta a Corporación Municipal. A nova situación política motivará a reorganización das distintas áreas municipais, ata agora todas elas xestionadas polo grupo socialista, para dar entrada no goberno carballiñés aos concelleiros e concelleiras do Partido Popular.
A oposición municipal quedará nesta nova etapa reducida a 6 concelleiros, os 5 de Espazo Común e a única concelleira do BNG.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- …
- seguinte ›
- última »