9, Maio 2013

O Alcalde do Carballiño asegura ademáis que "ata o dia de hoxe a maior indemnización que tivo que pagar o concello foi de máis de 30.000 euros por unha contratación ilegal do anterior grupo de goberno para favorecer a unha persoa interventora do PSOE en varias eleccións".

Marnotes manifesta o respecto a decisión xudicial que ven de condenar ao concello carballiñés polo despido dunha traballadora e anuncia que "imos recurrila ao entender que non se axusta á realidade, xa que nunca lle preguntamos a ninguén pola súa condición política. O rexedor municipal asegura que "tívose únicamente en conta a falta de subvencións que afectaban a determinados postos de traballo, polo que se trata da extinción dos mesmos por razóns puramente económicas, non se pode ter un gasto sen o correspondente ingreso,  eso di a lei e nos somos estrictos no seu cumplimento".

O Alcalde do Carballiño considera que os cámbeos realizados no aspécto laboral "están sendo para mellorar a situación dos traballadores, tanto a nivel de cualificación como de ubicación dentro das dependencias municipais, por eso seguimos traballando nunha nova RTP".

 

9, Maio 2013

Paco Fumega equipara a sentencia xudicial que considera a nulidade do despido dunha traballadora municipal "co dun alcalde da comarca que foi inhabilitado por un caso parecido".

Referíase Fumega ao exalcalde socialista de Punxín Alfredo Cruz, que foi condenado no seu dia pola Audiencia Provincial a oito anos e seis meses de inhabilitación para o exercicio de cargos públicos por un delito de prevaricación, tras despedir a unha traballadora municipal que formara parte da candidatura do Partido Popular nese municipio.

Paco Fumega entende que os casos son semellantes xa que na sentencia que condena ao concello do Carballiño por despido improcedente desta traballadora "o xuiz afirma que é unha decisión política, que esta traballadora foi despedida por cuestións ideolóxicas", afirmou o portavoz socialista. Engadíu que"esta política do Partido Popular estalle a costar cartos ó concello, e xa son varios os fallos contrarios o concello e que dan a razón os traballadores despedidos".

 

 

8, Maio 2013

Asi a anunciou o alcalde do Carballiño no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio. Ubicaráse nun edificio de nova construcción e o proxecto terá un orzamento de 410.000 euros.

Tras barallarse varias posibilidades, finalmente optouse por esta ubicación "porque asi o consideraron os técnicos da consellería, asi nolo fixeron ver e asi o decimos", manifestou en COPE o alcalde Argimiro Marnotes. Tamén anunciou que na próxima sesión que celebre a corporación municipal neste mes de Maio "previsiblemente o xoves da semana que ven xa levarémos ó pleno o convenio coa consellería para facer realidade este proxecto, que pola demanda que temos constanos que é moi necesaria para O Carballiño".

A segunda Galiña Azul, para cativiños ata os 3 anos de idade, terá inicialmente 40 prazas "aínda que despois poderían ampliarse", subliñou Marnotes. Para a execución do proxecto, o concello do Carballiño deberá aportar 170.000 euros.

8, Maio 2013

O Alcalde do Carballiño entende que "a demanda de infomación é algo normal nun procedemento xudicial" en referencia á que se levou do concello o axente de aduanas enviado pola xuíza que investiga a Operación Pokémon.

Marnotes non quixo, no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio aclarar a que anos corresponden os expedientes recabados, despois de transcender nagún medio que son relativos aos 7 últimos anos "nin confirmo nin desminto nada do que hoxe sae nos medios". Tampouco quixo o alcalde desvelar o nome das seis empresas das que consta solicitouse a súa relación co concello do Carballiño, tan so confirmou o alcalde que parte desa documentación tivo que recollerse no arquivo histórico que o concello do Carballiño ten na nave de servizos da Uceira, polo que se entende que a documentación solicitada remontase a varios anos atrás.

Manifestou Marnotes a súa preocupación porque o procedemento xudicial no que está imputado se prolongue no tempo "pídolle a máxima celeridade posible á xustiza, en todo caso que saiban os veciños que este alcalde vai seguir traballando cada día e que estean seguros os que en maio de 2011 votaron por un cámbeo nas polítcas neste concello e que vou seguir traballando con ese obxetivo".

Desa maneira contestaba o rexedor municipalo á petición de dimisión que volveu reclamar o BNG tras a interveción do SVA. Os nacionalistas manifestan que "ante a noticia da irrupción de funcionarios de Vixianza Aduaneira no concello do Carballiño, e respetando as actuacións xudiciais e a presunción de inocencia, o BNG ratificase na petición de dimisión do alcalde do Carballiño, para preservar o bó nome da institución e que non se vexa salpicado nos medios de comunicación por cuestións desta índole, ademáis queremos recalcar que as investigacións continúan e non foi unha cousa puntual como quería ver o propio Argimiro Marnotes".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

7, Maio 2013

O requerimento chega do Xulgado nº 2 de Ourense e ten que ver coa adquisición dun vehículo industrial por parte do concello por importe de 128.250 euros  no ano 2008 tras recibir unha subvención da Xunta. Ademáis, a última hora da mañá presentouse nas dependencias municipais un axente de aduanas que solicitou documentación á Secretaria do concello.

En canto á notificación do Xulgado nº 2 de Ourense, éste require ao concello un expediente do ano 2008 sobre a adquisición a unha firma comercial por parte do concello dun vehículo industrial marca IVECO, tamén solicita que se remita por parte do concello a certificación relativa a compra, nesas mesmas datas, de cinceiros e papeleiras a unha empresa de fundición e sobre "o concreto destino deste suministro".

O requerimento do Xulgado ten que ver coa demanda presentada polo ex xerente desta empresa ourensana que foi despedido da mesma en 2010. Según o denunciante,  teríase cometido fraude de subvencións "alterandose os prezos e efectuando o pago de comisións ao concello do Carballiño e a dúas empresas". O denunciante, según unha información publicada no xornal "La Región" este pasado dia 4 de Maio, refírese "a venta en 2008 dun vehículo industrial o concello carballiñés por importe de 128.250 euros, con subvención da Xunta, e onde según o traballador, ao responsable municipal que ordenou a compra teríanselle abonado 12.234 euros".

Ademáis, a última hora da mañá, un axente de aduanas personouse no concello do Carballiño. Unha vez nas dependencias municipais, o axente demandou da Secretaria Municipal documentación sobre a relación histórica do concello carballiñés con un total de 6 empresas. Neste caso, a investigación ten que ver coa Operación Pokémon na que está imputado o alcalde carballiñés.

O axente enviado ao concello carballiñés pola xuíza Pilar de Lara abandonou as dependencias municipais pasadas as 14,30 horas levandose toda a documentación solicitada.

6, Maio 2013

O automóbil que conducía saíuse da estrada despois de saltar por arriba do quitamedos e quedou envorcado sobre unha árbore, milagrosamente saíu ilesa tras o accidente.

Maria N.R., de 72 anos de idade e veciña do municipio de Beariz viaxaba soa no seu vehículo, pasadas as dez da noite regresaba a súa casa cando se rexistrou o accidente, na N-541, a altura do muniicipio do Carballiño a escasos metros da "Gasolineira e Restaurante O Xardín".

Efectivos de Protección Civil do Carballiño excarcelaron á muller, que quedou atrapada no automóbil. Foi trasladada ao PAC do Carballiño para ser sometida a un recoñecemento, aínda que non presentaba ningún sinal de ferida.

6, Maio 2013

O Portavoz dos socialistas considera que "falta democracia e transparencia " e anuncia que acudirán ao Fiscal e o Valedor do Pobo para "denunciar actitudes antidemocráticas ".

O episodio que motivou estas manifestacións do portavoz socialista foi "a actitude do alcalde que pretende que os nosos concelleiros revisasen a documentación relativa a unha ducia de expedientes en hora e media, cando sabe que eso é imposible porque tan só o libro de rexistro necesitaría moitas horas".

Fumega explicou que "o que queremos aclarar vendo todos os expedientes solicitados son as contratacións de traballo feitas no concello e os contratos de distintas concesións, como o de servizo de axuda a domicilio, do que temos moitas queixas de veciños pola súa deficiente xestión".

Outra documentación requerida polos socialistas foi a relativa ao convenio entre concello e Aquagest "despois de todo o que se dixo por parte do alcalde, queremos que se nos aclaren algúns aspéctos como a xestión da EDAR do Carrás". O concelleiro socialista asegurou que "tras ver o expediente constatamos que Aquagest debe ao concello 120.000 euros".

"Non entendo esta falta de transparencia que por sistema exerce o Partido Popular e estas trabas que nos poñen para exercer o noso traballo de oposición, non entendo este medo á participación, cando o alcalde no seu dia aínda na oposición pudo participar na contratación da obra da piscina ou na ORA", manifestou Paco Fumega.

5, Maio 2013

O Arenteiro conseguíu ante o C.D Pontellas 3 puntos transcendentais para seguir loitando pola permanencia na categoria, e ademáis fixoo merecidamente, remontando o temperán gol dos porriñeses que se adiantaban no minuto 4 de partido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Prada (Bardelás), Xurxo, Carlos Escudero, Tazos, Dabarca, Gabriel (Tacón), Pablo Piñeiro, Martín (Kennedy), David Soares e Marcos Sotelo.

O Partido: O fútbol foi xusto neste partido co Arenteiro,  dominando de principio a fin ao Pontellas, que tras adiantarse no marcador cando os equipos aínda se estaban asentando no campo, viuse superado polo empuxe dos verdes. Aos 20 minutos David Soares empataba o partido tras enganchar un bó tiro dende fora da área. Salvo unha segunda clara ocasión que erraron os do Porriño, o Arenteiro pudo irse xa o descanso con ventaxa no marcador se tivese un chisco de acerto para aprobeitar as varias ocasións de gol que tiveron ante a portería visitante. No segundo tempo o Arenteiro tivo múltiples ocasións para adiantarse no marcador, froito do dominio que exercia no xogo, non obstante tivo que esperar ao minuto 85 para que Pablo Dabarca marcase ao lanzamento dunha falta, axustando o balón ao poste da portería do Pontellas, que víu truncada en Espiñedo unha magnifica racha de resultados.

3, Maio 2013

Os polideportivos de O Carballiño e Cea acollerán os partidos durante os dias 10, 11 e 12 de Maio neste campionato no que participarán os equipos de cinco seleccións autonómicas.

Xunto co edil de deportes do Carballiño Rodrigo González,  estiveron na presentación o vicepresidente da federación ourensana de futbol sala, Javier, Caldas "Butra", o seleccionador galego Colmenero, o edil de Deportes de Cea Roberto Vázquez, e a secretaria xeral da federación galega.
Serán cinco as comunidades autónomas que participan neste campionato, as absolutas de Castela León, Castela a Mancha, Valencia, Extremadura e Galicia, esta última que defende o título nesta fase final. Cada unha das autonomías presenta equipos masculino, feminino e xuvenil. Os partidos, que empezarán o venres 10 de maio, repartiranse da seguinte forma: as seleccións masculinas xogarán no pavillón Paco Chao, a xuvenil no anexo do Paco Chao e as seleccións femininas no pavillón de Cea.
Todas as finais xogaránse o domingo no pavillón Paco Chao do Carballiño. Nesas finais repartiranse 350 camisetas conmemorativas deste campionato entre os asistentes a este espectáculo deportivo.

 

 

3, Maio 2013

O servizo, que xestionaba en rexime de concesión unha sociedade, permanece sen actividade dende que fai sete meses debido as moitas deficiencias nas instalacións.

O grupo municipal do PSOE culpa da situación "a ineficacia do alcalde señor Marnotes, que se comprometeu a solucionar de inmediato unha serie de deficiencias técnicas e administrativas e a dia de hoxe segue tendo a instalación paralizada e aos seus 8 empregados engrosando as listas do paro, xa que unha vez máis o rexedor non cumpliu a súa palabra, dada tanto ós profesionais do sector das carnicerías como a empregados", manifestan.

Inciden os socialistas nos perxuizos que a situación provoca no sector "xa que os carniceiros vense abocados a levar as pezas a outros matadoiros, co conseguinte sobrecusto, o que nestes meses leva suposto para moitos deles a perda de miles de euros, algo inadmisible sobre todo nos tempos económicos nos que andamos"

Tras manifestar que "é de supor que a resposta a esta demanda por parte de Marnotes xirará en torno a xestión do goberno anterior, algo atopará para botarlle a outros a culpa da súa falta de capacidade de xestión para solucionar os problemas", os socialistas esixen "a posta inmediata en funcionamento do matadoiro municipal e a aposta decidida e clara polo mantemento dos postos de traballo e dos servizos públicos".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS