Xa no tempo engadido, cando se xogaba o minuto 93 de partido, conseguiu o Arenteiro resolver ao seu favor o encontro de colistas desputado no municipal de Espiñedo, no que se enfrontaban o penúltimo e antepenúltimo clasificados. Providencial regreso ao equipo do dianteiro Iglesias que marcou os dous goles locais.
C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Gabriel (Iago, m. 86), Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Alex, Pablo Piñeiro, Marcos Sotelo (Tacón, m.89), Kennedy, Iglesias e David Soares (Prada, m. 78).
O Partido: O Arenteiro remontou no último suspiro dun partido no que se adiantaron os visitantes no minuto 9, tras un balón que parecía fácil para Macia pero o porteiro non logra bloquear, o rexeite aprovaitao o dianteiro centro mariñense para marcar. Á media hora chegaba o empate, tras un medido centro de Marcos Sotelo sobre a área que cabecea Iglesias, inalcazable para o porteiro visitante Pablo. A segunda parte é de dominio total dos verdes aínda que atá o tramo final do partido non lograría o Arenteiro crear ocasións claras de gol, con boas oportunidades para Soares, que completamente só cabeceou ás mans do porteiro e un tiro de Xurxo que saca da liña de gol un defensor visitante. Tras anular o árbitro un gol ao Arenteiro por fora de xogo a Iglesias no minuto 90, o mesmo xogador protagoniza a xogada do segunndo gol xa co tempo cumplido, vaise en velocidade polo centro e aínda que o seu disparo é rexeitado en primeira instancia polo porteiro do Marín, o balón introducese finalmente na portería.

Rosa González Doporto convértese na primeira muller na historia municipal de Boborás que preside o pleno da súa corporación.
A ausencia do alcalde Cipriano Caamaño propiciu este feito histórico no concello de Boborás, ao presidir a sesión ordinaria deste mes de Febreiro. Caamaño delegou as competencias da alcaldía na súa primeira tenente de alcalde entre os dias 21 ao 28 deste mes de febreiro, pero aínda asi mantivose a convocatoria que está fixada para o derradeiro venres dos meses par. Caamaño atópase de viaxe fora do país para participar nunha misión humanitaria nunha aldea africana, según apuntaron a esta emisora de radio persoas próximas ao rexedor municipal.
A alcaldesa en funciós conducíu unha sesión na que o grupo de goberno do Partido Popular aprobou os orzamentos municipais de Boborás para o ano 2013, cifrados en 1,4 millóns de euros, cun aumento do 5% en relación o do exercicio pasado. Os 3 grupos da oposición votaron en contra.
Os concelleiros de PSdG e MOVE criticaron o documento aprobado, facendo especial fincapé no alto endebedamento da institución municipal. O socialista Alberto Otero incidíu no aumento da débeda viva, que se "incrementou desde 558 mil euros aos 687 mil euros no último exercio", asegurou. José Benito Trigás, do grupo MOVE, lamentou "que a inversión real neste ano sexa de só 186 mil euros, apenas o 13% real do orzamento", Trigas dixo que "Boborás é un concello enfermo e sen futuro con 214 parados sen ningunha expectativa". O representante de MOVE incluso chegou a propoñer "un referendum entre os veciños" para preguntarlle "sobre a utilidade do concello na actualidade", apuntou.

O Grupo socialista ve "finalidade electoralista do Partido Popular" no proceso de selección, que defenden dende o goberno municipal do Carballiño.
"A realidade é que familias con unha situación desesperada quedaron totalmente excluidos deste proceso", manifestou o portavoz dos socialistas Paco Fumega. A este procedemento de selección presentaronse preto de 200 persoas, das que 24 resultaron seleccionadas para formar parte do Obradoiro de Emprego que na actualidade e durante 6 meses desenvolve a súa actividade.
Fumega asega que "mun primeiro barrido vemos que 12 ou 13 persoas que son axentes do Partido Popular" e considera que "esto pode que non sexa casual", polo que "pretendemos coñecer os baremos que se utilizaron para deducir se é unha casualidade que estea o Obradoiro de Emprego plagado de xente afín ó PP". O portavoz dos populares anuncio que seguirán investigando o proceso "presentamos xa un escrito pedindo toda a documentación" e unha vez estudiada a mesma "reservamonos emprender accións onde corresponda para depurar responsablidades", remarcou.
A este asunto referíuse o portavoz do grupo municipal de goberno, Martín Nogueira, defendendo a legalidade e transparencia do proceso de selección "nas bases, ún dos puntos que aparecen é a valoración que se fai da experencia, moitos dos aspirantes tiñan esa experiencia por ter participado en anteirores obradoiros cando precisamente gobernaban no concello os socialistas, non sei se é o máis xusto ou non, pero éstaba nas bases".
O portavoz dos populares engadíu "nós non somos da mesma condición e non entramos en política para facer o que durante tanto tempo criticamos, si realmente fixeramos unhas bases para que entrara a xente do PP é que somos parvos, porque entón tería que entrar en masa a xente do Partido Popular e non foi o caso", asegurou.
A valoración económica do material roubado feita polos responsables municipais ascende a 4.000 euros.
Tras a denuncia presentada polos responsables muncipais de Maside, a Garda Civil abríu unha investigación que culminou coa detención de dous mozos de 19 e 20 anos de idade, ambos veciños do municipio de Maside. A Garda Civil prendeunos, tras recuperar parte do mateiral sustraído, como presuntos autores dun delito de roubo con forza que terían cometido na madrugada deste pasado martes dia 19 na nave municipal propiedade do concello de Maside.
O Pleno do Consorcio reuniuse para aprobar os orzamentos do ano 2013, que ascenden a 2,1 millóns de euros.
As maiores contías destinanse á adquisición dos vehículos que integrarán o equipamento do parque móbil e o gasto de construcción do edificio, stio na zona empresarial do Carballiño. O Presidente do Consorcio, Ernesto Pérez, avanzou en manifestacións a esta emisora de radio que a mediados de abril esperase proceder á licitación do concurso para a adquisición dos catro vehículos contra incendios cos que contará o parque, que dará cobertura aos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Nesta mesma reunión, celebrada na sede da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, fixouse a data para a posta en marcha do servizo, será o 1 de xaneiro de 2014.
O 3 operadores son Vodafone, Movistar e o galego R Cable. O procedemento de adxudicación púxose en marcha tras a apertura dos primeiros sobres, nos que se presentaban a documentación administrativa e as propostas de cada empresa concursante. Agora ábrese un prazo de dez días para que os técnicos municipais valoren cada unha das propostas, antes de proceder á adxudicación do servizo.
Mediante esta licitación a unha única compañía de toda a telefonía fixa, móbil e datos, os responsables municipais esperan "aforrar ata un 50% no gasto relacionado coa telefonía, tanto exterior coma interna". A duración deste contrato será de dous anos, contados a partir da formalización do mesmo, prorrogable por mutuo acordo das dúas partes, por outro dous anos máis, ata un prazo máximo de catro anos.
O adxudicatario deberá realizar a portabilidade dos números telefónicos dos que dispón actualmente o concello do Carballiño, e considerar as esixencias propias de servizos de emerxencias como o da Policía Local

Os populares abandonaron o pleno extraordinario da corporación masidá "porque non podemos votar o que non coñecemos".
O Partido Popular solicitara a convocatoria para "aclarar os verdadeiros motivos" que levaron ao redactor do PXOM a presentar a súa renuncia. Tamén quería a oposición saber dos traballos realizados polo técnico redactor durante os últimos anos e ata o momento de presentar a renuncia. Nin unha cousa nin a outra, no primeiro punto do pleno "renuncia do adxudicatario" volveuse dar conta -xa se fixera no anterior pleno ordinario- da renuncia do redactor e aceptouse a mesma por parte da corporación.
No segundo punto da orden do dia "convocar concurso para continuar a redacción do PXOM sobre o traballo realizado polo adxudicatario dimisionario", o alcalde alegou non dispoñer desa información, asegurando que unha vez aceptada formalmente a renuncia do redactor sería xa o momento de demandar esa documentación. O portavoz popular Juan Alvarez manifestou a súa extrañeza pola situación "cómo podemos emitir unha opinión favorable ou desfavorable, expliquenos como podemos opinar e votar si non nos entregaron o expediente nin documentación algunha", suliñou. Solicitou que o asunto quedase sobre a mesa ata que non poidesen contar coa documentación, petición que non foi atendida polo Alcalde Celso Fernández. Neste momento, os populares abandonaron o salón de plenos "ante esta tomadura de pelo". Os socialistas aprobaron cos seus votos iniciar o procedemento para continuar coa redacción do PXOM "sobre o traballo realizado polo anterior adxudicatario".
Dúas comparsas procedentes do municipio de Maside levaronse os dous primeiros premios do concurso do carnaval carballiñés.
A gañadora, premiada con 1.300 euros foi "As Bonecas dos Arrieiriños de Dacón" e "Os Pavos Reais dos Azucarados de Maside" conseguiron o segundo premio, dotado de 1.000 euros. Ambas agrupacións distinguironse pola vistosidade da súa vestimenta.
O Xurado outorgou o terceiro premio -800 euros- á comparsa "Catro Follas de Crecente", que destacou pola orixinalidade e laboriosidade dos seus traxes, feitos utilizando follas de árbores e outros elementos naturais. O público premiounos con aplausos en varios tramos do percorrido.
A AMPA do Colexio Vila do Arenteiro quedouse co cuarto premio, 400 euros, mentres que "Os trangallás do Irixo" e "A Caixa de Fantasía" de San Amaro, adxudicaronse o quinto e sexto premios, de 350 e 300 euros respectivamente.
O Premio especial de 300 euros á mellor animación foi para a comparsa da AMPA do Colexio Vila do Arenteiro.
Reciben accesits de 60 euros pola súa participación as comparsas "San Amaro baixo o mar", "Sairémos como galegos", "A Matanza do porco", "Letanía de Sangue" e "Pink Pon Pon Blue" da Asociación Lumarada.
Ainda que o tempo non acompañou, nunha tarde de chuvia e orballo, o público que presenciou o desfile volveu ser moi numeroso, sobre todo nas rúas Conde Vallellano, Rotonda da Alameda e primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, asi como ao seu paso pola rúa do Paseo.

Os preto de 65.000 euros recibidos polo concello de Avión investíronse na creación dun punto de transferencia de residuos de construción e demolición.
O proxecto executado polo concello de Avión, e financiado por medio do fondo de compensación ambiental, ten como obxectivo contribuír á desaparición dos moitos vertedoiros que degradan paisaxística e medioambientalmente distintas zonas do concello. Esta infraestrutura instalouse nunha parcela do que vai a ser o polígono empresarial do Sifón, cumprindo coas demandas ambientais por estar fóra do alcance visual desde a estrada e desde as parroquias e non producir cheiros por tratarse de materiais inertes.
O Delegado territorial da Xunta ,Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde do concello, Antonio Montero, visitou as obras realizadas e constatou que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun orzamento total de 64.800 euros. Unha vez realizada satisfactoriamente a comprobación material do investimento procedeuse ao acto administrativo de recepción da obra, na casa do concello de Avión.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 662
- 663
- 664
- 665
- 666
- 667
- 668
- 669
- 670
- …
- seguinte ›
- última »