O alcalde do Carballiño anuncia "as xestións destinadas a solicitar toda a información oficial en materia de transporte ferroviario e máis en concreto á situación presente e futura da rede ferroviaria no Carballiño".
Apunta Argimrio Marnotes que "estas xestións veñen motivadas polos rumores, noticias e comentarios que dende hai un tempo están a circular polo Carballiño, en relación á posible supresión de trens con paradas na estación carballiñesa e, polo tanto, a posible redución de transporte dende esta vila ás principais cidades de Galicia".
O alcalde comunicou ao conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, o seu interese por contar con toda a información referente a este tema, e ao mesmo tempo solicitou unha reunión co responsable desta consellería "no menor tempo posible", xa que entende necesario aclarar canto antes este asunto das comunicacións ferroviarias no Carballiño.
O rexedor muncipal aclara, finalmente, que non quere iniciar ningúnha actuación municipal ata non coñecer con seguridade a situación das liñas de tren "entendendo que non debemos preocupar aos veciños ata que non saibamos a veracidade ou non deses comentarios que existen nestes momentos".
Tal como vimos avanzando dende esta emisora de radio, o Ministerio de Fomento manexa un documento no que se prevé a supresión de 26 das 68 frecuencias semanais de trens que cubren o percorrido entre Ourense-O Carballiño-Santiago de Compostela.
Foi no transcurso do pleno da corporación municipal cando Áurea Francisco incitou publicamente ao grupo socialista, que conta co número suficiente de concelleiros para este fin, para que presente esa solicitude no rexistro municipal.
Os socialistas aproveitaron o punto de rogos e preguntas para solicitar que o alcalde dea explicacións públicas sobre a súa imputación xudicial, cando se viron sorprendidos pola "invitación" da concelleira nacionalista, que noutro momento da sesión lamentou que o concelleiro socialista Adolfo Nogueira calificase de "descafeinado" o pleno da corporación carballiñesa..
Precisamente, no mesmo, a concelleira do BNG defendeu unha moción sobre a situación actúal da cultura galega na que criticou as "estratexias do Partido Popular" en materia cultural e reclamou cámbeos na política cultural da Xunta de Galicia. Aúrea Francsico demandaba do pleno un acordo para instar á Xunta de Galicia a destinar máis investimentos para a producción cultural galega "e rebaixar o orzamento destinado á Cidade da Cultura" para desta maneira atenuar unha "crise que está afectamento aos diferentes sectores culturais que atravesan un momento crítico". A moción foi apoiada polo grupo socialista pero rexietada polo grupo de goberno. O concelleiro de cultura Rodrigo González aproveitou a moción para defender a xestión cultural que se fai no concello do Carballiño "co diñeiro do que dispoñemos".
Por unanimade acordouse aprobar a instancias do grupo socialista unha petición que será elevada ao goberno do Estado para que se leven a cabo as xestións precisas para que se fagan convenios con México e Panamá con vistas a que se convaliden os carnés de conducir deses países que carecen de validez legal en España.
O Arenteiro acabou por entregar un partido que ía gañando ata o minuto 74, unha derrota que complica aínda máis a situación na táboa clasificatoria dos carballiñeses e mingua considerablemente as aspiracións de salvación do descenso directo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo ( Tacón, m.73 ), Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel ( Iago, m.88 ), Alex, Pablo Piñeiro, Martín ( Iglesias, m. 63 ), David Soares ( Bardelás, m. 80 ) e Prada.
O Partido: Con dúas partes claramente diferenciadas, na primeira sen que ningún dos dous equipos conseguise facerse co control do xogo e tampouco sen ocasións manifestas de gol, salvo unha xogada en cáda área, o Lalín desperdiciouna e aproveitouna o Arenteiro para adiantarse no marcador no minuto 41. Martín consigue por tesón levarse un balón que envia cara o centro da área onde David Soares remata sobre o porteiro do Lalín, no rexeite Prada non falla e adianta os carballiñeses. Na segunda parte os dezanos fixeronse progresivamente co control do centro do campo e pasaron a dominar claramente o partido, aínda que os 52 m. unha gran galopada de Pablo Piñeiro pudo servir para ampliar a ventaxa local no marcador, puxo un magnifico balón aos dianteiros carballiñeses pero nin Martín nin Soares, que rematou moi alto, souberon resolver. O Lalín seguía avisando, e tras ver como lle anulaban un primeiro gol por fora de xogo, aínda tería tempo para darlle a volta ao marcador con dous golazos nos minutos 74 e 91 de partido. Lamentablemente, o Arenteiro tirou o partido na segunda parte e os dezanos non perdoaron.

Trátase da contía máis elevada en Galicia que unha sentencia xudicial obriga a devolver dende que comezou esta problemática.
O fallo da sentencia do xulgado carballiñés declara a nulidade dos contratos "órdenes u operaciones en virtud de las cuales se les adjudicaron a los demandantes los citados productos bancarios". Según deu a coñecer o abogado Lisardo Núñez, da Asociación de Usuarios de Servicios Bancarios ( Ausbanc), que representou a esta familia de emigrantes carballiñeses, ademáis de devolver integramente os 72.960 euros investidos en participacións preferentes e débeda subordinada, a entidade bancaria é condenada a pagar os xuros devengados dende a sinatura do primeiro documento no ano 2004, e tamén ao pagamento dos gastos do procedemento xudicial.
O letrado explicou que este matrimonio de emigrantes carballiñeseses "eran clientes de toda a vida da Caixa de Aforros de Ourense e despois pasan a ser clientes de Caixanova, aos que un verán ofrecéceselles un producto que lle presentan como un privilexio para os mellores clientes e de máis antigüidade". O abogado de Ausbanc subliñou que "ata en tres ocasións distintas lle foron poñendo ao seu nome preferentes e subordinadas sin que nin xiquera se preocuparan de cumprir coa formalidade aparente de asinar esas órdes de compra presuntas aos clientes".
A sentencia xudicial recolle que "nunca ha existido contrato porque para que exista contrato tiene que existir un consentimiento sobre aquello que las partes presuntamente están contratando".
O deportista do Ximnasio Taebek do Carballiño proclamouse sub-campión de España na categoria absoluta, a reservada para pesos pesados de máis de 87 kilos.
O campionato desenvolveuse na localidade de Oropesa del Mar, na provincia de Castellón, este pasado sábado 16 de marzo. O deportista carballiñés Cristobal Amoedo Losada formaba parte da delegación da Federación Galega de Taekwondo e conseguíu o subcampeonato na súa categoria, na que se impuxo o madrileño Adrián Cabo.
O Concello do Carballiño contará cunha vivenda para acoller a persoas do municipio con algunha emerxencia social ou situacións como o desafiuzamento dunha familia.
Trátase da vivenda situada no barrio da Uceira, que é propiedade municipal, e que nun principio se pensou que podería servir para acoller vítimas de violencia de xénero. Ao tratarse dunha vivenda dentro dun bloque de pisos -subliñan dende o concello- non reune as condicións de seguridade "polo que optase por darlle unha utilidade máis ampla, sen que iso signifique desatender aos posibles casos de violencia de xénero que precisen dun acollemento".
Para iso o Centro de Información da Muller del Concello -recordan- conta cun servizo de 24 horas, onde se ofrecen todo tipo de axudas. A vivenda nunca foi usada para acoller este tipo de vítimas "pero danse as circunstancias para servir para outro tipo de emerxencias, como familias que sufran algún sinistro na súa casa e non teñan onde vivir durante un tempo ou para algún caso de desafiuzamento que se puidese dar no municipio",
O Arenteiro logrou adiantarse moi pronto no marcador, faciao aos 10 minutos nunha xogada de intelixencia da dianteira carballiñesa cando David Soares en situación de fora de xogo quedase parado pero dando opción a Kennedy que, vindo dende atrás gaña en velocidade á defensa local e cruza coa esquerda ante a saída do porteiro do Valadares.
A partir de adiantarse no marcador os carballiñeses, que xogaban a favor do intenso aire que facía no campo da Gándara, souberon aguantar ben atrás, sen pasar por grandes apuros. Á media hora de xogo o partido poñíase un chisco máis de cara para o Arenteiro ao quedar o Valadares con 10 xogadores no campo por expulsión do seu gardameta, que víu a vermella directa por xogar coa man fora da área un balón de David Soares.
Logo de comezar a segunda parte, aos 5 minutos, o árbitro volvía equilibrar aos dous equipos expulsando a Kennedy, que caeu na trampa das continuas provocacións dos xogadores locais. Os minutos ían transcurrindo e o Arenteiro non pasaba or situacións comprometidas, mentres que á contra tivo aínda un par de ocasións para incrementar un resultado que, polos méritos de unhos e outros pode considerarse xusto.
O mellor, evidentemente os 3 puntos que lle permiten ao Arenteiro seguir con opcións de salavarse do descenso. O pior, a expulsión de Kennedy, que será sancionado e a lesión de Tazos, que se suma a xa ampla lista de baixas no equipo. E o domingo outro partido decisivo ante o C.D. Lalín.
O grupo de goberno do Partido Popular estuda unha normativa para regular os tempos de intervención nos plenos da corporación local.
Desta maneira pretendese "unha maior axilidade" nas sesións plenarias. Recalcan - por medio dunha nota informativa difundida dende o grupo municipal de goberno- que en ningún momento é intención "limitar as intervencións dos concelleiros que o desexen, senón evitar que os plenos prolónguense máis do necesario e ao mesmo tempo concretar as cuestións que se debaten, tanto nas sesións ordinarias como extraordinarias".
Manifestan que "nas institucións onde se impuxo esta regulación do tempo de intervención, notouse como os debates foron máis fructíferos, sen redundancias, evitando caer en repeticións innecesarias". Aclaran, finalmente, que de momento a normativa está en estudo e que, en todo caso, a mesma non se aplicará aínda no próximo pleno a celebrar por parte da corporación carballiñesa
Asi o anunciou o concelleiro de obras Magin Daparte. Ampliaráse a actuación no ámbito da Veracruz, co obxectivo de incluír no actual proxecto todo o tramo da rúa dos Canteiros, dende a Praza de San Ramón ata Conde Vallellano.
Magín Daparte sinalaba que "incluíndo este tramo completo damos unha forma máis homoxénea a todo o proxecto, destacando aínda máis o templo de Palacios".
A intención é continuar a empedrada da rúa dos Canteiros ata a súa confluencia con Conde Vallellano, unha actuación lineal duns 50 metros, que lle supoñerá ao concello un investimento de aproximadamente 25.000 euros. Desta forma o ámbito da Veracruz quedará enmarcado por todos os seus lados por estas rúas empedradas, tendo en conta que pola súa cara norte xa se está a executar toda a empedrada da futura rúa Antonio Palacios, e pola súa parte sur quedaba unha parte da rúa dos Canteiros que, coa intervención municipal, será completada.
O desenvolvemento das obras avanza según o previsto, aínda que con certo atraso motivado principalmente polas inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses.
Asi o anunciou nesta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes, o concello acolleráse a posibilidade do 10% de reposición de prazas outorgado polo goberno, e convocará dúas prazas de axentes na Policia Local do Carballiño.
Marnotes explicou que varios axentes que forman na actualidade parte da Policia Local están próximos a xubilación ou pasar a segunda actividade, polo que é intención do goberno municipal proceder á convocatoria para cubrir esas baixas "para desta maneira poder seguir contando con este servizo de policia as 24 horas, xa que O Carballiño é a única vila da provincia que conta con servizo de Polica Local de forma permanente, incluido o horario nocturno", subliñou o rexedor municipal.
A convocatoria vaise contemplar tanto na RPT como nos orzamentos municipais, en fase de elaboración "e ademáis seguirémos mantendo os contratos temporais de Axiliares de Policia, que prestarán o seu apoio durante a época de máis carga de traballo, coincidindo cos meses de verán", manifestou o alcalde carballiñés.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 660
- 661
- 662
- 663
- 664
- 665
- 666
- 667
- 668
- …
- seguinte ›
- última »