29, Xullo 2013

Os socialistas presentaron a iniciativa por medio dunha moción para que sexa tratada no pleno da corporación carballiñesa.

A creación da nova ordenanza implicaría unha taxa que deberían abonar as entidades bancarias que teñan instalados caixeiros automáticos nas fachadas das rúas. O grupo socialista incluso propón a contía económica da nova taxa, serían 3.600 euros por cada caixeiro. Explican que "a lexislación permite de forma clara o cobro desta taxa por aproveitamento da vía pública".

Desta maneira, o concello tería unha nova vía de recadación "distinta á de esquilmar continuamente os petos dos contribuíntes", subliñan os socialistas. Solicitan ademáis, que non se aplique ningunha exención e que a nova ordenanza entre en vigor coa maior premura posible.

26, Xullo 2013

( Redacción. Estefanía Bernández ) O Concello de Avión está moi marcado pola emigración, non só mexicana, senón tamén arxentina, alemana, venezolana, estadounidense, e de outras nacionalidades que voltan cada verán ás súas raíces.  A emigración foi variando as súas datas pero a maioría concéntrase a finais de xullo e principios de agosto, polo que agora estamos no punto álxido de afluencia.

Esta maior concentración fai idónea a celebración de festas, como a Festa Mexicana que se celebra o último venres de Xullo e as festas patronais que serán o 3,4, e 5 de agosto, ambas na capitalidade municipal. Ademáis, durante Xullo e Agosto cada parroquia do municipio celebra a súa festa.

Un dos factores que fixo que a emigración disminuise durante os últimos anos foi a entrada do euro. “A situación económica afecta, pesa moito e a afluencia de visitantes disminue, pero a morriña e o arraigo familiar fan que volten” decía Montero.

 A emigración non só se mantén na xente maior “cada vez vemos xente máis nova, o que nos agrada. É importante manter o cariño hacia a patria”. Avión é un concello rural que sen o apoio dos que veñen de visita non sería igual.

 O aumento de xente no periodo estival fai que teñan que aumentar os servizos públicos. Moitos deles vense incrementados como  a recollida de lixo, persoal de desbroces, deportes, piscina municipal, actividades culturais…

Avión tamén conta cunha brigada de incendios que xa está operativa, e ao igual que as do resto da comarca farán tareas de limpeza mentras non se requiran para incendios. Ademáis desta brigada, tamén contarán por primeira vez cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal, os GES, que comezarán a mediados de agosto.

Esta localidade xa contaba cun grupo de Protección Civil e dúas ambulancias que seguirán prestando esos servizos. Como nos contaba o alcalde, os primeiros minutos de actuación son os máis importantes e a lonxanía do Carballiño, onde se ubicará o parque intercomarcal de bomberios, fan necesarios este grupo de emerxencias.

Antonio Montero tamén nos falaba das obras do programa AGADER. “Son proxectos prácticamente rematados e pendientes de que se poidan utilizar”.  Estas obras consistiron na ampliación do comedor do Centro Integral de Servizos Sociais “Alvetus” para prestar mellor servizo e tamén na ampliación do centro de día, para que poidan estar máis cómodos, “os servizos sociais sempre son prioritario para nos”, manfestaba o rexedor.

As obras tamén beneficiaron as instalacións da piscina pública climatizada.

26, Xullo 2013

A Corporación municipal do Carballiño, asi como numerosos veciños e veciñas, gardaron cinco minutos de silencio na Praza Maior en recordo das vítimas da traxedia ferroviaria.

24, Xullo 2013

 A concentración silenciosa faráse este venres dia 26 ás doce do mediodia, está convocada en sinal de loito polas vítimas e de solidariedade coas familias afectadas polo accidente ferroviario de Santiago. Este mesmo acto está convoado pola FEGAMP en todos os concellos galegos.

Entre os actos suspendidos polo concello do Carballiño, sumandose aos sete dias de loito oficial decretados pola Xunta, figura a 1ª Concentración Moteira Urbana do Carballiño, organizada polo Moto Club local, programada para este sábado. Tamén se suspenderon as festas patronais na parroquia de Mudelos.

As necesidades para atender aos feridos polo accidente ferroviario están de momento cubertas en todos os grupos sanguineos. O Centro de Transfusión de Galicia agradece a solidariedade e pide á cidadanía que se manteña atenta ante posibles novas chamadas no caso de que fose preciso.

23, Xullo 2013

A Asociación de Hosteleiros do Carballiño, que este ano correrá coa organización das festas patronais, sigue avanzando na programación que terá lugar entre os dias 14 ao 19 de setembro.

Nos próximos dias esperase cerrar o apartado musical, no que xa está confirmada a participación das orquestras Panorama, Sintonia e La Oca. Entre as actuacións musicais estelares tamén figura o cantante e DJ dominicano Henry Méndez.

No mesmo apartado musical volverán ter protagonismo as bandas de música -que serán tres como mínimo- e unha das novidades que estuda a organización consistiría na programación de "sesións vermút", que animarían as orquestras.

Tamén se confirma a celebración das dúas xa tradicionais sesións de fogo voador, que poderíán este ano estrear nova ubicación, tras probar o ano pasado no barrio de Toscaña, e toda vez que se insiste nas dificultades administrativo-legais para seguir con estes espectáculos na Alameda, todo parece indicar que se apostará pola nova praza da Veracruz como escenario para as sesións de pirotecnia.

22, Xullo 2013

O venres 26 de xullo dende as oito da tarde a Praza da Igrexa  de Avión acollerá unha nova edición da Festa Mexicana organizada polo concello desta localidade.

( Redacción. Estefania Bernárdez ) Nesta cita non faltará a música típica dos mariachis coa presencia das agrupacións 'Garibaldi' e 'Fiesta Ranchera' que entonarán as típicas rancheras dende as 21:30 ata a 01:30 da madrugada. Esta festa honra a cultura, que xa forma parte de Avión, do país que máis acolleu ós emigrantes locais. Ademáis de música, tamén se organizarán actividades como toros mecánicos, hinchables, monitores de papiroflexia, etc. Para os más cativos terán monitor de globoflexia e as coñecidas piñatas, elaboradas polos maiores do Centro Integral de Servizos Sociais "Alvetus". Todo en horario de 21:00 a 01:00 e con carácter gratuito. 

Nesta cita tampouco podía faltar a gastronomía mexicana e por iso estarán alí catro dos mellores restaurantes: 'Chilam-Balam' de Vigo, 'Mesón Mexicano de Tourón' de Pontecaldelas, 'Rincón Azteca' do Carballiño, e 'Taquería Mi Ciudad' de Madrid. Unha pequena representación da cociña mexicana que foi recoñecida en 2010 pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

O cartel desta nova edición está protagonizado por varios persoaxes do coñecido programa "El Chavo del 8", e continúa así resaltando grandes personalidades das artes e das ciencias de México.

20, Xullo 2013

Arranca o novo proxecto de C.D. Arenteiro para competir a vindeira tempada na 1ª autonómica coa presentación de xogadores e técnicos, seguidamente Miki López dirixirá o primeiro adestramento que consistirá na desputa dun partidiño.

Os que acudan o lúns 29 ás 20,30 da tarde ao municipal de Espñedo, encontraránse cunha primeira e agradable sorpresa: o novo aspecto que presenta o terreo de xogo, moi recuperado tras mes e medio de intenso traballo executado pola empresa "Agroestévez", empresa especializada á que o concello do Carballiño  encargou este traballo. Realizouse un plan intensivo de recuperación dun terreo de xogo que estaba moi deteriorado e esperase que agora coas labores de mantemento poida conservarse o magnífico aspécto que xa ofrece.

Ademáis, contando coa colaboración do concello do Carballiño, van acometerse diversas melloras, que se fan moi necesarias, tales como o acondicionamento da valla na zona de tribuna e na instalación eléctrica, asi como nos vestiarios. Tamén se vai melloar o sistema de megafonía e dar unha capa de pintura tanto a vestiarios, como o túnel da tribuna e a entrada principall.

CARNÉS DE SOCIOS A 5O EUROS PARA A PRÓXIMA TEMPADA.

Tal como se anunciou por parte do novo presidente na asemblea celebrada o pasado dia 12, o prezo dos carnés de socio baixará dos 80 euros da pasada tempada aos 50 euros para a tempada 2013-2014. Con esta medida, esperase dar un importante estirón na masa social do club, moi mermada nos últimos anos.

A nova directiva marcouse o obxetivo de acadar os 400 socios durante este primeiro ano de mandato. Ademáis, crease o socio infantil -10 euros- coa idea de crear un vínculo co club dende cativiños, de tal maneira que conserven o número correspondente de asociado unha vez sexan adultos.

Doutra parte, os directivos do club traballan xa para acadar o obxetivo anunciado na pasada asamblea de socios, cubrir o orzamento fixado para esta tempada, cifrado en 64.500 euros, e no que se incluíu o primeiro pago da amortización da débeda recoñecida pola asemblea aos anteriores rectores do club.

19, Xullo 2013

‘A mañá’ de COPE O Carballiño trasladouse a Boborás para presentar dende este concello o programa especial dos venres de verán.  Alí falamos co alcalde, concelleiros da corporación municipal e veciños.

( Redacción. Estefanía Bernándrdez ) Cipriano Caamaño, alcalde de Boborás, recén chegado de facer o Camiño de Santiago definía esta experiencia como única e a cal vai repetir en busca de novos placeres. Falando tamén de placeres evocaba a producción de viño do ribeiro que se elabora neste municipio, que forma parte da Denominación de Orixe Ribeiro..

O verán é unha época moi especial en Boborás porque é un tempo festivo casi a diario, xa que é un concello marcado pola emigración, pero que siguen moi unidos a Boborás, e prodúcense reencontros que permiten recordar as súas raíces e influencias. “Isto sempre é un motivo de celebración”.

Cipriano Caamaño leva “30 anos atrapado” en Boborás, enganchado polo interior aínda que él é de mar. O arraigo da súa familia e o anti-estrés que lle proporciona a comarca explican a súa prologanda estadía.

 A concelleira de cultura, Patricia Torres, falábanos das festas e da oferta turística que ofrece Boborás. “A xente ten que facer o esforzo de organizar as festas porque non se poden perder as tradicións, e tamén son unha boa oportunidade para que se xunte a xente”, comentaba Torres. A Señora do Carme, tradicional patrona dos mariñeiros, "tamén se celebra en Pazos de Arenteiro onde é moi querida, e ata onde se acercou o obispo este ano".

Outras celebracións destacadas son a Romaría da Saleta (Astureses) e San Bertomeu da Freixa (Cameixa). “A Saleta é unha romaría con moita tradición e ata o Carballiño a utiliza como fin de festas, pero é en Boborás”, e o San Bertomeu é unha festa moi especial a carón do río.

En canto ao turismo, Patricia Torres facía connosco un percorrido polo que podemos visitar en Boborás. Atopamos as rutas polos sendeiros, comezando por Pazos de Arenteiro, que é unha xoia arquitectónica con románico e xudaísmo. Tamén temos unha amplia variedade de igrexas románicas como a de Astureses, a máis antiga que está marcada por un estilo templario; a esta súmase a igrexa de Cameixa, San Pedro de Xurenzás, Xuvencos, Moldes, Albarellos e Brués, que é barroca. Alí, ademáis, atópanse as minas de Brués que se recuperaron en 2011 a través do Instituto Xeolóxico de España e que xa están ben señalizadas, aínda que Torres asumía que poden ter algún perigo.”Estamos pensando en pechalas para conservalas e facer alguna visita guiada”. A concelleira engadía que profesionais do Chamoso Lamas atoparon unha colonia de morcegos en perigo de extinción.

Outro tema no que se centraba Patricia Torres era o encoro de Albarellos ao que lle viría moi ben un embarcadoiro, pero é unha época difícil. “Non nos podemos meter en grandes obras, temos que manter as existentes, pero viríalle moi ben a inversión privada”.

Seguindo esta ruta turística entramos na gastronomía, que podemos degustar nos típicos bares de Boborás e tamén nas casas de turismo rural, moi apoiadas dende o Concello. Algunhas delas son o Pazo da Almuzara, a Casa de Brués, Casa Anxeliña (Astureses), Forno do Curro (Feás) e a Retoral de Pazos de Arenteiro.

 Por último tamén se acercaba ata os micrófonos de COPE O Carballiño o concelleiro de medio ambiente, Avelino Prado. “Estou no cargo para axudar ós veciños; aquí non se ven a destruir senón a facer, a axudar”, así definía a súa función Avelino Prado, xubilado da empresa privada e centrado máis que nunca na causa pública.

O seu obxectivo é intentar que o concello sexa pioneiro na provincia, ao igual que o alcalde. Agora está máis pendente da brigada de incendios que comezaron o 16 de xullo e que mentras non hai incendios están desbrozando. “Están levando a cabo estas actividades xa que foi un ano difícil polas continuas choivas, e hai que volver desbrozar”, comentaba Avelino Prado.

 

16, Xullo 2013

O cartel de Felipe-Senén López Gómez volve publicitar a festa, que chega este ano a súa 51ª edición. Ademáis dos medios convencionais, prensa, radio e televisión, potenciaráse a presenza nas redes sociais e internet.

Alcalde, concelleira de turismo  presentaron o cartel oficial da festa do artista carballiñés "unha marca inseparable da festa, que comezou o seu pai e coninúa agora él", manifestou Marnotes.

O acto contou coa asistencia de varios patrocinadores. A próxima cita será o venres dia 19 con motivo da presentación da convocatoria gastronómica carballiñesa na cidade de Vigo, a quen este ano está dedicada a festa do polbo. O acto terá lugar no porto de Vigo.

14, Xullo 2013

A investigación sospeita que o detido prendeu os  lumes por motivos de caza e non descarta a súa implicación en incendios forestais rexistrados na zona en anos anteriores.

A Policia Autonómica procedeu a detención deste home, veciño do concello de Piñor, como presunto autor dos tres incendios dos pasados dias 6 e 7 deste mes de xullo nas parroquias de Coiras e A Corna, nos que arderon 50 hectáreas de monte, a metade arbolado.

As dilixencias practicadas pola Policia Autonómica xa foron remitidas ao Xulgado nº 1 do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS