
As orquestras Costa Oeste, Marbella, Televisión e Panorama animan as verbenas nestas festas de Santa Rita 2013.
Completan o programa musical dos festexos a Banda de Música Popular de Ruviós, a Charanga Castro Bello e a Banda de Gaitas Os Achegados de Maside.
A Igrexa Parroquial de Dacón quedouse pequena practicamente a diario, dende que o pasado dia 13 comezou a celebración da Novena de Santa Rita, tanto nas misas matinais como nas da tarde. Os devotos de Santa Rita tampouco fallaron a súa cita no dia da súa festividade, dende as 7 da mañá foi unha constante a afluencia de público ao pobo de Dacón.
A fórmula na que traballan os responsables municipais persigue favorecer a rotación nas prazas de aparcamento nas rúas máis céntricas.
Está aínda por determinar as rúas nas que se implantará esta Zona Azul gratuíta, aínda que dase practicamente por seguro que entre os viais afectados por este proxecto estarán Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón e Riveiro.
O sistema prevé que o aparcamento sexa completamente gratuíto durante un perido de tempo de dúas horas, transcurrido o mesmo os usuarios pagarán unha sanción económica, que será proporcional ao tempo no que se excedan esas dúas horas gratuítas.
O Partido Popular paralizou á súa cjhegada ao goberno municipal a implantación da ORA nas rúas do Carballiño, que pretendia facerse por medio dunha concesión a unha empresa privada, un procedemento que puxera en marcha o anterior goberno socialista. Agora, optase por esta modalidade de Zona Azul como sistema de aparcamento gratuíto, eso si, os usuarios deberán mover os seus vehículos transcurridas dúas horas para non ser obxeto de sancións económicas.
O goberno municipal considera que esta medida será moi positiva para a hostelería e o comercio local, e xa trasladou verbalmente a proposta aos responsables da Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto do Carballiño.
Estéril victoria (4-2) dos carballiñeses en Espiñedo xa que os descensos de Céltiga e Vilalonga dende a terceira, condenan ao Arenteiro ao descenso e xogar o ano que ven na 1ª autonómica. De nada valeu aos verdes o triunfo no derradeiro partido de liga, únicamente para chafarlle o ascenso ao Portonovo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos (Prada), Gabriel (Tacón), Iago, Piñeiro, Kennedy (Bardelás) David Soares e Marcos Sotelo (Martín).
O Partido: Xogado no municipal de Espiñedo ante a mellor entrada da tempada, con unha moi numerosa presenza de siareiros do Portonovo que viron como ao seu equipo escapouselle o ascenso con esta derrota, acaso demasiado castigo para o visto sobre o terreo de xogo. Pero asi é o fútbol, o Arenteiro tivo hoxe a fortuna que se lle negou outras tardes e en dous inspirados minutos, 25 e 27 de partido, púxose con 2-0 ao seu favor, tras o goles de Xurxo e David Soares. O Portonovo reducía distancias no derradeiro minuto da primeira parte. Trala reanudación, os portonovenses foronse a polo partido, aínda que o empate -minuto 65- tivo que chegar por medio dun gol do defensor local Tazos en propia meta. Con 25 minutos de partido parecía que o Portonovo, empuxado pola súa afección ía darlle a volta ao marcador, pero no Arenteiro obtiña premio ao seu derroche de pundonor Pablo Piñeiro, él so fabricou o terceiro gol que volvía adiantar aos verdes. Xa no minuto 89 claro penalti sobre David Soares, que o propio xogador encargase de transformar.
Son alumnos do IES Nº1 e participarán na 4ª Edición dos Campus Científicos de verán da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnloxia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A inciativa conta co apoio de Obra Social “La Caixa”.
Isto significa que o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato seleccionado poderán participar durante 7 días en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional. Levaranse a cabo entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013.
Erik Bernárdez Doval participará no Campus Euskampus, da Univ. do País Vasco, no proxecto Física de alta voltaxe, faíscas, raios e pelos de punta. Carlos Manuel Corral Casas formará parte do proxecto Descubrindo o universo, que se desenvolverá no Campus Atlántico Tricontinental da Univ. das Palmas de Gran Canaria. O proxecto Coñecemento e TIC: entre todos construímos o futuro, que terá lugar no Campus Bio TIC na Univ. de Granada será o destino escollido por Tania Bugallo Prieto. Laura Teira elixiu o proxecto Gabinete de Física que se levará a cabo no Campus Studii Salamantini da Univ. de Salamanca. Marcos González Martínez participará no proxecto Buscando as partículas máis enerxéticas do Universo inscrito no Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela. E finalmente Jesús Soto Filloy participará no Campus VLC da Univ. Politécnica de Valencia no proxecto Matemáticas, criptografía e códigos: como usar as matemáticas para entendernos.
Outros seis alumnos do IES nº1 quedan en reserva.
Os Campus científicos teñen como obxectivo potenciar o interese dos estudantes pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, ofrecendolles a oportunidade de contactar co labor investigador nun ambiente universitario e multicultural, que os axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais, poderán disfrutar de actividades complementarias científico- culturais e de lecer. A organización cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes.

Primeiro foi a CIG quen alertou da diminución do tempo de apertura e agora son PSdG e BNG quenes anuncian a presentación dunha moción ante o pleno municipal para tratar este asunto.
Según os socialistas "no ano 2009 a Residencia funcionaba durante a práctica totalidade do ano e agora a Xunta asegura un funcionamento de tan só catro meses", unha situación que leva ao PSdG a "amosar unha fonda preocupación". Igual que fixo o sindicato da CIG, os socialistas tamén consideran "a merma que supón nas nóminas dos 27 traballadores, que pon a 27 familias do concello nunha situación económica e laboral de precariedade".
Inciden tamén no "ataque a sectores económicos que esto supón, como a hostelería, comercio e turismo, que se verán privados de visitantes que facían compras na vila e axudaban a dinamizar o noso sector turístico, rachando unha tradición da que se favorecía O Carballiño dende os anos 60". Por elo, o grupo socialista anuncia a presentaicón dunha moción na que instará ao alcalde para que "realice as negociacións necesarias pra que a Residencia do Carballiño abra as súas instalacións ao longo de todo o ano".
A maiores, os socialistas solicitan da alcaldia do Carbaliño "politicas imaxinativas e a aposta decidida pola creación de emprego local, poñendo en marcha programas de cooperación con todo tipo de institucións e colectivos, para que utilicen estas instalacións e mesmo deste xeito incrementar os postos de traballo arredor da actividade que oferta a Residencia de Tempo Libre".
Tamén a concelleira do BNG Áurea Francisco promove unha moción con este mesmo obxetivo, a dinamización da Resdiencia. O Bloque Nacionalista Galego propón a creación dunha comisión municipal na que estean representados os 3 grupos políticos municipais para traballar na "viabilidade e optimización da Residencia de Tempo Libre" e conseguir a súa apertura durante todo o ano.
O grupo nacionalista achega na súa moción outras tres propostas: xestións coa Consellería de Traballo e Benestar para conseguir o obxetivo marcado, ofrecer as instalacións á Federación Galega de Municipios e Provincias para a celebración de todo tido de eventos, e finalmente, xestionar co Ministerio de Educación a posiblidade de crear no Carballiño un centro da UNED.
Os nacionalistas non comparten o anuncio do goberno municipal de convocar un concurso para a concesión do servizo e piden que a xestión do matadoiro sexa pública.
A concelleira Áurea Francisco trasaladará ao pleno da corporación unha moción na que solicita a inmediata reapertura do matadoiro e "que sexa un servizo público, é dicir, que sexa xestionado directamente por persoal do concello do Carballiño, para evitar deste xeito gastos a intermediarios e que as taxas ós seus usuarios sexan o máis baixos posibles", recolle a moción.
O Bloque Nacionalista Galego do Carballliño recorda ademáis como "dende fai alomenos 20 anos o matadoiro viña sendo xestionado por unha sociedade de 23 carniceiros da comarca e que definitivamente o devandito concenio entre concello e esta sociedade caducou, polo que é o momento de que a xestión sexa totalmente pública".

.A iniciativa premiará con 2.000 euros a confianza no comercio retallista carballiñés, sorteándose tres tarxetas regalo de 200 euros e 14 tarxetas regalo de 100 euros.
Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Carballiño poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Maior ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 24 de maio, nunha carpa ubicada na Praza do Emigrante (pista roxa), dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores
A campaña será publicitada nos establecementos de Carballiño, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.
A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, e a Dirección Xeral de Comercio. Trátase da sexta edición desta campaña, que ata o mes de setembro desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Carballiño, contando para elo coa colaboración da Asociación de Empresarios de Carballiño - CCA, que preside Julián Garriga.
O Presidente do CCA do Carballiño, Julián Garriga Crespo, presentou está mañá a campaña, acompañado de José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; Aurelio Gómez, presidente da Federación de Comercio de Ourense; e do alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes.
A Federación Galega de Fútbol Sala deu a cifra de 1.500 espectadores asistentes, o que representa unha das entradas de público históricas no pazo de deportes carballiñés. A selección Galega senior gañou na gran final a de Extramadura por 5-3, remontando un partido que perdian os galegos ao descanso por 2-3.
A selección galega adestrada polo carballliñés Antonio Colmenero revalida asi o título de campión que xa acadara o ano pasado en Valladolid, e volve conseguir agora no Carballiño. Tamén o combinado galego femenino senior gañou o título, ao impoñerse con contundencia á Castela León por 9-0. Finalmente, na categoria xuvenil masculina os extremeños levaronse o título ao impoñerse a Galicia por un apretado marcador final de 7-6.
A organización agasallou con 300 camisetas conmemorativas aos asistentes a esta gran festa do fútbol sala vivida este fin de semana nos polideportivos de Cea e O Carballiño. Ao rematar os actos de entrega de trofeos, o alcalde do Carballiño posou cos campións galegos.
Oportunidade perdida, o Arenteiro regresa do campo da Baiuca da Estrada cunha derrota nun partido que pudo sentenciar ao seu favor nos últimos minutos, sen embargo foi o Estradense quen no tempo de desconto logrou os 3 puntos e certificou a permanencia na categoria. O Arenteiro deberá gañar o domingo ao Portonovo en Espiñedo e esperar unha derrota do Mondariz, se quere ter opcións de xogar o ano que ven na Preferente.
C.D.Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Iago, Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín (Bardelás), David Soares e Prada (Tacón).
O Partido: Malo por ambos bandos, os dous equipos xogabanse moito e a ansiedade e as imprecisións marcaron un partido no que o Arenteiro adiantouse aos 5 minutos nun cabezazo de Xurxo dentro da área ao saque dun córner. Pero todo se torceu para o Arenteiro á media hora de partido, nun intervalo de apenas dous minutos, o Estradense deulle a volta ao marcador en dúas aciagas accións para os verdes, o gol do empate en propia meta de Pablo Piñeiro e a continuación nun regalo de Macia que propicia o segundo gol do Estradense. Na segunda parte a xogada clave chegou aos 62 minutos, o árbitro sinala con pena máxima unha man de Unai que ademáis siñifica a súa expulsión, quedando dende ese momento o Estradense con 10 xogadores no campo. Tazos transforma o penalti e con media hora por diante de partido o Arenteiro parecía que podia gañalo, e pudo ser asi se nos últimos 5 minutos o Arenteiro aprobeitase as súas ocasións, sobre todo unha moi clara no minuto 90 de Carlos Escudero co porteiro local xa batido, pero o balón foise fora. Xa no tempo de desconto, e co Arenteiro máis pendiente de atacar que defender, chega un balón largo dos locais sobre a área carballiñesa, a indefinición entre a defensa e o porteiro Macia propicia o terceiro gol do Estradense. Nun minuto pasamos do posible 2-3 ao 3-2 definitivo.

Máis de 400 persoas participaron este sábado nun encontro rural no campo da festa da parroquia de Loureiro, como un recoñecemento ao movemento cooperativista que promoveu nesta parroquia o crego Antonio González.
Cada ano, nas datas arredor da festividade de San Isidro, este movemento xuntase alí onde "o rural móvese". Desta vez, elexíuse O Irixo como expresión dun concello rural no que durante o ano pasado levouse a cabo un movemento opositor á instalación dunha incineradora de lixo, e tamén como acto de recoñecemento ao Párroco de Loureiro, fundador da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro.
Coa organización colaborou o Concello do Carballiño, coa instalalación dunha carpa na que xantaron os asistentes a esta xornada amenizaron gaiteiros e músicos do Irixo.
O encontro pretende trasladar a idea de "que o rural galego e a xente que nel reside está vivo" e desenvolveuse baixo o lema "con honradez e dereitos mellorarémos a vida".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 655
- 656
- 657
- 658
- 659
- 660
- 661
- 662
- 663
- …
- seguinte ›
- última »