1, Xaneiro 2013

Maside convertese asi nun dos primeiros concellos galegos en adaptar os seus símbolos á nova normativa autonómica.

O decreto que regula os símbolos das entidades locais foi aprobado no Consello da Xunta no ano 2010, e refundiu nunha única norma legal toda a anterior regulación normativa da nosa comunidade na materia de heráldica, facendo así máis áxil e eficiente a elección e aprobación dos símbolos das entidades locais de Galicia, preservando ao máximo o principio da autonomía municipal e establecendo unha nova regulación da súa organización e funcionamento; evitando duplicidades, e empregando unha linguaxe non sexista.

Outro dos aspectos salientables do decreto é que establece amplamente as prohibicións de utilización dos símbolos. Neste sentido, quedan prohibidos os non fosen aprobados polo Consello da Xunta ou que incorporen no seu deseño siglas, anagramas ou logotipos de partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e demais asociacións e entidades privadas. Tamén prohibe aqueles outros que impliquen vulneración dos principios constitucionais, lesionen dereitos fundamentais, fomenten ou inciten á violencia en calquera das súas manifestacións ou transmitan mensaxes discriminatorias ou degradantes da imaxe da muller.

Segundo establece o decreto, os plenos das entidades locais teñen a facultade de adoptar por maioría absoluta os acordos relativos á adopción, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais a través de dous procedementos: que o Concello solicite a elaboracións das correspondentes propostas á Comisión de Heráldica da Xunta; ou que sexa o mesmo concello o que elabore a súa proposta. En ambas opcións, trala aprobación no pleno da proposta, se somete a información pública, remitíndose o expediente á Comisión Heráldica e aprobándose polo Consello da Xunta.

A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta, dependente da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e as súas funcións son a emisión de informes vinculantes nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais galegas; elaborar propostas en tales procedementos e asesorar aos órganos da Xunta, corporacións locais e entidades públicas ou privadas que soliciten o seu ditame.
 

Os símbolos de Maside na Heráldica e na documentación histórica ( Por Xosé Ricardo Rguez Pérez )

Os colores que acollen o escudo e bandeira municipais de Maside son: o ouro que amén de sinalar o valor antigo e arquitectónico dos dous edificios, Casa do Concello e ponte, está a representar o mineral aurífero que chegaran a explotar os romanos.
 O sínople (verde) do fondo, que representa os espacios naturaís protexidos das Grovas (Puzo do Lago) e da Rañoa, a máis do medio ambiente e das árboredas que dominan as antigas Terras de Maside.
 Os lións engulados e uñados, manchados en gules que representa o sangue que verteron os masidaos, admirable a súa resposta en loita pola supervivencia e para erguer un país independente rescatandoo das mans gabachas, chegando a ter a Xustiza de Maside exército guerrilleiro propio dirixido polo masidao de Garabás ‘Labrador’, que se ata a explusión dos franceses das Terras de Maside exerceo como tal. Guerrilleiros que logo se sumaron á ‘Legión del Ribeiro’ participando, primeiro en escorrenta-los franceses de Ribadavia, e logo en axuda a ‘Cachamuiña’ para liberar Vigo.
 A ponte é a de San Fiz, igualmente en ouro (amarelo), que está no Camiño Real Ourense-Pontevedra pola Costiña de Canedo, e no seu entorno tivo lugar unha das batallas da X. de Maside contra as tropas do francés mariscal Soult. As ondas en azur (azul) e prata, están a representar as augas do río Barbantiño baixo a dita ponte, que fai de separación natural entre As Terras de Maside e as do Chaos de Amoeiro, e tamén o manantial de augas minero-medicináis de A Rañoa.
A torre, tamén en ouro (amarelo), simboliza o mérito de quenes ergueron o edificio consistorial no 1847, na que se ven representados tódolos masidaos, e tamén simboliza o mérito e valor do reloxo que fora do Mosteiro de Oseira, gargado en tan privilexiado berce.

 

 

27, Decembro 2012

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE celebrou este venres o seu centenario cun acto que tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño .  Neste acto, presentado polo actual secretario local Francisco Fumega, foron homenaxeados varios persoeiros relacionados con esta agrupación tanto a nivel local coma do resto da Comarca.

A Agrupación Local do PSOE do Carballiño foi fundada no ano 1912 segundo consta no Anuario Socialista, sendo oficializada no ano1921 atraveso da Sociedade de Canteiros e Carpinteiros, xérmolo tanto desta formación política coma do sindicato UGT. A memoria histórica destes acontecementos repasouna o ex alcalde e historiador Carlos Montes, quen analizou este estudio a partir dos primeiros movementos obreiros na comarca ata a súa formalización e a posterior organización da esquerda a partires da sede da Casa do Pobo.

Os homenaxeados foron todos membros históricos do Partido, tanto na época anterior ao estallido da Guerra Civil coma na refundación realizada no ano 1973 no restaurante o Pote anos antes da caída do réxime franquista. Na mesma estarán presentes aqueles militantes que tiveron algunha responsabilidade política neses tempos de clandestinidade e posterior legalización dos partidos antes das primeiras eleccións democráticas. No acto proxectouse unha montaxe fílmica da memoria socialista así como unha entrevista realizada no ano 1987 ao alcalde republicano socialista do Carballiño entre 1931/34 e 1936 e presidente da Deputación de Ourense no ano 1936 Felisindo Álvarez Xesteira.

 A lista dos homenaxeados históricos foron: os médicos titulares Enrique de los Arcos Fajardo e Evaristo Carballo Nóvoa xunto cos dirixentes sindicais da UGT Manuel Prado Pérez e Leonardo Souto. No acto estarán representados polas súas familias. Dos máis recentes foron recoñeceidos os refundadores do PSOE en Carballiño no ano 1973 que son: Felipe Gallego Oroso, José Martínez Prada e Etelvino Pereira Feijóo, ademais dos dirixentes José Rodriguez “Pucho”, Marina González e Edelmiro Mateo tamén representados polas súas familias.

 Ao acto asistiron o secretario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, e o secretario provincial Raúl Fernández, ademais doutros membros do Partido tanto a nivel autonómico coma provincial, tanto do PSOE como do sindicato UGT.

27, Decembro 2012

O concello do Carballiño recurrirá á vía xudicial para reclamar os algo máis de 3 millóns de euros en débeda prescrita en concepto de impagos de taxas e impostos municipais nas últimas décadas.

Asi o acordou o pleno da corporación municipal, cos votos a favor do Partido Popular e a abstención de PSdG e BNG. Os gobernantes municipais pretenden asi determinar en sede xudical as posibles responsabilidades por parte das empresas que foron as encargadas da xestión da recadación municipal, desde que se privatizou este servizo no concello carballiñés, entenden no actúal grupo de goberno que "pudo haber deixadez de funcións" e desta maneira ven posible poder recuperar a través desta reclamación xudicial ese "diñeiro, que é patrimonio dos carballiñeses", manifestou o rexedor municipal.

Marnotes sulibñou que "houbo moita vista gorda e xa se verá por parte de quén, no xulgado veráse cál foi o motivo desta vista gorda, poideron ser moitos e variados, xa se irá determinando, o que sí é certo é que aquí sempre hai responsabilidade política, sempre, e é de xustiza sobre todo para os que pagan, que se aclare todo esto", remarcou.

Dende o grupo municipal socialista, Adolfo Nogueira manifestou "estar dacordo con que se trate de arroxar luz sobre este tema", non obstante dixo "non entender as cifras que se manexan" e "que esto non sexa para abrir ningunha guerra efectista para que as empresas digan que non cobraban porque tampouco a eles lles pagaban, xa está ben de luces de cores e fogos de artificio", enfatizou o concelleiro socialista.

Aúrea Francisco matizou que O BNG non pudo facer maís por buscar unha solución en relación a esta problemática no pouco tempo que estiveron gobernando "ésta é unha práctica que foi común en todos os concellos e de todas as cores políticas, que o grupo de goberno faga o que crea conviente, que faga o que teña que facer, pero este problema existe dende sempre".

 

26, Decembro 2012

A casa da cultura de Maside acolleu o acto de presentación en sociedade da nova asociación "A Torre-Foro de Estudos das Terras de Maside".

Ainda que os promotores do novo colectivo, unhas 12 persoas, veñen traballando na súa constitución desde varios meses atrás, foi coincidindo con estas datas do nadal cando procedeuse a súa presentación en público. Ao acto acudiron veciños de Maside, e o seu alcalde Celso Fernández, e mesmo outras persoas relacionadas co mundo da cultura e a investigación chegadas desde fora do concello masidao.

O primeiro Presidente da nova asociación, Xose Ricardo Rodríguez Pérez, convidou a todos os presentes a participar neste novo proxecto cultural.

Adxuntamos o relatorio feito polo Secretario, Óscar González Fernández.

23, Decembro 2012

Os verdes despiden o ano cunha derrota en Espiñedo, un paso atrás que mantén ao Arenteiro en posto de descenso directo na táboa clasificatoria, a falta dun partido para completar a primeira volta do campionato.

C.D. Arenteiro: Pachy, Prada, Gabriel (Bardelás), Dabarca, Tazos, Iago, Piñeiro (Carlos Escudero), Dacosta, Kennedy, Martín e Marcos Sotelo (Pana).

Goles:

0-1. Minuto 28. Gol de falta directa desde o vértice da área grande, o balón colase na portería de Pachy axustado o pau esquerdo.

0-2. Minuto 44. Centro desde a banda e o estradense Unai gaña a acción á defensa local e de expléndido cabezazo fai o segundo gol.

Comentario: Comezou ben o Arenteiro, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, nun tiro de Marcos Sotelo ao longueiro e noutra xogada con pase de Dacosta a Marcos Sotelo que interceptou o meta visitante. Os locais non aproveitaron as súas oportunidades e sí o fixeron os visitantes, as dúas únicas ocasión que tiveron servironlle para irse ao descanso cunha clara ventaxa no marcador. Na segunda parte foi un querer e non poder do Arenteiro, sen apenas argumentos para polo menos intentar meterse no partido ante un Estradense que sen demostrar moito consigue levarse os 3 puntos de Espiñedo.

23, Decembro 2012

Asi o certifica o último Estudio Xeral de Medios de 2012, por vez primeira na historia da radiodifusión na provincia de Ourense, unha emisora radicada fora da capital consigue que a súa programación local sexa a máis escoitada na franxa de 14 a 15 horas.

Acontece a diario de lúns a venres , cando COPE O Carballiño é lider absoluta de audiencia entre todas as emisoras de radio xeneralista de F.M. na  provincia de Ourense, incluidas as da capital.  No cómputo das 2 horas da franxa horaria de mediodia -de 12,30 a 14,30 horas- cando as emisoras de radio emiten a súa programación local, COPE O Carballiño consigue a segunda posición de audiencia na radio provincial.

Ademáis, as emisoras do GRUPO COPE consiguen o liderazgo na provincia, sumando neste último EGM de 2012 unha audiencia de 72.000 persoas que a diario sintonizan a programación de CADENA COPE e CADENA CIEN.

Dende esta emisora de radio reafirmamos o noso compromiso coa información local, dámoslles as grazas por estes datos de audiencia e desexámoslles un venturoso 2013.

 

20, Decembro 2012

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, o proxecto tomará forma no transcurso de 2013.

Marnotes respondia en directo as preguntas dos oíntes de COPE O Carballiño cando, referindose a un estudo que está a realizar o goberno municipal para mellorar as condicións do tráfico no casco urbano, avanzou que "está dentro da nosa idea acometer a peonalización de Curros Enríquez, porque entendemos que sería moi interesante para O Carballiño que esa futura praza da Veracruz tivese unha continuidade por zona peonil".

Según o comentado polo rexedor municipal "nesta rúa solo hai un garaxe en todo ese tramo, que vai desde o cruce de Conde Vallellano ata a praza de San Ramón´", polo tanto tan so quedaría aberto o tráfico o tramo que vai desde a praza de San Ramón ata o cruce dos Catro Camiños. A intención dos gobernantes municipais é avanzar neste proxecto durante o ano que ven "que se completaría con algunhos cámbeos na zona para reordenar o circulación de vehículos", anunciou o alcalde.

Ún deses cámbeos afectaría a rúa Martínez Avellanosa, entre a rotonda da N-541 e o cruce por Enríquez Parrondo, que pasaría a ter un único sentido aberto para a circulación e ampliaría o número de prazas de aparcamento, que se faría en batería.

 

19, Decembro 2012

O proxecto tiña prevista a construcción de 25 vivendas de promoción pública destinadas ás familias que residen na Fontela, no concello de Maside.

Non obstante, aínda que o poboado asentase en territorio do municipio masidao, os socialistas fan fincapé "na imaxe negativa que da nosa vila, polo que os gobernos socialistas de Maside e O Carballiño acordaran elaborar un programa social que trasladara este poboado e evitara novas concentracións de infravivendas".

Desde a Agrupación Local Socialista do Carballiño lamentase que " unha vez máis a falta de xestión o alcalde do Carballiño non foi capaz de influir na administracción autonómica para que non se paralizara este proxecto que fora iniciado no anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia, á falta de sensibilidade da Xunta de Galicia engadese a desidia dun alcalde que nunca amosou interese para levar a cabo a finalización dun proxecto no que se levaba anos traballando", remarcan.

Dende o BNG  amosan "a preocupación e malestar"  e recordan que foi un plan impulsado polo BNG cando tiña responsabilidades de goberno na Xunta de Galicia.

 Engaden que "con esta triste nova e unha vez máis, ponse de manifesto o pouco interese que a Xunta de Galicia ten polos problemas dos carballiñeses e ademáis tamén podemos apreciar o pouco peso que o Sr. Alcalde Argimiro Marnotes ten na Xunta de Galicia, que a pesares de ser un proxecto situado no Concello de Maside, todos sabemos que este poblado atópase ubicado nunha das entradas principais a vila do Carballiño".

Finalmente, instan desde o Bloque Nacionalista Galego ao alcalde do Carballiño "a que faga todo o posible para revertir este novo atropello os intereses do Carballiño".

18, Decembro 2012

Os traballos agardase que estean rematados para a primavera de 2013. O alcalde do Carballiño e a Secretaria Xeral de Urbanismo asinaron a acta de reinicio da obra mentres os operarios  de "Misturas Obras e Proxectos" derrubaban os muros de formigón, que fai agora 2 anos atrás orixinaran a contestación social que posteriormente motivara e paralización e posterior reforma do proxecto.

Marnotes agradeceu á Xunta, representada neste acto pola Secretaria Xeral de Urbanismo Encarnación Rivas "por ter adquirido aquela sensibilidade que lle transmitimos no seu dia no nome do pobo do Carballiño, e ser quen de paralizar a obra e continuala conforme se nos había dito e manifestado polos veciños, por eso hoxe é un dia importante para O Carballiño, era ésta unha obra para non correr e sí para meditar e facéla conforme o que os veciños querían", subliñou o rexedor municipal.

O investimento total das obras ascende a 1,2 millóns de euros, e prevese que a actuación estea "rematada en 3 ou 4 meses, dependendo sempre das condicións meteorolóxias", según avanzou o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez.

Os traballos proxectados afectan a unha área de máis de 8.000 m2, e consisten na pavimentación e implantación dos servizos urbanísticos de abastecemento e saneamento, enerxía eléctrica, alumeado público e telefonía.

No documento tamén se contempla a rectificación do trazado dos pavimentos das beirarrúas da rúa dos Canteiros, adaptado ao muro de sillería xa existente. Tamén se reservará unha zona para actos públicos na confluencia da rúa dos Canteiros con Antonio Palacios, aproveitando o desnivel con escalinatas a modo de gradas.

O proxecto contempla unha nova rampla de acceso ao templo, con pendentes adaptadas, e mellora do contorno da mesma: enlousado de pedra nos pavimentos da rampla e das zonas de conexión coa rúa Evaristo Vaamonde e demolición dun muro de formigón. Realizarase unha redución do ancho do viario de conexión entre a rúa Evaristo Vaamonde e a praza de San Ramón, de dimensión máxima de 8 metros, incluíndo beirarrúas e pavimento adoquinado.

A Secretaria Xeral de Urbanismo destacou "a importancia da coordinación entre as diferentes administracións con competencias neste proxecto de adecuación. Tras varios encontros, na liña do diálogo, determínase unha solución consensuada entre as distintas partes que permitirá finalizar as obras con maior axilidade".

18, Decembro 2012

Non tivo outra máis que aguantar o tipo e facer de tripas corazón, aconteceu ao rematar o pleno da corporación do Irixo, alí presentouse un representante da organización ecoloxista para facerlle entrega do premio.

O singular galardón concedese con carácter anual a "actuación máis agresiva e insustentabel" e recibiuna o Alcalde do Irixo "polo servilismo e desleixo amosados diante a amenaza que para o ambiente e a saúde dos seus veciños representaba a construcción dunha incineradora de residuos no seu concello", según recolle a acta do xurado.  O ecoloxista de ADEGA, vestido de Papa Noel, conseguíu facer entrega do premio a Manuel Penedo, que o recolleu con retranca, afirmando que o premio merecía un acto máis solemne.

Numeroso público e abandono do pleno do concelleiro socialista

O punto máis relevante do pleno, o dos orzamentos municipais de 2013, aprobouse sen ningún tipo de debate por parte da corporación. Chegados a ese punto, o concelleiro socialista Javier Rodríguez -único representante da oposición- optou por abandonar o pleno e non participar na votación, xa que -explicou- recibíu a notificación da convocatoria do pleno "o venres ás 6 da tarde, o sábado díxoseme que non podía ver o expediente porque non estaba o secretario, asi que ata onte non puden ver a documentación, e non tiven tempo suficiente para estudiar os orzamentos, pode que a eles esto non lle interese, pero a min si, asi que por coherencia non podo votar unhos orzamentos que aída teño que estudar", manifestou en COPE o concellleiro socialista.

Os orzamentos aprobados polo Partido Popular ascenden a 1 millón de euros, dos que algo máis dun tercio será para cubrir os gastos de persoal. No documento contabilizanse 200.000 euros que recibe o concello do Irixo a través do AGADER, un proxecto que xestiona fondos europeos para o desenvolvento rural, e co que se completará o equipamento do polideportivo e a cubrición dun lavadoiro en Dadín, asi como a recuperación dun muiño "con finalidade turística", según apuntou o rexedor municipal.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS