Sumar dun nun non lle vale ao Arenteiro, asi que o empate ante o Centro de Deportes Barco en Espiñedo representa un novo paso atrás nas posibilidades dos verdes na loita por salvarse do descenso de categoria.
C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Carlos Escudero, Tacón, Dabarca, Iago, Gabriel, Kennedy, Martín ( Bardelás ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).
O Partido: Outra xornada máis o Arenteiro non soubo aguantar o resultado ao seu favor, unha circustancia que se ven repetindo durante a maioria dos partidos esta tempada. Desta vez, os carballiñeses adiantabanse moi pronto, aos 6 minutos ao aprobeitar David Soares un rexeite da defensa visitante. O equipo valdeorrés empataba o partido no minuto 24, e asi transcurría o resto da primeira parte, con moi poucos argumentos futbolísticos por ambas partes. Na reaunudación, o cansancio físico e o mal estado do terreo de xogo condicionaron un partido que asi e todo pudo resolverse a favor de calquera dos dous equipos, que pelearon atá o último minuto acuciados pola necesidade dos puntos en xogo, precisamente nese último suspiro de partido Gabriel pudo sentenciar a favor do Arenteiro pero o seu remate saíu moi desviado da portería valdeorresa.

O Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, reuníuse na casa do concello co alcalde José Luis Valladares e posteriormente visitou as dependencias da Garda Civil en Cea.
Na entrevista entre o representante do goberno e o rexedor municipal, na que tamén estiveron presentes varios membros da corporación municipal do concello de san Cristovo de Cea, abordaronse diversos aspéctos relacionados coa seguridade cidadán no ámbito do municipio.
Posteriormente, o Subdelegado do Goberno achegouse ata as dependencias do posto da Garda Civil na vila de Cea. Precisamente, por parte dos responsables municipais incidiuse na importancia de manter os efectivos actuáis da Garda Civil no municipio, como un factor decisivo para aseguridade cidadán.
Asi o confirman os datos oficiais do Ministerio da Vivenda, no ano 2012 rexistraronse 112 transaccións fronte ás 129 do ano 2011.
As operacións de compra-venda recollen tanto as vivendas novas como as de segunda man. No resto dos concellos, o maior número de transaccións durante o ano 2012 foi en Maside, onde se rexistraron 9, seguido de San Amaro, que contabilizou 7 vendas de vivendas. Nos concellos de Leiro e Avión, realizaronse -respectivamente- 6 operacións de compra venda de vivendas. Dúas en Beariz e Punxín, e unha en Piñor.
Finalmente, nos municipios de San Cristovo de Cea, Boborás e O Irixo, non se fixo ningunha transacción de vivenda durante o ano 2012, según os datos do Ministerio da Vivenda.
Declaran a nulidade dos contratos e condenan á entidade bancaria á devolución íntegra do diñeiro.
Os afectados mantiveron que foron enganados facéndolles ver que "tratábase dunha imposición a prazo fixo, sen máis, e que poderían retirar o diñeiro cando quixeran", polo que investiron parte importante dos seus aforros en participacións preferentes e obrigacións subordinadas.
Con estas dúas sentenzas que agora veñen de coñecerse, e outra anterior no pasado mes de marzo, son xa tres as familias carballiñesas que recuperan o seu diñeiro por medio da vía xudicial.

As actuacións feitas supuxeron un investimento de 64.000 euros que o goberno galego financia nun convenio coa Obra Social de "La Caixa".
O conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco Fernández, visitou as inmediacións de do monumento natural de Pena Corneira, onde se están a executar unha serie de actuacións para mellorar os hábitats naturais e a prevención de incendios, así como o acondicionamento de rutas.
A finalidade é lograr uns sistemas ecoloxicamente máis valiosos e estables no territorio da comunidade autónoma galega. Así, en Pena Corneira se repara e conserva o mobiliario existente mediante a reposición de pezas e táboas rotas ou defectuosas, lixa e aplica lasur (imprimación protectora) sobre elementos de madeira, repara o peitoril do Miradoiro coa reposición de barrotes e os chanzos de acceso ao miradoiro, coloca e repara os indicadores de dirección e orientación e paneis informativos.
Outros dos traballos previstos consisten no acondicionamento de estanques na explanada de acceso á área de lecer: limpeza, baleirado e colocación de muro perimetral de protección con cachotes de pedra granito das canteiras da zona e a mellora e saneo da explanada, mediante a colocación de tubaxe de drenaxe de recollida de augas subterráneas que anegan a zona na época de chuvias.
O consellerio de Medio Ambiente Agustín Hernández e o alcalde de Avión Antonio Montero inauguraron unhas obras que representaron un investimento de algo máis de 750.000 euros.
Esta actuación realizouse en base a un acordo entre a Administración autonómica e local, no que se determinaron as bases para a execución das obras precisas que permitirán mellorar o saneamento e depuración de varios núcleos do concello de Avión, mediante a demolición de fosas sépticas, unificando a rede de colectores e tratando as verteduras nunha estación depuradora de nova construción.
O conselleiro de Medio Ambiente recordou a necesidade de levar a cabo esta obra hidráulica xa que o Concello de Avión tiña un sistema de saneamento moi deteriorado, debido basicamente á súa antigüidade. A rede de saneamento, separativa, atopábase en moi mal estado de conservación, vertendo a tres fosas sépticas incapaces de cumprir os obxectivos de calidade esixidos pola Directiva 91/277 da Comunidade Europea.
Os traballos que se executaron foron, entre outros, a reposición dun colector de fecais ao que se conectaran tres ramais. Ademais, na localidade de Cendóns, colocouse un colector de 720 metros, unido á rede existente, e en Beresmo, levouse a cabo dous treitos de colectores de 166 e 272 metros en tubaxe.
Por outra parte, demoléronse as fosas sépticas que recollen as augas residuais dos veciños de Avión e dos núcleos de Beresemo, Portocarro e Cendóns e executouse un colector que transporta as augas por gravidade ata a nova estación depuradora. A nova EDAR de Avión dispón dun bombeo de auga bruta e peneira de compactación. Esta infraestrutura prefabricada con aireación, prolongada para 1.250 habitantes, posúe unha arqueta de toma de mostras, un colector de vertedura e un by-pass planta. Cómpre sinalar que o proxecto tamén incluíu a reposición de servizos e pavimentos afectados pola realización das obras hidráulicas necesarias. Os beneficiarios desta actuación son os máis de 2.600 habitantes do Concello de Avión.
O Arenteiro deixou escapar unha magnífica oportunidade de levarse os tres puntos na súa visita ao José Arjiz ante un flouxo Verín, ao final o equipo carballiñés rematou con 9 xogadores o partido polas expulsións de Pablo Piñeiro e Tazos, e consigue un punto que non vale para moito.
C.D. Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago ( Tacón ), Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín ( Marcos Sotelo ) e David Soares ( Bardelás ) .
O Partido: O gardameta do Arenteiro Macía pasou completamente inédito durante todo o partido, o que da unha idea da escasa bagaxe ofensiva dos verinenses. Aos carballiñeses funcioaballe a presión que exercian sobre o rival e conforme ían pasando os minutos os locais amosabanse máis nerviosos e imprecisos, unha mágoa que o Arenteiro non soubese aproveitarse desta circustancia durante o tempo no que mantivo os 11 xogadores no campo atá o minuto 70 cando unha doble amarela a Pablo Piñeiro equilibrou un partido que ata ese momento dominaba o Arenteiro. A unhos minutos para o final o árbitro, que estivo moi mal, deixa ao Arenteiro con 9 xogadores no campo ao expulsar, tamén por doble amarela a Tazos, tras sancionalo cunha falta que non foi. Aínda asi, o Arenteiro non se descompuxo e aguantou o resultado ata o final sen ningún perigo.

Os dous acontecementos deportivos automobilísticos fan do Carballiño o punto de referencia do fin de semana para os afeccionados galegos ao mundo do motor.
O "V Rali do Lacón Historicos" está organizado polo Club Arenteiro clásicos e partíu na mañá do sábado dende a rúa principal, onde poideron verse auténticas xoias rodantes, iconos do automobilismo como os Mini ou os modelos deportivos Jaguar, entre outros moitos. O expiloto carballiñés José Maria Magdaleno, acompañado do alcalde Argimiro Marnotes e o concelleiro de deportes Rodrígo González, deron a saída aos participantes.
A "XX Subida á Saleta", organizada pola Escudería Motor Club Arenteiro e a Federación Galega de Automobilismo, recupera este ano a súa celebración tras a paréntese dunha década. Puntuable para o campionato galego de montaña desenvolvese no recorrido histórico desta proba, no tramo da estrada de Astureses próximo á capela da Saleta, durante a tarde do sábado e a matinal do domingo.
Dos 70.000 euros de gasto medio dos últimos anos pasaráse a unha factura de 18.618 euros, unha vez que o concello carballiñés formalice o novo contrato.
Ao procedemento de adxudicación aberto polo concello carballiñés presentaronse tres empresas, resolvendose en favor de Vodafone. O contrato será por 2 anos, prorrogable por outros dous, atá un máximo de catro.
A maiores do imporante aforro económico, máis de 51.000 euros de aforro anual en relación ao gasto do últimos anos por este mesmo concepto, o novo adxudicatario introducirá melloras na prestación do servicio. O Alcalde, Argimiro Marnotes, explicou en COPE O Carballiño que "incluiráse no servizo a grabación de todas as chamadas que se efectúen á Policia Local, tal e como marca a lei, que antes non se realizaba, ademáis melloraráse a xestión tanto interna como externa, xa que se poderá chamar directamente o departamento municipal que se queira, axilizando desta maneira a atención".
Vodafone faráse cargo de todos os servizos de toda a telefonía municipal, tanto fixa como móbil e datos. Outro punto de mellora do novo contrato é a facturación, que a partir do novo contrato faráse nunha única factura.
Marcos Reboredo é o novo responsable local do BNG no Carballiño, trala asemblea local na que se procedeu á renovación do órgano local de dirección.
Como Vicerresponsable local do BNG carballiñés nomeouse a Xosé Manuel Codesido. Completan este novo consello local Manuel Chan Muñoz, Xosé Dobarro e Áurea Francisco, actúal concelleira do Bloque Nacionalista Galego na corporación municipal do Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 658
- 659
- 660
- 661
- 662
- 663
- 664
- 665
- 666
- …
- seguinte ›
- última »