6, Xuño 2013

Asi o anunciou nesta emisora de radio o Alcalde de Leiro, Francisco Fernández, que mostrou a súa satisfacción pola sentencia xudicial.

"O concello recibe asi unha boa noticia", porque declarase a imposiblidade legal de execución da sentencia inicialmente desfavorable para os intereses do concello, asi que agora o propietario dos terreos recibirá unha indemnización que calculo será dunhos 2.000 euros, e poñeráse fin a este conflicto", declarou o rexedor municipal.

Doutra parte, o pleno da corporación municpal deberá resolver a alegación presentada polo titular dos terreos en relación ao último procedemento de expropiación que leva a cabo o concello de Leiro. O alcalde adiantou en COPE O Carballiño que "a alegación será desestimada polo pleno".

5, Xuño 2013

Tres helicópteros que cargaron auga no río Arenteiro e as brigadas contra incendios da Xunta traballaron dende as catro da tarde no control dun incendio forestal preto do pobo de Cibreiro, no municipio de Boborás.

O incendio localizouse entre as localidades de O Eixán e Cibreiro, na parroquia de Astureses, e pola dirección e a intensidade do vento, bastante forte, dificultou as labores de extinción. O fume obrigou a proceder ao desaloxo da zona.

Os tres helicópteros que participaron no operativo cargaron auga no río Arenteiro, nas inmediacións da presa do Balneario. Este primeiro incendio forestal da tempada coincide cos primeiros días de calor do mes de xuño, con temperaturas na zona que sobrepasan os 30 graos. A última hora da tarde o lume quedou controlado.

3, Xuño 2013

 Manifestan "a discriminación que tanto o Goberno do Estado co beneplácito da Xunta como Adif están a facer co servicio ferroviario".

Así, dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño denunciase "que o goberno da vila non tomara cartas no asunto antes, e evitara esta situación á que chegamos".  Remarcan que fai dous meses que  o alcalde, Argimiro Marnotes, dixo que ía a solicitar información oficial sobre a reducción do servizo, porque existían rumores sobre o tema".

 “É escandaloso que o goberno municipal non se faga eco dos problemas da vila, xa que esta situación víñase arrastrando dende fai un ano, cando se comezaron a suprimir liñas e cambiar horarios” comentou Miriam Fernández, secretaria das Xuventudes Socialistas do Carballiño.

Por outro lado, solicítase que dende o concello "se tome o papel de defender aos cidadáns e os seus dereitos, e se busquen solucións, para que as persoas que utilicen este transporte poidan seguir usandoo".

“Non podemos aplaudir que se nos prive aos xóvenes de estudar tan só por non ter desprazamento, xa que o coste para ir a Santiago incrementaríase 3 veces máis en ir a Ourense e coller un tren alí” dí Miriam Fernández.

Para rematar, puntualizan que para viaxar calquer día a Santiago dende O Carballiño "estamos suxeitos a un limitado horario, e por iso reclaman ao goberno municipal que se manifesten e que se propoña unha solución que non inflúa na economía dos cidadáns".

3, Xuño 2013

Preto dun centenar de veciños e veciñas de Dacón concentraronse esta mañá para protestar polo peche da oficina de Novagalicia Banco na localidade, tamén mostraron a súa inquietude polo futuro da Escola Infantil e o Médico, dos que dispoñen na actualidade.

A veciñanza non comparte a decisión da entidade bancaria e piden "que polo menos siga prestando o servizo unhos dias á semana". Tamén manifestaron a súa preocupación pola continuidade do médico  de familia no centro médico de Dacón "moito nos tememos que cando se xubile o actúal facultativo, tamén nos deixarán sen médico, e igual vai pasar coa Escola Infantil, que a van pechar, non estamos dispostos a quedarnos sen os servizos que temos dende sempre no pobo", subliñaron os manifestantes.

31, Maio 2013

A homenaxe o que foi ata fai unhos dias o Presidente do Arcos C.F. celebrase o domingo dia 2 de Xuño ás 7 da tarde no campo municipal de Espiñedo.

Victor De Francisco Fernández, de 34 anos de idade, falecía repentinamente o pasado dia 20 de Maio. A familia deportiva do Arcos C.F., equipo que milita na 3ª Autonómica, rindelle unha homenaxe póstuma no transcurso do partido de fútbol que con tal motivo xogarán o propio Arcos C.F, reforzado con xogadores doutros equipos que queren participar nesta homenaxe, e o C.D. Arenteiro.

31, Maio 2013

O proxecto, no que Unión Fenosa Distribución investirá 4,6 millóns de euros, somete a información pública a avaliación de impacto ambiental.

As características do proxecto poden consultarse na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, ou no enlace http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos.

Son en total 504 as fincas que serán obxeto de expedientes de expropiación forzosa, nos municipios do Irixo, Dozón e Lalín. A nova liña de alta tensión de 132 KV terá un percorrido de 18 kilómetros. Entres as propiedades afectadas encontranse fincas dedicadas a traballos agrícolas, montes, prados, predios con masa de árbores autóctonos e incluso cultivos.

30, Maio 2013

Tratase dunha distinción implantada dende o curso pasado en 2º de bacharelato e que recoñece a aqueles alumnos cunha nota media igual ou superior a nove.

O equipo docente otorgou este distintivo as alumnas Lucía González Rodríguez e Sela Taboada Payo. Outra boa nova para o IES Chamoso Lamas é que a Unión Europea ven de conceder para o curso 2013-2014 cinco mobilidades ERASMUS para que estudantes do Ciclo Superior de Administración e Finanzas realicen prácticas en países da Unión Europea, sendo o instituto carballiñés dos poucos da provincia que recibíu ditas mobilidades.

Ademáis, o IES Chamoso Lamas solicitou o Proxecto Leonardo para o Ciclo Medio de Adminstrativo, e tamén a carta ERASMUS para o periodo 2014-2020.

29, Maio 2013

O portavoz socialista volveu a referirse aos despedimentos de traballadores municipais, que considera son consecuencia da "persecución política no concello", manifestou.

Fumega cifrou en 140.000 euros "e pode ser máis porque algunhos casos están recurridos" o custo económico que representará para o concello carballiñés as sentenzas xudiciais condenatorias.

"Nos dous últimos anos, dende que Marnotes chegou á alcaldia O Carballiño ten un 35% máis de traballadores en paro, de cada cen carballiñeses e carballiñesas que tiñan traballo en 2011, 35 están agora no paro", asegurou Paco Fumega, que considera os datos como absolutamente demoledores.

Engadíu na súa comparecencia ante os medios que "o concello do Carballño está nunha parálise absoluta" e suxeríu que "Marnotes ten que deixarlle paso a outra persoa ou cambear radicalmente esta política errática, costosa, ineficiente e caciquil".

26, Maio 2013

O Grupo Municipal Socialista de Leiro rexistrou dous escritos nos que instan ao alcalde a que atenda as necesidades do municipio.

Manuel Rodríguez, o portavoz socialista, lamenta "que non se tomen medidas para mellorar a  vida dos cidadáns, e denuncia as deficiencias que afectan ó concello, como as árbores que sobresaen do muro dun veciño a via pública de Gabino Bugaball que poñen en perigo os vehículos e os viandantes".

O Grupo Municipal Socialista critica que non se tomen medidas para arranxar a entrada principal da igrexa parroquial de Leiro na súa marxe dereita, coa calzada moi deteriorada,e na rúa Gabino Bugaball a altura do Centro de Saúde, onde estanse a levantar numerosas lousas da beirarrúa.

Por último o portavoz socialista pon de manifesto "a falta de preocupación do alcalde que chega a extremos  de deixar a un único veciño do núcleo de Barro sen luz",  e instan ao alcalde a que inclua unha luminaria no plan provincial deste ano,  e que a empresa concesionaria da estrada EIXO DO RIBEIRO  o seu paso polo termo municipal, a altura da Esperela arranxe os desperfectos das beirarruas, "deficiencias estas denunciadas polo grupo municipal dende fai moito tempo", afirma.

23, Maio 2013

Por vez primeira en moitos anos o BNG quedouse sen voz no pleno da corporación carballiñesa, unha circustancia debida á ausencia da concelleira Áurea Francisco, que non pudo asistir por motivos persoais.

Precisamente, era a concelleira nacionalista a que tiña previsto trasladar ao pleno a moción relativa á situación da Residencia de Tempo Libre do Carballiño, que nos últimos anos viu progresivamente reducido o tempo de apertura anual, quedando en tan so 4 meses para este ano 2013. Ante unha numerosa presenza no salón de sesións de traballadores da Residencia, o grupo socialista propuxo tratar este asunto pola vía da urxencia, que finalmente aceptou o Partido Popular. Chegado o momento do debate, que xerou bastante tensión, finalmente chegouse o acordo unánime de "instar" á Xunta para que manteña aberta a Residencia de Tempo libre durante todo o ano.

Onde non houbo acordo foi na moción socialista sobre as deficiencias na Biblioteca Municipal, os socialistas -que presentaron un escrito con 167 sinaturas avalando as demandas- defendeu por medio da Concelleira Iolanda Otero a  necesidade de acometer varias melloras nas instalacións. O Partido Popular votou en contra pero o alcalde comprometeuse a buscar recursos económicos para "priorizar a intervención na biblioteca" e invitou aos socialistas a presentar o escrito e as sinaturas no rexistro municipal.

O portavoz socialista, Paco Fumega, foi moi crítico co recoñecemento extraxudicial de créditos, en total 55 facturas correspondentes a 23 proveedores, entre os que se encontran Aquagest, Fenosa, e outras relativas á limpeza na Praza de Abastos e traballos de asfaltado nas rúas carballiñesas. En relación a estas últimas Fumega criticou que se admitan pagos por obras defectuosas, respondeulle o alcalde asegurando que o concello ten un aval para garantir os traballos "a empresa terá que vir cantas veces faga falta, teñan a seguridade de que eso vai ser asi", aseverou Marnotes.

O Goberno Municipal fixo valer a súa maioria no pleno para aprobar o Convenio Marco de Cooperación entre a Deputación e os Concellos para a xestión da recollida do lixo, o que se adherirá o concello carballiñés. Fumega manifestou "que o tempo deunos a razón porque o concello ten que pagar máis que cando este servizo se xestionaba polo concello, co agravamente de que co novo convenio encarecerase nun 27% o servizo". O portavoz do Partido Popular recordaballe aos socialistas "a época dos cheiros, dos colectores sen rodas e dos camións que non frenaban", Martín Nogueira invitou aos socialistas "a deixar a demagoxia, O Carballiño está máis limpo e os veciñós contentos, hoxe en dia podemos presumir da imaxe que damos e antes había que escapar", subliñou.

Ao pleno tamén acudiron traballadores do matadoiro municipal, que se atopan en paro dende que se cerraron as instalacións debido a graves deficiencias nas mesmas, interesandose pola situación deste servizo. O alcalde informounos da tramitación que está a seguirse para a convocatoria dun concurso público para a adxudicación deste servizo, tras conluir o periodo da anterior concesionaria.

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS